Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
16/10/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DA CONSTRUCCION E SANEAMENTO (27000175011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Resolución do 18 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais para o ano 2003 e a modificación do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo. (Diario Oficial de Galicia num. 201 de 16/10/2003)

Primeiro

Ordena-la inscrición da revisión e a modificación do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti-lo texto da revisión e a modificación do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de agosto de 2003. Ana Chao Vázquez Delegada provincial de Lugo

Asistentes.

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 58,33%:

-Adolfo Mosteirín Turia.

-José Carlos Rodríguez del Río (asesor)

-José Luis Combarro Infante.

-Carlos García Vázquez.

-José Seijas Rouco.

-Manuel José Fernández Rodríguez.

Por FECOMA-CC. OO. con el 41,67%:

-Ángel Barreiro Pérez.

-Jesús Varela Lodeiro.

-José Manuel Brea Méndez.

-J. Javier Enrique Simón.

-Ramiro López Peruga.

-Manuel Valín Ceide.

Por FCM-CIG:

-Ignacio Javier García Gómez.

-Carmen Antas Pérez.

Representación patronal (APEC):

-Hipólito Trinidad Losada.

-Miguel Varela Varela.

-Ricardo Castro López.

-Luciano Méndez.

-Manuel Sánchez Varela.

-José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo no 30 de xullo de 2003 reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que se indican arriba, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo, para revisar e actualiza-lo convenio do 29 de agosto de 2002 (BOP de Lugo nº221, do 25 de setembro), recoñecéndose lexitimación e capacidade suficiente para negociar en razón da representatividade que teñen, adoptan os seguintes acordos:

Primeiro

Aprobar por unanimidade a táboa de retribucións para o ano 2003, que se xunta ápresente acta.

Segundo

Aprobar por unanimidade as seguintes modificacións do convenio:

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

No non previsto neste convenio seráde aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 10-8-2002 e acordo sectorial nacional publicado no BOE número 157 do dous de xullo de 2003.

Artigo 6º.-Vixencia e incrementos salariais.

A vixencia para efectos económicos do presente convenio serádesde o 1 de xaneiro de 2003 ó31 de decembro de 2003, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP coas actualizacións que se determinan no artigo 6º.

Non obstante o anterior, e en evitación do baleiro normativo que noutro caso de produciría, unha vez terminada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuarárexendo na súa totalidade tanto o seu contido normativo como o obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 7º.-Incrementos económicos.

O incremento económico encóntrase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos selariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 8º.-Cláusula de garantía salarial.

Para o ano 2003, no suposto de que o índice anual de prezos de consumo (IPC) no 31 de decembro dese ano supere o 2 por 100 correspondente óIPC

previsto nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica no exceso producido que afectaráos conceptos previstos no artigo 7º, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do ano seguinte e sen efecto retroactivo ningún.

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.752 horas efectivas anuais de traballo que se realizarán en razón de 40 horas semanais, a repartir de luns a venres a razón de oito horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral vixente.

Artigo 37º.-Indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 38.000 euros.

c) En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 21.000 euros.

Para a cobertura das indemnizacións previstas nas alíneas b e c, lasempresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que deberán exhibir ótraballador que asío solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ótraballador accidentado ou, en caso de falecemento, ós herdeiros legais do traballador.

3. A materia regulada neste artigo, por ser das reservadas ó á mbito xeral estatal, non poderáser obxecto de regulación enámbito inferior, e serácompensable e absorbible coas indemnizacións que por estes conceptos estivesen establecidas con anterioridade á entrada en vigor do convenio xeral.

4. As indemnizacións previstas nas alíneas b) e c) deste artigo serán consideradas áconta de calquera outra cantidade que puidese ser recoñecida como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais esixidas ou impostas

óempresario, debendo deducirse destas, en todo caso, considerando a natureza civil que teñen as mesmas e ámbalas partes lle recoñecen.

Tampouco estas indemnizacións podrán servir como base para a imposición da recarga de pres tacións por falta de medidas de seguranza e saúde no traballo.

5. Para os efectos de acredita-lo dereito ás indemnizacións aquípactadas, considerarase como data do feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

6. As indemnizacións pactadas comezarán a obrigar ós 30 días da publicación do convenio xeral do sector da construcción.

Terceiro

O pagamento dos atrasos aboarase ómes seguinte da publicación das táboas salariais no BOP ou no DOG. Aquelas empresas que tivesen aboado cantidades áconta dos incrementos establecidos nas presentes táboas aboarán unicamente as diferencias que resulten de aplicación.

Cuarto

Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa áDelegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Lugo para os efectos de proceder átramitación, depósito e publicación no DOG e no BOP.

E en proba de conformidade asinan a presente acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, excepto FCM-CIG, no lugar e data indicados no encabezamento.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)