Convenio Colectivo de Empresa de CERVEZAS SAN MARTIN, S.A. (32000102011981) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Convenio Colectivo de Empresa de CERVEZAS SAN MARTIN, S.A. (32000102011981) de Ourense

Tiempo de lectura: 15 min

Tiempo de lectura: 15 min

Resolución do 24 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Cervezas San Martín, S. A. de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 14900 de 04/08/1998)

a Cervezas San Martín, S. A. (código nº 3200102) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en reentación da parte económica, pola ema e, da parte social, polo delegado de persoal, na xuntanza celebrada o día 10-6-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.– Ordena– la inscrición do convenio colectivo no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás reentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.– Ordena– lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.– Dispoñe– la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de xuño de 1998. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 1998 da ema Cervezas San Martín, S. A.

Capítulo I Disposicións xerais

Artigo 1º.– Ámbito territorial, funcional e persoal. As estipulacións do ente convenio colectivo afectarán a todo o persoal da ema Cervezas San Martín, S. A. que te os seus servicios no centro de traballo, sito no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) .

A súa aplicación será obrigatoria a todo o persoal que se atope en alta no momento do seu asinamento e que estea comprendido na Ordenanza laboral da industria cerveceira do 23 de xullo de 1971; terá o carácter de complemento da lexislación vixente e, en particular, da citada ordenanza.

Artigo 2º.– Vixencia, duración e prórroga. O ente convenio colectivo que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998 estará vixente ata o 31 de decembro de 1998. Poderá ser prorrogado de ano en ano se ningunha das partes o denunciase cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto da data da súa expiración, conforme o disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Capítulo II Condicións económicas Artigo 3º.– Retribucións. Apróbase a táboa salarial anexa ó ente convenio. Establécese un incremento do 2,5% sobre a táboa de 1997. Artigo 4º.– Antigüidade. Tódolos traballadores fixos de tódalas categorías, a excepción dos aspirantes e aprendices, desfrutarán de aumentos periódicos nos seus haberes, consistentes en doce bienios do 5%, como máximo, en razón da súa antigüidade na ema.

Estas porcentaxes aplicaranse exclusivamente sobre o salario base que corresponda á última categoría laboral que posúa o productor de que se trate.

Artigo 5º.– Pagas extraordinarias. Establécense tres pagas extraordinarias pagadas a razón do salario real (salario base + antigüidade + plus convenio) , nos meses de xullo, setembro e decembro.

Artigo 6º.– Horas extraordinarias. Cada hora de traballo que exceda da duración máxima da xornada semanal de traballo pactada no artigo 12º deste convenio, terá a consideración de hora extraordinaria.

O seu aboamento efectuarase cun incremento sobre a hora normal pactada do 75%, as diarias, e do 100% as realizadas en domingos e festivos.

A base para o cálculo, así como os importes resultantes por aplicación das recargas sinaladas no parágrafo anterior, son os pactados e figuran na táboa salarial anexa, que serán igual para tódolos traballadores da mesma categoría, sen distinción da antigüidade individual.

Artigo 7º.– Traballos en días festivos do persoal de quendas.

O persoal de traballo por quendas que polas especiais características do proceso non é susceptible de interrupción e que traballe en festas laborables, é dicir, festivos que non sexan domingos, percibirá, sen prexuízo da compensación do día de descanso correspondente, a gratificación que se detalla a seguir, que será incrementada co complemento de antigüidade que corresponda:

-Oficial 1ª E.: 6.141 ptas.

-Oficial 1ª: 5.950 ptas.

-Oficial 2ª: 5.737 ptas.

-Axudante: 5.559 ptas.

-Auxiliar 1ª: 5.379 ptas.

-Auxiliar 2ª: 5.206 ptas.

-Auxiliar 3ª: 4.169 ptas. Esta gratificación será absorbida cando a retribución por traballo nestes días festivos teña distinta consideración á de xornada normal.

Durante os períodos de vacacións ou baixas do persoal, no caso de non cubrirse a quenda dos martes e mércores pola mañá, cubrirase necesariamente con quen corresponda, cunha compensación económica do 100% sobre o valor da hora pactada na táboa

salarial para 1998, sen que exista ningunha obriga complementaria por parte da ema.

Artigo 8º.– Plus de transporte. Establécese un plus de transporte igual para todo o persoal da fábrica, de igual contía có custo dun billete de ida e volta en autobús da ema Cercanías de Ourense, e polo traxecto de Ourense– polígono.

Artigo 9º.– Nocturnidade e prima de actividade. Nocturnidade. Os traballadores que realicen a súa xornada laboral nas horas consideradas como nocturnas, é dicir, entre as 22 e as 6 horas, percibirán un plus do 25% do salario base.

