Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
05/11/2025

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2026 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



ACTA DO ACORDO PARCIAL DA COMISIÓN PARITARIA NA QUE SE PACTA O CALENDARIO LABORAL PARA AXUSTAR A XORNADA ANUAL AO VIXENTE CONVENIO XERAL DA CONSTRUCIÓN, FIXANDO OS DÍAS NON LABORABLES DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN DE OURENSE PARA O ANO 2026. (Boletín Oficial de Ourense num. 213 de 05/11/2025)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social Convenio ou acordo: construción e obras publicas

Expediente: 32/01/0034/2025 Data: 21/10/2025

Asunto: resolución de inscrición e publicación Destinatario: María José de Miguel Pérez Código de convenio número 32000155011981

Unha vez vista a acta do acordo parcial da Comisión Paritaria na que se pacta o calendario laboral para axustar a xornada anual ao vixente Convenio xeral da construción, fixando os días non laborables do sector da construción de Ourense para o ano 2026 que subscribe, o día 14.10.2025, a Comisión Negociadora conformada polos representantes da Asociación Provin- cial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) e a representación social (UGT- FICA e HABITAT de CCOO de Galicia) e de conformidade co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 147/2024, do 20 de maio de 2024, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Esta dirección territorial,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a súa inscrición e depósito no Rexistro de convenios colectivos, acordos co- lectivos de traballo e plans de Igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia e notificación á re- presentación empresarial e social da Comisión Negociadora.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ourense, na data da sinatura electrónica. A directora territorial.

Asdo.: Marta Vázquez Guzmán.

Acta do acordo parcial da Comisión Paritaria

(Calendario laboral 2026) UGT-FICA:

Manuel B. González Rodríguez HABITAT de CCOO de Galicia:

Antonio Pérez Jácome ACO

Cesáreo Fernández Rios María José de Miguel Pérez

En Ourense, ás 19.00 horas do martes 14 de outubro de 2025, reúnense nos locais da Asocia- ción Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) os á marxe apuntados, integran- tes da Comisión Paritaria do vixente convenio provincial do sector da construción para a provincia de Ourense. Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, nomeándose secretario a Cesáreo Fernán- dez Ríos.

Unha vez aberta a sesión, tras diversas intervencións e posterior debate e deliberación por todas as partes intervenientes e conforme ao artigo 9º do vixente convenio provincial, tómanse os seguin- tes ACORDOS:

Acordo primeiro: Calendario laboral 2026

Tras formular as partes diversas propostas, ACO, UXT-FICA e HABITAT de CCOO de Galicia, pactan o seguinte calendario laboral para axustar a xornada anual a 1.736 horas conforme ao vixen- te Convenio Xeral da Construción, fixando como días non laborables do sector da construción para o ano 2026, os seguintes: 2 e 5 de xaneiro, 16 de febreiro, 20, 30 e 31 de marzo, 1 de abril, 24 de xullo, 7, 24 e 31 de decembro.

Estes días poderán permutarse por outros diferentes, previo acordo entre empresa e traballador. Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ao anterior ou posterior día laboral.

Estes días non computarán para os efectos do goce das vacacións. Este acordo producirá efec- tos desde o día seguinte á súa sinatura, con independencia da data da súa publicación no BOP.

Acordo segundo: Delegación

Acórdase por unanimidade autorizar a María José de Miguel Pérez con DNI número 34 962 616 V, para que poida realizar os trámites precisos para presentar esta acta e os acordos que contén, con facultades para aclarala, emendala, corrixila, completala e integrala no seu caso, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Ao non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

E unha vez lido polas partes, e estando todos conformes, acordan por unanimidade, previa a súa aprobación, redactar a presente acta, e asínana no lugar e na data arriba mencionados, ás 20.00 horas

R. 2.541