Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
29/07/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 2 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal de Lugo. (Diario Oficial de Galicia num. 130 de 07/07/2003)

Preambulo

Visto o acordo da revisión salarial para o ano 2003 no convenio colectivo do sector do comercio do metal de Lugo (código 2700185) , asinado o día 26 de marzo de 2003, pola representación daAsociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugoe, Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais CC. OO. (47,8%) , UGT (43,5%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro

Ordena- la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti- lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de maio de 2003. Ana Chao Vázquez Delegada provincial de Lugo

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo:

- Ildefonso Bourio

- Paz Víctor Ferreiro Segade

- Julio Blanco Cadahía

- Marío Carballo Lama

- Nivardo Rego Valle

- José Quiñoá Díaz

- Tomás Cavero Mecinas

Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo:

- Alberto Martínez Dapena

- Lourdes García Regueira

- Ingnacio Pérez de Oliveira

Polas centrais sindicais:

CC. OO. l47,8%

- José Luis López Álvarez

- Emeterio Páramo Pantón

- Anselmo Sampedro Ania

UGT 43,5%

- Fernando Teijeiro Valledor

- Pastor Fuenteseca Díaz

En Lugo, sendo as 17.30 horas do día 26 de marzo de 2003, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (Pz. San Domingos, nº 6- 8, 2º) as persoas na marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de comercio do metal de Lugo, co obxecto de proceder á elaboración e aprobación das táboas salariais do convenio colectivo que terán vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2003, e despois de amplas deliberacións adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro

Aproba- las táboas salariais anexas, con vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2003, para o que as partes contan coa capacidadelegal suficiente, tal e como se acredita na acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo

Aproba- las contías que, durante o ano 2003, serán consideradas como retribucións mínimas garantidas mensuais para os traballadores en prácticas, conforme o disposto no artigo 10 do convenio colectivo en vigor, contías que serán as seguintes para tódolos casos:

Primeiro ano de contrato: 630,36 euros. Segundo ano de contrato: 717,52 euros.

Terceiro

Aproba- las contías que, durante o ano 2003, terán dereito a percibi- los traballadores en concepto de axudas de custo, conforme o disposto no artigo 35 do convenio colectivo en vigor, contías que serán as seguintes:

1. Axuda de custo completa: 24 euros.

2. Media axuda de custo: 10 euros. Cuarto.- Acórdase finalmente remiti- la presente acta e o texto e táboas salariais anexas á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta as persoas na marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Ildefonso Bourio

- Paz Víctor Ferreiro Segade

- Julio Blanco Cadahía

- Mario Carballo Lama

- Nivardo Rego Valle

- José Quiñóá Díaz

- Tomás Cavero Mecinas

- Alberto Martínez Dapena

- Lourdes García Regueira

- Ignacio Pérez de Oliveira

- José Luis López Álvarez

- Emeterio Páramo Pantón

- Anselmo Sampedro Ania

- Fernando Teijeiro Valledor

- Pastor Fuenteseca Díaz

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)