Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
27/04/2004

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (27000185011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2002

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Convenio colectivo para o sector Comercio do Metal da provincia de Lugo (codigo 2700185) (Boletín Oficial de Lugo num. 224 de 28/09/2002)

Preambulo

Visto o texto do Convenio colectivo para o sector Comercio do Metal da provincia de Lugo (código 2700185), asinado o día 16 de agosto do 2002, pola representación da Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo, Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais CC. OO. (47,8%), U. G. T. (43, 5%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios colectivos de traballo, esta Delegacion Provincial,

Acordé:

Primeiro

Ordena- la inscrición do citado Convenio colectivo no rexistro de Convenios desta Delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti- lo texto do mentado Convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.

TEXTO ARTICULADO DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO COMERCIO DO METAL

 

CAPÍTULO PRIMEIRO Extensión e ámbito do Convenio

 
Articulo 1.º Artigo preeliminar.

O presente Convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na lexislación laboral, para as melloras das relacións laborais das empresas por el afectadas.

Artículo 2. º Ámbito funcional e persoal.

No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente Convenio colectivo afectará a tódalas empresas e ós cadros de persoal de traballadores a elas pertencentes, ubicadas na provincia de Lugo que se rexan pola ordenanza de comercio, e figuren encadradas, en canto a súa actividade se refire, no sector do metal. Exceptuaránse aquelas empresas que no día da data teñan aprobado Convenio colectivo de empresa ou estean pendentes da súa aprobación.

Artículo 3.º Ámbito temporal.

A vixencia do presente Convenio estenderase dende o 1 de xaneiro do 2002 ó 31 de decembro do 2003, con independencia da data de publicación do mesmo no Boletín Oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia, retrotraéndose os seus efectos ó 1 de xaneiro do 2002.

Artículo 4.º Denuncia e prórroga.

Quedará automaticamente denunciado o Convenio con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual Convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artículo 5.º Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente Convenio, establécense con carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas respetaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí dictadas, manténdose os ad personam en canto excedan o cómputo anual.

Artículo 6.º Publicidade do Convenio.

As empresas de ámbito deste Convenio terán que ter exposto nos seus centros de traballo un exemplar do mesmo para debido coñecemento de todo o persoal.

CAPÍTULO II Contratación e emprego

 
Artículo 7.º Criterios xerais.

As partes asinantes do presente Convenio consideran como obxetivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo comprometéndose a propiciar dentro de marcos negociados as medidas necesarias para a consecución do dito obxetivo no conxunto das empresas do sector.

Artículo 8.º Contrato de traballo.

A iniciación da prestación de servicios por parte do traballador na empresa realizarase o través do contrato escrito cando así o impoña norma legal.

Da mesma forma, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación dos contratos de traballo cando unha norma legal así o impoña. Farase constar no contrato de traballo o contido xeral das condicións que se pacten. En todo caso considerarase contido mínimo do contrato de traballo formalizado por escrito o seguinte.

A identificación das partes contratantes, duración do contrato, xornada de traballo, duración das vacacións, centro de traballo, grupo, nivel ou categoría profesional do traballador, retribución pactada e a expresión do Convenio colectivo aplicable.

Artículo 9. º Período de proba.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes.

Técnicos titulados: 6 meses.

Técnicos nones titulados: 2 meses.

Administrativos: 1 mes.

Subalternos: 1 mes.

Profesionais de oficio: 1 mes.

Peóns, especialistas e contratos para a formación: 2 semanas. No non regulado haberá que aterse ó disposto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores. Durante a duración do aludido período de proba será de aplicación a totalidade do establecido no presente Convenio. Será nulo calquera pacto individual polo que se amplíe a duración dos períodos que se establecen. Transcurrido o período de proba sen que se produzca desestimación por calquera das partes o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestado na antiguidade do traballador na empresa. Previo acordo entre as partes, as situacións de incapacidade temporal que afecten ó traballador durante o período de proba interrumpirán o cómputo do mesmo.

Artículo 10. Contratación eventual.

1. Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita- la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona- los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

Establécese unha retribución mínima garantizada para os traballadores en prácticas no ámbito de aplicación do presente Convenio, nas seguintes cuantías, sin que, en ningún caso, os salarios destes traballadores podan ser inferiores ó 60% e ó 75% durante o primeiro e segundo ano de contrato, respectivamente, ós salarios correspondentes á categoría da que señan traballadores en prácticas.

Titulado superior.

-Primeiro ano de contrato: 563,83 euros/mes.

-Segundo ano de contrato: 659, 93 euros/mes.

Titulado grao medio:

-Primeiro ano de contrato: 544,61 euros/mes.

-Segundo ano de contrato: 627, 89 euros/mes.

Formación Profesional:

-Primeiro ano de contrato: 531,79 euros/mes.

-Segundo ano de contrato: 602, 27 euros/mes.

Para o ano 2003, a Comisión paritaria do Convenio, con carácter previo á firma das táboas salariais para o ano 2003, establecerá as retribucións mínimas garantizadas para os traballadores en prácticas ós efectos de acadar as oportunas diferencias con relación ás retribucións dos traballadores para a formación. As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos en prácticas, ó término dos mesmos, convertirán un 25% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

2. Contrato para a formación.

Habida conta de que o contrato para a formación debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente Convenio a formalización dun contrato de traballo para a formación que teña por obxeto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou

dun posto de traballo non cualificado. A formación teórica no contrato para a formación terá unha duración mínima do 15% da xornada laboral diaria, e máxima do 20%, podéndose impartir acumulando semanalmente o tempo destinado a formación. Por acordo ca representación legal dos traballadores ou cos propios traballadores, poderánse establecer períodos de formación ó comenzo do contrato, no intermedio e na fase final do mesmo. En todo caso o salario de contratación dos traballadores para a formación será como mínimo igual ó 75% e 90% do salario base da categoría profesional para a que se forma o traballador durante, respectivamente, o primeiro, e o segundo ano de vixencia do contrato. O resto das condicións laborais, tales como pluses, percibirase en proporción o tempo de traballo efectivo.

Polo feito de non ter os traballadores contratados baixo a modalidade de contrato para a formación dereito a prestacións por desemprego, establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no abono de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación.

As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos para a formación, ó término dos mesmos, convertirán un 30% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego. 3. Contrato eventual do artigo 15. 1

b) do Estatuto dos Traballadores.

Os contratos previstos no artigo 15. 1

b) do Estatuto dos Traballadores poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses, en tanto en canto non se aprobe un Acordo Marco para o sector de ámbito estatal ou autonómico que regule esta materia, suposto no que a duración destes contratos rexirase polo disposto no Acordo Marco. As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos eventuais dos previstos neste artigo, ó término dos mesmos, convertirán un 20% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

Artículo 11. Preaviso final de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notifica- lo cese ó traballador por escrito e con 15 días de antelación á data de finalización dos contratos de duración igual ou superior ós 6 meses. A empresa entregaralle ó traballador copia do finiquito con 3 días de antelación ó cesamento. Pola súa parte, os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio na empresa e estean contratados a medio de contrato de duración igual ou superior ós 6 meses, estarán

obrigados a poñelo en conocemento da mesma cumprindo os seguintes prazos de aviso previo.

Técnicos: 30 días.

Empregados ou operarios: 15 días. O incumprimento da obriga de preavisar coa referida antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha cuantía equivalente ó importe do seu salario diario por cada día de retraso no aviso. O incumprimento desta obriga por parte da empresa levará, pola súa banda, emparellado o dereito do traballador a ser indemnizado co importe dun salario diario por cada día de retraso nos prazos de preaviso. Non se dará tal obriga, e polo conseguinte non nace este dereito, se o traballador incumpliu a de avisar coa debida antelación.

Artículo 12. Indemnización contratos non indefinidos.

As empresas acollidas a este Convenio aboarán ós traballadores, á finalización dos contratos temporais, excepto nos casos de contrato de interinidade e dos contratos formativos, unha indemnización de cuantía equivalente a 8 días de salario por cada ano de servicio.

Esta indemnización haberá de incluirse no recibo de salarios ca liquidación correspondente ó cese.

No caso de finalización de contratos para a formación, estarase ó disposto no artigo 10.2 do presente Convenio.

