Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. PERSOAL FU...ABORAL de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
10/06/2004

Convenio Colectivo de Empresa de DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL de Pontevedra

Tiempo de lectura: 92 min

Tiempo de lectura: 92 min

IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral da Deputacion Provincial de Pontevedra. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 5 de 08/01/2001)

O Pleno da Corporación Provincial, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro do ano dous mil, prestou aprobación ó IV Acordo Regulador- Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra.

Cumprindo o disposto no artigo 49 da Lei 7/ 85, do 2 de abril, e demais disposicións concordantes exponse ó público por un prazo de trinta días.

Pontevedra, a 2 de xaneiro de 2001. O Vicepresidente, Juan Luis Pedrosa Fernández. O Secretario, Rogelio Nicieza de la Cerra. 53

IV ACORDO REGULADOR- CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL

DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

TÍTULO PRELIMINAR A negociación do presente Acordo ReguladorConvenio Colectivo efectuouse de forma única e global. En consecuencia, a pesar de que por razóns procesuais se diferencia un convenio colectivo laboral e un acordo regulador de condicións de traballo para funcionarios públicos, a interpretación de ambos efectuarase de forma integrada.

CAPÍTULO I

ÁMBITO DE APLICACIÓN E VIXENCIA

ARTIGO 1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

Este documento constitúe o IV Acordo Regulador para o persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Pontevedra no cal se regulan as relacións, condicións de traballo, dereitos e obrigacións pactados entre a Deputación e mailos sindicatos con representación na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa, ó abeiro do establecido na Lei 9/ 87, do 12 de xuño, de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións públicas, modificada pola Lei 7/ 90, do 19 de xullo, Lei orgánica de liberdade sindical 11/ 85, do 2 de agosto, Real decreto lexislativo 1/ 95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, así como todas aquelas outras disposicións que as desenvolven.

ARTIGO 2. ÁMBITO DE APLICACIÓN

1) O presente Acordo Regulador- Convenio Colectivo aféctalle única e exclusivamente ó persoal dependente da Deputación Provincial de Pontevedra que a continuación se relaciona:

a) Funcionarios de carreira incluídos no cadro de persoal presupostario da Deputación, calquera que sexa a súa categoría ou posto de traballo que ocupen ou centro onde o desempeñen.

b) Os que, sen teren a condición de funcionarios públicos de carreira, posúan nomeamentos interinos para cubrir prazas vacantes ata que se efectúe a súa oportuna provisión, excepto naqueles puntos que non lles sexa de aplicación.

c) O persoal que se rexe pola lexislación laboral, sen prexuízo do sinalado na Disposición Adicional cuarta.

2) Quedan expresamente excluídos deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo:

a) O persoal eventual que desempeñe un posto de traballo de confianza ou asesoramento especial.

b) Os que fosen autorizados para realizar prácticas en centros dependentes desta Deputación Provincial con carácter voluntario e gratuíto.

c) Os que teñan unha bolsa de formación posgradual, de investigación ou docencia en centros dependentes desta Deputación Provincial.

d) O persoal de alta dirección, de acordo co artigo 2.1. a) do Estatuto dos traballadores e demais normas legais de concordante aplicación.

e) O persoal funcionario que fose transferido á Comunidade Autónoma de Galicia

f) O persoal propio dos organismos autónomos.

ARTIGO 3. VIXENCIA E DENUNCIA DO ACORDO REGULADOR- CONVENIO COLECTIVO

O Acordo Regulador- Convenio Colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, salvo as condicións económicas, que rexerán desde o 1 de xaneiro de 2001.

A duración deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo estenderase ata o 31 de decembro de 2004, podendo prorrogarse tacitamente a partir desta data por períodos anuais, de forma automática, salvo que fose denunciado por escrito por calquera das partes con tres meses de antelación á data de vencemento do período inicial ou de calquera das prórrogas. En tal caso a mesa de negociación deberá reunirse dentro dos 15 días hábiles seguintes á presentación da denuncia no Rexistro Xeral da Deputación.

Denunciado o IV Acordo Regulador- Convenio Colectivo permanecerá vixente o contido normativo, ata tanto sexa substituído por un novo acordo regulador.

ARTIGO 4. OBXECTO

Este Acordo Regulador- Convenio Colectivo ten por obxecto regular e establece- las normas que han de desenvolve- las condicións de traballo dos funcionarios públicos e do persoal laboral da Deputación de Pontevedra, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións, no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma.

Esta normativización lévase a cabo suxeitándose ó ordenamento xurídico e de conformidade cos principios de legalidade e eficacia.

ARTIGO 5. CARÁCTER

O Acordo Regulador- Convenio Colectivo ten un carácter mínimo, necesario e indivisible a tódolos efectos, no sentido de que as condicións nel pactadas constitúen un todo orgánico unitario, e serán consideradas global e conxuntamente, vinculado á totalidade.

As normas nel establecidas considéranse máis beneficiosas para os funcionarios e laborais cás contidas nas disposicións legais de aplicación xeral, actualmente vixentes.

De producirse algunha alteración nestas disposicións que modificase a situación legal, no sentido de incrementa- las retribucións ou mellora- las condicións sociais o de emprego pactadas no presente convenio, procederase a revisa- lo que nel se estipula, aplicando de inmediato as condicións máis favorables para os funcionarios e traballadores desta Deputación.

ARTIGO 6. APLICACIÓN PREFERENTE

As disposicións que contén este Acordo Regulador- Convenio Colectivo aplicaranse con preferencia a calquera outra.

Como dereito supletorio e para o non previsto neste Acordo Regulador- Convenio Colectivo estarase ó previsto na lexislación local, na Lei da función pública de Galicia, nas normas administrativas reguladoras do réxime funcionarial estatal, no Estatuto dos traballadores para o persoal laboral e nas demais leis de concordante e pertinente aplicación a cada un destes dous colectivos.

CAPÍTULO II

SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO

ARTIGO 7. COMISIÓN PARITARIA MIXTA

Dentro dos quince días seguintes á data da firma deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo, constituirase a Comisión Paritaria Mixta, de interpretación, vixilancia, estudio e aplicación daquel.

Esta Comisión estará composta por dez membros, cinco designados pola Corporación provincial e cinco polos sindicatos, en proporción á representación que teñan na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa. Ambas partes designarán titulares e suplentes.

A Comisión reunirase con carácter ordinario unha vez cada dous meses, e con carácter extraordinario sempre que o estime preciso algunha das partes para analizaren temas concretos.

A Deputación Provincial comprométese a facilita- los medios persoais e materiais para que a Comisión poida desenvolve- lo seu traballo.

Na sesión constitutiva procederase á elección do presidente e do secretario, podendo as partes en cualquera das súas reunións estar asistidos por asesores.

As partes tamén poderán poñer en coñecemento da Comisión Paritaria cantos conflictos, irregularidades e discrepancias poidan suscitarse na interpretación e aplicación do IV Acordo ReguladorConvenio Colectivo, a fin de que a Comisión emita o seu dictame sobre o particular e, consecuentemente, poida utiliza- las accións ou os medios ós que fai referencia o título V da Lei órgánica de liberdade sindical.

