Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO. PERSOAL LABORAL ...IO E INLUDES de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...ES de Lugo

Última revisión
02/04/2020

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO. PERSOAL LABORAL E INLUDES E PERSOAL FUNCIONARIO E INLUDES de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 02 de Abril de 2020 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

PROPOSTA DE MODIFICACION DO ACORDO MARCO E DO CONVENIO COLECTIVO UNICO, EN MATERIA DE PREVISION SOCIAL PARA CONTINXENCIAS DE XUBILACION DO PERSOAL DA DEPUTACION PROVINCIAL. (Boletín Oficial de Lugo num. 76 de 02/04/2020)

Por Acordo Plenario da Corporación da Deputación Provincial de Lugo de data 26 de febreiro de 2020, aprobouse a 'PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO ACORDO MARCO E DO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO, EN MATERIA DE PREVISIÓN SOCIAL PARA CONTINXENCIAS DE XUBILACIÓN'.De conformidade ao determinado no artigo 45.1 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, publícanse as modificacións aprobadas.

I. ANTECEDENTES

A instauración da negociación colectiva nas Administracións Públicas, nos anos 90, supuxo unha oportunidade de dar canle ás lexítimas expectativas dos empregados públicos de poder negociar, ao igual que sucede no ámbito das empresas privadas, as condicións de traballo e articular os acordos acadados en textos que teñen forza vinculante e son de obrigado cumprimento unha vez ratificados polos respectivos órganos de goberno, que ostentan a representación da soberanía popular no seu respectivo ámbito de actuación; e tamén de amosar un modelo de xestión das relacións de servizo e laborais por parte dos sucesivos responsables políticos que persigue a eficaz xestión dos servizos encomendados legalmente á Entidade a prol da provincia de Lugo.Dende que nos anos 90 e 91 se teñen negociado, formalizado e ratificado o primeiro convenio e o primeiro acordo colectivo de condicións de traballo do persoal laboral e do persoal funcionario, coñecidos como CCU e AMU, dentro do marxe que os principios de actuación administrativa e a lexislación de referencia permiten, téñense consolidado unha serie de condicións económicas, sociais, sindicais e asistenciais que constitúen unha referencia importante para o sector público local na provincia de Lugo e en Galicia.A evolución normativa e consuetudinaria destes trinta anos fixeron necesario un constante exercicio de adaptación dos acordos ás posibilidades legais, nun contexto de cíclicas crises que poñían o foco na austeridade do sector público que tivo repercusión notable nas condicións acadadas, nomeadamente na pasada década.Neste contexto, faise necesario analizar e modificar, de conxunto, as previsións contidas, respectivamente, nos artigos 51.7do AMU e 54.7 do CCU, dentro dos seus respectivos Capítulos XI, que baixo o título de Condicións Sociais, abordan diversos aspectos asistencias non estritamente retributivos, entre elas a xubilación por idade ou incapacidade dos empregados provinciais.Oseu análise e propostas de evolución non deben deixar de lado a implantación efectiva dun Plan de Pensións de Emprego na Entidade provincial, para facer realidade os compromisos recollidos nos artigos 51.8 do AMU e 54.8 do CCU, nun contexto legal, coa entrada en vigor do Real Decreto 480/1993, de 2 de abril, de integración do persoal das Entidades Locais no Réxime Xeral da Seguridade Social e a disolución da MUNPAL.Igualmente débese ter en conta, para determinar os cambios a realizar, as modificacións legais que, en materia de xubilación, se teñen producido consistentes na introdución de incrementos da idade de xubilación ordinaria, dos anos a considerar para a determinación da base reguladora das pensións (incremento de 15 a 25 anos) e outros factores que perseguindo segundo os seus promotores a estabilidade e permanencia no tempo do sistema público de pensións, adían e modulan as pensións públicas resultantes.Asemade, como expoñente dunha política de fomento das ferramentas asistencias, faise necesario promover políticas que propicien unha maior integración do conxunto dos empregados provinciais no Plan de Pensións promovido pola Entidade a fin de que se vexan compelidos a facer previsións en materia de xubilación, que lles permita ter un retiro digno.

II. PROPOSTA

En consideración ao exposto, a Mesa Xeral de Negociación adopta os seguintesACORDOS:1º.-Deixar sen efecto a aplicación das previsións recollidas no artigo 51.7 do AMU e 54.7 do CCU, baixo o epígrafe 'Premio de Xubilación'.

2º.-Establecer, baixo a denominación 'ACHEGA ESPECIAL AO PLAN DE PENSIÓNS', o seguinte texto:'Establécese unha achega especial de 2.600 ¬ ao Plan de Pensións de Emprego, que se fará efectiva con anterioridade á data na que cada empregado/a provincial vaia a alcanzar a idade de xubilación, sexa por idade, baixo calquera das modalidades previstas no Réxime Xeral de Seguridade Social; ou sexa por invalidez, conforme ao establecido na lexislación de emprego público que resulte de aplicación.Para que se faga efectiva a dita achega, deberanse cumprir as seguintes condicións:a) O/A empregado/a provincial deberá estar incluído/a como partícipe no Plan de Pensións de Emprego, promovido pola Deputación Provincial de Lugo, con anterioridade á data na que se produza a súa xubilación, sexa cal sexa a continxencia pola que se produza.b) Non ter recibido sanción disciplinaria firme como empregado público provincial, nos últimos 5 anos.c) No caso de tramitarse solicitude de xubilación anticipada por idade ou no caso de invalidez,deberase notificar cunha antelación de 3 meses a dita circunstancia para que a achega se poida realizar no prazo xeral sinalado e posibilitar que a achega teña efectividade para todas as continxencias cubertas polo Plan de Pensións. O suposto de incumprimento deste preaviso comportará que as continxencias cubertas pola achega, dentro do Plan de Pensións, limitaranse ás derivadas de falecemento ou dependencia.3º.-Os expedientes correspondentes ao persoal provincial que se xubilou durante o ano 2019, e que aínda non teñan percibido o Premio de Xubilación, tramitaranse conforme ao sistema previsto neste acordo efectuándose a correspondente achega especial ao Plan de Pensións. 4º.-Este Acordo terá plena efectividade unha vez sexa ratificado polo Pleno da Corporación Provincial, en uso das atribucións que lle confiren os artigos 33 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 57.18 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo.Contra o acordo plenario cabe intepoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Pleno da Deputación Provincial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a esta publicación, ou recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro, que consideren procedente.

Lugo, 30 de marzo de 2020.-A Secretaria Xeral,María Esther Álvarez Martínez.