CAPÍTULO III Tempo de traballo

 
Artículo 13. Xornada de traballo.

A xornada laboral durante o primeiro ano de vixencia do presente Convenio, 2002, queda fixada en 1.785 horas anuais de traballo efectivo, e durante o segundo ano de vixencia, 2003, en 1. 779 horas anuais de traballo efectivo, distribuíndose de luns a venres, ámbolos dous incluídos, salvo o disposto nos apartados a) e b) do presente artigo.

Dentro da xornada prevista no presente artigo os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de que os traballadores teñan que prestar servizos nas datas señaladas por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ó público, as empresas haberán de sustituir o disfrute do descanso nas datas señaladas por outro tempo de descanso equivalente.

a) A empresa fica facultada para nomear un servicio en sábados, en orde a manter un nivel de asistencia ó público, así como, no seu caso, funcións de mantenemento en xeral, que en ningún caso será superior ó 50% da plantilla. Ningún traballador está obrigado a prestar servicios dous sábados seguidos.

Aqueles traballadores que presten servicios os sábados, disfrutarán do descanso equivalente ó luns, de forma que disfruten un descanso ininterrumpido de 48 horas, salvo que por acordo da empresa e traballadores decidan manter outro sistema de descanso, incluído aquel que viñera utilizando na actualidade

b) Os traballadores que realicen a súa xornada en domingo e festivo terán dereito a un descanso compensatorio de dous días por cada domingo ou festivo traballado, a disfrutar dentro dos dous meses seguintes, segundo acordo entre a empresa e o traballador.

Artículo 14. Horario de traballo.

A empresa expoñerá en cada centro de traballo o calendario laboral pactado, que deberá conte- lo horario de traballo diario, xornadas, días de descanso e festivos correspondentes.

Artículo 15. Vacacións.

O persoal afectado polo presente Convenio, gozará dunhas vacacións anuais de 30 días naturais ininterrompidas, salvo acordo contrario das partes. A época do seu goce será preferentemente entre os meses de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro. O salario a percibir durante as mesmas virá determinado polo salario base, plus ex antigüidade, plus de compensación e sobresoldo de transporte. O calendario de vacacións anuais haberá de pactarse entre empresa e traballadores antes do 1 de abril de cada ano.

Artículo 16. Permisos e licencias.

Avisando coa debida antelación, o traballador terá dereito a permisos retribuidos polas seguintes causas.

a) Por falecemento do cónxuxe, fillos ou pais do traballador 4 días naturais e 5 días se ocorre fora da provincia.

b) Por falecemento de abós, abós políticos, netos, pais políticos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos 2 días naturais e 4 se ocorre fora da provincia. Se prevé a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

c) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do pai, abó, fillos e cónxuxe, declarada polo médico que o asista. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desplazamento ó efecto, o plazo será de 4 días. Se prevé a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

d) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns. Cando fose fora da provinciá, se terá dereito a un día máis.

e) Quince días naturais en caso de matrimonio do traballador e tres días naturais por nacemento de fillo. Neste último caso cando o traballador necesite facer un desplazamento, o plazo será de 4 días.

f) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo con dereito a remuneración para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, previo aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral. Asimesmo terán dereito á asistencia a consulta médica de especialista coincidindo o horario de consulta co do traballo, sempre que sexa xustificada e polo tempo necesario.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta- lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescripción médica. Nos casos de asistencia a consulta do médico de cabecera da Seguridade Social, coincidindo o horario de consulto co do traballo, hasta un límite de 16 horas anuais.

h) Un día laborable polo cambio de domicilio habitual debendo ser éste debidamente xustificado. Estos permisos serán retribuidos sobre salario base da primeira columna da táboa salarial anexa, incrementándose co correspondente plus ex antigüidade e plus de compensación.

i) En caso de cumplimento de deberes públicos de carácter inexcusable e persoal, polo tempo indispensable para o cumplimento de tales deberes, percibindo tódolos conceptos. En todo caso os traballadores terán dereito ás licencias e permisos previstos no Estatuto dos Traballadores hoxe en vigor.

Artículo 17. Suspensión con reserva do posto de traballo.