Prima de actividade. Establécese un incremento do 2,5% sobre a prima de actividade de 1997 para tódolos traballadores, por mes realmente traballado, quedando fixada esta en 4.761 pesetas.

Artigo 10º.– Modificación da categoría profesional de implantación novo sistema de traballo.

Tódalas seccións da ema consideraranse como integradas nun único proceso productivo.

Tódolos traballadores, calquera que sexa a súa categoría profesional, atenderán as áreas inherentes ó dito proceso, segundo as instruccións dos seus mandos e responsables, no sentido de optimación e mellora de rendementos e productividade do proceso. Para iso promociónase á categoría de oficial 1ª un máximo de catro oficiais de 2ª e un mínimo de dous que reúnan as condicións previstas no artigo 24 do Estatuto dos traballadores; igualmente, promociónase á categoría de oficiais de 2ª un axudante, que igualmente reúna as condicións previstas.

Como consecuencia deste único proceso productivo, modifícase o sistema de traballo para o actual cadro de persoal de 12 traballadores, formándose 5 equipos de traballo, composto por dúas persoas cada equipo, das cales unha delas terá necesariamente categoría de oficial 1ª. As restantes persoas estarán en réxime de fóra de quenda de luns a venres, con carácter non definitivo e mentres as circunstancias do proceso o permitan.

As quendas serán de carácter rotativo coa seguinte orde.

1º Quenda de noite.

2º Quenda de mañá.

3º Quenda de tarde.

4º Fóra de quenda. A reincorporación ó traballo despois do desfrute das vacacións farase en réxime de fóra de quenda, en lugar de acoplarse á quenda que tiña anteriormente.

Despois dun período de baixa por enfermidade, o traballador reincorporarase ó traballo na quenda que lle correspondería se non estivese de baixa.

En caso de dúas ou máis baixas por enfermidade, adaptaranse as quendas ás necesidades do proceso.

Cando por necesidades do proceso coincidan dous oficiais de 2ª na mesma quenda, un deles farase cargo da quenda, como responsable desta e en funcións de oficial de 1ª, percibindo a diferencia do posto correspondente. A ema designará o responsable da quenda, en caso necesario.

Como consecuencia desta implantación do novo sistema de traballo, establécense as compensacións económicas seguintes:

Oficial 2ª: 2.000 pesetas/mes realmente traballado. Axudante: 3.000 pesetas/mes realmente traballado. Esta compensación faise extensiva ó mes de vacacións.

Artigo 11º.– Impostos e cargas sociais. Os impostos, cargas sociais e calquera deducción de tipo obrigatorio que gravan na actualidade ou graven no futuro as condicións económicas pactadas no ente convenio serán satisfeitos por quen corresponda conforme a lei.

Capítulo III Xornada de traballo

Artigo 12º.– Xornada. Establécese unha xornada para tódolos traballadores de corenta horas semanais.

Artigo 13º.– Vacacións. Todo o persoal, sen distinción de grupos e categorías profesionais, terá dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuído de 30 días naturais.

O calendario para desfrute de vacacións pactarase entre a ema e os traballadores. Se non hai acordo, e tendo en consideración as características do proceso productivo, a ema fixará as quendas de descanso do persoal de acordo co preceptuado na artigo 38 da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Como compensación para o persoal que desfrute das vacacións nos meses fóra do período de verán (xuño, xullo, agosto e setembro) establécese unha compensación económica de 21.700 pesetas, que teñen carácter graciable e non computabale para efectos de sucesivos convenios, a menos que haxa pacto en contrario. As quendas de vacacións sortearanse cada ano entre tódolos traballadores.

Tal período de vacacións será retribuído na súa totalidade polo salario real que se veña percibindo.

Artigo 14º.– Licencias con soldo. A ema concederá licencias con soldo nos casos seguintes e na duración que se indica:

a) Quince días naturais por matrimonio do traballador.

b) Tres días naturais por parto da esposa, ampliándose esta licencia en dous días máis, no caso de intervención cirúrxica.

c) Tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas por enfermidade grave ou operación cirúrxica maior, de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, netos e avós.

d) Tres días naturais por falecemento dos familiares citados.

e) Un día natural por matrimonio de irmáns ou fillos.

f) Un día natural por falecemento de familiares indirectos.

g) Polo tempo indispensable para a consulta do traballador polo médico de cabeceira ou especialista, sen que en ningún caso esta licencia poida superar dúas horas.

h) En caso de que o feito causante se desenvolva fóra da provincia do domicilio habitual, estas licencias serán ampliadas nun día natural.

i) Un día por traslado de domicilio do traballador. O traballador estará obrigado a entar en calquera caso documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das licencias anteriores. As ditas licencias deberán desfrutarse no momento de producirse o feito causante.