Os acordos adoptaranse por unanimidade entre as dúas representacións, serán recollidos en acta e daráselles publicidade no taboleiro de edictos e nas sindicais. Cando se considere necesario debido á súa transcendencia e incidencia publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.

Estes acordos interpretativos vinculan ás partes e incorporaranse nel como Anexo.

Correspóndelle á Comisión, especificamente, as seguintes funcións:

a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do Acordo Regulador- Convenio Colectivo.

b) A análise ou estudio das denuncias por incumprimento do Acordo Regulador- Convenio Colectivo.

c) A vixilancia do pactado, tanto a nivel individual coma colectivo.

d) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

Denunciado este Acordo Regulador- Convenio Colectivo e ata a entrada en vigor dun novo, a Comisión Paritaria Mixta continuará exercendo as súas funcións.

A Comisión Paritaria Mixta, a través da Presidencia da Deputación, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, que lle será facilitada pola Deputación.

TÍTULO I

PERMANENCIA E ASISTENCIA Ó TRABALLO

CAPÍTULO I

XORNADA E HORARIO

ARTIGO 8. XORNADA

A Xornada laboral común será de 37 horas e media semanais, distribuídas de luns a venres, de 7: 45 a 15: 15 horas, permitíndose unha flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída.

Todo o persoal estará sometido ó sistema de control de horario e asistencia, mediante o reloxo ficheiro situado en cada centro de traballo.

A Deputación está obrigada a facilitarlle trimestralmente listados xenéricos de control de horario á Comisión Paritaria Mixta para a súa avaliación.

O Rexistro Xeral e aquelas outras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles, caso no cal a atención será rotatoria e compensada mediante acordo cos representantes do persoal.

Nos centros nos que non se poida poñer en práctica o horario xeral adoptaranse as quendas de traballo que se fixen, previa negociación do Presidente da Deputación coa Xunta de Persoal e o Comité de Empresa. Calquera modificación da xornada laboral ou das quendas de traballo levarase a cabo previa negociación na Comisión Paritaria Mixta, dándoselles conta desto á Xunta de Persoal e ó Comité de Empresa.

Sen prexuízo de acordo en sentido contrario, as quendas diurnas terán unha duración de sete horas e media e as nocturnas de dez. En todo caso, o persoal que realice a súa xornada de traballo en réxime de quendas terá, como mínimo, dereito a descansar fins de semana alternas.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo coma ó final da xornada diaria, o funcionario ou traballador se encontre no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar, gardar roupa, materiais, útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumpri- las normas de saúde laboral.

Para o persoal que desenvolve a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo empezará a partir do lugar de recollida, reunión ou centro de control tanto á entrada como á saída do traballo.

Calquera que sexa o régime de organización de traballo, entre o remate dunha xornada e o comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas e, no caso de xornada nocturna, de 31 horas, sen prexuízo do descanso semanal.

ARTIGO 9. PAUSA DURANTE A XORNADA

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio terá dereito a unha pausa de 30 minutos durante a xornada de traballo, computable como de traballo efectivo. Esta interrupción terá lugar preferentemente entre as 9: 30 e 12: 30 horas en quenda de mañá, entre as 16: 30 e as 19: 30 en quenda de tarde e entre as 0: 30 e as 5: 30 en quenda de noite, salvo que as necesidades do servicio non permitan estes horarios.

ARTIGO 10. XORNADA DE VERÁN

Durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, a xornada laboral reducirase nunha hora, salvo naqueles centros nos que as circunstancias e maila organización do traballo non llelo permitan, caso no que o persoal afectado terá dereito a acumula- la dita reducción e disfrute e aproveitala en xornadas laborais completas.

ARTIGO 11. TRABALLO NOCTURNO

Considérase traballo nocturno o efectuado entre as 10: 00 da noite e as 08: 00 da mañá. Estes realizaranse en días alternos.

O persoal que preste servicios en réxime de turnicidade terá dereito ó descanso correspondente a unha xornada laboral diurna por cada sete noites de traballo realizadas.

Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal, a realización dos traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal, unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifesta- la súa opción, polo menos con dous meses de antelación e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano.

ARTIGO 12. ABSENTISMO

A Deputación Provincial potenciará os instrumentos de control e de reducción do absentismo laboral a través, entre outras, de adopción de medidas de mellora dos sistemas de medición do absentismo laboral e do seu seguimento, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas, que deberá debater a Comisión Paritaria Mixta, por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa reducción, e adoptando, caso de que haxa lugar, as medidas procedentes para a súa reducción.

ARTIGO 13. COMUNICACIÓN DE AUSENCIAS

As ausencias e as faltas de puntualidade, de permanencia do persoal en que se aleguen causas de enfermidade, incapacidade temporal e outras de forza maior, requirirán avisar, o antes posible, ó responsable do servicio ou do centro no que figure adscrito, así como a súa ulterior xustificación acreditativa se procede, que se presentará ante o órgano competente en materia de persoal.

CAPÍTULO II

VACACIÓNS

ARTIGO 14. VACACIÓNS

1) As vacacións anuais retribuídas serán dun mes natural por cada ano completo de servicio, ou o proporcional ó tempo de servicios efectivos, e o persoal colleraas de forma obrigatoria dentro do ano natural, preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, salvo que se solicite expresamente collelos fóra deste período, caso no que quedará sometido o seu disfrute ás necesidades do servicio, así como á cobertura do seu posto de traballo. As vacacións poderán collerse en meses naturais completos ou ben desde os días 16 a 15 de meses sucesivos. Poderán así mesmo fraccionarse en dous períodos de quince días ou en períodos mínimos de sete días naturais consecutivos, sempre que a natureza do servicio o permita.

2) Nos servicios ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó disfrute das vacacións organizaranse as quendas de forma rotatoria.

3) A duración do período vacacional do persoal que non alcance un ano de servicio activo será proporcional ó tempo transcorrido desde a data de ingreso ata o 31 de decembro do mesmo ano, redondeando o resultado en días completos por exceso.

4) Antes do día 1 de abril de cada ano tódolos servicios e centros dependentes da Deputación Provincial elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servicio de Recursos Humanos e Formación para que o aprobe a Presidencia da Deputación.

Calquera variación do cadro deberá serlle comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servicios e centros.

En todo caso, o persoal poderá coñecer con, polo menos dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que esto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servicio debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima de 1 mes, co obxecto de que poidan organiza- lo exercicio deste dereito.

5) O período vacacional poderá interromperse a instancia do interesado cando se presente unha baixa médica por enfermidade ou accidente durante o dito período; tamén no suposto de que a baixa sobreviñese con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise o día sinalado para o seu comezo suspenderase o seu disfrute previo informe e baixo o control do Servicio Médico da Deputación.

