Última revisión
25/01/2011
Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PONTEVEDRA. PERSOAL FUNCIONARIO Y LABORAL de Pontevedra
Empresa Provincial. Versión Validez desde 25 de Enero de 2011 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Derogacion do artigo 41.1 do III acordo regulador para o persoal funcionario e do artigo 48.1 do III convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra (Boletín Oficial de Pontevedra num. 16 de 25/01/2011)
Expediente: Persoal: derrogación do artigo 41.1 do III Acordó regulador para o persoal funcionario e do artigo 48.1 do III Convenio colectivo para o persoal laboral. Trámite: Publicación do acordó adoptado.
O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23.12.2010, entre outros, adoptou o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva, literalmente, di: 7. PERSOAL: DERROGACIÓN DO ARTIGO 41.1 DO III ACORDO REGULADOR PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E DO ARTIGO 48.1 DO III CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL
De orde do Sr. Alcalde-Presidente, polo Sr. Secretario dase lectura ao ditame favorable (por maioría, coa abstención dos concelleiros do PP) da Comisión de Recursos Humanos e Servizos, de data 20.12.2010, emitido sobre a proposta do Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, relativa á derrogación do artigo 41.1 do III Acordo regulador para o persoal funcionario e do artigo 48.1 do III Convenio colectivo para o persoal laboral.
Seguidamente, o Pleno do Concello, por unanimidade (23), e de conformidade co ditame da Comisión de Recursos Humanos e Servizos, presta a súa aprobación á proposta do Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica e, en consecuencia, acorda:
Primeiro.
Derrogar, sen prexuízo da vixencia do resto do seu articulado, o apartado 1 do artigo 41 do III Acordo Regulador para o persoal funcionario (publicado no BOP núm. 93 do 14/05/2007) e o apartado 1 do artigo 48 do III Convenio Colectivo para o persoal laboral (publicado no BOP núm. 212 do 02/11/2007) do Concello de Pontevedra con efectos do 30 de xuño de 2010.
Quedan subsistentes os demais apartados dos artigos obxecto de modificación.
Segundo.
Deixar sen efecto a aplicación do complemento de produtividade recollido nos apartados 1 dos devanditos artigos no período de devengo que abrangue dende o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de xuño de 2011.
Terceiro.
De acordo co disposto no punto primeiro deste acordo, o apartado 1 do artigo 48 doIII Acordo regulador para o Persoal funcionario do Concello de Pontevedra queda redactado como segue:
"Artigo 41.1. (apartadoderrogado mediante acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na sesión que tivo lugar o día 23/12/2010). (..)."
Pola súa parte, o apartado 1 do artigo 41 doIII Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, queda redactado da seguinte forma:
"Artigo 48.1. (apartadoderrogado mediante acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na sesión que tivo lugar o día 23/12/2010). (..)."
Cuarto.
Dispoñer que o contido do presente acordo de derrogación do apartado 1 do artigo 41 do III Acordo regulador para o Persoal funcionario do Concello de Pontevedra se remita ao Boletín Oficial da Provincia para a súa publicación.
Quinto.
Dispoñer que o contido do presente acordo de derrogación do apartado 1 do artigo 48 do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra se remita á Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Pontevedra aos efectos do seu rexistro, depósito e publicación.
RECURSOS PROCEDENTES:
Contra o precedente acordo do Pleno do Concello, que pon fin á vía administrativa,poderan-se interpor os seguintes recursos:
a) No que se refire as cláusulas ou cuestións que afecten as normas de dereito administrativo poderá interpoñerse o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIóN ante o Pleno da Corporación e no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa notificación, ó abeiro do establecido no artigo 116-1 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 pola que se modifica a primeira, o ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ben ante o Xulgado da mesma orde xurisdiccional na circunscrición onde teña o seu domicilio o/a interesado/a, consonte ó disposto nos artigos 8-1-a), 14 regla 2ª e 46-1 da Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdicción ContenciosoAdministrativa. No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 117-2 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43-2 da Lei 30/92, modificado pola Lei 4/1999, podendo entonces os interesados interponer recurso contenciosoadministrativo no prazo de seis meses contados dende o día seguinte de aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ó establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdicción ContenciosoAdministrativa.
b) No caso de tratarse de cuestións ou aspectos que se retiren a rama social do dereito poderá interpoñerse demanda laboral ante o xulgado do social de Pontevedra no prazo de vixencia do convenio contados desde o día seguinte ó da súa notificación consonte ó disposto nos artigos 1,2 m), 70 e demáis artigos aplicables do Real decreto lexislativo 2/1995, de 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da lei de procedimento laboral.
c) Non obstante, tamén poderase interponer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.
O que se fai público para os efectos legais procedentes, coa salvidade á que se refire o artigo 92-2 do Regulamento orgánico do Pleno e as súas comisións (publicado no BOP nº 248 de 28-12-2005), por substitución prevista no artigo 46-4) do Regulamento orgánico do Pleno e as súas Comisións.
Pontevedra, 27/12/2010.O Secretario da Administración municipal, por substitución, José Carlos Castiñeira Piñeiro.