Artigo 15º.– Festividade da patroa. Con independencia das festas nacionais e locais dispostas pola autoridade competente, os traballadores afectados polo ente convenio festexarán a patroa da industria cervexeira, Virxe das Viñas, a cal normalmente coincide co 10 de setembro; de ser traballada, aplicarase o disposto no artigo 7º do ente convenio.

Capítulo IV Prestacións e servicios sociais

Artigo 16º.– Axuda por incapacidade laboral transitoria. Todo o persoal afectado polo ente convenio, en caso de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente laboral, percibirá un complemento ata acada– lo 100% do salario real nos seguintes casos:

a) Enfermidade común, accidente non laboral con internamento en centros hospitalarios.

En tódolos casos e desde o feito da baixa. Cando despois da alta clínica, o traballador debe continuar tratamento no seu domicilio, poderá ser sometido a recoñecemento polo médico da ema e outro que esta designe e á vista do xuízo emitido reconsiderarse a concesión deste complemento.

b) Demais casos de enfermidade común. Naqueles casos que a ema o considere conveniente logo dos pertinentes informes.

c) Accidente laboral. En tódolos casos, sen prexuízo de recoñecemetno a que se fai referencia no apartado a) .

Artigo 17º.– Seguro de vida. A ema manterá un seguro de vida para todo o persoal afectado polo ente convenio, e será por conta desta a prima correspondente ata un máximo de catrocentas mil pesetas anuais. Se unha vez coñecido o montante da prima resultase superior á citada cantidade, o excedente será por conta do persoal, rateado en partes iguais.

A póliza cubrirá as seguintes continxencias:

a) Falecemento por morte natural: 2.000.000 de pesetas.

b) Invalidez permanente absoluta e derivada de enfermidade ou accidente: 2.000.000 de pesetas.

c) Morte por accidente: 4.000.000 de pesetas.

d) Morte por accidente de circulación: 6.000.000 de pesetas.

O condicionado para a eficacia deste seguro será o reflectido na póliza da compañía Winterthur.

Artigo 18º.– Economato. A ema comprométese a xestionar directamente cos almacéns de productos básicos (alimentación, vestiario, etc) co fin de que o persoal poida efectuar compras, en condicións máis vantaxosas có mercado libre.

Artigo 19º.– Uniformes. A ema facilitaralle cada ano ó persoal operativo a roupa de uniforme que sexa necesaria para o desenvolvemento das súas actividades.

Así mesmo, facilitarase en casos de servicios ó exterior, a roupa de auga e de abrigo adecuadas.

As demais roupas do equipo renovaranse cando se deterioren.

Artigo 20º.– Seguridade e hixiene. Ámbalas dúas partes manifestan a vontade de prove– los medios necesarios para unha mellora permanente das condicións de traballo no que se refira a seguridade e hixiene; para iso constitúese o Comité de Seguridade e Hixiene na ema, que se comporá de dous reentantes da ema e dous traballadores e estará idido polo director de fábrica.

Reunirase, cando menos, unha vez ó mes. Estudiaranse os distintos aspectos para a mellora das condicións de seguridade e hixiene. De tódalas reunións, levantarase a acta correspondente.

Capítulo V Garantías

Artigo 21º.– Garantías sindicais. Os reentantes dos traballadores desfrutarán, en todo momento, das garantías sindicais que estean establecidas pola lexislación vixente. Ningún traballador poderá ser discriminado por razón da súa afiliación política ou sindical.

Artigo 22º.– Reunións. A ema porá un taboleiro de anuncios á disposición do delegado de persoal, co fin de que poidan informar a todo o persoal sobre os asuntos que poidan afectalo.

O delegado de persoal celebrará unha reunión ordinaria cada mes cos traballadores, que terá carácter informativo e consultivo, fóra das horas de traballo e logo da comunicación á ema. En tales reunións, calquera traballador poderá expor ós reentantes os problemas que o afecten persoalmente. Soamente en casos excepcionais de indubidable urxencia e importancia poderá expo– lo traballador os seus problemas ante os delegados, fóra das reunións antes citadas.

Así mesmo, poderase efectuar unha reunión extraordinaria dentro das horas de traballo, cando o problema que hai que tratar teña a suficiente importancia e requira un tratamento de urxencia, logo da comunicación á ema e conseguinte autorización desta, a quen se informará sobre os asuntos tratados e os acordos adoptados.

