Última revisión
04/01/2005
Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE CARIÑO. PERSOAL LABORAL (15004182012005) de Coruña
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Convenio colectivo do Concello de Cariño(codigo convenio 1504182) (Boletín Oficial de A Coruña num. 2 de 04/01/2005)
Visto o expediente do convenio colectivo do CONCELLO DE CARIÑO (código convenio 1504182), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 27.04.04, complementado o día 29.11.04 e subscrito pola parte económica polo Concello de Cariño e pola parte social polos delegados de persoal o día 10.03.04, ratificado polo Pleno da Corporación o día 03.04.04, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo e Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial
ACORDA:
PRIMEIRO.-Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.
SEGUNDO.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).
TERCEIRO.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 10 de decembro de 2004
A DELEGADA PROVINCIAL
Asdo.: Cristina Azpilcueta González
DONA Mª DOLORES CREGO LÓPEZ, SECRETARIA ACCTAL. DO CONCELLO DE CARIÑO (A CORUÑA)
CERTIFICO: Que en sesión plenaria ordinaria celebrada o tres de abril de dous mil catro, adoptouse entre outros o acordo que a continuación se transcribe literalmente:
3.-APROBACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE CARIÑO
Dase lectura ó dictame da Comisión Informativa de Facenda, Réxime Interior e Persoal celebrada o vintenove de marzo deste ano.
Abre as intervención so Sr. Alcalde que manifesta que o texto do convenio que aprobado pola Mesa Negociadora, recolle algunhas aspiracións do borrador inicial, e non así outras coas que non se estivo de acordo. Como en toda negociación, houbo algún tira e afloxa entre patronal e traballadores, e logo de varias reunións avanzouse ata chegar a un texto que mellora a situación anterior dos traballadores, na medida en que o Concello o pode afrontar nestes momentos, pero como se ten unha vixencia anual, di que se está aberto á negociación en videiros exercicios.
O Sr. Varela, di que un convenio colectivo é un instrumento que serve para armoniza-la situación laboral e os dereitos e deberes dos traballadores do Concello. Este que hoxe se aproba, non é perfecto, pero fixose coa mellor intención, intentando salvagardar os intereses dos traballadores e do Concello. Esta contraposición de intereses fixo que a negociación non fose mol distendida, pero non houbo motivo de preocupación. As partes souberon estar e así chegouse a un texto que armoniza os intereses de ambas, e o Concello foi o máis aberto que lle é posible. Di que espera que sexa da utilidade desexada, e que ratifca o voto favorable emitido na Comisión Informativa.
O Sr. Pérez, portavoz do grupo popular, di que o seu grupo vai votar a favor como xa fixo na Comisión Informativa.
Non suscitándose máis intervencións, o Sr. Alcalde somete o ditame a votación do Pleno, que o acepta e por unanimidade ACORDA:
PRIMEIRO.-Aproba-lo Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Cariño, que figura como anexo ó presente acordo, que foi o resultante na última reunión da Comisión Negociadora que tivo lugar o pasado 10/03/04.
SEGUNDO.-Remiti-lo texto do citado convenio á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o seu depósito e publicación.
ANEXO
CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE CARIÑO
ÍNDICE
CAPÍTULO I. DISPOSICIONS XERAIS
Art. 1º .-Ámbito de aplicación ó persoal.
Os acordos que se recollen no presente documento serán de aplicación ó persoal laboral que preste servicios no Concello de Cariño, calquera que sexa a ubicación da dependencia, servicio ou número de traballadores que o atenden considerándose a tal efecto o Concello como única unidade de traballo. Agás o persoal directivo e de libre designación que puidera nomearse.
Art. 2º .-Ámbito de vixencia temporal.
2.1.-O presente Convenio entrará en vigor unha vez aprobado polo Pleno, o día que sexa publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, .
2.2.-Este Convenio Colectivo terá unha duración de un ano, prorrogándose anualmente de forma automática ata que non se proceda a súa modificación total ou parcial e terá efectos desde o 01/01/04..
2.3.-Poderán formularse denuncias de rescisión ou revisión, por calquera das partes, cunha antelación mínima de tres meses antes da data sinalada para o remate da súa vixencia.
Art. 3º .-Condicións máis beneficiosas.
3.1.-As melloras establecidas en calquera outra disposición, calquera que sexa o seu rango, e todas aquelas situacións colectivas que comparadas analítica e globalmente sexan superiores ás do presente Convenio Colectivo, serán de aplicación conforme o principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para o persoal laboral, por decisión da maioría dos mesmos.
3.2.-Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos traballadores do Concello de calquera dos beneficios establecidos neste Convenio. Tacharase de nulidade, entendéndose como non disposto e sen ningún efecto, calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos beneficiosas para os traballadores.
Art. 4º .-Comisión de seguimento e interpretación.
4.1.-Crearase unha Comisión paritaria mixta de seguimento, interpretación, control e desenvolvemento do Convenio, que entenderá da súa aplicación.
4.2.-Esta comisión será competente para a interpretación e seguimento do desenvolvemento de todo o establecido neste convenio e anexos, así como para o estudio de tódalas materias que incidan nas condicións socio-económicas dos traballadores deste Concello.
4.3.-A Comisión Paritaria mixta constituirase no prazo máximo de un mes a partir da sinatura do acordo.
4.4.-Estará composta por tres membros nomeados pola Corporación na súa representación, e tres membros en representación do persoal laboral.
