Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
24/12/2014

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2015

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Resolucion pola que se acorda publicar a acta na que se fixan os dias non laborables para o ano 2015 no sector da construccion da provincia de Ourense (codigo convenio 32000155011981) e a sua inscricion no Rexistro de CONVENIOS E ACORDOS COLECTIVOS DE TRABALLO DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA (Boletín Oficial de Ourense num. 294 de 24/12/2014)

Preambulo

Convenio ou acordo: construción e obras públicas.

Expediente: 32/01/0058/2014

Data: 28/11/2014

Asunto: resolución de inscrición e publicación.

Destinatario: María José de Miguel Pérez.

Código de convenio n.º 32000155011981.

Logo de ver o texto da acta na que se fixan os días non laborables no sector da construción da provincia de Ourense para o ano 2015 (código do convenio: 32000155011981) que foi subscrito o día 21/11/2014, dunha parte, polos/as designados/as pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), en representación da parte empresarial e, doutra, polos/as designados/as polas centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CCOO, en representación da parte social, e de conformidade co que dispón o artigo 90 do Estatuto dos traballadores, Texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e as demais normas aplicables do dereito común, esta xefatura territorial acorda:

Primeiro.-

Ordenar a inscrición da acta no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG 222, do 18 de novembro de 2010) e notificación ás representacións empresarial e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense. Asdo.: José Selas Souto.

Acta da Comisión Negociadora do Convenio colectivo do sector da construción

MCA-UXT (38,24%):

Don Javier Carreiro Vázquez

FECOMA-CCOO (38,24%):

Don Antonio Pérez Jácome

FCM-CIG (22,79%):

Don Plácido Valencia Rodríguez

ACO:

Don Manuel Novoa Velo

Don Román Gómez Crespo

Don Jaime Añel Fernández

Don Cesáreo Fernández Ríos

En Ourense, sendo as 12.30 horas do venres 21 de novembro de 2014, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) os na marxe apuntados, previamente lexitimados para asinar convenios ou acordos sectoriais da construción de ámbito provincial. Preside a reunión don Javier Carreiro Vázquez, e noméase secretario a don Cesáreo Fernández Ríos

Unha vez aberta a sesión, tras unha primeira oferta por parte empresarial modificada tras varias propostas da parte sindical, prodúcese un intercambio de impresións e diversas intervencións.

Por parte de FCM-CIG maniféstase a súa negativa para asinar a proposta por considerar excesivos os días establecidos no mes de decembro, por parte de ACO sinálase que son exactamente o mesmo número de días no mes de decembro que acordamos todas as partes para o exercicio 2014, por parte de MCA-UXT E

FECOMA-CCOO móstranse coincidentes en pasar días de decembro a período estival ou Semana Santa, pero ante a imposibilidade de acordo e que existe a posibilidade de que os traballadores queden sen calendario laboral para 2015 aceptan a última proposta.

Acordo primeiro:

As partes lexitimadas para negociar o Convenio Provincial do Sector da Construción de Ourense, é dicir, ACO, MCA-UXT, FCMCIG e FECOMA-CCOO, acordan, para axustar o calendario anual ás 1.736 horas, fixar por unanimidade como días non laborables do sector da construción para o ano 2015 os seguintes:

2 e 5 de xaneiro, 16 de febreiro (luns de Entroido), 24 de xullo, 14 de agosto, 7, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro.

Os once días establecidos dan unha xornada anual de 1.734 horas, polo que se xera unha bolsa de dúas horas a favor da parte empresarial en 2016.

Estes días poderán permutarse por outros diferentes, previo acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ao anterior ou posterior día laboral.

Conforme ao establecido no artigo 68 do vixente Convenio Xeral do Sector, as empresas que, de acordo coa representación legal dos traballadores, establezan un calendario distribuíndo a xornada laboral pactada, antes do día 30 de xaneiro de cada ano, nos centros estables e nas obras, con obxecto de coordinar as actividades na empresa, rexeranse por este. No devandito calendario estableceranse os días laborables e as horas diarias, que non poderán ser máis de nove.

Estes días non computarán para os efectos do goce das vacacións. Este acordo producirá efectos desde o día seguinte á súa firma, con independencia da data da súa publicación no BOP.

Acordo segundo

Así mesmo, as partes asinantes recoñecen que a xornada é unha materia de negociación, reservada de forma exclusiva para a súa negociación no ámbito nacional tal e como establece o artigo 12 do V Convenio colectivo do sector da construción e, como tal, o acordo adoptado nesta acta ten carácter provisional. Unha vez publicado a xornada de forma definitiva, se esta non fose de 1.736 horas, as partes reuniranse para a revisión deste acordo, para adaptalo no indicado convenio.

Estes acordos tómanse co voto a favor de MCA-UXT e FECOMACCOO, pola parte sindical, e de ACO pola parte patronal.

A Comisión Paritaria acorda por unanimidade autorizar a dona María José de Miguel Pérez, con DNI número 34962616V, para que poida realizar os trámites precisos para presentar este acta, con facultades para aclarala, emendala, corrixila, completala e integrala se é o caso, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión. E lido que foi polas partes, e estando todos conformes, acordan por unanimidade, previa a súa aprobación, estender esta acta, e asínana en lugar e data arriba mencionados, sendo as 13.00 horas.