Capítulo VI Disposicións adicionais

Artigo 23º.– Absorción e compensación. Tódalas retribucións, tanto en concepto de salario base, plus de convenio, como calquera clase de complementos, en canto fosen superiores ós mínimos establecidos con carácter xeral neste convenio, poden ser absorbidas e compensadas no seu conxunto e en cómputo anual, coas que se fixan no ente pacto. Tamén se compensarán ou absorberán as novas condicións que se poidan implantar, durante o período de vixencia deste acordo, por disposición legal de obrigado cumprimento.

Artigo 24º.– Liquidación de salarios. A ema liquidará os salarios de forma mensual, aboando o seu importe o último día de cada mes, mediante transferencia bancaria, talón bancario ou calquera outro sistema que garanta o movemento de fondos.

Artigo 25º.– Muller traballadora. No concernente a dotes, descansos antes e despois do parto, excedencia por matrimonio, rescisión do contrato por matrimonio, excedencia por parto e reingreso da muller traballadora, aplicarase en todo momento o disposto legalmente sobre a materia.

Artigo 26º.– Dereito supletorio. En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no ente convenio aplicarase o establecido nas disposicións legais de carácter xeral e de obrigado cumprimento, así coma o disposto no Regulamento de réxime interior da ema, que manterá plena vixencia en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado neste convenio ou non fosen derrogadas por el.

Artigo 27º.Dentro da estructura profesional da ema créase a categoría de auxiliar 3ª obreiro, que se define como operario maior de 18 anos que executa labores para os que non se require predominantemente a achega de esforzo físico e, en consecuencia, a isntrucción para a práctica operatoria será mínima.

Artigo 28º.-Comisión paritaria. Constitúese unha comisión paritaria integrada polos reentantes do persoal e da ema que interviñeron na negociación do ente convenio, para a vixilancia do seu cumprimento e correcta interpretación, cando fose necesario, do texto aprobado por ambas partes.

Ourense, 10 de xuño de 1998.

-Pola reentación social: Carlos A. Serantes Gómez.

-Pola reentación emarial: O administrador único: Óscar Fdez. de Pinedo Robredo.

O director de fábrica: Ricardo García Blanco. Táboa salarial 1998 Categoría Nivel Salario

base Plus convenio Total Base H.

pactada 75% Mellorada Titulados Superior A 244.261 85.444 329.705 1.283 2.242 2.982 Medio A 224.455 60.749 285.204 1.146 2.007 2.659 Medio B 197.331 60.749 258.080 992 1.745 2.323

Técnicos Xefe de 1ª A 203.548 56.644 260.192 992 1.745 2.323 Xefe de 2ª A 171.004 50.238 221.242 831 1.460 1.940 Oficial de 1ª A 141.831 49.833 191.664 713 1.249 1.656

Categoría Nivel Salario base Plus

convenio Total Base H. pactada 75% Mellorada Oficial de 2ª A 107.099 41.499 148.598 611 1.066 1.420 Auxiliar A 95.886 40.331 136.217 528 919 1.229 Encargado 141.831 49.833 191.644

Administrativo Xefe de 1ª A 203.548 56.644 260.192 992 1.745 2.323 Xefe de 1ª B 181.050 56.644 237.694 916 1.603 2.132 Xefe de 2ª A 171.004 50.238 221.242 831 1.460 1.940 Xefe de 2ª B 152.730 48.224 200.954 770 1.342 1.789 Oficial de 1ª A 141.831 49.833 191.664 713 1.249 1.656 Oficial de 1ª B 130.124 44.555 174.679 665 1.162 1.538 Oficial de 2ª A 115.812 42.343 158.155 611 1.066 1.420 Oficial de 2ª B 107.099 41.507 148.606 611 1.066 1.420 Auxiliar A 95.886 40.332 136.218 528 919 1.229

Subalternos Subalt. 1ª X. E. A 107.099 41.507 148.606 611 1.066 1.420 Subalterno 1ª A 100.603 40.875 141.478 566 987 1.316 Subalterno 2ª A 93.955 40.149 134.104 513 899 1.199

Obreiros Oficial de 1ª X. E. 3.780 42.215 653 1.143 1.551 Oficial de 1ª 3.412 41.129 578 1.008 1.500 Oficial de 2ª 3.263 40.630 540 947 1.428 Axudante 3.132 40.242 513 899 1.354 Auxiliar de 1ª 3.072 40.028 498 878 Auxiliar de 2ª 2.995 39.848 487 849 Auxiliar de 3ª 2.349 30.181 384 674

6494