Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
13/11/2018

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de ARTEIXO TELECOM, S.A. (15003792012001) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 13 de Abril de 2018 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 19-20)

Resolucion de inscricion e publicacion da prorroga do convenio colectivo da empresa Arteixo Telecom, S.A. da provincia da Coruña para os anos 2016, 2017 e 2018 (Boletín Oficial de A Coruña num. 216 de 13/11/2018)

Con data 18 de outubro de 2018 tivo entrada no rexistro xeral de convenios e acordos colectivos de traballo a solicitude de inscrición e publicación da prórroga do convenio colectivo da empresa ARTEIXO TELECOM, S.A. para os anos 2016, 2017 e 2018 suscrita polas partes lexitimadas o 13 de abril de 2018 (código de convenio 15003792012001).

Con data 6 de novembro de 2018 achégase nova documentación.

Logo de analizar a documentación achegada, e de acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG Núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición e publicación da prórroga do convenio colectivo da empresa ARTEIXO TELECOM, S.A. para os anos 2016, 2017 e 2018 segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG Núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición da acta suscrita o 13 de abril de 2018 na que se contén o acordo da prórroga do convenio colectivo da empresa ARTEIXO TELECOM, S.A. para os anos 2016, 2017 e 2018 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión da acta suscrita o 13 de abril de 2018 na que se contén o acordo da prórroga do convenio colectivo da empresa ARTEIXO TELECOM, S.A. para os anos 2016, 2017 e 2018 ó Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

ACTA DE REUNION ENTRE COMITÉ DE EMPRESA Y LA DIRECCION DE ARTEIXO TELECOM, S.A.

ASISTENTES:

Comité de Empresa ARTEIXO TELECOM, S. A.

Ana Guerreiro Blanco CIG (Presidenta)

Miguel Soñara Varela CIG (Secretario)

Manuel Domingo Fresco Rega CIG

Manuel Torres Suárez UGT

Servando López González UGT (Delegado Sindical)

Marcial Carballido Aneiros CC.OO.

Por la Dirección:

Juan José Vázquez Ferreña (Director Operaciones)

Reunidos los miembros del Comité de Empresa con la Dirección, se acuerda prorrogar para los años 2016;2017 y 2018 el Convenio Colectivo de Arteixo Telecom, S.A. (código nº 15003792012001)

Suscrito el día10 de marzo de 2011 y publicado en el boletín oficial de la provincia el día 16 de mayo del 2011.

Por ambas partes se da por concluida la reunión llegando al acuerdo de la prórroga, En prueba de conformidad se firma el presente documento.

En As Pontes a 13 de abril de 2018

2018/8361