Convenio Colectivo de Empresa de BOTAMAVI, S.L. (36003192011999) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
09/04/2010

Modificacion/Interpretacion , Sentencia/Laudo. Convenio Colectivo de Empresa de BOTAMAVI, S.L. (36003192011999) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Documento oficial en PDF(Páginas 18-19)

Laudo arbitral sobre o conflicto plantexado na empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL, (BOTAMAVI) (Boletín Oficial de Pontevedra num. 66 de 09/04/2010)

Visto o texto do laudo arbitral sobre o conflicto plantexado na empresa BOTEROS AMARRADORES DE VIGO, SL, (BOTAMAVI)  sobre diferencias xurdidas en canto á data de entrega da plataforma reivindicativa, inicio do periodo de negociación, habilitación a terceiro dirimente para posibles axustes nos sistemas de contratación dos traballadores que foron incluidos en plantilla como consecuencia do laudo do AGA de 24 de outubro de 2008, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 15-01-2010, e de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, artigo 2.f) do Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, artigo 24.4 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial, ACORDA:

Primeiro.—Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.—Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.—Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

José Mª Casas de Ron, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 30.12.09, según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polas partes en conflicto na empresa Boteros y Amarradores de Vigo, SL (Botamavi), resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.—O artigo 9 do convenio colectivo da empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL sinala que as discrepancias que poidan xurdir se someterán o procedemento de arbitraxe previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).

Segundo.—En data 30.12.09 asinouse o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes da mesma, por una banda, D. José M. García Vázquez, asesorado por D. Camilo Castro Silva, por parte da empresa; e D. José Angel Rodríguez Diaz delegado de persoal, e D. Luciano Villar González e D. Fernando Fonseca Malvido, asesores da CIG. Nomease árbitro o asinante, ós efectos de someter as súas diferencias á resolución arbitral en canto a datas de entrega da plataforma reivindicativa; inicio do periodo de negociación; habilitación a terceiro dirimente para posibles axustes nos sistemas de contratación dos traballadores que foron incluidos en plantilla como consecuencia do laudo do AGA de 24 de outubro de 2008, habilitación que terá que marcar as pautas de contratación e organización do traballo e que se manterá en tanto en canto dure a situación de decremento de tráficos portuarios que afecta a empresa no porto e que terán que ser ditos decrementos certificados pola Autoridade Portuaria de Vigo. Asimismo as partes solicitan se establezcan arbitralmente un sistema de seguimento dos acordos achegados na derradeira mediación do AGA.

Terceiro.—O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e considérase suficientemente ilustrado para solucionar o conflicto plantexado, dada a súa intervención no conflicto colectivo xurdido na negociación do convenio colectivo anterior da empresa. Asimesmo, foi nomeado árbitro, xa no ano 2008, e, en tal calidade, dictou o correspondente laudo, en relación co incremento do cadro de persoal necesario por imperativo legal. Posteriormente foi dictado novo laudo en relación co tempo de traballo, descansos, horas extraordinarias, complemento por IT, paz social, e costes salariais de determinadas categorías.

En base a todos estos antecedentes, o árbitro entende que pode dictar unha resolución eficaz que sirva coa máxima urxencia para poder iniciar a negociación colectiva e superar o presente conflicto e o que motivou o anterior procedemento de mediación e o que se chegou a acordo coa ratificación en asamblea por parte dos traballadores en plantilla na empresa.

Polo tanto, e relativo as cuestións sobre procedemento de negociación colectiva, posibles procedementos para o axuste de plantilla motivado pola situación actual de crise nos tráficos portuarios, e seguimento dos acordos tanto referidos o acordo ratificado en data 29 de decembro como os que se achegaran no convenio colectivo próximo como consecuencia da actuación arbitral en materia de plantilla, ca seguinte:

PARTE DISPOSITIVA

1.—A parte social entregará a plataforma completa para a negociación do convenio colectivo para os próximos dous anos á dirección da empresa antes das 12 h. da mañá do vindeiro luns, 4 de xaneiro de 2010. A dirección da empresa certificará o presente árbitro a súa recepción.

2.—A negociación do convenio comenzará coa constitución da comisión de negociación, capacitada e lexitimada, e integrada pola representación da dirección empresarial, a representación legal dos traballadores e os asesores sindicais, na sede social da empresa o día 14 de xaneiro de 2010, ás 09:30 h.

3.—No transcurso da negociación do convenio colectivo, e aberto o capítulo de organización e control de tempo de traballo, descansos, vacacións, días de libre disposición, licencias, etc, revisarase polo árbitro designado na acta referida a situación de traballo obxetiva dos 6 traballadores que ocupan os 6 postos de traballo (dous de mar e catro de terra) que significaron o incremento neto en plantilla para a consecución da regulación de dereitos básicos sobre condicións de traballo, efectuado en laudo de 24 de outubro de 2008, habilitación que se entende referida para unha situación de crise no sector sobre a base de descenso dos tráficos portuarios que atende a empresa Botamavi, SL, e que, en calqueira caso, serían certificados o árbitro actuante directamente polos servicios correspondentes da Autoridade Portuaria de Vigo.

4.—Sin perxuicio das reunións que están establecidas na normativa laboral como facultades e dereitos de información dos representantes legais da plantilla no Estatuto dos Traballadores, establecese que por parte da dirección da empresa o máximo nivel, e por parte da organización sindical, celebrarase unha xuntanza cuatrimestral, da que se remitirá sucinta nota ó arbitro o efecto de control da súa celebración, reunión na que se efectuará un seguimento e evaluación da situación da empresa, a súa organización, evolución da actividade e cumprimento dos acordos laborais, e expresamente os referidos a todo o relativo a tempo de traballo, licencias, días de libre disposición e vacacións.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 31 de decembro de 2009.—O árbitro, José Mª Casas de Ron.

Vigo, a 26 de xaneiro de 2010.—A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce. 2010001394