En ambos supostos, de producirse unha colisión de intereses entre o funcionario ou traballador que se encontraba afectado pola enfermidade ou accidente, e aqueles outros do mesmo servicio que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aqueles, pero, en todo caso, haberá de supeditarse ás necesidades do servicio.

6) As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial ou laboral, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non disfrutase ou completase na súa totalidade o disfrute do período de vacacións.

7) O período de disfrute das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servicio así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completa- lo seu disfrute aínda que teña rematado o ano natural a que correspondan.

8) A funcionaria ou traballadora embarazada terá dereito a escolle- la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as una, sen solución de continuidade, á baixa por maternidade.

CAPÍTULO III

PERMISOS E LICENCIAS

ARTIGO 15. PERMISOS

1) Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos:

a) Por nacemento dun fillo ou adopción dun menor de 6 anos ou maior de seis anos discapacitado ou minusválido, cinco días laborables, computables desde a data de nacemento ou chegada do adoptado ó fogar.

b) Por enfermidade grave, accidente ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, ou daqueles que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e debidamente apreciada pola Presidencia ou o deputado delegado de Persoal, poderanse conceder permisos desde o mínimo legalmente establecido (2 días) ata o máximo de 15 días.

c) Por falecemento de parentes do primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 3 días naturais, ampliables a cinco días cando o sepelio se leve a cabo fóra da Comunidade Autónoma.

d) Por falecemento de parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade 1 día.

Os permisos por enfermidade grave e falecemento de parentes faranse extensibles ás persoas e fillos de quen, sen ser cónxuxe, convivan co titular do dereito e o acrediten por calquera medio válido en dereito.

e) Por traslado do domicilio habitual, 2 días naturais. Este permiso non se poderá disfrutar máis de 1 vez ó ano.

f) Para a realizar exames prenatais e/ ou técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada laboral, o tempo indispensable.

g) Para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude e avaliación definitivas en centros oficiais, durante os días da súa celebración, previa solicitude con 72 horas de antelación, debendo presentar un xustificante ó respecto. Este permiso entenderase para participar en exames e probas en centros oficiais.

h) Para cumprir deberes inescusables de carácter público e persoal, o tempo que resulte indispensable, debendo acreditar documentalmente o motivo e o tempo investido.

Para tal efecto considéranse deberes de inexcusable carácter público e persoal os seguintes:

- Expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais.

- Citacións de Xulgados, Comisarías, Subdelegación do Goberno, Concellos, etc.

-O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo.

- As consultas, tratamentos ou exploracións durante a xornada de traballo, sempre que estas asistencias estean debidamente xustificadas. Este permiso será extensivo ó acompañamento do cónxuxe, fillos, pais e daqueles outros que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e apreciada pola Presidencia ou o deputado delegado de Persoal, e terá a duración precisa para que o funcionario ou traballador sexa atendido debidamente, sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

i) Pola lactancia dun fillo menor de nove meses, unha hora de ausencia na súa xornada de traballo, podendo este reducirse nunha hora ou dividirse en dúas fraccións de media hora ó inicio e ó final dela. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no suposto de que ambos traballen por conta allea e concederáselles con plenitude de dereitos económicos.

No suposto de adopción ou acollida se o menor ten menos de nove meses, a funcionaria ou traballadora disfrutará dos mesmos dereitos recollidos no parágrafo anterior, a partir da súa acollida no seo familiar.

j) Por asuntos particulares, ata 9 días, non recuperables, sen xustificación e respectando sempre as necesidades do servicio. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible disfrutar do referido permiso antes de finalizar o mes de decembro do ano en curso, poderán concederse no mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos propios, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes.

A solicitude deste permiso por asuntos propios seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que afecte ó persoal das Brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó capataz da Brigada.

k) Por matrimonio de pais, irmáns e fillos concederase permiso o día no que se celebre.

2) Os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servicio ou centro, e presentaranse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial con polo menos 72 horas de antelación, excepto nos casos de urxencia.

Estas solicitudes deberán resolverse con polo menos 24 horas de antelación ó día solicitado. Transcorrido este prazo sen que se dictase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido.

ARTIGO 16. LICENCIAS

1. Licencia por enfermidade

As enfermidades que impidan un normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licencias de ata seis meses de duración con plenitude de dereitos económicos.

Unha vez transcorridos os seis meses de baixa por enfermidade e ata o prazo máximo de 18 meses, o funcionario ou traballador afectado percibirá o 80% das súas retribucións, se ben estas se desglosarán no 100% do soldo consolidado íntegro e as diferencias resultantes ata alcanza- lo 80% dos seus emolumentos descontaranse das retribucións complementarias.

Excepcionalmente e por causas debidamente acreditadas de carácter social, a Comisión Paritaria Mixta, previos os informes médicos que se considere pertinentes, poderá propoñerlle ó presidente da Corporación a concesión de prórroga da licencia con plenitude de dereitos económicos ata o prazo máximo de duración de 18 meses desde que se iniciou a incapacidade temporal.

Os partes médicos de baixa, confirmación de baixa e de alta médica estenderanse en modelo oficial inmediatamente despois de realizarse o recoñecemento do funcionario ou traballador polo facultativo que o formule, sendo distinto o procedemento que se ha de seguir segundo se trate de funcionarios integrados ou non no réxime xeral da Seguridade Social, para efectos de incapacidade temporal e asistencia sanitaria.

Os funcionarios non integrados, anteriores ó 31 de marzo de 1993, deberán presenta- lo parte de baixa no Servicio de Recursos Humanos no prazo máximo de tres días desde a súa expedición.

Os partes de confirmación de baixa presentaranse cada 15 días, contados a partir da data da baixa no Servicio de Recursos Humanos e os partes de alta entregaranse no mesmo Servicio dentro das 24 horas seguintes á súa expedición.

Polo contrario, os funcionarios de novo ingreso integrados no réxime xeral da Seguridade Social, posteriores ó 1 de abril de 1993, e o persoal laboral rexeranse pola normativa específica que desenvolve a xestión e o control das prestacións económicas da Seguridade Social por incapacidade temporal.

En caso de baixa por enfermidade profesional ou accidente laboral, a Deputación Provincial acre ditará, a todo o persoal incluído neste Acordo Regulador-

Convenio Colectivo, o 100% das retribucións, ata a súa total recuperación, salvo coexistencia de seguros complementarios de igual carácter subscritos pola Deputación que garantan o dito importe; de non ser así este organismo provincial asumirá a diferencia.

Os partes de baixa e alta derivados de accidente de traballo ou enfermidade profesional expediranse en modelo oficial e dentro dos prazos establecidos regulamentariamente.

A Presidencia poderá efectua- la comprobación de baixas por enfermidade de calquera funcionario ou traballador cando o considere oportuno a través da Inspección Médica desta Deputación Provincial.

As baixas por enfermidade de duración inferior a catro días deberán xustificarse, en calquera caso, documentalmente ante o xefe respectivo e o Servicio de Recursos Humanos e Formación.

