Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
15/01/2007

Revision. Convenio Colectivo de Empresa de CARLOS SABUCEDO GOMEZ PANADERIAS (32001042012005) de Ourense

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Revision salarial do convenio colectivo da empresa Carlos Sabucedo Gomez, Panaderia, de Ourense para o ano 2007 (Boletín Oficial de Ourense num. 8 de 11/01/2007)

Unha vez visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Carlos Sabucedo Gómez (Panadería) da provincia de Ourense para o ano 2007 (código de convenio núm. 3201042) (publicado no BOP n.º 69, do 25 de marzo de 2003) subscrito o día 23 de novembro de 2006, dunha parte, en representación da parte empresarial, polo representante da empresa, e doutra parte, en representación dos traballadores da empresa, polo delegado de persoal, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial acorda:

Primeiro.- Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.- Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 7 de decembro de 2006. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

En Toén, a vinte e tres de novembro de dous mil seis.

Reunidos, dunha parte, don Carlos Sabucedo Gómez, con DNI n.º34.931.971- P, veciño de Toén, con domicilio en San Pedro de Moreiras, como representante da empresa Carlos Sabucedo Gómez, e doutra parte, don Manuel García Iglesias, con DNI n.º 34.907.100- T, veciño de Toén, con domicilio en Patín, Moreiras como representante dos traballadores da empresa Carlos Sabucedo Gómez, expoñen:

I. Que se reuniron na data que consta no encabezamento para o estudo e sinatura da actualización das táboas salariais para o ano 2007, substituíndo as novas ás que rexían anteriormente.

Aprobouse un aumento do salario do 5%, aumentando o salario da categoría de limpador nun 6%, previndo a posibilidade de que o aumento dun 5% deixase o salario inferior ó novo salario mínimo interprofesional.

Que tralas correspondentes deliberacións e votacións aprobáronse as seguintes actualizacións:

Salarios 2007

Mes de 30 días

Categorías; Salario Base; Beneficios 15%; Gratificación Horario; Nocturnidade; Total mes

Pala; 792,09; 118,92; 15,73; 54,02; 980,66

Masa; 771,49; 115,73; 15,73; 54,02; 956,97

Mesa; 757,04; 113,56; 15,73; 54,02; 940,35

Axudante; 737,91; 110,69; 15,73; 54,02; 918,35

Mordomo; 771,13; 771,13

Repartidor despachos; 757,04; 757,04

Repartidor domicilio; 712,26; 712,26

Oficial administrativo; 819,01; 819,01

Chofer Repartidor; 792,08; 792,08

Limpador; 573,36; 573,36

A empresa. Asdo.: Carlos Sabucedo Gómez.

Representante dos traballadores.

Asdo.: Manuel García Igrexas.