4.5.-No caso de imposibilidade de asistencia de calquera dos membros da comisión de control, interpretación e seguimento, poderán nomear a persoal que o sustitúa. Asimesmo cada parte poderá levar unha persoa, segundo o tema a tratar, en calidade de asesor, con voz pero sen voto.
4.6.-A Comisión reunirase sempre que o estime preciso algunha das partes para analisar temas concretos.
4.7.-Os acordos adoptaránse por maioría entre as dúas partes e serán recollidaos en acta e daráselles publicidade no taboleiro de anuncios do Concello, así ocmo no taboleiro de persoal.
4.8.-Os acordos da comisión serán vinculantes, sempre e cando o tema non sexa materia reservada específicamente ó pleno da corporación que neste caso será o órgano competente. Cando sexa así a Comisión enviará a proposta pertinente para ser estudiada na comisión informativa correspondente como paso previo para tratala no pleno do Concello.
4.9.-As discrepancias da interpretación serán resoltas pola arbitraxe da persoa nomeada por ámbalas partes.
Art. 5º .-Dereitos.
5.1.-Os dereitos do persoal laboral serán os establecidos na lexislación vixente coas particularidades que se establecen no presente convenio.
5.2.-Mención expresa merece o dereito (así como o deber) de empregar o galego, tanto na fala como na escrita, por parte dos traballadores e o deber do Concello de facilitar a formación neste campo.
5.3.-Nos casos nos que o presente convenio se refira a dereitos do/a cónxuxe do/a traballador/a, entenderase por tal á persoa ligada ao traballador/a de forma permanente, por vínculo legal ou por análoga relación de afectividade. Neste último caso deberá acreditarse co certificado de convivencia de un mínimo de dous anos para os efectos oportunos. .
CAPÍTULO II. RÉXIME E ORGANIZACIÓN DO TRABALLO.
Art. 6º .-Calendario Laboral.
6.1.-O calendario laboral será o establecido con carácter oficial pola Xunta de Galicia, coas peculiaridades propias deste Concello e coas que se indican neste convenio.
6.2.-Establécense que os días 24 e 31 de decembro, as festividades de carácter local que aprobe o Concello, o Sábado Santo, e o 22 de maio día de Santa Rita, patroa dos traballadores da Administración Local, serán non laborais e remunerados.
Art. 7º .-Periodos Laborais.
7.1.-Periodo laboral normal: Corresponde ao traballo efectuado entre as sete da mañá e as dez da noite, de luns a sábado, nas horas de xornada que corresponda a cada servicio.
7.2.-Periodo laboral nocturno: Corresponde ao efectuado entre as dez da noite e as seis da mañá.
7.3.-Periodo laboral festivo: Corresponde ao traballo efectuado entre as dez da noite da véspera e as 22 horas de cada domingo ou festivo.
7.4.-Periodo laboral extra: Corresponde ao traballo efectuado fóra das horas de traballo normal de cada traballador, e non sexa periodo nocturno nin festivo.
Art. 8º .-Xornada de traballo.
8.1.-A xornada de traballo establécese en 1.665 horas anuais de traballo efectivo, equivalente a 37,5 horas semanais de media.
8.2.-Traballo a quenda. Naqueles servicios municipais que pola natureza da súa actividade deban organizarse por quendas de traballo, éstas efectuaranse mediante a rotación entre distintas quendas de todos os traballadores afectados do servicio. Dito reparto equitativo de quendas cuidarase especialmente en traballos de días festivos e nocturnos. Salvo circunstancias especiais, entre o final dunha quenda e o comezo da seguinte mediará como mínimo 12 horas.
8.3.-Nos servicios nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de penosidade ou dificultade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán seren repartidas equitativamente entre todos os traballadores adscritos ao servicio, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo.
8.4.-Terán preferencia á adaptación do seu horario de traballo para asistir ás clases, tutorías ou seminarios, aqueles traballadores que realicen cursos de formación relacionados coa actividade municipal, organizados por Universidades, Escolas de Administración Pública, e outros Organismos ou Entidades de Administración sobre Réxime Local.
8.5.-A alteración da xornada ou do horario, dalgún traballador ou grupo deles, que poida plantexarse no futuro, estudarase na Comisión de Seguimento, e a solución estará inspirada nos principios de xusticia e equidade, relacionando os aspectos inherentes á xornada coa retribución económica. A Comisión poderá adoptar un acordo definitivo ou facultar ó Xefe de Persoal para que acorde estes aspectos cos traballadores afectados.
8.6.-Cando o traballador se desprace por razóns de servicio fóra dos límites do Concello, se lle aplicarán as axudas de custas establecidas na normativa vixente, fóra de horas de traballo en comisión de servicios e sempre por mandato do alcalde ou concelleiro de servicio.
8.7.-A utilización de vehiculo propio voluntariamente para a realización de desprazamentos por razóns exclusivamente de servicio contará coa retribución que marque a lei.
Art. 9º .-Horarios Laborais.
9.1.-Persoal de oficinas municipais: De Luns a Venres de 7:30h a 15:00 h.
9.2.-Persoal de obras e servizos: De Luns a Venres de 7:30h a 15:00 h.
9.3.-Persoal do servizo de limpeza de vías: De Luns a Venres de 8:00h a 15:00 h e Sábados de 9:00 a 11:30 h.
9.4.-Persoal de recollida de lixo: De Luns a Sábado de 6:00h a 12:15 h.
