Convenio Colectivo de Empresa de ADMINISTRACION AUTONOMICA de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
18/11/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de ADMINISTRACION AUTONOMICA de Galicia

Empresa Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 18 de Noviembre de 2013

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 32-34)

RESOLUCION do 5 de novembro de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia da modificacion da Resolucion do 29 de decembro de 2010 pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia do acordo sobre os dereitos de participacion do persoal ao servizo da Administracion da Xunta de Galicia en materia de prevencion de riscos laborais. (Diario Oficial de Galicia num. 220 de 18/11/2013)

Preambulo

Con data do 27 de novembro de 2009, os representantes da Administración da Xunta de Galicia e os representantes das organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF asinaron o acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración de Galicia en materia de riscos laborais, que foi ratificado con data do 12 de abril de 2010 pola Comisión de Persoal, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representatividade, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas.

O dito acordo foi obxecto de inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, mediante Resolución do 29 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, de acordo co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Con data do 30 de abril de 2013 aprobouse, en sesión ordinaria celebrada pola Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, a proposta de modificación da Resolución do 29 de decembro de 2010, e que consiste na inclusión de dous novos parágrafos nos números 3 e 10 do texto.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA

 
Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

 
Primeiro.

Modificar a Resolución do 29 de decembro de 2010 incluíndo dous novos parágrafos nos números 3 e 10 do texto do acordo que quedan redactados da seguinte forma:

«3. Delegados de prevención.

Son delegados de prevención, nos termos definidos na Lei de prevención de riscos laborais, tanto os designados entre os membros das xuntas de persoal e os comités de empresa como os designados por estes órganos cando, nos ámbitos recollidos no anexo, non existan traballadores que teñan a condición de delegados de persoal ou delegados sindicais ou mediante acordo sindical. Para a elección dos delegados de prevención tómanse como ámbitos os reflectidos no anexo; o número de delegados que se elixirán será de acordo co disposto no artigo 35 da Lei de prevención de riscos laborais, o que, así mesmo, figura no citado anexo.

Os delegados de prevención e os representantes da empresa poderán dispor dun documento que os identifique como tal. O deseño deste documento, a súa confección, entrega, mantemento, seguimento e arquivo, coas variacións naturais por eleccións, baixas, altas etc., será competencia e responsabilidade do Servizo de Prevención de Riscos Laborais a través do procedemento correspondente.

Tanto os delegados de prevención coma os representantes da Administración poderán ser substituídos, nas reunións dos comités que figuran no anexo, por outros representantes. Os substitutos dos representantes das organizacións sindicais deberán ser tamén delegados de prevención.

Esta substitución deberá ser comunicada.

10. Comisión paritaria de seguimento e interpretación deste acordo.

Inmediatamente e a continuación da entrada en vigor deste acordo, constituirase unha comisión paritaria de seguimento e interpretación que, ademais da avaliación do grao de cumprimento do acordo, resolverá sobre as controversias que xurdan na súa aplicación, así como a adaptación e modificación dos comités relacionados nos anexos, e poderá variar a súa organización como consecuencia dos cambios na estrutura orgánica da Administración da Xunta de Galicia ou por outras razóns de funcionalidade. As resolucións desta comisión tomaranse por unanimidade e, cando non sexa posible, farase constar na acta a motivación explícita do desacordo. Na comisión paritaria estarán presentes as organizacións sindicais asinantes deste acordo.

A Comisión Paritaria estará composta por un representante de cada unha das organizacións asinantes do acordo e o mesmo número de representantes da Administración».

Segundo.

A unificación do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Cultura e Turismo e o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sinalados no anexo do acordo, nun único comité: Comité de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.