Será de aplicación o establecido no apartado 4 do artigo 48 do Estatuto dos Traballadores para as suspensións por nacemento, adopción o acollemento, e o establecido no apartado 5 do artigo 48 do Estatuto dos Traballadores para as suspensións por risgo durante o embarazo. Neste último suposto a empresa aboará o complemento sobre a prestación da Seguridade Social nos termos sinalados no artigo 49 do presente Convenio.

Artículo 18. Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituir este dereito por unha reducción da súa xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou o pai no caso de que ámbolos dous traballen

b) Reducción da xornada por garda legal de menores e outros supostos.

Na aplicación do artigo 37. 5 do Estatuto dos Traballadores, quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terán dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre, a lo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela. Terán o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada contemplada no presente apartado constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, si dous o mais traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita- lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de aproveitamento das reduccións da xornada previstas nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá preavisar ó empresario con 15 días de antelación á data na que se reincorporará a súa xornada ordinaria. Nos casos de nacementos de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional do salario. Para o uso deste permiso estarase ó previsto no apartado 6 do artigo 37 do Estatuto dos Traballadores.

Artículo 19. Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar dende a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa. Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano os traballadores para atender ó coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non puidera valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

Dita excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, si dous o mais traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitalo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa. Cando un novo suxeito causante de dereito a un novo período de excedencia, o inicio da mesma dará fin o que, no seu caso, viñese gozando. O período no que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme ó establecido neste artigo será computable a efectos de antigüidade e o traballador terá dereito a asistencia a cursos de formación profesional, a súa participación deberá ser convocado polo empresario, especialmente coa ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito a reserva do seu posto de traballo.

Transcorrido dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artículo 20. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa se concede pola designación ou elección para un cargo público ou polo exercicio de funcións sindicais de ámbito provincial ou superior que imposibiliten a asistencia ó traballo, en ámbolos dous casos mentres dure o exercicio do cargo representantivo.

A excedencia forzosa dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüedade durante a sua vixencia. O reingreso se realizará dentro dos 30 días seguintes ó cese no cargo público ou sindical, perdéndose o dereito ó reingreso si se pretende exercitar este dereito transcorrido dito prazo.

Artículo 21. Excedencia voluntaria.

O traballador con a lo menos una antigüidade dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñezca a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un plazo no menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser empregado de novo polo mesmo traballador se transcorresen catro anos dende o final da anterior excedencia, salvo que, de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, se reduzca dito prazo. O traballador en excedencia voluntaria só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacacantes de igual o similar categoría á súa que houbera o se produciran na empresa, e sempre que o soliciten con a lo menos un mes de antelación ó termo da excedencia.

Durante os período de excedencia, tanto si é forzosa como voluntaria, o traballador en ningún caso poderá prestar servicios que supoñan unha concurrencia desleal en relación á empresa. Si así o fixera, perdería automáticamente o seu dereito ó reingreso.

CAPÍTULO IV Percepcións económicas

 
Artículo 22. Salarios.

Os salarios que percibirá o persoal afectado polo presente Convenio serán os recollidos, co carácter de percepcións económicas mínimas garantizadas según categoría profesional, nas táboas que se acompañan como anexo I ou, no seu caso, no articulado do presente Convenio.

Artículo 23. Incremento salarial.

Acórdase incrementa- las táboas salariais e demás conceptos económicos no primeiro ano de vixencia do presente Convenio, esto é, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do 2002, nun 3, 5%.

En cuanto ó segundo ano de vixencia do Convenio, esto é, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do 2003, o incremento salarial será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2003 mais un 0, 5%.

Artículo 24. Revisión salarial.

Para o ano 2002 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro do 2002 rexistre un incremento superior ó 3%. Neste caso, efectuarase unha revisión salarial no exceso da cifra indicada con efecto dende o 1 de xaneiro do 2002 que non xerará o cobro de atrasos, servindo de base para aplica- lo incremento salarial do ano 2003.

Para o ano 2003 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro do 2003 rexistre un incremento superior o IPC previsto polo Goberno para o ano 2003. Neste caso, efectuarase unha revisión salarial no exceso da cifra indicada con efecto dende o 1 de xaneiro do 2003, servindo de base para aplica- lo incremento salarial do ano 2004.