2. Licencia por asuntos propios

Conforme o previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 781/ 86, do 18 de abril, e artigo 68.3 da Lei da función pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licencia por asuntos propios será concedida automaticamente pola Presidencia da Deputación, previo informe do xefe do servicio correspondente. A concesión da dita licencia estará supeditada ás necesidades do servicio e a súa duración acumulada non poderá exceder de 3 meses cada dous anos. A petición cursarase con polo menos un mes de antelación á data prevista para o seu disfrute e a denegación no seu caso deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no Servicio de Recursos Humanos. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal interino e contratados laborais eventuais non lles será de aplicación a licencia sen soldo dado o carácter da súa relación.

O tempo de disfrute desta licencia computarase para efectos de antigüidade.

3. Licencia por garda legal

Os funcionarios de carreira e laborais fixos que por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou diminuído físico, psíquico ou ancián, que non desempeñe actividade retribuída ou non perciba ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha diminución da xornada laboral nun tercio ou nun medio coa reducción proporcional das retribucións.

4. Licencia por parto ou adopción de menores de seis anos e maiores de seis anos discapacitados ou minusválidos.

A maternidade da funcionaria ou traballadora terá unha duración máxima de 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto do parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, no suposto de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período por descanso de maternidade, poderá optar por que o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos casos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de ata 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contados a elección da funcionaria ou traballadora, ben a partir da decisión xudicial ou administrativa de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será así mesmo de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos, ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por viren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas. No caso de que o pai e a nai traballen, o período de suspensión distribuirase segundo a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos supostos de disfrute simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das 16 semanas, previstas nos apartados anteriores, ou das que regulamentariamente se determinan en caso de parto múltiple.

5. Licencia por matrimonio

Por razón de matrimonio o persoal terá dereito a unha licencia de vinte días naturais de duración, que poderá disfrutar con anterioridade ou posterioridade ó día que teña lugar, incluído este, podendo tamén disfrutala sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Esta licencia concederase con plenitude de dereitos económicos.

6. Licencia por estudios

a) Poderá concederse licencia para realizar estudios ou cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude presentada no Rexistro Xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia, variedade de cursos ós que asistiu o interesado e á necesidade ou non para o servicio que preste o funcionario ou traballador. A súa autorización correspóndelle á Comisión de Goberno da Corporación e, no caso de concederse, o funcionario ou traballador terá dereito a percibir toda a súa remuneración e a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licencia terá un límite de 60 horas, que poderá ser ampliado polo presidente. Daráselle conta á Comisión Paritaria Mixta de tódolos permisos e axudas económicas que se tramitasen a través da Comisión de Goberno e esixirase dictame previo da Comisión Paritaria Mixta para a tramitación de todos aqueles cursos cunha duración que exceda das 60 horas. Tamén poderán concederse permisos para realizar másters que se encontren directamente relacionados co contido do posto de traballo sen dereito a ningún tipo de axuda económica nin indemnización.

b) Igualmente poderá concederse permiso para asistir a cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo por un tempo máximo de ata seis meses, sen dereito a percibi- las retribucións correspondentes. O tempo transcorrido en tal situación computarase para efectos de antigüidade e durante ese período o funcionario ou traballador permanecerá de alta no réxime xeral da Seguridade Social e terá dereito a que lle reserven o posto de traballo.

7. Estas licencias solicitaranse por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servicio ou do centro onde o traballador preste servicios.

CAPÍTULO IV

REINCORPORACIÓN E RECUPERACIÓN

ARTIGO 17. REINCORPORACIÓN A QUENDAS DESPOIS DUNHA SITUACIÓN DE BAIXA POR ENFERMIDADE

Todo o persoal que cause baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional manterá o dereito de incorporación ó servicio e nas súas quendas correspondentes, sen merma dos días de descanso establecidos neles, transcorrido o período de baixa.

Nos restantes casos de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, cando o funcionario ou traballador presente a alta reincorporarase ó servicio e na súa quenda correspondente, disfrutando na semana da súa reincorporación a parte do descanso semanal que puidera corresponderlle, como consecuencia do tempo traballado con anterioridad á situación de baixa.

TÍTULO II

ACCESO, PROMOCIÓN E PROVISIÓN

CAPÍTULO I

INGRESO

ARTIGO 18. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

As necesidades de persoal que non poidan ser cubertas cos efectivos existentes e a provisión das cales se entenda necesaria por razóns de organización, incluiranse na oferta de emprego público do ano correspondente.

A Deputación Provincial, previa negociación cos representantes sindicais, aprobará e publicará anualmente dentro do prazo de 1 mes desde a aprobación do presuposto a oferta de emprego público, axustándose ós límites que estableza a lexislación básica do Estado sobre función pública e ós criterios que regulamentariamente se sinalen en desenvolvemento da normativa básica estatal para a súa debida coordinación coas ofertas de emprego do resto das administracións públicas.

En todo caso, a Corporación haberá de reservar na oferta de emprego público o número de prazas que a lexislación prevé para minusválidos cumprindo desta forma o preceptuado na Lei 13/ 82, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e art. 5 apartados 1 e 2 do Real decreto 152/ 85, do 6 de febreiro. Con tal fin farase constar na oferta o número, a denominación e as características das prazas de que se traten.

Coa finalidade de fomenta- la calidade e a estabilidade no emprego, a Deputación convocará anualmente polo menos o 50% das prazas incluídas na oferta de emprego público dese ano.

ARTIGO 19. SISTEMA DE SELECCIÓN

Toda selección do persoal funcionario e do persoal laboral fixo desta Deputación Provincial deberá realizarse conforme a oferta de emprego público, mediante convocatoria pública, e a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso- oposición, nos que se garantan os principios de igualdade, mérito e capacidade e publicidade de acordo coa lexislación vixente.

O acceso á función pública será a través do sistema de oposición, salvo que pola natureza das funcións que se han desempeñar resulte máis adecuada a utilización do concurso- oposición e, excepcionalmente, do concurso.

Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se terán que superar e a adecuación ás prazas ou postos de traballo laborais que se vaian desempeñar, incluíndo para tal efecto as probas prácticas que sexan precisas.

En ningún caso, o desempeño dun posto de traballo reservado a persoal eventual constituirá mérito para o acceso á función pública ou á promoción interna.

ARTIGO 20. ÓRGANOS DE SELECCIÓN

Son órganos de selección os tribunais e as comisións permanentes de selección. Como norma xeral a selección será efectuada por tribunais cunha composición que será determinada na oportuna convocatoria.

En todo caso, haberá de terse en conta que o seu número de membros non poderá ser inferior a sete e estarán integrados por un presidente, un secretario, dous deputados provinciais, un como representante do grupo de Goberno e outro en representación dos demais grupos políticos, un representante da Xunta de Galicia, proposto pola Consellería competente; un representante da Universidade, escolas ou colexios profesionais ou un experto na materia, designado polo presidente, e un representante designado pola Xunta de Persoal ou o Comité de Empresa, segundo os casos, que terá voz e voto.

