Convenio Colectivo de Empresa de CORPORACION ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. (FABRIC...EIRO DE REI) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...I) de Lugo

Última revisión
31/10/2005

Convenio Colectivo de Empresa de CORPORACION ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. (FABRICA DE ROBRA OUTEIRO DE REI) de Lugo

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Resolución do 8 de xullo de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do laudo ditado no procedemento de mediación e arbitraxe, AGA, respecto da xornada de traballo do sábado día 2 de xullo de 2005 na empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S. A. (Expediente 24/2004) . (Diario Oficial de Galicia num. 209 de 31/10/2005)

to 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, faise público o laudo ditado no procedemento de mediación e arbitraxe, AGA, no conflito xurdido entre a parte empresarial e social respecto da xornada de traballo do sábado día dous de xullo de 2005 na empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S. A. (expediente 24/2004) , esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o depósito do citado laudo e a súa inscrición no rexistro de convenios colectivos

desta delegación, no folio 33 correspondente ao convenio colectivo da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S. A. (expediente 24/2004) .

Segundo.-Remitir o texto do mencionado laudo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 8 de xullo de 2005. Ana Chao Vázquez Delegada provincial de Lugo

Carlos Doménech de Aspe designado árbitro no procedemento tramitado conforme o artigo 26 do AGA promovido pola representación da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S. A. e aceptado pola representación dos traballadores, oídas as partes e examinada a documentación dita o seguinte

LAUDO

Antecedentes. Con data 24 de xuño de 2005, a empresa remite escrito á representación dos traballadores nos seguintes termos:

«Por medio deste escrito comunicámoslles a necesidade de traballar o próximo sábado día 2 de xullo de 2005, na sección de torre de secado motivado polas seguintes razóns de tipo produtivo: necesidade de fabricación de produtos en po. Necesitaranse voluntarios para cubrir as quendas de mañá, tarde e noite».

A representación da empresa en data 27 de xuño de 2005 remítelle ao Consello Galego de Relacións Laborais escrito de solicitude de arbitraxe obrigatoria ao abeiro do establecido no acordo formalizado ante o AGA en data 7 de decembro de 2004. En escrito do 28 de xuño a representación dos traballadores manifesta a conformidade no procedemento de arbitraxe.

Con data 29 de xuño, o árbitro mantén reunión coas partes que manifestan en síntese o seguinte:

A representación dos traballadores, despois de facer mención a que en ningún momento se lle expresaron os motivos produtivos que levaban a tal medida, solicitou da representación da empresa aclaración e detalle das causas produtivas xa que, tal e como se desenvolvía o traballo na fábrica, non existía motivo ningún para incrementar a xornada de traballo en sábado, engadindo que, cando viron razoable tal medida e a pesar de non se cumpriren os trámites do acordo, responderon positivamente como o fixeran o sábado anterior.

Pola súa banda, o responsable de recursos humanos da empresa, facendo mención xenérica á situación da empresa: redución do volume de fabricación en brik e incremento de recepción de soro, explica que se necesita a realización do traballo nas tres quendas do sábado, con tres persoas por quenda. Preguntado polas razóns da medida, desculpa a ausencia do xefe de fabrica por motivos persoais e lamenta non poder responder ás preguntas concretas que se lle formulan para determinar na práctica e tecnicamente en detalle os motivos da necesidade da realización dos traballos o sábado.

Despois dun debate sobre os aspectos concretos da posible necesidade de realizar o traballo, chamadas telefónicas á fábrica e remisión vía fax de documentación, achégase unicamente unha planificación das previsións da empresa en relación coa produción na semana actual así como a fabricación de días anteriores.

Consideracións. Trátase de determinar polo árbitro a posible existencia de razóns de carácter produtivo que poidan permitir á empresa acordar a realización de traballos de fabricación en sábado e de acordo co procedemento fixado no acordo subscrito polas representacións da empresa e os traballadores do 7 de decembro de 2004.

Unha primeira valoración leva á conclusión de que formalmente foi incumprido na propia comunicación ao comité de empresa ao non expoñer «as razóns de carácter produtivo que xustifiquen a súa decisión».

No que se refire ao fondo da cuestión sometida a arbitraxe, é necesario que, para que este árbitro poida emitir un laudo que valore a existencia ou non de razóns de carácter produtivo, se acrediten suficientemente e, loxicamente, determinen a necesidade dunha modificación de xornada como a que se pretende coa conseguinte afectación aos traballadores que concretamente designe a empresa.

Neste caso, non só a empresa achega unicamente unhas previsións de traballo, froito exclusivo, ao menos no papel, da vontade unilateral e non xustificada de realizalo e que, no mellor dos casos, obedecería a un criterio organizativo, senón que ampara a carencia de xustificación concreta na ausencia dalgunha persoa que coñeza tecnicamente a realidade da actividade produtiva: exceso de materia prima, previsión de remesas a curto prazo, caducidade dos produtos, etc. Do exame da documentación achegada pode levar a deducións distintas xa que, nela só se demostra que, realizada a produción prevista, reduciríase, sensiblemente e máis alá do ordinario, o almacenamento de soro.

De todo iso dedúcese que en ningún caso, tanto na comunicación ao comité de empresa coma na comparecencia ante o árbitro, acreditouse a existencia de razóns de carácter produtivo que permitan a realización de traballos o sábado polo que procede emitir a seguinte

RESOLUCIÓN:

Non autorizar a realización de traballos o sábado día 2 de xullo de 2005 por falta de acreditación

das razóns de carácter produtivo que o permitirían en virtude do acordo do 7 de decembro de 2004.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2005. Carlos Doménech de Aspe

Árbitro