Última revisión
05/02/2026
Revisión, Corrección. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 05 de Febrero de 2026 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Corrección de erros na actualización das táboas salariais para 2025 e 2026 do Convenio colectivo do sector da construción da provincia de Ourense, publicado no BOP núm. 5, do día 9 de xaneiro de 2026 (Boletín Oficial de Ourense num. 24 de 05/02/2026)
No BOP núm. 5, do día 9 de xaneiro de 2026, publicouse a actualización das táboas salariais para 2025 e 2026 do Convenio colectivo do sector da construción da provincia de Ourense, de conformidade coa resolución do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Logo de se detectar un erro no formato das ditas táboas salariais, publícase de novo corrixido o anuncio completo.
Convenio ou acordo: construción e obras publicas
Expediente: 32/01/0043/2025
Data: 22/12/2025
Asunto: resolución de inscrición e publicación
Destinatario: María José De Miguel Pérez
Código de Convenio número: 32000155011981
Unha vez visto o texto do convenio colectivo do ?sector da construción da provincia de Ourense?, que subscribiu o día 26.11.2025, a representación empresarial e a representación das persoas traballadoras (centrais sindicais: CCOO, FICA-UGT e ACO), e de conformidade co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 147/2024, do 20 de maio de 2024, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Esta dirección territorial,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a súa inscrición e depósito no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia e notificación á representación empresarial e social da comisión negociadora.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Ourense, na data da sinatura electrónica. A directora territorial.
Asdo.: Marta Vázquez Guzmán.
Convenio colectivo do sector construción da provincia de Ourense
Acta da comisión paritaria
En Ourense, ás 12.00 horas do 26 de novembro de 2025, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) os membros da Comisión Paritaria do convenio colectivo da construción de Ourense. Asisten:
Representación Sindical: por FICA-UGT; Manuel B. González Rodríguez
Por CC.OO. do Hábitat: Antonio Pérez Jácome
Representación empresarial, ACO: José Cesáreo Fernández Ríos, María de Miguel Pérez.
Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, nomeándose secretario a Cesáreo Fernández Ríos.
O único punto a tratar na reunión é a actualización das táboas salariais para 2025 e 2026. Antes de aplicar o incremento correspondente a 2025, procede actualizar as táboas salariais, o artigo 55.4 do VII Convenio Xeral do Sector da Construción (VII CXSC) establece:
?(?) Cláusula de garantía salarial. Establécese unha cláusula de garantía salarial, de maneira que se a suma da taxa anual do índice de Prezos de Consumo (IPC) xeral dos meses de decembro dos anos 2022, 2023 e 2024, publicado polo Instituto Nacional de Estatística, se situase nun nivel superior ao 10,0%, e sempre cun máximo dun 13,0%, de maneira que o 50,0% dese exceso irá nun 50,0% a incremento das táboas salariais e o outro 50,0% a contribución ao plan de pensións das persoas traballadoras en alta na empresa a esa data de 1 de xaneiro de 2025; a contribución ao plan de pensións levarase a cabo nos termos e condicións que se determinen no Libro Terceiro ao que se refire o artigo seguinte, e para aquelas persoas partícipes que se definan no mesmo.?
O índice de Prezos de Consumo (IPC) xeral dos meses de decembro dos anos 2022, 2023 e 2024, publicado polo Instituto Nacional de Estatística é o seguinte:
IPC mes de decembro
2024---2023---2022---Sumatorio--- Cláusula Garantía Salarial
2,8 ---3,1 --- 5,7 ---11,6 --------------- 0,8
En consecuencia as táboas salariais de 2024 incrementaranse, con efectos de 1 de xaneiro de 2025 nun 0,40 por cento, sen efectos retroactivos, converténdose na base de partida para a actualización salarial de 2025. Así mesmo, a contribución ao plan de pensións de 2024 incrementarase na cantidade correspondente ao outro 0,40 por cento, sen efectos retroactivos, converténdose na base de partida para a negociación da contribución empresarial de 2025.
As táboas salariais de 2025 obteranse ao incrementar as táboas salariais do ano 2024 nun 3,50 por cento; a contribución ao plan de pensións para o ano 2025 obterase de engadir á contribución ao plan de pensións do ano 2024 o 0,50 por cento do importe dos conceptos salariais das táboas de 2024 do convenio colectivo que resulte de aplicación, na forma prevista no artigo 55 do VII CXSC.
As táboas salariais de 2026 tomarán a táboa salarial de 2025 e incrementaranse nun 3%; a contribución ao plan de pensións para o ano 2026 obterase de engadir á contribución ao plan de pensións do ano 2025 o 0,25 por cento do importe dos conceptos salariais das táboas de 2025 do convenio colectivo que resulte de aplicación, na forma prevista no artigo 55 do VII CXSC.
Así mesmo, establécese unha cláusula de garantía salarial para 2025 e 2026, de maneira que se a suma da taxa anual do índice de Prezos de Consumo (IPC) xeral dos meses de decembro dos anos 2025 e 2026, publicado polo Instituto Nacional de Estatística, se situase nun nivel superior ao 7,25 por cento e sempre cun máximo do 9,25 por cento, incrementaranse con efectos de 1 de xaneiro de 2027 as táboas salariais do ano 2026, sen efectos retroactivos, de maneira que o 50,% dese exceso irá nun 50,% a incremento das táboas salariais e o outro 50% a contribución ao plan de pensións das persoas traballadoras en alta na empresa a esa data 1 de xaneiro de 2027; a contribución ao plan de pensións levarase a cabo nos termos e condicións que se determinan no Libro Terceiro do VII Convenio Xeral do Sector da Construción, e para aquelas persoas partícipes que se definen no mesmo.
Acordouse por unanimidade autorizar a María José de Miguel Pérez con DNI número 3*******-*, para que poida realizar os trámites precisos para presentar esta acta e os acordos que contén, con facultades para aclarala, emendala, corrixila, completala e integrala no seu caso, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.
Unha vez lida a acta, e estando todos conformes, acordan por unanimidade a súa sinatura no lugar e data indicados no encabezamento sendo as 13.00 horas.
(TABLAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)