9.5.-Servicio de axuda a domicilio: De Luns a Sábado de 9:00h a 14:00 h.
9.6.-Os horarios dos traballadores que non figuran nos grupos anteriores, serán os que para cada caso fixe o contrato.
9.7.-Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organizar o seu traballo en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto ao calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os traballadores.
9.8.-Durante o periodo comprendido entre o 15 de Xuño e o 15 de Setembro reducirase o tempo de traballo nunha hora diaria para os traballadores que teñan xornada completa.
Art. 10º .-Descansos.
10.1.-O traballador terá dereito a un descanso semanal de un día e medio, como mínimo, que será por regra xeral medio día do Sábado e Domingo, agás do persoal suxeito a horario especial.
10.2.-Durante a xornada laboral disporase dun tempo de ata vinte minutos para facer unha pausa ou alto no traballo.
10.3.-Os traballos monótonos ou diante de pantallas de visualización de datos poderán e deberán descansar de tarefa 10 mínutos cada duas horas.
Art. 11º .-Racionalización do traballo.
11.1.-Os traballos organizaranse e realizaranse de forma racional co fin de:
a) Prestar o mellor servizo ao cidadán.
b) Simplificar o traballo, mellorar os métodos e procesos administrativos e técnicos.
11.1.-En todo caso e co fin de respetar a dignidade persoal e profesional dos traballadores, non se lles poderá asignar nin obrigar a realizar funcións ou tarefas que non garden relación co posto de traballo que desempeñan.
11.2.-Toda racionalización e mellora do traballo require a descripción e clasificación, clara e obxectiva, da relación de postos de traballo, determinando asimesmo as funcións e tarefas a desempeñar en cada un deles. Durante o ano 2004 o Concello elaborará o catálogo de postos de traballo.
11.3.-Os calendarios de quendas serán elaborados, ou modificados motivadamente, mediante informe, polo responsable do servizo. Deberán ser expostos, no taboleiro de anuncios, cunha antelación mínima de un mes, antes da súa entrada en vigor, e serán notificados e oidos persoalmente os interesados e os órganos de representación dos traballadores.
11.4.-O feito de que un traballador non faga a súa xornada laboral (por vacacións, ILT, permisos, etc.), non implicará en ningún caso o aumento da xornada laboral do resto dos traballadores dese servicio ou dependencia.
Art. 12º .-Horas extraordinarias.
12.1.-Ante a situación de paro actual e co obxecto de favorecer a creación de emprego, proponse reducir ó máximo as horas extras cos seguintes criterios:
a) Horas extraordinarias estructurais por producirense imprevistos, siniestros, puntas de traballo, ausencias, interrupción do servicio, altreración das quendas de persoal, prevención ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade ou servicio de que se trate: permitiranse sempre e cando non sexa posible resolver estas situacións coa redistribución dos efectivos de persoal existentes no cadro de persoal. De acordo co artigo 35 do Estaturo dos Traballadores, como máximo realizaranse 80 horas extra anuais.
b) Horas extraordinarias habituais: supresión total e absoluta. Neste sentido se, como consecuencia do traballo propio dun servicio se estivesen a facer horas extras de forma habitual e en horario concreto, fóra do calendario establecido, procederase á negociación para establecer un réxime de horarios nos que queden aseguradas as necesidades do servicio.
12.1.-Os responsables dos servicios ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización das horas extraordinarias, así como da veracidade dos acontecementos aludidos en apartados anteriores que xustifiquen a súa realización, cubrindo mensualmente un parte das mesmas.
12.2.-Réxime de valoración de ditas horas:
a) Cada hora traballada fóra da xornada normal percibirase un 75% máis do estipulado pola hora normal.
b) Por cada hora traballada en festivos, domingos ou en horario nocturno percibirase un 100% máis do estipulado por hora.
c) Ditas horas pódense canxear por horas ou días libres aplicando a mesma proporción que a indicada nas letras a) e b) anteriores. Os días libres poderanse coller en calquera momento, coas peculiaridades propioa dos días de asuntos propios.
d) Unicamente en caso de imposibilidade de franqueo se procederá ó aboamento das horas traballadas e esto non excederá de dous meses despois de presentalas.
Art. 13º .-Medios materiais para o desenvolvemento do traballo.
1.-O Concello proporcionará os medios materiais e instrumentais precisos para o eficaz desenvolvemento do traballo.
2.-De acordo co apartado anterior o Concello estará obrigado a entregar, vestiario de traballo en concordancia co posto de traballo e a función que se realice.
3.-A periodicidade será a que se indica na tábua seguinte:
| Medio persoal |
Cantidade |
Periodicidade |
| Mono, buzo ou mandilón de traballo |
1 |
Anual |
| Par de calzado de traballo |
1 |
Anual |
| Par de botas de goma |
1 |
Anual |
| Chaquetón de abrigo |
1 |
Bianual |
| Roupa de auga |
1 |
Bianual |
4.-Os postos de traballo que necesiten uniforme renovaranse cando sexa menester para manter o decoro e aseo precisos no servicio.
5.-Especialmente se subministrarán equipos de protección, tanto colectiva como individual debidamente homologados, aos traballadores, que serán responsables do seu uso e conservación.
6.-Deberán asimesmo estar conformes á normativa de seguridade e saude todos aqueles materiais, ferramentas e útiles de traballo que supoñan un risco tanto na súa utilización como os traballos en que se empreguen.
7.-En todo caso cumprirase a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e restante normativa de desenvolvemento.
