Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
26/04/2004

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION (15000395011982) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Resolución do 29 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de construción. (Diario Oficial de Galicia num. 79 de 26/04/2004)

Primeiro

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2004. Luis Alberto Álvarez Freijido Delegado provincial da Coruña

ACTA N º 2. CONVENIO CONSTRUCIÓN-PROVINCIA DA CORUÑA.

Asistentes:

Por APECCO:

- Antonio Fernández Durán.

- Ignacio Tuñ ó n Gurrea.

- Antonio Fernández Chao (asesor)

- Miguel García Eiroa (secretario)

Por UGT:

- José Carlos Rodríguez del Río.

- Manuel Martínez Arnoso.

- Jesús Mª Calvo Romero.

Por CC. OO.: Santiago Huertas Pozurama.

Por CIG: Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña o 9 de marzo de 2004, ás 17.00 horas, reúnense nos locais de APECCO, os que arriba se relacionan, para continuar coas negociacións do convenio de construción de 2004.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación chégase ao seguinte acordo:

* Apróbase a táboa salarial regularizada o 31-12-2003, que se xunta ápresente acta como anexo e a cal servirácomo base para as táboas do ano 2004.

Asímesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do acordo mencionado ante a Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e data máis arriba indicados.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)