Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...IO de Lugo

Última revisión
07/02/2019

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 28 de Enero de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 1 min

Tiempo de lectura: 1 min

Documento oficial en PDF(Páginas 36-36)

ACORDO EN RELACION O REXIME RETRIBUTIVO DA SITUACION DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS (Boletín Oficial de Lugo num. 32 de 07/02/2019)

Pleno da Corporación na súa sesión ordinaria celebrada o día 28 de xaneiro do 2019 prestou aprobación o seguinte ACORDO:

ACORDO EN RELACIÓN Ó RÉXIME RETRIBUTIVO DA SITUACION DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

Primeiro.- Aprobar para todo o persoal, funcionario ou laboral, ao servizo do Concello de Monforte de Lemos, que o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal ou licenza por enfermidade, sumado á prestación do Réxime Xeral da Seguridade Social ou a prestación con cargo do Concello (Funcionarios Integrados), alcance o cento por cento das súas retribucións ordinarias do mes de inicio da incapacidade temporal.

Segundo.- Aprobar para todo o persoal, funcionario ou laboral, ao servizo do Concello de Monforte de Lemos, que a forma de xustificación das ausencias por causa de enfermidade ou que dean lugar a unha incapacidade temporal, mediante a esixencia do correspondente parte de baixa ou documentación acreditativa, segundo proceda, desde o primeiro día de ausencia.

Terceiro.- Publicar no «Boletín Oficial da Provincia de Lugo» e producirá efectos dende o día 01/01/2019.

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, José Tomé Roca.