Última revisión
01/03/2011
Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PONTEVEDRA. PERSOAL FUNCIONARIO Y LABORAL de Pontevedra
Empresa Provincial. Versión Validez desde 01 de Marzo de 2011 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Derrogacion do artigo 41.1 do III Acordo Regulador para o Persoal Funcionario e do artigo 48.1 do III Convenio Colectivo para o Persoal Laboral. Codigo de Convenio numero 36004222012008 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 41 de 01/03/2011)
CONVENIO CONCELLO DE PONTEVEDRA (PERSOAL LABORAL) (MOD. ARTIGOS)
Código de Convenio número 36004222012008
Vista a acta de acordo entre a administración municipal e as organizacións sindicais do CONCELLO DE PONTEVEDRA de data 15 de outubro de 2010 e aprobada polo Pleno en data 23.12.2010 na que se adoptan os seguintes:
1.Derogación do apartado primeiro do artigo 41 do III Acordo Regulador para o persoal funcionario (BOP nº 93 do 14.05.2007) e o apartado primeiro do artigo 48 do III Convenio Colectivo para o persoal laboral (BOP nº 212 do 02.11.2007) do Concello de Pontevedra, con efectos do 30 de xuño de 2010.
2.Deixar sen efecto a aplicación do complemento de produtividade, recollido no apartado un dos devanditos artigos no período de devengo que abrangue dende o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de xuño de 2011.
Primeiro.Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Vigo en data 21.01.2011
Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente, e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Este departamento territorial,
ACORDA:
Primeiro.Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)
Segundo.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.
TRÁMITE: CERTIFICADO DO ACORDO
José Carlos Castiñeira Piñeiro, Secretario da Administración municipal do Concello de Pontevedra, por substitución,
Certifico: que, na sesión ordinaria que tivo lugar o 23.12.2010, adoptouse o seguinte ACORDO que, na súa parte dispositiva literalmente, di:
7. PERSOAL: DERROGACIÓN DO ARTIGO 41.1 DO III ACORDO REGULADOR PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E DO ARTIGO 48.1 DO III CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL.
De orde do Sr. Alcalde-Presidente, polo Sr. Secretario dáse lectura ao ditame favorable (por maioría, coa abstención dos concelleiros do PP) da Comisión de Recursos Humanos e Servizos, de data 20.12.2010, emitido sobre a proposta do Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, relativa á derrogación do artigo 41.1 do III Acordo regulador para o persoal funcionario e do artigo 48.1 do III Convenio colectivo para o persoal laboral.
Seguidamente, o Pleno do Concello, por unanimidade (23), e de conformidade co ditame da Comisión de Recursos Humanos e Servizos, presta a súa aprobación á proposta do Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica e, en consecuencia, acorda:
Primeiro.Derrogar, sen prexuízo da vixencia do resto do seu articulado, o apartado 1 do artigo 41 do III Acordo Regulador para o persoal funcionario (publicado no BOP núm. 93 do 14/05/2007) e o apartado 1 do artigo 48 do III Convenio Colectivo para o persoal laboral (publicado no BOP núm. 212 do 02/11/2007) do Concello de Pontevedra con efectos do 30 de xuño de 2010.
Quedan subsistentes os demais apartados dos artigos obxecto de modificación.
Segundo.Deixar sen efecto a aplicación do complemento de produtividade recollido nos apartados 1 dos devanditos artigos no período de devengo que abrangue dende o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de xuño de 2011.
Terceiro.De acordo co disposto no punto primeiro deste acordo, o apartado 1 do artigo 48 do III Acordo regulador para o Persoal funcionario do Concello de Pontevedra queda redactado como segue:
"Artigo 41.1. (apartadoderrogado mediante acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na sesión que tivo lugar o día 23/12/2010).
(..)."
Pola súa parte, o apartado 1 do artigo 41 doIII Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, queda redactado da seguinte forma:
"Artigo 48.1. (apartadoderrogado mediante acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na sesión que tivo lugar o día 23/12/2010).
(..)."
Cuarto.Dispoñer que o contido do presente acordo de derrogación do apartado 1 do artigo 41 do III Acordo regulador para o Persoal funcionario do Concello de Pontevedra se remita ao Boletín Oficial da Provincia para a súa publicación.
Quinto.Dispoñer que o contido do presente acordo de derrogación do apartado 1 do artigo 48 do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra se remita á Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Pontevedra aos efectos do seu rexistro, depósito e publicación
E para que conste, coa reserva á que se refire o artigo 92.2 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións (BOP 248, de 28 de decembro de 2005), expido a presente certificación, visada polo Alcalde, en Pontevedra a 27.12.2010.Vº e Pr., o Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Vigo, a 9 de febreiro de 2011.A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce.
