Última revisión
02/12/2024
Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2025 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Calendario laboral do sector da construción de Ourense para o ano 2025. (Boletín Oficial de Ourense num. 232 de 02/12/2024)
CALENDARIO LABORAL DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN DE OURENSE PARA O ANO 2025
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social Convenio ou acordo: Convenio colectivo da construción de Ourense
Expediente: 32/12/0053/2024
Data: 18/11/2024
Asunto: resolución de inscrición e publicación Destinatario: María José de Miguel Pérez Código de convenio número 32100045122024
Unha vez vista a acta do acordo parcial da Comisión Paritaria na que se pacta o calendario la- boral para axustar a xornada anual ao vixente Convenio xeral da construción, fixando os días non laborables do sector da construción de Ourense para o ano 2025 que subscribe, o día 12/11/2024, a Comisión Negociadora conformada polos representantes da Asociación Provincial de Empresa- rios da Construción de Ourense (ACO) e a representación social (UGT- FICA e Hábitat de CCOO de Galicia) e, de conformidade co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE 255, do 24 de outubro de 2015), o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE 143, do 12 de xuño de 2010) e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo (BOE 232, do 28 de setembro de 1982) e, as demais normas aplicables do dereito común,
Esta dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración,
RESOLVE:
Primeiro: ordenar a súa inscrición e depósito no Rexistro de Convenios Colectivos, acordos co- lectivos de traballo e plans de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG 222, do 18 de novembro de 2010) e, notificación ás represen- tacións empresarial e social da Comisión Negociadora.
Segundo: dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ourense, na data da sinatura electrónica. A directora territorial.
Asdo.: Marta Vázquez Guzmán.
ACTA DO ACORDO PARCIAL DA COMISIÓN PARITARIA (CALENDARIO LABORAL 2025)
UGT-FICA:
Manuel B. González Rodríguez
Hábitat de CCOO de Galicia:
Antonio Pérez Jácome
ACO
Cesáreo Fernández Rios
María José de Miguel Pérez
En Ourense, ás 19.00 horas do martes 12 de novembro de 2024, reúnense nos locais da Aso- ciación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) os/as á marxe apuntados/as, integrantes da Comisión Paritaria do vixente convenio provincial do sector da construción para a provincia de Ourense. Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, e nomease secretario a Cesáreo Fernández Ríos
Unha vez aberta a sesión, tras diversas intervencións e posterior debate e deliberación por to- das as partes intervenientes e conforme ao artigo 9.º do vixente convenio provincial, tómanse os seguintes
ACORDOS:
Acordo primeiro: calendario laboral
Tras formular as partes diversas propostas, ACO, UXT-FICA e Hábitat de CCOO de Galicia, pac- tan o seguinte calendario laboral para axustar a xornada anual a 1.736 horas conforme ao vixente Convenio xeral da construción, fixando como días non laborables do sector da construción para o ano 2025, os seguintes: 2 e 3 de xaneiro, 3 de marzo, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 31 de outubro, 10 de novembro, 5, 24, 26 e 31 de decembro. Estes días poderán permutarse por outros diferentes, previo acordo entre a empresa e o/a traballador/a. Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ao anterior ou posterior día laboral. Estes días non computarán para efectos do goce das vacacións. Este acordo producirá efectos desde o día seguinte á súa firma, con independencia da data da súa publicación no BOP.
Acordo segundo: delegación
Acórdase por unanimidade autorizar a María José de Miguel Pérez, con DNI número 34 962 616 V, para que poida realizar os trámites precisos para presentar esta acta e os acordos que contén, con facultades para aclarala, emendala, corrixila, completala e integrala no seu caso, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.
Ao non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión. E unha vez lido polas partes, e ao es- tar todos conformes, acordan por unanimidade, previa a súa aprobación, estender a presente acta, e asínana no lugar e na data arriba mencionados, ás 20.00 horas.