Artículo 25. Percepcións económicas.

Concepto e estructura.

As remuneracións económicas dos traballadores afectados polo presente Convenio estarán constituidas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

1.º Conceptos que comprenden as retribucións salariais.

a) Salario base.

b) Complementos salariais: Persoais, de posto de traballo, de cantidade ou calidade de traballo, pagas extraordinarias ou calquera outra remuneración que non responda ó concepto de complemento non salarial.

2.º Complementos non salariais: As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social ou asimiladas a éstas; indemnizacións, compensacións ou suplidos por gastos que tivera que facer o traballador para a realización da súa actividade laboral, tales como ferramentas, ropa de traballo, gastos de viaxe ou locomoción, estancia, etc., así como calquera outra de ésta ou similar natureza ou obxeto; indemnizacións por cese, desprazamento, traslado, suspensión ou despido. O carácter non cotizable dos complementos non salariais se axustará ó disposto na normativa vixente de aplicación.

Artículo 26. Devengo do salario.

O salario base se devengará, según o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais anexas, por mes natural. O plus de transporte se devengará por mes natural polo importe que, para cada categoría profesional, se fixa nas táboas salariais anexas. O complemento ex antigüedade se devengará por mes natural polo número de anos de cómputo do complemento e os importes que, para cada categoría profesional, se fixan nas táboas salariais anexas. O plus de compensación se devengará por mes natural polos importes que, para cada categoría profesional, se fixan nas táboas salariais anexas.

As gratificacións extraordinarias se devengarán por meses naturais en función dos seguintes períodos.

1. Paga de xullo: Do 1 de xaneiro ó 30 de xuño de cada ano.

2. Paga de Nadal: Do 1 de xullo ó 31 de decembro de cada ano.

3. Paga de beneficios: Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de cada ano.

Artículo 27. Pago do salario.

Tódalas percepcións, excepto da de vencemento periódico superior

ó mes, se aboarán mensualmente por períodos vencidos, dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó seu devengo. As empresas ficarán facultadas para pagar as retribucións mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de paga ó través de entidade bancaria ou financiera.

Artículo 28. Finiquito.

Nos casos de terminación de contrato ou baixa voluntaria do traballador, entregaráselle ó traballador, copia do finiquito con tres días de antelación ó cese.

Artículo 29. Salario base.

Para o ano 2002 será o que consta na primeira columna da táboa salarial anexa, resultado de aplica- lo incremento salarial para o ano 2002 ás táboas do 2001. Para o ano 2003, o salario base será o resultado de aplica- lo incremento salarial pactado para o ano 2003 ás táboas salariais do ano 2002. Para elo, as partes firmantes, en canto constaten o IPC real estatal a 31 de decembro de 2002, procederán a confeccionalas táboas correspondentes o ano 2003, que serán publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo e Diario Oficial de Galicia.

Artículo 30. Plus de transporte.

Establécese un sobresoldo de transporte mensual para tódalas categorías consistente na cuantía que figura na segunda columna das táboas salariais anexas (anexo I).

Artículo 31. Complemento ex antigüidade.

A partires do 31 de decembro de 1998 suprímese, no ámbito de aplicación do presente Convenio, o concepto económico de antigüidade, denominado premio de antigüidade (artigo 12 do Convenio anterior). Segundo o señalado, ó longo do ano 1998 o premio de antigüidade continuou aplicándose tal e como se preveía no Convenio anterior (quinquenios ó 5%). Non obstante o anterior, as cuantías que corresponderían por anos de servizo a 31 de decembro de 1998, manteránse como un complemento ad personam denominado ex antigüidade, o cal sufrirá os mesmos incrementos anuais que tivera o resto do Convenio, non sendo, polo tanto, compensable nin absorvible con ningún outro incremento.

Segundo o señalado incluese no anexo I do Convenio a táboa de complemento ex antigüidade que corresponde a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa ó longo do ano 2002. De igual forma, para o ano 2003 se incluirá un anexo nas táboas salariais no que figurará o complemento ex antigüidade que corresponda a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa ó longo do ano 2003.

Artículo 32. Plus de compensación.

