Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
16/06/2005

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 7 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector da construción da provincia de Ourense acordando a actualización da táboa salarial para o ano 2004. (Diario Oficial de Galicia num. 115 de 16/06/2005)

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector da construción da provincia de Ourense (código de convenio nº 3200155, publicado no BOP nº 242, do 19-10-2004) , que tivo entrada nesta delegación provincial o 3 de marzode 2005, acordando a actualización da táboa salarial do ano 2004, subscrito con data do 17 de febreiro do 2005 polos membros da citada comisión integrada: en representación da parte empresarial; pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (ACO) e da parte social, en representación dos traballadores do sector, polas centrais sindicais: MCA-UXT, FECOMA-CC. OO. e FCM-CIG; e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de marzo de 2005. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

MCA-UGT: Javier Carreiro Vázquez.

FECOMA-CC. OO.: Antonio Pérez Jácome.

FCM-CIG: Xan Losada González.

ACO: Sara González Jácome. Cesáreo Fernández Ríos. José Antonio Pérez Fernández.

En Ourense, ás 20.00 horas do día xoves 17 de febreiro de 2005, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense

(ACO) os á marxe indicados, previamente convocados para o efecto, partes signatarias do convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense, ademais de membros integrantes da comisión paritaria determinada polo artigo 7º do convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense. Preside a reunión Xan Losada González, nomeándose secretario Cesáreo Fernández Ríos.

Como único punto da orde do día trátase o tema da revisión económica conforme o artigo 15 do convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense, e adóptanse os seguintes acordos por unanimidade, logo de deliberación, posterior debate e votación:

Primeiro.-Unha vez publicado o IPC acumulado de xaneiro a decembro de 2004 (3,2%) , as partes signatarias do convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense de conformidade co artigo 15 (cláusula de garantía salarial) do convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense acordan actualizar a táboa de retribucións sobre o exceso producido (1,2%) conforme o anexo I que se xunta á presente acta, e que forma parte integrante deste acordo, tendo por reproducido nos seus propios e directos termos.

Conforme o pacto convencional, estes atrasos aboaranse dentro dos 15 días seguintes, contados desde a data da publicación do acordo no BOP.

Este acordo apróbase por unanimidade. Segundo.-Por unanimidade facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar este acta ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo de lectura e aprobación por unanimidade desta acta e do seu anexo, ás 20.30 horas do día da data, asinado por sextuplicado, e para un só efecto.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)