Art. 14º .-Faltas e sancións.
1.-Estarase ao establecido polo artigo 58 do Estatuto dos Traballadores.
CAPITULO III: VACACIÓNS, PERMISOS E EXCEDENCIAS
Art. 15º .-Vacacións.
1.-As vacación anuais terán a duración dun mes natural, podéndose fraccionar voluntariamente en dúas partes, sempre que as necesidades e a natureza do servicio o permita, non poidendo ser ninguna delas inferior a unha semana (sete días naturais). En caso de que por motivos do servizo haxa que fraccionalas computaranse en total 22 días hábiles. O periodo de disfrute será, preferentemente, nos meses de Xuño a Setembro, agás de que polo traballador ou traballadora se faga solicitude expresa de disfrute fóra deste periodo.
2.-Para os traballadores que non acaden un ano de servicio a duración do periodo vacacional será proporcional ao tempo de servicio activo, desde a data de inicio ata a de remate do contrato ou no seu caso ata o trinta e un de decembro do mesmo ano, redondeando por exceso a días completos.
3.-Antes do trinta de marzo cada servicio terá elaborado o seu cadro de vacacións ou no seu defecto o traballador terá dereito a coñecer as datas correspondente ó seu mes de vacacións con dous meses antes do comezo de disfrute das mesmas.
4.-Nos servicios onde se puidense producir colisión de intereses no disfrute das vacacións, organizaranse as quendas de forma rotatoria.
5.-As vacacións non poderán seren recompensadas en metálico, en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador e ainda non teña disfrutado ou completado na súa totalidade o periodo de vacacións.
6.-De se producir baixa médica durante o disfrute do periodo de vacacións, éste quedará suspendido e fixarase unha nova data consensuada entre o Concello e a traballadora ou traballador. No suposto de que dita baixa médica acontecese con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise no día sinalado para o comezo das mesmas, non comezarán a computarse como tales. As novas datas non interferirán nas vacacións do resto dos compañeiros. Estas circunstancias serñan xustificadas mediante a baixa ou informe médicos.
7.-A traballadora embarazada terá preferencia a escoller a data das súas vacacións regulamentarias.
Art. 16º .-Licencias e/ou permisos.
O/A traballador/a, coa da correspondente solicitude, poderá obter licencias permisos, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo que se indica non apartados seguintes:
1.-Unións conxugais:
A.-Por matrimonio propio: 15 días naturais ininterrompidos, que se poderán gozar con anterioridade ou posterioridade á celebración da boda, incluida a data desta, podendose acumular ás vacacións.
B.-Por casamento de parentes (avós, pais, irmáns, fillos ou netos do interesado), o día da boda, e dous días se a boda se celebra noutra provincia, previa xustificación.
2.-Xestación, Paternidade/Maternidade:
A.-Protección do embarazo:
i.-Asistencia a clases de preparación para o parto durante a xornada de traballo: por prescripción facultativa. Xustificarase semanalmente no negociado de persoal.
ii.-Muda de posto de traballo da traballadora xestante: por prescripción facultativa e proposta da representación do persoal e sempre que o servicio o permita, cando as circunstancias físicas así o aconsellen. Dita muda non suporá en ningún caso modificación da súa categoría laboral nin das súas retribucións.
B.-Por paternidade: tres días naturais, si se produce na localidade e catro días naturais si se produce fóra da localidade, que se computarán dende a data de nacemento, ou chegada ao fogar do adoptado/a.
C.-Por parto e adopción:
i.-Por xestación e parto: 16 semanas, ampliables en dúas semanas máis por fillo en caso de parto múltiple, que serán distribuídas antes e/ou despois do parto. Esta licencia é irrenunciable.
ii.- Adopción e acollemento. Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permante, de menores de ata seis anos a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrumpidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo., contadas á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será asimesmo, de dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por provir do extranxeiro teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes.
iii.-No caso de que o pai e a nai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre cos límites sinalados. No caso de disfrute simultáneo de períodos de descanso a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas previstas nos apartados anteriores ou das que correspondan en caso de parto múltiple.
D.-Por lactancia, únicamente para fillo/a menor de nove meses:
i.-A traballadora poderá elexir entre as seguintes alternativas
a) Unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións
B) Reducción da xornada normal en media hora coa finalidade da lactancia.
ii.-Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente pola nai e polo pai no caso de que traballen os dous.
3.-Coidado de menores, diminiuidos ou anciáns. Quen por razóns de garda legal teña ao coidado algún menor de seis anos, un diminuido físico, psíquico ou sensorial, ou ancián, terá dereito á diminución dun medio ou un tercio na súa xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións.
4.-Enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares.
A.-Do propio traballador:
i.-Enfermidades e accidentes: Os días necesarios segundo parte médico.
ii.-Visitas, tratamentos e consultas a médico: A centro de saúde: unha hora. A hospital ou especialista fóra do término municipal: unha xornada.
B.-De familiares:
i.-Enfermidade grave ou morte de cónxuxe ou fillo/a: cinco días.
ii.-Falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días cando o suceso se produza na mesma localidade e catro cando sexa en localidade distinta ao domicilio do traballador.
iii.-Falecemento dun familiar de terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: un día.
5.-Por traslado de domicilio habitual: un día, se é dentro do mesmo municipio, e dous se ó cambiar de domicilio cambia de municipio.
6.-Por asuntos propios.