Por outra banda, e en compensación ó disposto no artigo anterior, créase con efectos dende o 1 de xaneiro de 1999, no ámbito de aplicación deste Convenio, un plus de compensación, cotizable á Seguridade Social, co obxeto de compesa- la perda que supón a desaparición da antigüidade.

A cuantía do plus de compensación referido no párrafo anterior será, para cada ano, no transcurso de 6 anos (dende 1999 ata o ano 2004, ambos inclusive), a cuantía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997, un porcentaxe do 1,3%.

Durante o primeiro ano de vixencia do presente Convenio, ésto é, dende o 1 de xaneiro do 2002 ata o 31 de decembro do 2002, os traballadores percibirán en concepto de plus de compensación as cuantías que, calculadas de conformidade co establecido no párrafo anterior, figuran no anexo I do presente Convenio.

Para os anos sucesivos (dende o ano 2003 ata o ano 2004, ambos inclusive), procederáse, en cada ano, a adicionar á cuantía correspondente do ano anterior a cuantía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997 un porcentaxe do 1,3%.

Artículo 33. Complemento de traballo a quendas.

Os traballadores contratados en réximen de xornada ordinaria que vexan modificado tal réximen por o de xornada a turnos rotativos, percibirán un complemento consistente no 20% do salario base do Convenio.

Artículo 34. Gratificacións extraordinarias.

Con carácter de complemento salarial, abonaranse dúas gratificacións extraordinarias, a razón, cada unha delas, de 30 días de salario base, plus ex antigüidade e plus de compensación, debendo facerse efectivas o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de xullo e 22 de decembro respectivamente. Así mesmo, con idéntico carácter de complemento salarial, abonarase nos tres primeiros meses de cada ano unha paga denominada de beneficios, igualmente a razón de 30 días de salario base, plus ex antigüidade e plus de compensación.

Artículo 35. Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá, para o ano 2002, 22, 71 euros diarios por axuda de custo completa, e 9,43 euros por media axuda, ou ben os gastos a xustificar, a elección da empresa. No caso de que se produzcan modificacións en orden ó sistema de abono dos gastos de manutención e aloxamento empregado de modo habitual na empresa, haberá de comunicarse ó traballador con antelación.

Artículo 36. Cláusula de descolgamento salarial.

As partes asinantes do presente Convenio acordan someterse ás seguintes normas en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicitar a inaplicación do incremento salarial pactado no presente Convenio.

a) Comunicar por escrito as súas pretensións á representación dos traballadores e á Comisión paritaria do Convenio dentro dos 10 días naturais seguintes á publicación do mesmo no Boletín Oficial correspondente.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior aportará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición.

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude. 2. Presuposto e conta de resultados dos dous anos anteriores.

3. Presuposto e previsións do ano en curso.

4. Informe relativo á situación dos aspectos financieiros, productivos, comerciais e de cotización á Seguridade Social e Facenda.

c) A vista da documentación aportada, se no prazo de 10 días non se acadase acordo remitiráse á Comisión Paritaria a Resolución da discrepancia así como a documentación señalada no punto b), a cal no prazo máximo de dez días resolverá a cuestión plantexada. Se neste prazo a Comisión non resolvese dita cuestión, procederáse conforme no previsto no sistema de arbitraxe AGA I de 4 de marzo de 1992.

d) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores a empresa comunicará dita petición de descolgue e a documentación acreditativa á Comisión paritaria, procedéndose conforme o disposto no párrafo anterior.

e) Os acordos acadados no ámbito da empresa establecerán, de xeito obligado, os incrementos obligados para a vixencia do Convenio así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo acadado daráse conta á Comisión paritaria do Convenio, co obxeto de ter un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumplan os criterios marcados.

CAPÍTULO V Organización do traballo

 
Artículo 37. Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo corresponde á dirección da empresa, quen poderá establecer cantos sistemas de organización, racionalización e modernización considere oportunos, sempre que se realicen de conformidade coas disposicións legais sobre a materia. A organización do traballo ten por obxecto acordar na empresa un nivel axeitado de productividade baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Elo é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes, dirección e traballadores. Sen mingúa da facultade aludida no parágrafo primeiro, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc. no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente e no exercicio das súas concorrencias en materia de información, consulta e colaboración.