A súa composición será predominantemente técnica e tódolos vocais deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Excepcionalmente, cando polo elevado número de aspirantes e o nivel de titulación e especialización esixido así o aconsellen, serán nomeadas comisións permanentes de selección.

ARTIGO 21. PERSOAL INTERINO

Cando a prestación dun servicio sexa de recoñecida e inaprazable urxencia e non poida ser desempeñada por persoal funcionario de carreira, procederá a selección e o nomeamento de persoal funcionario interino.

A selección e o nomeamento efectuaranse baixo os principios de publicidade, mérito e capacidade, e, en todo caso, os aspirantes deberán reuni- los requisitos xerais de titulación e as demais condicións esixidas para participaren nas probas de acceso ós correspondentes corpos ou escalas como funcionarios de carreira.

ARTIGO 22. PERSOAL LABORAL TEMPORAL

As necesidades non permanentes de persoal laboral atenderanse mediante a contratación de persoal temporal a través da modalidade máis adecuada para a duración e carácter das tarefas que se van desempeñar.

A selección do persoal temporal efectuarase en función da urxencia e a duración do contrato. Así, recorrerase ós Servicios Públicos de Emprego (INEM ou Servicio Galego de Colocación) para as contratacións previsibles polo seu carácter estacional e sempre que as características das tarefas que se han desempeñar así o aconsellen. Corresponderalles ós Servicios Públicos de Emprego preselecciona- los candidatos de acordo cos perfís definidos polo órgano convocante.

Para tal efecto, coa finalidade de garantir unha maior transparencia e obxectividade, constituirase unha comisión, da que formará parte un representante do Comité de Empresa, para que efectúe a selección do candidato máis idóneo entre aqueles que fosen preseleccionados polo INEM ou polo Servicio Galego de Colocación.

Igualmente poderán utilizarse os procesos selectivos previstos para o persoal laboral de carácter fixo, procedendo a unha simplificación do procedemento que posibilite unha cobertura máis áxil das necesidades.

ARTIGO 23. PERIODO DE PROBA DAS CONTRATACIÓNS LABORAIS

O persoal laboral de novo ingreso estará sometido a un período de proba no que non se computará o tempo de incapacidade temporal, a duración do cal será de tres meses para os grupos profesionais 1 e 2 e de un mes para os traballadores encadrados nos demais grupos.

Transcorrido este período de proba, quedará automaticamente formalizada a admisión e computaráselle ó traballador este período para tódolos efectos.

Durante este período tanto a Deputación coma o traballador poderán poñer fin á relación laboral, sen que ningunha das partes teña por eso dereito a ningunha indemnización. O traballador terá os dereitos e as obrigacións correspondentes ó seu grupo profesional e ó posto de traballo que desempeña, como se pertencese ó cadro de persoal. Da extinción das relacións laborais reguladas neste artigo informaráselles ós representantes dos traballadores.

Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade, baixo calquera modalidade de contratación, dentro do ámbito de aplicación do presente convenio.

ARTIGO 24. PROMOCIÓN INTERNA

A promoción interna supón a posibilidade dos funcionarios ou traballadores de ascender dun grupo inferior ó inmediato superior mediante a superación de probas determinadas establecidas para eso.

En todo caso, os funcionarios que participen nas referidas probas deberán ter unha antigüidade de polo menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan, e posuí- la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó

grupo ou escala no que aspiren ingresar. Estas condicións esixiranse tamén para a promoción interna do persoal laboral.

A Corporación deberá fomenta- lo ascenso dos seus funcionarios e traballadores, para o cal se compromete a convocar mediante este sistema a porcentaxe proposta pola Comisión Paritaria Mixta, sempre e cando se axuste ós límites establecidos legalmente.

A promoción realizarase a través do sistema de concurso- oposición, sen prexuízo de que se limite o número de temas previstos regulamentariamente en función dos coñecementos esixidos para o acceso á praza ou ó posto de traballo de orixe.

CAPÍTULO II

PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

ARTIGO 25. O DEREITO O CARGO

Asegúraselles ós funcionarios da Deputación o dereito ó cargo sen prexuízo da súa adscrición a uns ou outros postos de traballo efectuado dentro das súas competencias polos distintos órganos da Deputación Provincial en materia de persoal, de conformidade co regulado neste capítulo e a lexislación vixente.

ARTIGO 26. PROCEDEMENTO DE PROVISIÓN

Os postos de traballo vacantes proveranse de acordo cos procedementos de concurso ou de libre designación, de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións.

A convocatoria será aprobada anualmente polo Presidente da Corporación Provincial e nela incluiranse tódolos postos de traballo vacantes non cubertos con carácter definitivo.

Nestas convocatorias só poderán participar os funcionarios de carreira desta Deputación Provincial que se encontren en servicio activo e permanecerán un mínimo de dous anos no seu posto de traballo de destino definitivo.

As solicitudes para tomar parte nestas convocatorias dirixiranse ó Presidente da Corporación provincial e, no suposto de ser varios os postos solicitados, deberán especifica- la orde de preferencia para a súa adxudicación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria, no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios desta Deputación.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios deste organismo provincial a Resolución Presidencial pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, a composición da

Comisión de Valoración e a data e maila hora de constitución de dito órgano, co fin de que, nun prazo de cinco días hábiles, os interesados poidan efectua- las reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas por Resolución Presidencial no mesmo prazo de cinco días hábiles.

A Comisión de Valoración constituirana un mínimo de catro membros designados polo Presidente da Corporación, da que tamén formará parte un representante da Xuntal de Persoal.

Tódolos membros deberán pertencer a grupos de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados.

Na provisión de postos polo sistema de concurso, a Comisión de Valoración proporá o candidato que obteña a maior puntuación.

O prazo para resolve- las convocatorias polo sistema de concurso será de dous meses e polo sistema de libre designación dun mes, contados en ambos supostos a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes, salvo que a propia convocatoria estableza outro distinto.

Nos procedementos de provisión polo sistema de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, segundo o seguinte baremo:

a) Antigüidade. Por anos de servicio, computándose os recoñecidos, prestados con anterioridade á adquisición da condición de funcionario de carreira.

b) Cursos de formación e perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo obxecto de provisión.

c) Titulacións académicas superiores, distintas á esixida para o ingreso, ou outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto de traballo.

d) Coñecemento do idioma galego. A puntuación de cada un dos conceptos enunciados nos apartados anteriores non poderá exceder en ningún caso do 40 % da puntuación máxima total, nin ser inferior ó 10 % dela.

No caso de empate na puntuación acudirase para dirimila á outorgada nos méritos enunciados no apartado a) e, de persisti- lo empate, terá preferencia o aspirante de maior idade.

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou dun mes se comporta cambio de residencia.

ARTIGO 27. REINGRESO O SERVICIO ACTIVO

Os funcionarios de carreira que non teñan reserva de praza e de destino reingresarán ó servicio activo mediante adscrición provisional ó posto de traballo da praza que se encontre vacante, tendo a obriga de participaren no primeiro concurso de provisión de postos de traballo que se convoque, sempre que reúnan os requisitos esixidos. O posto de traballo cuberto provisionalmente incluirase necesariamente no seguinte concurso.