A.-Sen xustificar e retribuidos:
i.-Nove días laborais ao ano como máximo, sen xustificación, de acordo coas necesidades do servicio, que nunca poderá quedar desatendido.
ii.-Non serán acumulables ás vacacións anuais regulamentarias. Os días a gozar serán laborais e, en ningún caso, o servicio quedará desatendido.
iii.-Se non se disfrutase deles no decurso do ano, poderanse coller en Xaneiro do ano seguinte, a partir do cal perderanse.
7.-Funcións sindicais: Para realización de funcións sindicais de formación sindical ou de representación do persoal: polo tempo e forma establecido legalmente e no presente acordo.
8.-Voluntariado e compromiso social.
Por doazón de sangue. Na localidade: unha hora, fóra do Concello, previa xustificación, o día da doazón.
9.-Formación.
Logo de solicitude e autorización e posterior xustificación, poderanse conceder as seguintes licencias dentro da xornada laboral:
A.-Para a asistencia e realización de cursos e estudios relacionados directamente co seu posto de traballo ou coa Administración Pública local, co fin de formación, perfeccionamento, reciclaxe e promoción profesional.
B.-Para a asistencia a eventos colectivos de carácter técnico, científico, profesional, colexial, asociativo ou sindical, os días dos eventos. Se a asistencia fose promovida polo propio Concello, por tratarse de materias do seu interese, o persoal terá dereito á indemnización por custo, gastos de viaxe, de estadía, inscripción e outros.
C.-Por exames finais ou liberatorios de estudios oficiais: o día do exame, podendo ampliarse a criterio da Comisión de Control.
Art. 17º .-Tramitación de permisos e licencias.
1.-Solicitude:
A.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en modelo normalizado, achegando os xustificantes pertinentes.
B.-Os modelos normalizados deberán indicar os documentos xustificativos que en cada caso se necesiten, todo o cal será revisado pola Comisión de Control.
C.-As licencias de ata cinco días de duración solicitaranse con tres días habiles de antelación, e con cinco días as de maior duración, agás as de urxente necesidade.
2.-Tramitación e resolución:
A.-A tramitación corresponderá ao negociado de Persoal, que efectuará as dilixencias e recabará os informes necesarios de cara á a resolución.
B.-A concesión dos permisos e licencias corresponderá ao Alcalde Presidente do Concello, que dictará a oportuna resolución.
C.-A solicitudes formuladas en tempo e prazo, de acordo co apartado 1.C anterior, deberán seren resoltas e notificadas aos solicitantes con dous días de antelación á data de comezo do permiso. No caso de que tal resolución non se produza entenderase desestimada nos termos solicitados.
3.-Dereitos e denegacións:
A.-O disfrute de licencias e permisos, debidamente xustificados, constitúe un dereito fundamental dos traballadores municipais, dado que comporta esixencias de carácter humano, social, e sindical, que non poden seren desatendidas, polo que a súa concesión non é facultade discrecional, se non obrigación correlativa da Entidade Local.
B.-Calquera resolución negativa de permisos ou licencias deberá ser debidamente motivada e argumentada.
Art. 18º .-Excedencias.
1.-Son excedencias as solicitudes de suspensión do contrato de traballo por parte do traballador. A excedencia pode ser forzosa ou voluntaria.
2.-Excedencia forzosa. A súa concesión é obrigatoria pola empresa cando o traballador é designado ou elexido para desempeñar un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo, ou para a realización de funcións sindicais de ámeto provincial ou superior. Durante esta excedencia o traballador ten dereito á conservación do seu posto de traballo e a que se lle compute o tempo de excedencia para efectos de antigüidade. O traballador debe reingresar ó seu posto de traballo dentro do mes seguinte ó cesamento do seu cargo.
3.-Excedencia voluntaria. O traballador que leve como mínimo un ano contratado pode solicitar unha excedencia por un tempo mínimo de dous anos e máximo de cinco. Ata que transcurran catro anos desde que finalizou unha excedencia, non se pode solicitar outra. Durante o primeiro ano de excedencia o traballador ten dereito á conservación do seu posto de traballo se , no momento de solicitar a excedencia, levaba contratado máis de tres anos, do contrario non ten dereito á reserva do posto de traballo, pero si ten preferencia cando xurda unha vacante. En ningún caso ten dereito a que se lle compute o tempo de excedencia para efectos de antigüidade.
4.-Excedencia por coidado de fillos. Tanto o pai como a nai, se os dous traballan, poden solicitar unha excedencia para o coidado de cada fillo, xa sexa natural ou nos supostos de acollemento tanto permanente como preadoptivo. A duración desta excedencia non pode ser superior a 3 anos, a contar desde a data de nacemento ou no seu caso da resolución xudicial ou administrativa.
Durante o primeiro ano, a excedencia terá un carácter de forzosa, e nos dous últimos anos aplicaránselle as normas que regulana a excedencia voluntaria.
CAPÍTULO III.-RETRIBUCIÓNS
As taboas salariais serán revisadas anualmente, con efectos do 1 de Xaneiro de cada ano.
Art. 19º .-Normas xerais e comúns.
1.-O persoal laboral será remunerado polo Concello segundo os conceptos e as contías que se determinen pola lexislación vixente sobre a materia e no presente convenio colectivo.
2.-A ordenación do pago de gastos de persoal ten carácter preferente sobre calquera outro que deba realizarse con cargos ós fondos correspondentes da Corporación.
3.-O Concello entregará a cada traballador/a a nómina correspondente á súa mensualidade, na mesma figurarán os conceptos que a acompañen perfectamente definidos.
