Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO E DO INLUDES. PERSOAL LABORAL de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...AL de Lugo

Última revisión
15/11/2017

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO E DO INLUDES. PERSOAL LABORAL de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 12 de Septiembre de 2017 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

MODIFICACION DO CONVENIO COLECTIVO UNICO DE CONDICIONS DE TRABALLO DO PERSOAL LABORAL DA DEPUTACION DE LUGO (Boletín Oficial de Lugo num. 262 de 15/11/2017)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO. SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMIA SOCIAL

CONVENIOS COLECTIVOS

Visto o texto do acordo de modificación do Convenio Colectivo único de condicións de traballo do persoal laboral do Deputación Provincial de Lugo (Código 27000562011990), asinado o día 12 de setembro de 2017 polos membros da comisión negociadora e aprobado en sesión plenaria da Deputación en data 26 de setembro de 2017; de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición da citada modificación no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 3 de novembro de 2017.- A xefa territorial, Pilar Fernández López

ACTA COMISIÓN NEGOCIADORA

LUGAR: Sala de Xuntas do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.

DATA: martes, 12 de setembro do 2017

HORA DE COMEZO: 10:00 h.

HORA DE REMATE: 12:15 h.

ASISTENTES

En representación da Entidade Provincial:

D. Miguel Ángel Sotuela Veiga, Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación.

Membros do Comité de Empresa do persoal laboral da Entidade Provincial:

D. Humberto Paz Rodríguez, Presidente

D. Gonzalo Rodríguez Ferreiro, Secretario

D. José Miguel Traseira González, vocal.

D. Manuel Gil Otero, vocal.

D. Felix Palacios Lagarón, vocal.

Asesores da Corporación:

D. Manuel García Mel, Xefe do Servizo de Recursos Humanos.

D. Xesús Arrizado Yáñez, Lcdo. en Ciencias do Traballo, adscrito ao Servizo de Recursos Humanos, que fai as funcións de secretario de actas.

ORDE DO DÍA

Único: Retribucións do persoal laboral con contrato de traballo en prácticas .

En orde a continuar coas deliberacións e proseguir os trámites sobre as retribucións a percibir polo persoal laboral temporal que preste servizos baixo a modalidade de en prácticas , celébrase esta reunión para dar forma ao Acordo previo acadado na Mesa Xeral de Negociación de condicións de traballo da Deputación Provincial de Lugo.

Logo dun intercambio de posicións e argumentos entre as partes que conforman a comisión negociadora, adóptanse, por unanimidade os seguintes

ACORDOS:

1º.- Introducir un parágrafo, dentro do vixente texto articulado do Convenio Colectivo único de condicións de traballo do persoal laboral da Deputación Provincial de Lugo, que sería identificado baixo o epígrafe artigo 1.5, coa seguinte redacción:

O persoal laboral temporal que preste servizos na Deputación Provincial de Lugo baixo a modalidade de contrato en prácticas percibirá as seguintes retribucións:

-Nos primeiros seis meses de contrato as retribucións do persoal contratado baixo esta modalidade serán por un importe do 60% das correspondentes ao seu grupo e/ou subgrupo de clasificación segundo a titulación que o habilite para a subscrición do contrato, no Nivel de Entrada.

- A partir do primeiro día do sétimo mes de vixencia do contrato de traballo e ata o seu remate as retribucións serán por un importe do 95% das correspondentes ao seu grupo e/ou subgrupo de clasificación segundo a titulación que o habilite para a subscrición do contrato, no Nivel de Entrada.

2º.- O precitado acordo de retribucións será aplicado ao persoal que presta actualmente servizos na Entidade Provincial baixo a modalidade de contrato en prácticas , coa retroactividade que en cada caso corresponda.

3º.- O Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación que integra esta Comisión Negociadora, en representación do Goberno da Entidade, para dar cumprimento aos trámites que, en materia de Acordos de Negociación de condicións de traballo no seo das administracións públicas, están previstos no artigo 38.3 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, propoñerá á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo que o contido deste Acordo sexa levado a unha sesión plenaria da Corporación Provincial para a súa ratificación.

4º.- Unha vez que este Acordo sexa ratificado polo Pleno, promoverase a tramitación do correspondente procedemento de rexistro ante a Autoridade Laboral provincial para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, conforme ao previsto no artigo 90 do ET.

5º- Designar a Xesús Arrizado Yáñez para que, unha vez ratificado este Acordo polo Pleno da Corporación Provincial, realice, en nome da Comisión Negociadora, os trámites necesarios ante a Autoridade Laboral a fin de presentar a documentación precisa, para completar o procedemento de rexistro desta modificación (por adición) do texto do artigo 1 do Convenio Colectivo vixente de condicións de traballo do persoal laboral desta Entidade provincial.

E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a sesión, no lugar e data sinalados no encabezamento, coa sinatura desta acta polos comparecentes, en proba de conformidade.

R. 3336