Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
07/11/2023

Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION (15000395011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 24 de Octubre de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Resolución de inscrición e publicación do acordo do 24 de outubro de 2023 da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construción e obras públicas da provincia da Coruña (código 15000395011982/CP CF81XL15). (Boletín Oficial de A Coruña num. 212 de 07/11/2023)

O 27 de outubro de 2023 remitiuse por REGCON o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construción e obras públicas da provincia da Coruña (código 15000395011982/CP_CF81XL15).

A tramitación deste procedemento regúlase no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

O titular desta xefatura territorial é competente para resolver o rexistro, inscrición e publicación deste acordo, ao abeiro do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. Rexistrar e inscribir o acordo do 24 de outubro de 2023 da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construción e obras públicas da provincia da Coruña (código 15000395011982/CP_CF81XL15) no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 31 de outubro de 2023

Xefe territorial

Pedro Pablo Lorenzo Díaz

COMISIÓN PARITARIA CONVENIO CONSTRUCCIÓN ? PROVINCIA DE A CORUÑA

ASISTENTES:

Por APECCO:

Antonio Fernández Duran

Eva Gómez Portela

Ignacio Tuñón Gurrea

Antonio Fernández Chao (Asesor)

Miguel García Eiroa (Secretario)

Por UGT:

Santiago González Andión

Por CCOO.:

Alejandra Gesto Montes

En la ciudad de A Coruña, a 24 de octubre de 2023, siendo las 17,00 horas, se reúnen en los locales de APECCO, las personas que arriba se relacionan, a fin de tomar un acuerdo con respecto a la dirección donde se deben realizar las comunicaciones a la Comisión Paritaria.

Acuerdo único: Se acuerda por unanimidad que el email para las comunicaciones a la Comisión Paritaria, a partir de ahora, sea el siguiente: comisionparitaria@apecco.com

Se faculta a Miguel García Eiroa, Secretario, para la presentación de esta Acta ante la Delegación Provincial de la Consellería de Promoción de Empleo e Igualdad de la Xunta de Galicia a efectos de su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia.

Y en prueba de conformidad, se firma la presente en el lugar y fecha más arriba indicados. Se acuerda que firme sólo una persona por cada una de las partes.