4.-Os conceptos retribuídos serán os establecidos na lexislación vixente e no contrato de traballo.
Art. 20º .-Retribucións salariais básicas.
1.-Son retribucións salarias básicas o Salario base
2.-Os traballadores terán dereito a un plus de antigüidade por trienio consolidado que será retribuído de igual forma que para o persoal funcionario, de acordo co grupo ó que pertenza.
3.-Pagas Extraordinarias. Serán dúas ó ano por un importe cada unha delas da suma das retribucións básicas e a antigüidade e se percibirán na nómina de Xuño e Decembro.
Art. 21º .-Retribucións complementarias.
1.-Plus de nocturnidade: Equivalente ao 25% do salario base, aplicable ás horas realizadas en horario nocturno.
2.-Plus de dispoñibilidade: Equivalente ao 15% do salario base, aplicable cada mes que esté dispoñible o traballador fóra das horas de traballo normal, e sen perxuizo do pagamento das horas extras ou nocturnas que correspondan.
3.-Plus de actividade. En certos postos nos que o traballo sexa especialmente dificultoso e requira unha técnica especial poderase aplicar un plus de actividade.
4.-Plus de penosidade. Para os postos que a súa execución sexa penosa.
5.-Plus de perigosidade. Nos casos que exista, eliminarase.
6.-Plus de toxicidade. Para os traballos que a súa execución comporte certo risco.
CAPÍTULO IV. CATEGORÍAS PROFESIONAIS
Art. 22º .-Definición de postos e tabuas salariais.
Durante o ano 2004 realizarase o catálogo dos postos de traballo e unha relación dos mesmos, asignando para cada posto de traballo o grupo, nivel e funcións .
Asimesmo, coa aprobación de presupostos, aprobarase a tabla salarial correspondente.
CAPÍTULO V. DEREITOS E AXUDAS SOCIAIS.
Art. 23º .-Consignación orzamentaria.
1.-O Concello consignará anualmente nos orzamentos municipais unha cantidade para sufragar os gastos sociais, que se determinan nos artigos seguintes, dos traballadores laborais que serán os beneficiarios destes.
Art. 24º .-Servicios sanitarios.
1.-Recoñecemento médico anual:
A.-Garantirase un recoñecemento médico anual con carácter obrigatorio para tódolos/as traballadores/as do Concello.
B.-Dito análise será completo e incluirá entre outras revisión, oftálmica, cardiaca, xinecolóxoca e urolóxica.
C.-Para dita revisión o Concello contratará específicamente cunha mútua laboral ou outra entidade competente.
D.-Os resultados serán confidenciais notificándose directamente polo servicio médico ó interesado/a.
2.-Servicios sanitarios especiais:
A.-En caso de baixa por efermidade común, profesional ou accidente, e até que o traballador pase á situación de IP ou IA ou reproduza a alta médica, o Concello aboará a diferencia entre o aboado nesa situación pola Seguridade Social e o soldo total que viña percibindo o traballador antes de se producir a baixa.
Art. 25.-Traballadores con capacidade diminuida.
1.-Todo traballador/a que, por mor da idade ou outras razóns teñan a súa capacidade diminuida para o desenvolvemento do seu traballo, o Concello, previos informes preceptivos do médico e da Comisión de Control, destinará ó interesado/a a outro posto de traballo de acordo coas circunstancias sobrevidas e conservando as mesmas retribucións básicas e complementos de destino correspondente ó seu grado persoal.
2.-No caso de non poder realizar función algunha iniciarase o correspondente expediente de xubilación por incapacidade.
Art. 26º .-Seguro de responsabilidade civil.
Suscribirase polo Concello unha póliza que garanta a cobertura por responsabilidade civil que se poida derivar das actividades profesionais do persoal municipal.
Art. 27º .-Seguro de accidentes laborais e de vida.
1.-Seguro de accidentes laborais:
A.-Concertarase polo Concello unha póliza de accidentes de traballo, sendo asegurados tódolos traballadores/as do cadro persoal municipal en situación de servicio activo. As condicións de dita póliza son as seguintes:
a) Cobertura: Falecemento, invalidez absoluta e permanente ou invalidez parcial, exclusivamente para aqueles casos de accidentes ou enfermidades laborais sufridos durante o exercicio das ocupacións profesionais ou "in itinire", incluido o infarto de miocardio sempre e cando sea considerado como accidente laboral polo Organismo Oficial autorizado.
b) Capitais garantidos:
- Falecemento: 18.000 Euros (Eu).
- Invalidez absoluta e permanente: 18.000 Euros (Eu).
2.-Actualizacións: As cantidades indicadas nos pontos anteriores veranse incrementadas anualmente co IPC.
Art. 28º .-Xubilacións.
1.-Todo persoal municipal xubilarase ó cumprir a idade de 65 anos.
Art. 29º .-Asistencia Xurídica.
A Corporación obrigase a prestar asistencia xurídica ós seus empregados/as nos supostos de conflictos xurídicos con terceiros como consecuencia de prestación dos seus servicios, salvo en caso de manifiesta neglixencia, debidamente probada.
Esta asistencia incluirase na Póliza de responsabilidade civil contratada polo Concello
Art. 30º .-Anticipos reintegrables.
1. A petición do interesado ou interesada, o Concello concederá ó persoal laboral anticipos de cantidades sobre o soldo, e a súa devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen que xeneren ningún tipo de interese.