ARTIGO 28. FUNCIONARIOS DE NOVO INGRESO

Resoltos os procedementos de provisión indicados nos artigos anteriores, os postos de traballo que resulten vacantes ofertaranse ó funcionario de novo ingreso, segundo a seguinte orde de prelación:

a) Funcionarios que accederan a outra praza a través de promoción interna: adscribiranse ós postos de traballo vacantes por rigorosa orde de puntuación, sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

b) Funcionarios que accederan á súa praza en propiedade a través da quenda libre: adscribiranse por rigorosa orde de puntuación sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

ARTIGO 29. REDISTRIBUCIÓN DE EFECTIVOS

A Presidencia da Deputación poderá, motivadamente e sempre que existan necesidades por razón de servicio, redistribuír ós funcionarios que ocupen con carácter definitivo postos de traballo non singularizados, sempre que para a provisión dos referidos postos estea establecido igual procedemento e que o posto sexa da mesma natureza, nivel de complemento de destino e complemento específico e que non supoña cambio de localidade.

ARTIGO 30. COMISIÓN DE SERVICIOS

En caso de urxente e inaprazable necesidade, a Presidencia da Deputación poderá cubri- lo posto de traballo vacante en comisión de servicio por un funcionario que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeño.

A extensión temporal desta comisión será de 1 ano e o posto de traballo cuberto temporalmente deberá incluírse necesariamente na seguinte convocatoria de provisión. Se o posto continuase vacante podería prorrogarse a comisión de servicios por un ano máis.

ARTIGO 31. TRABALLOS DE SUPERIOR CATEGORÍA

En caso de urxente e extrema necesidade a Presidencia da Deputación poderá adscribir ós funcionarios a postos de traballo de superior ou inferior categoría profesional, polo tempo mínimo imprescindible, dando conta desto á Xunta de Persoal.

O funcionario que desempeñe un posto de traballo de superior categoría percibirá as retribucións complementarias do posto de traballo que desempeñe.

ARTIGO 32. POSTOS DE TRABALLO DE SEGUNDA ACTIVIDADE

A Corporación, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, poderá crear postos de traballo de segunda actividade nos servicios que cubrirá o persoal adscrito ó propio servicio ou a outros, previo informe do Servicio Médico provincial ou doutros servicios médicos especializados se se considerase necesario, tendo en conta a idade e o estado físico do funcionario. En todo caso, estes destinos serán voluntarios. Así mesmo, terase en conta o disposto no art. 19 do Real decreto 364/ 95, do 10 de marzo.

CAPÍTULO III

MOBILIDADE E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

ARTIGO 33. DEREITO A INAMOBILIDADE

Como principio xeral, o funcionario e o traballador terán dereito á inamobilidade, sempre que o Servicio o consinta. Ós funcionarios que ocupen postos de traballo polo procedemento de concurso poderalles ser de aplicación o sistema de remoción prevista no art. 50 do Real decreto 364/ 95, do 10 de marzo.

ARTIGO 34. MOBILIDADE

Considérase un dereito dos funcionarios provinciais a mobilidade sinalada no art. 17.2 da Lei 30/ 84 en relación co art. 101 da Lei 7/ 85 e os artigos 42 e 27.3 da Lei da función pública galega, que debe aplicarse en tódalas convocatorias, regulando un sistema de mobilidade dos funcionarios entre as distintas Corporacións locais e coa Comunidade Autónoma, coordinando para o efecto as ofertas de emprego público. A Deputación comprométese a defender este dereito dos seus funcionarios.

Polo que respecta ó persoal laboral, a mobilidade rexerase polo disposto nos artigos 39 e 40 do R. d. l. 1/ 95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores, e demais normas de concordante e pertinente aplicación.

ARTIGO 35. PERMUTAS

En aplicación do principio básico establecido no art. 17.2º da Lei 30/ 84, do 2 de agosto, e téndose en conta o seu posterior desenvolvemento, poderánselles conceder permutas ós funcionarios de carreira da Deputación Provincial, cando concorran as seguintes circunstancias:

a) Que os postos de traballo que ocupan sexan de igual natureza e idéntica forma de provisión.

b) Que os funcionarios que pretenden a permuta conten respectivamente cun número de anos de servicio que non difira entre si en máis de cinco.

c) Que se emita un informe previo por parte das corporacións afectadas.

d) Que non lles falte ós funcionarios afectados menos de dez anos para a súa xubilación forzosa.

A partir da concesión dunha permuta non se lle poderá autorizar ó interesado unha nova permuta ata que transcorran polo menos dez anos.

ARTIGO 36. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

As situacións administrativas do persoal funcionario rexeranse polo disposto no Real decreto 365/ 95, do 10 de marzo, ó que remite o artigo 150 do Real decreto lexislativo 781/ 86, do 18 de abril; capítulo II da Lei 4/ 88 da función pública de Galicia; artigo 29 da Lei 30/ 84, do 2 agosto, de reforma da función pública, e demais disposicións concordantes e de pertinente aplicación.

As situacións administrativas do persoal laboral rexeranse polo previsto nas citadas disposicións normativas sempre que o seu contido resulte máis favorable para o traballador, debéndose aplicar no seu defecto o artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas de concordante aplicación.

ARTIGO 37. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIARES

Os funcionarios de carreira e laborais fixos terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, que se contará desde a data do nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, para atender ó coidado dun familiar que se encontre ó seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe unha actividade retribuída.

O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dera orixe a unha nova excedencia, o inicio do período desta porá fin ó que se viñera disfrutando.

Esta excedencia constitúe un dereito individual dos funcionarios e traballadores. No caso de que dous funcionarios ou traballadores xerasen dereito a disfrutalo polo mesmo suxeito causante, a Administración poderá limita- lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas, relacionadas co funcionamento dos servicios.

O período de permanencia nesta situación será computable para efectos de trienios, consolidación do grao persoal e dereitos pasivos. Durante o primeiro ano os funcionarios e traballadores terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaron. Transcorrido este período a dita reserva serao ó posto na mesma localidade e de igual nivel e retribución.

TÍTULO III

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

CAPÍTULO I

PERSOAL FUNCIONARIO

ARTIGO 38. PRINCIPIOS XERAIS

Independentemente das melloras contidas neste Acordo Regulador- Convenio Colectivo que lle afecten especificamente ó persoal da Deputación Provincial, aplicaranse aquelas disposicións comúns que afecten ó persoal ó servicio da Administración do Estado e que supoñan melloras tanto económicas coma profesionais e non veñan contempladas neste Acordo Regulador- Convenio Colectivo, todo esto en base ó disposto nos artigos 92.1 e 93 da Lei 7/ 85.

Calquera compensación económica fixada polo Goberno central por perda do poder adquisitivo que afecte ó persoal ó servicio da Administración do Estado seralles de aplicación inmediata ós traballadores da Deputación Provincial incluídos no ámbito deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo.

