Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. PERSOAL LABORAL (32000842011999) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
13/08/2004

Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. PERSOAL LABORAL (32000842011999) de Ourense

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 7 de xuño de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos adoptados pola mesa xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de LimiaOurense. (Diario Oficial de Galicia num. 157 de 13/08/2004)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

ANEXO II

Modificación do artigo 34 do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia-Ourense Con base no acordado na comisión xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia, do 10 de febreiro de 2004, o artigo 34 do convenio colectivo refórmase na súa redacción dada polo convenio vixente, pasando a ter o texto que a seguir se transcribe:

Artigo 34º.-Seguros e coberturas e defensa do operario municipal.

O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo persoal que preste os seus servizos neste, polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado cunha entidade aseguradora e na súa determinación será oída a comisión de control.

O concello subscribirá, á entrada en vigor deste convenio, un seguro coas seguintes coberturas: morte ou invalidez permanente absoluta ou total, por accidente de traballo ou enfermidade profesional acreditada polos servizos médicos oficiais, durante a xornada laboral, cobertura estatal e capital asegurado de 60.101,20 euros. Este seguro será concertado

cunha casa especializada e na súa determinación será escoitada a comisión de control. O prazo para a súa concertación será de 3 meses desde a publicación do convenio.

O concello subscribirá, á entrada en vigor deste convenio, un seguro que inclúa a defensa do operario municipal, como consecuencia do exercicio das súas funcións; asumindo os custos e gastos que se deriven de actuacións fronte a terceiros, incluídas fianzas.

ANEXO III

III. Aclaración sobre o contido e membros da mesa xeral de negociación, comisión de control do convenio e tribunais de selección para persoal laboral temporal, configurados no vixente convenio colectivo.

Os representantes do Concello de Xinzo de Limia solicitan á parte social facer unha lectura común de certos artigos do convenio colectivo de cara a realizar interpretacións homoxéneas destes. Concretamente solicitan á parte social que expoña cal é, a xuízo desa parte, a configuración e contidos da mesa xeral de negociación, comisión de control do convenio e tribunais de selección para o persoal temporal do concello.

A parte social dálle a súa opinión ao concello que se transcribe:

a) Comisión xeral de negociación do convenio colectivo:

Contido: normativo e de negociación das condicións de traballo dos operarios públicos (orzamentos, RPTS, convenio, etc.) .

Composición: paritaria. Membros: Concello de Xinzo de Limia, representantes legais dos traballadores e organizacións sindicais máis representantivas no ámbito laboral, nacional e estatal.

b) Comisión de control do convenio colectivo: Contido: definido no artigo 5 do vixente convenio colectivo. Interpretación e vixilancia do cumprimento do acordo.

Composición: paritaria. Membros: 3 en representación do Concello de Xinzo de Limia, 3 representantes legais dos traballadores, así como asesores de cada parte.

c) Tribunais de selección para a contratación laboral temporal:

Contido: definido no artigo 14.3º b1 do vixente convenio colectivo. Baremación e elaboración das listas para a contratación laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia.

Composición: maioritaria. Membros: presidente do concello ou concelleiro en quen delegue, 2 membros da corporación (1 do grupo de goberno e outro da oposición) , 2 representantes do comité de empresa, cos seus asesores (con voz e sen voto) , o secretario do concello ou funcionario/a en quen delegue, como asesor, sen voto.

Ambas partes, estando de acordo, validan tal interpretación. As partes acordan, igualmente, que o vigor destes acordos se produce, tal e como define o convenio colectivo, desde a sua subscrición.