2. A contía dos citados anticipos será de ata 4 mensualidades dos haberes totais líquidos. A devolución efectuarase nos seguintes prazos:
a) Tres meses para os anticipos dunha mensualidade.
b) Seis meses para os anticipos de dúas mensualidades.
c) Nove meses para os anticipos de tres mensualidades.
d) Doce meses para os anticipos de catro mensualidades.
3. En calquera momento, a contía pendente de amortización poderase liquidar polo traballador/a.
4. En todo caso, o período de devolución solicitado polo persoal non pode sobrepasar a data da súa xubilación.
5. Non se concederán novos anticipos se o/a empregado/a non amortizara, cando menos, ó 100% do que tiña concedido con anterioridade, salvo que por causa de imperiosa necesidade, debidamente xustificada, así se estimase pola Alcaldía.
6.-No caso de persoal laboral eventual non procederán estas axudas sen un contrato de como mínimo doce meses de duración.
Art. 31º .-Axudas de custas e quilometraxe.
1.-A todo traballador/a que de forma circunstancial e debidamente autorizado deba exercer o seu labor fora do término municipal, aplicaráselle o réxime de axudas de custas vixente para os/as empregados/as públicos. Estas cantidades abonaranse igualmente en servicios realizados dentro do término municipa, se emprega vehículo propiol.
2.-Os/as traballadores/as percibirán axudas de custas nos seguintes casos: Cando se asista, previa autorización da Alcaldía, a cursos de formación, perfeccionamento, xornadas de traballo, xornadas de debate, charlas, etc., relacionadas co seu posto de traballo.
A contía das axudas de custas será establecida na normativa vixente en cada caso para os empregados públios.
3.-Terán dereito ó concepto de indemnización por asistencia os/as traballadores/as:
a) Os que asistan como vocais, secretarios/as a órganos de selección de persoal (tribunais de oposición, órganos de selección, comisións de valoración, etc.).
b) Os/as delegados/as de persoal que en calidade de tales asistan con voz e voto a calquera proceso selectivo do persoal antes descrito.
c) Os/as delegados/as de persoal, e os traballadores en función de asesores, cando se reúnan na comisión mixta paritaria ou en calquera comisión ou representación da corporación para tratar temas relativos ó persoal fora da xornada normal de traballo.
Non obstante, establecerase que as reunións da comisión mixta paritaria ou dos/as delegados/as de persoal con calquera órgano do Concello, serán preferentemente en horas de traballo.
4.-A contía das asistencias será a que establece a lexislación e, nos casos non previstos nesta, determinarase por analoxía ou similitude, así os delegados de persoal que se indican nos apartados a) e b) do ponto 3 percibirán igual contía que os vocais.
5. As indemnizacións serán abonadas do seguinte xeito:
a) Cando se trate de asistencia a cursos de formación aboarase no mes seguinte ó da súa realización.
Art. 32º .-Axudas ó estudio.
1.-Os traballadores que, por razón do seu posto, asistan a cursos de formación ou complementarios desta, terán dereito a que o Concello lles aboe os gastos de matrícula ou inscripción en ditos cursos, así como os gastos de desprazamento.
Art. 33º .-Permiso de conducir e outros.
1.-Será por conta do Concello a renovación do permiso de conducir dos traballadores que o necesiten para o desempeño do seu traballo.
Art. 34º .-Outros beneficios sociais.
1. No mes de Decembro o Concello entregará a cada traballador unha cesta de Nadal .
CAPÍTULO VI: DEREITOS PROFESIONAIS
Art. 35º .-Normas xerais.
35.1.-O persoal laboral ten dereito a carreira administrativa, para o cal o Concello potenciará a formación profesional dos seus empregados/as facilitándolles a asistencia a cursos formativos organizados pola Administración Públical. Potenciará asimesmo o ascenso dos traballadores ós postos de traballo de niveis superiores sempre que se teña a titulación requerida, dentro dos termos establecidos na lexislación vixente.
35.2.-Condición indispensable para calquera clase de mobilidade, promoción ou provisión, é a previa existencia da relación dos postos de traballo, debidamente aprobada polos órganos competentes para isto.
35.3.-Ningún posto de traballo deberá ser cuberto por adscripción indiscriminada ou arbitraria.
Art. 36º .-Provisión de postos de traballo.
36.1.-A provisión de vacantes no Concello farase por convocatoria pública (concurso-oposición).
36.2.-Órgano de selección. En toda convocatoria para postos de traballo e ascensos deberá figurar a composición do órgano cualificador, que en todo caso contará coa presencia dun representante sindical con voz e voto.
Art. 37º .-Promoción interna.
37.1.-A promoción interna consiste no ascenso dos/as empregados/as dun grupo inferior a outro superior.
37.2.-Non poderán efectuarse promocións internas sen aprobar previamente a preceptiva relación de postos de traballo.
37.3.-Quenda de promoción interna.
a.Os postos de traballo vacantes e as prazas de nova creación, serán cubertos por promoción interna, reservándose para cada convocatoria, para tal efecto, unha porcentaxe que, en todo caso, non poderá ser inferior ó 50 por cento.
b.Para poder optar á quenda restrinxida será necesario reunir as condicións que en cada caso sinales as bases establecidas.
Art. 38.-Estabilidade do emprego.-
1.-O Concello potenciará a estabilidade no emprego dos traballadores.
2- Cando un traballador sume períodos de contratación ininterrumpidos cunha duración global de máis de tres anos, considerarase contratado indefinido por parte do Concello.