CAPÍTULO VI Disposicións varias

 
Artículo 38. Póliza de seguros.

As empresas suscribirán en favor dos traballadores, unha póliza de seguros que cubra, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, nas contías de 17.519, 50 e 20. 704, 87 euros, respectivamente.

A partires do 1 de xaneiro do ano 2003 a póliza referida no párrafo anterior haberá de cubrir as seguintes contías.

18. 030, 36 no caso de morte e 21.035,42 euros no caso de invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez. Non obstante a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convenido, considerárase como percibida a conta da indemnización que, no seu caso, puideran declarar, con cargo ás empresas, os Tribunais de Xustiza na vía penal, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artículo 39. Préstamo ós traballadores.

As empresas crearán un fondo de préstamos para os seus traballadores. Para a súa concesión, así como para a determinación da súa contía, estarase ó mutuo acordo da empresa e o traballador. O mencionado préstamo non reportará intereses e a súa devolución deberá efectuarse no tempo que acorden empresa e traballador. As solicitudes de préstamos traerán como causa a adquisición de vivenda, automóbil, aboamento de gasto de enfermidades, etc.

Artículo 40. Premio de constancia.

Os traballadores que, contando con 10 anos de antigüidade na empresa, causen baixa na mesma a partires dos 60 anos e ata os 65, terán dereito ó disfrute de vacacións retribuidas.

Se a baixa se producira ós 60 anos, as vacacións terán unha duración de 6 meses, reducíndose tal período de vacacións nun mes por cada ano en que se incremente a idade de baixa na empresa ata acadar os 65 anos.

De conformidade co anterior, os traballadores que cesen na empresa ós 65 anos terán dereito a disfrutar dun mes de vacacións retribuidas. Se, cumplidos os 65 anos e seis meses de idade, os traballadores non houberan solicitado a xubilación, perderán o dereito a disfrutar deste complemento.

As cantidades correspondentes á retribución das vacacións previstas no presente artigo serán calculadas sobre salario real e, para o seu disfrute, haberán de solicitarse no prazo de 3 meses a contar dende o cumplimento da idade correspondente. O disfrute das vacacións previstas no presente artigo farase efectivo coa correspondente antelación ó cese efectivo do traballador na empresa, debendo éste comunicar de forma constatable a súa decisión á empresa, que deberá entregar ó traballador que solicite o premio de constancia un certificado acreditativo do seu disfrute, no que constará o número de meses de vacacións ós que ten dereito.

Artículo 41. Xubilación especial ós 64 anos.

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas que lles sexa solicitada por un traballador dita xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, nas condicións establecidas no Real Decreto 1194/1985, de 17 de xullo.

CAPÍTULO VII Seguridade e saúde no traballo

 
Artículo 42. Comisión paritaria sectorial de prevención de riscos laborais.

As partes asinantes acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Prevención de Riscos Laborais, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes das Asociacións asinantes pola parte empresarial igual ó total das centrais sindicais. Ámbalas dúas representacións comprométense a manter reunións periódicas previa convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación. As funcións básicas da Comisión terán como obxectivos prioritarios.

1. Promove- la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e reduci- los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece- las normas e procedementos que, en materia de seguridade e hixiene, dicten os organismos competentes nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións que a Comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector na provincia de Lugo.

Artículo 43. Recoñecementos médicos.

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, a través da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais ou a través dun Servicio de Prevención alleo contratado pola empresa, elo con independencia das obrigas que recolle a Lei de Prevención de Riscos Laborais en materia de vixilancia da saúde.

As empresas estarán obrigadas a concede- lo tempo necesario para a realización destes recoñecementos, previa citación por escrito, na que deberá figurar a data e a hora.

Artículo 44. Prendas de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas lles provean de tres buzos ou prenda similar cada ano, de uso obrigatorio, prohibíndose, salvo para o seu lavado e con permiso da empresa, sacar fora dos seus locais tales prendas. As asinadas ó persoal técnico e administrativo serán adecuadas as súas funcións.

Artículo 45. Equipos de protección individual.

