Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1997

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal. (Diario Oficial de Galicia num. 8200 de 30/04/1997)

Preambulo

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio do metal (código 2700185) , da provincia de Lugo, asinado o día 28-2-1997, pola representación da Asociación de Empresarios do Metal e das centrais sindicais UGT, CC. OO., CIG e USO e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-

Remitirlle o texto da revisión do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de marzo de 1997. Manuel Bande Díaz Delegado provincial de Lugo

ACTA

En Lugo, sendo as 17.30 horas do día 28 de febreiro de 1997, reúnense nos locais da CEL (praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª planta-Lugo) as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo, co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997, conforme o previsto no parágrafo segundo do artigo 8 do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo vixente.

Despois das deliberacións oportunas, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-

Aproba-la táboa salarial anexa que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997, e que supón un incremento dun 2,6% en relación á táboa de 1996.

Segundo.-

Os atrasos, por diferencia de salarios, producidos como consecuencia da publicación da táboa salarial aprobada pola presente faranse efectivos nos 30 días seguintes ó da publicación da presente acta no BOP de Lugo.

Terceiro.-

Remitirlle a presente acta á autoridade laboral pertinente para os efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión no lugar e data indicados no encabezamento.

Asistentes.

-Pola Asociación de Empresarios do Metal:

Nivardo Rego Valle. José Quiñoá Díaz. Jesús Neira Mosquera. Luis Fernández Osorio. Juan Chousa Abuín. Lourdes García Regueira. Montserrat Pita Castro.

-Polas centrais sindicais: * UGT.

Pedro González Sordo. Fernando Teijeiro Valledor. Andrés Parra Sánchez. José Luís Combarro Infantes. Jesús Barreiro Cendán. Carlos Moreno Otero.

* CC. OO.

Manuel Cabo Martínez. Manuel Núñez López.

* CIG.

Miguel Brañas Méndez. Manuel García Cedrán. Javier Rico Núñez. Ignacio Javier García Gómez. Manuel Paz Flores.

* USO:

Jesús Cantero Pérez. Manuel Expósito López.

Táboa salarial do convenio do comercio do metal Vixencia: 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesional Soldo Plus Mensual Total

anual Grupo I Titulado grao superior 114.412 4.176 1.766.292 Titulado grao medio 102.965 4.176 1.594.587

Grupo II Director 122.271 4.176 1.884.177 Xefe de división 112.614 4.176 1.739.322 Xefe de persoal 110.686 4.176 1.710.402 Xefe de compras 110.686 4.176 1.710.402 Xefe de vendas 110.686 4.176 1.710.402 Encargado xeral 110.686 4.176 1.710.402 Xefe de sucursais 102.918 4.176 1.593.882 Xefe de almacén 102.918 4.176 1.593.882 Xefe de grupo 99.112 4.176 1.536.792 Encargado de establecemento, vendedor, comprador, poxador 96.401 4.176 1.496.127 Viaxante 94.083 4.176 1.461.357 Corredor de praza 93.317 4.176 1.449.867 Dependente 91.390 4.176 1.420.962 Dependente maior 100.077 4.176 1.551.267 Axudante 88.586 4.176 1.378.902

Grupo III Director 122.271 4.176 1.884.177 Xefe de división 112.614 4.176 1.739.322 Xefe administrativo 105.279 4.176 1.629.297 Analista de ordenador 91.390 4.176 1.420.962 Contable 94.080 4.176 1.461.312 Caixeiro 94.080 4.176 1.461.312 Oficial administrativo e operador de máquinas contables 91.390 4.176 1.420.962 Auxiliar administrativo perforista 88.586 4.176 1.378.902 Aspirante de 16 a 18 anos (salario mínimo interprofesional) 0 0 0 Auxiliar de caixa 89.980 4.176 1.399.812

Grupo IV Xefe de sección de servicios 99.106 4.176 1.536.702 Xefe de taller 102.918 4.176 1.593.882 Profesional oficio de 1ª 88.586 4.176 1.378.902 Profesional oficio de 2ª 88.586 4.176 1.378.902 Profesional oficio de 3ª 88.586 4.176 1.378.902 Chofer 88.586 4.176 1.378.902 Capataz 88.586 4.176 1.378.902 Mozo especializado 88.586 4.176 1.378.902 Mozo 88.586 4.176 1.378.902

Grupo V Cobrador 88.586 4.176 1.378.902 Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro 88.586 4.176 1.378.902 Persoal de limpeza (hora 479 0 7.185