Tódolos conceptos retributivos aumentaranse co índice do incremento establecido na Lei de presupostos xerais do Estado.

ARTIGO 39. CONCEPTOS RETRIBUTIVOS DO PERSOAL FUNCIONARIO

1º. Os conceptos retributivos de tódolos funcionarios da Deputación Provincial recolleranse e conceptuaranse en nómina a teor do seguinte esquema:

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

- Soldo

- Trienios

- Pagas extraordinarias

RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS

- Complemento de destino

- Complemento específico

- Complemento de productividade - Gratificacións

CONCEPTOS INDEMNIZATORIOS

- Axudas de custo

- Gastos de desprazamentos

- Asistencias

2º. O concepto retributivo complemento específico desglosarase nos seguintes conceptos xurídicos indeterminados:

- Responsabilidade

- Dedicación

- Incompatibilidade

- Toxicidade

- Penosidade

- Perigosidade

- Especial dificultade técnica

3º. Arbitraranse as medidas necesarias para que as nóminas conteñan os subconceptos descritos no apartado anterior coas respectivas cantidades que por cada un deles se perciban.

4º. As nóminas confeccionaranse en galego.

ARTIGO 40. TRABALLOS REALIZADOS FÓRA DA XORNADA LABORAL

Os servicios prestados fóra da xornada laboral non poderán exceder de 60 horas mensuais, salvo que se produzan acontecementos imprevistos ou algunha circunstancia de carácter excepcional. Cando nalgún servicio, coa excepción do parque móbil, se superen as 900 horas anuais crearase unha nova praza e posto de traballo no cadro de persoal de funcionarios desta Deputación.

A realización destes traballos suxeitarase ás seguintes regras: a iniciativa correspóndelle ó responsable do centro xestor afectado, coa debida autorización da Presidencia da Deputación, e a libre aceptación ou denegación do funcionario, excepto naqueles casos que, por considerarse urxentes necesidades de servicio ou catástrofes, estará obrigado a realizar. Se o persoal afectado resulta prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte de quen ordene a súa realización, poderá insta- las accións oportunas ante a Xunta de Persoal.

As gratificacións que remuneren estes traballos non serán en ningún caso fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo e aboaranse de acordo coa contía establecida nas bases de aplicación de retribucións do presuposto provincial de cada exercicio.

No caso de que os traballos realizados fóra da xornada laboral coincidan en domingo, festivo ou en horario nocturno o seu importe incrementarase nun 50% hora ou fracción tanto na súa contía económica coma nos descansos. Para tal efecto enténdese por xornada noctura a comprendida entre as 22: 00 e as 08: 00 horas.

ARTIGO 41. RETRIBUCIÓNS POR XORNADAS ESPECIAIS

1) Os funcionarios que desenvolvan a súa xornada laboral en domingos e festivos percibirán a cantidade de 4.000 ptas. por xornada traballada.

2) Igualmente, os funcionarios que presten servicios na quenda de noite, con excepción daqueles que o desempeñen desta forma, en virtude da propia natureza das súas funcións, percibirán a cantidade de 3.000 ptas. por noite traballada.

3) O persoal que traballe a quendas rotatorias ou en xornada partida, en atención á súa especial dedicación, percibirá a cantidade de 7.000 pesetas/ mes.

4) O persoal que pola propia natureza das súas funcións desenvolva diariamente a súa actividade pola noite, percibirá no complemento específico a cantidade de 13.000 ptas.. por nocturnidade.

ARTIGO 42. COMPLEMENTO DE PRODUCTIVIDADE LINEAL

Os funcionarios da Deputación Provincial incluídos no ámbito de aplicación deste Convenio percibirán un complemento de productividade lineal en cada un dos meses de xuño e de decembro, con independencia do grupo ó que pertenzan. Cando o tempo de servicios prestados ata o día no que se devengue non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatamente anteriores, reducirase o seu importe proporcionalmente ó período no que traballou.

O dito complemento aplicarase paulatinamente a partir de xaneiro do 2001, da seguinte forma:

- Xuño e decembro de 2001: 70.000 ptas.

- Xuño e decembro de 2002: 80.000 ptas.

- Xuño e decembro de 2003: 90.000 ptas.

- Xuño e decembro de 2004: 100.000 ptas.

A partir desta última data, os incrementos lineais dos sucesivos complementos de productividade aumentaranse no índice porcentual fixado na Lei de presupostos xerais do Estado do ano correspondente.

ARTIGO 43. INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVICIO

Os funcionarios provinciais terán dereito a percibi- las seguintes indemnizacións por razón do servicio:

a) Axudas de custo. Enténdese por axudas de custo a cantidade diariamente devengada para satisface- los gastos que orixinan a estancia ou a manutención fóra do Centro de traballo habitual. Considerarase como axuda de custo enteira se se pernocta fóra da residencia habitual. Os gastos de manutención (50 %) terá un importe mínimo de 2.100 ptas.

b) Gastos de desprazamento. Consideraranse gastos de desprazamento a cantidade que se lle aboe ó funcionario polos gastos que se ocasionan pola utilización de calquera medio de transporte en función do servicio encomendado, e procurando que este se realice en servicios regulares de transporte.

A contía dos gastos de desprazamento en transportes regulares, aéreos, terrestres ou doutro tipo será aboada integramente.

Nos casos de utilización de vehículo particular, a indemnización devengarase sobre a base de 32 ptas. kilómetro percorrido.

Cando así o solicite o persoal, o aboamento das cantidades correspondentes realizarase con antelación ó seu desembolso polo interesado, con cargo a un anticipo a conta, coa obriga de xustificar posteriormente a realización do servicio encomendado.

ARTIGO 44. INDEMNIZACIÓN ESPECIAL

Por acordo entre a Corporación e a Xunta de Persoal poderanse establecer indemnizacións especiais para axudas a compensar danos, prexuízos ou gastos extraordinarios derivados do desenvolvemento de cometidos profesionais.

CAPÍTULO II

PERSOAL LABORAL

ARTIGO 45. PRINCIPIOS XERAIS

Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en cartos ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, xa os períodos de descanso computables co traballo.

ARTIGO 46. ESTRUCTURA SALARIAL E CLASIFICACIÓN

A estructura retributiva do persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio configúrase a través do seguintes conceptos:

a) Salario base

b) Antigüidade (trienios)

c) Pagas extraordinarias

d) Complemento salario ou do posto de traballo

e) Complemento de productividade

f) Gratificacións especiais

ARTIGO 47. SALARIO BASE

O importe do salario base será o equivalente ó establecido para o persoal funcionario do grupo de titulación que se corresponda cos cinco grupos profesionais nos que se clasifica o persoal laboral (anexo I).

ARTIGO 48. ANTIGÜIDADE (TRIENIOS)

A antigüidade devengarase por trienios segundo o importe aplicable ó persoal funcionario do grupo de titulación equivalente ó grupo profesional do persoal laboral, quedando exceptuados aqueles traballadores que, por dereitos adquiridos, teñen recoñecida outra antigüidade.