As empresas afectadas pola aplicación do presente convenio, de conformidade co establecido no artigo 17. 2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, haberán de facilitar ós traballadores equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, obriga que, no caso de incumprimento, dará lugar ás sancións previstas no referido texto legal.

Do mesmo xeito, os traballadores afectados pola aplicación do convenio virán obrigados ó emprego dos equipos de protección individual proporcionados polas empresas, elo de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 31/1995, obriga que, no caso de incumprimento, suporá a comisión das infracción previstas na normativa laboral de aplicación.

CAPÍTULO VIII Dereitos sindicais

 
Artículo 46. Dereitos sin dicais.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores gozarán das seguintes garantías sindicais.

As empresas darán conta das novas contratacións que realicen á representación legal dos traballadores, se existise. En tódalas empresas con representación legal dos traballadores, aquelas estarán obrigadas a ter un taboleiro de anuncios para a inserción de propaganda sindical. En canto á inserción da mesma, estarase ó disposto no Estatuto dos Traballadores. De común acordo entre as empresas e representación dos traballadores (comités ou delegados), poderase pacta- la acumulación mensual de horas sindicais nun só representante cando o cadro de persoal fose superior a 31 traballadores. Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos Traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes legais dos traballadores poderá dispoñer dun crédito de horas mensuais retribuidas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

CAPÍTULO IX Formación profesional

 
Artículo 47. Formación profesional.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes das Asociacións Empresariais asinantes igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión.

Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector do metal co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha coma nos que se poidan programar en adiante.

Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para achegar a defini- la organización e programación da mesma, tanto ocupacional coma regulamentada (observatorio ocupacional).

Elaborar plans formativos necesarios para consegui- las homologacións das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Unión Europea.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo. Os traballadores que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes cursos a efectos de promoción profesional dentro da empresa.

CAPÍTULO X Comisión mixta paritaria e lexislación complementaria

 
Artículo 48. Comisión mixta paritaria.

As partes asinantes acordan establecer unha Comisión Mixta como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do pactado neste convenio, Comisión que estará composta por seis representantes da parte empresarial e igual número de representantes da parte sindical.

3 da central sindical CC. OO e 3 da central sindical UGT. Serán funcións da Comisión Mixta Paritaria prevista no presente artigo as seguintes:

Interpretación do convenio.

Vixilancia do cumprimento do pactado no presente convenio.

Recepción e distribución de informes sobre materias de interese para o sector. A Comisión Mixta Paritaria reunirase, en todo caso, a petición de calquera das súas partes integrantes, e sempre que lle sexa remitida solicitude ó respecto por calquera interesado.

As solicitudes de interpretación e/ou vixilancia do convenio poderán remitirse ás sedes de calquera das organizacións asinantes do presente convenio.

Artículo 49. Lexislación complementaria.

En todo o que non estea previsto no presente convenio continúan sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral da ordenanza laboral para o comercio, coas súas modificaciónes posteriores e os regulamentos de réximen interno da empresa respecto a aquelas que os teñan vixentes.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 
Disposición adicionai Primeira.

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre dos procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) como canle idóneo para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Disposición adicionai Segunda.

As partes comprométense, caso de constituírse unha mesa de negociación de ámbito autonómico, a acudir ás citadas negociacións.

Disposición adicionai Terceira.

As partes asinantes, conscientes dos prexuízos que para empresas e traballadores ocasionan os supostos de concorrencia desleal, coinciden na necesidade de colaborar na erradicación de tales prácticas, previstas como infracción moi grave na normativa laboral de aplicación.

Disposición adicionai Cuarta.

As partes firmantes, entendendo que o convenio colectivo ten que contribuir á mellora da competitividade das empresas, se comprometen ó estudio dos sistemas de productividade que, a maiores de incidir na competitividade, facilitarían un reparto mais equitativo da productividade na empresa. Con tal obxeto, as partes, separada ou conxuntamente, poderán elaborar estudios e propostas nesta materia para o seu análise en futuras negociacións do convenio, así como instar tales estudios en outros ámbitos de negociación nos que estean presentes as organizacións firmantes.

Disposición adicionai Quinta.

Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da entrada en vigor do presente convenio aboaranse ós traballadores no prazo de dous meses dende a publicación do mesmo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)