Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
18/03/2004

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 27 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria pola que se acorda a revisión salarial das táboas do ano 2003 e o axuste do calendario laboral para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da construcción de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 55 de 18/03/2004)

Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2004. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

MCA-UGT: Javier Carreiro Vázquez.

FECOMA-CC. OO.: Antonio Pérez Jácome.

FCM-CIG:

- Xan Losada González.

- José Antonio González Freitas.

ACO:

- Sara González Jácome.

- Manuel Novoa Velo.

- Jorge Caride Luna.

- Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense, ás 20.30 horas do día xoves 22 de xaneiro de 2004, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense

(ACO) os ámarxe citados, previamente convocados para o efecto, partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial. Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, nomeándose secretario Cesáreo Fernández Ríos.

Único punto da orde do día: calendario laboral para o ano 2004 e actualización da táboa salarial convencional.

Logo de deliberación, posterior debate e votación, adóptase o seguinte acordo:

Acordo único adoptado por unanimidade: as partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense, para axusta-lo calendario anual ás 1.750 horas establecidas no vixente convenio xeral do sector da construcción, fixan como días non laborables do sector da construcción para o ano 2004, os seguintes:

23 de xaneiro (luns de Antroido) , 18 de marzo, 13 de agosto, 11 e 29 de outubro, 12 e 26 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, asícomo 2 horas correspondentes á xornada do 23 de decembro (xornada de 6 horas) .

Estas datas poderán permutarse por outras diferentes, logo de acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase óanterior ou posterior día laboral.

Estes días asíestablecidos non computarán para efectos do desfrute das vacacións.

Este calendario seráde aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4ºdo convenio xeral do sector da construcción.

Tamén se actualiza a táboa salarial segundo anexo achegado, de conformidade co artigo 15 sobre cláusula de garantía salarial, do convenio sectorial vixente de aplicación, entraráen vigor o día da publicación oficial con efectos o 1 de xaneiro de 2004.

Facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta e o seu anexo ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Este acordo adóptase por unanimidade. E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo de lectura e aprobación por unanimidade desta acta, ás 22.15 horas do día da data, asinando por sextuplicado, e para un sóefecto.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)