CAPÌTULO VII: DEREITOS SINDICAIS
Art. 39º .-Delegados de persoal.
1.-O Concello facilitará os medios técnicos e material necesario para o normal desenvolvemento das funcións dos delegados de persoal (local de xuntanzas, sala de asambleas, fotocopiadora, teléfono, telefax, material de oficina, etc.) Así como gastos derivados das funcións propias dos Delegados de Persoal: compra de material, viaxes, dietas, suscripcións a publicacións, correspondencia, etc.
2.-Recoñécese tamén capacidade xurídica de obrar, de acordo co establecido na lexislación vixente, a sindicatos, seccións sindicais e, en xeral, ás organizacións legalmente establecidas e criadas para a defensa dos traballadores, as cales poderán, a través dos seus órganos acreditados ante o Concello, realizar todo tipo de acción sindical das previstas na normativa vixente.
3.-Recoñécense todos os dereitos sindicais establecidos por Lei.
4.-Fíxanse en vinte horas mensuais as de libre disposición para cda un dos delegados sindicais, debéndose xustificar o seu uso ante o xefe de persoal, xa sexa con carácter previo para as que estean previstas de antemán, xa sexa con posterioridade á súa utilización para as demais.
Art. 40.-Garantías sindicais.
1.-Garántese o dereito á libre sindicación e organización dos traballadores, así como ao exercicio do dereito de folga, coas limitacións impostas por Lei e non discriminación, prexuízo nin sanción por razóns de afiliación ou exercicio dos dereitos sindicais
2.-Os/as delegados/as sindicais e os Delegados de Prevención non poderán ser sancionados nin despedidos durante o exercicio das súas funcións, nin no ano seguinte ó seu cesamento, como consecuencia das súas actividades sindicais.
3.-Tampouco poderán ser trasladados da unidade, centro ou posto de traballo, en contra da súa vontade expresa, durante o período citado no párrafo anterior.
4.-Os/as delegados/as non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional, e razón do desempeño da súa representación.
Art. 41º .-Asambleas.
1.-Neste punto estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos Traballadores
CAPITULO VIII: SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO
Art. 42º .-Condicións xerais de seguridade e saúde laboral.
1.-O persoal laboral ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e síquica, e á protección da súa saúde, así como a unha adecuada política de seguridade e hixiene no traballo. Asimesmo ten dereito a participar na formulación da política de prevención no seu centro de traballo e no control e vixilancia das medidas adoptadas no desenvolvemento destas.
2.-En correspondencia o Concello obrígase a promover, fomentar e pór en aplicación unha adecuada política de seguridade e hixiene en todos e cada un dos departamentos,s ervicios ou centros de traballo del dependentes.
3.-A todos estes efectos elexiranse os Delegados de Prevención que correspondan para o persoal laboral coas competencias e facultades establecidas na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, coa mesma adicación que o Delegado de Persoal.
Art. 43º .-Comisión de prevención.
1.-Crearase unha Comisión paritaria de Prevención, co fin de redactar un Regulamento de Seguridade e Saúde laboral, así como de realizar o seguimento e interpretación do mesmo.
Dito regulamento elaborarase no prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor do presente convenio, que contemple as materias relativas a este capítulo.
2.-A comisión paritaria de prevención:
a) Estará composta por dous membros da Comisión de Goberno en representación da corporación e dous membros en representación do persoal.
No caso de imposibilidade de asistencia de calquera dos membros da Comisión de Prevención, poderase nomear a persoal que o sustitúa. Asimesmo poderán levar as partes unha persoa, segundo o tema a tratar, en calidade de asesor, con voz pero sen voto.
b) Esta comisión será competente para a redacción, interpretación e seguimento do desenrolo de todo o que se estableza no Regulamento de Seguridade e Saúde laboral, así como para o estudio de tódalas materias que incidan nas condicións de seguridade e saude laboral dos traballadores deste Concello,
c) Os acordos da Comisión serán vinculantes, sempre e cando o tema non sexa materia reservada específicamente ó pleno da corporación, que neste caso será o órgano competente. Cando sexa así a comisión enviará a proposta pertinente para ser estudiada na comisión informativa correspondente como paso previo para trata-la no pleno do concello.
d) As discrepancias da interpretación serán resoltas pola arbitraxe da persoa nomeada por ámbalas partes.
3.-Entre tanto non se aprobe o Regulamento de Seguridade e Saúde Laboral, servirán as vixentes Ordenanzas de seguridade e hixiene no traballo, así como a restante normativa de seguridade e saude laboral, resultado do desenvolvemento da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais
Art. 44º .-Medidas preventivas.
1.-En todos os centros de traballo haberá, comom mínimo, un botiquín de primeiros auxilios debidamente provisto.
2.-Establecerase o calendario anual de revisións médicas, debendo ser éstas en día laborable, según o disposto no artigo 22 da Lei de Prevención e o art. 37 do Regulamento dos Servicios de Prevención.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Primeira.-O presente convenio entenderase asinado polas dúas partes cando sexa aprobado polo Pleno da Corporación.
Segunda.-O Concello entregará copia do presente acordo e as súas posibles modificacións a todos os empregados que figuren no cadro de persoal.
E para que conste, expido a presente, coa salvedade do artigo 206 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde Presidente, en Cariño, a dezaseis de abril de dous mil catro.
Vº . PRACE
O ALCALDE
A SECRETARIA