O trienio consiste nunha cantidade igual para cada grupo profesional por cada tres anos de servicios nesta Deputación Provincial nunha determinada categoría profesional. Se un traballador presta servicios sucesivamente en categorías de distintos grupos de clasificación, terá dereito a seguir percibindo os trienios devengados nos grupos anteriores. Cando un traballador cambia de grupo profesional antes de completar un trienio, a fracción de tempo transcorrida considerarase como tempo de servicios prestados no novo grupo.

A antigüidade compútase desde o último contrato de traballo; non obstante os servicios prestados anteriormente nesta Deputación en réxime de contratación laboral temporal ou eventual ou como funcionario interino poderán ser recoñecidos para efectos do cómputo, retrotraéndose a antigüidade á data que corresponda.

ARTIGO 49. PAGAS EXTRAORDINARIAS

As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe mínimo cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios, devengaranse nos meses de xuño e decembro.

ARTIGO 50. COMPLEMENTO SALARIAL DO POSTO DE TRABALLO

O importe do complemento salarial do posto de traballo virá determinado pola suma das cantidades correspondentes ó nivel do complemento de destino e específico aplicable a funcionarios de igual grupo de clasificación, categoría profesional e titulación. Este complemento absorbe todos aqueles conceptos retributivos que definen o posto de traballo, como responsabilidade, dedicación, incompatibilidade, especial dificultade técnica, perigosidade, penosidade e toxicidade.

ARTIGO 51. RETRIBUCIÓN POR XORNADA INFERIOR A ORDINARIA OU POR HORAS

Os traballadores que presten servicios en xornada inferior á ordinaria ou por horas percibirán o salario base, as pagas extraordinarias, a antigüidade e o complemento salarial ou do posto de traballo en proporción á xornada que efectivamente realice.

ARTIGO 52. CÁLCULO DE DEDUCCIÓNS

Para practica- las deduccións de haberes así como nos casos de reingreso ou excedencias e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que deban liquidarse por días ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, aplicaranse as mesmas regras de cálculo previstas na normativa vixente para funcionarios públicos.

ARTIGO 53. PERCEPCIÓNS NON SALARIAIS: AS INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DO SERVICIO

Os gastos de locomoción e axudas de custo rexeranse polo establecido no Real decreto 236/ 88, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servicio e Orde do 8 de novembro de 1994, no que respecta ás causas, condicións e contías dos seus devengos, así como ós réximes de xustificación delas, de acordo coa seguinte escala:

Grupo profesional

Grupo para efectos de indemnización

1.2

II

3

III

4.5

IV

Así mesmo, ó persoal laboral aplicaráselle o importe das axudas de custo e desprazamentos que se preveron no artigo 43 para o persoal funcionario.

ARTIGO 54. GRATIFICACIÓNS ESPECIAIS

O persoal laboral terá dereito a percibi- las mesmas gratificacións especiais cás establecidas para o persoal funcionario no artigo 41.

ARTIGO 55. COMPLEMENTO DE PRODUCTIVIDADE LINEAL

Ó persoal laboral fixo acreditaráselle o complemento de productividade lineal nos termos e condicións previstos no artigo 42 para o persoal funcionario.

Ó persoal laboral eventual aboaráselle o complemento de productividade lineal sempre e cando prestase servicios ininterrompidos a esta Deputación nos seis meses inmediatamente anteriores á data do seu devengo (xuño e decembro).

TÍTULO IV

DEREITOS SINDICAIS

CAPÍTULO I

DEREITOS DE REPRESENTACIÓN, ASOCIACIÓN E REUNIÓN

ARTIGO 56. A REPRESENTACIÓN SINDICAL

De conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 9/ 87, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación ó servicio das Administracións públicas, así como a Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes, os empregados públicos terán dereito a constituír órganos de representación dos seus intereses ante a Deputación Provincial e, no seu caso, outras administracións ou entes públicos.

ARTIGO 57. A XUNTA DE PERSOAL E O COMITÉ DE EMPRESA

De conformidade coa lexislación vixente na Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa son os órganos específicos de representación dos funcionarios e dos traballadores que actúan con capacidade xurídica e de obrar en defensa dos intereses que lles son propios.

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa terán as seguintes competencias, ademais das sinaladas na Lei 9/ 87, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, Lei 11/ 85, de 2 de agosto, e Real decreto lexislativo 1/ 95, de 24 de marzo:

a) Recibir información sobre política de persoal ó servicio da Deputación Provincial, estadística sobre o índice de absentismo e as súas causas, que lles será facilitada a petición propia e polo menos cada dous meses.

b) Ter coñecemento previo dos expedientes que se refiran a materia de persoal e que se sometan a acordo da Comisión de Goberno ou do Pleno, así como das disposicións referentes a premios e sancións, réxime de prestación de servicios e, en xeral, cantas disposicións con transcendencia para a organización xeral e réxime de prestación dos servicios provinciais se adopten, para os efectos do cal estarán os ditos asuntos a disposición da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa con antelación suficiente. Todo esto referido exclusivamente a materias que lle afecten ó persoal.

c) Recibir información de cantos datos consideren necesarios do presuposto da Deputación e de tódolos documentos xerais sobre as condicións de traballo do persoal.

d) Coñecer e consulta- lo rexistro de accidentes de traballo en calquera momento, controlando e vixiando a actuación do Comité de seguridade e saúde laboral.

e) Designar ó representante que asista ós tribunais de oposicións ou concursos para a selección ou promoción do persoal.

f) Presentar e negociar ante os órganos correspondentes da corporación cantos asuntos procedan en materia de persoal, réxime e condicións de traballo, réxime de asistencias, seguridade e previsión social no que sexa competencia da corporación.

g) A Corporación provincial remitirá tódalas actas de reunións da Comisión de persoal, de Goberno e do Pleno ou, no seu defecto o extracto das resolucións que afecten ó persoal directa ou indirectamente.

h) Colaborar, a requirimento da Deputación, en cantas medidas establezan para manter e incrementa- la productividade. As liñas xerais serán negociadas cos representantes do persoal.

i) Os membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa observarán sixilo profesional en todo o legalmente establecido, aínda despois de expirar o seu mandato. Ningún documento reservado e entregado pola Deputación poderá ser utilizado fóra do seu estricto ámbito ou para fins distintos ós que motivaron a súa entrega.

k) A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa terán acceso ós expedientes que regulen materias de persoal previa solicitude por escrito á Presidencia da Deputación.

Nas comisións informativas que dictaminen asuntos relacionados co persoal poderá estar presente, con voz e sen voto, un representante legal dos funcionarios ou traballadores se o presidente da comisión o considera pertinente, para puntualizar extremos concretos en expedientes determinados.

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa terán un funcionamento democrático, asegurando a participación de tódalas candidaturas nas súas tarefas e mantendo na medida do posible a proporcionalidade da representación daquelas nos diversos órganos colexiados de que oportunamente se dote.

Os datos ou os informes solicitados pola Xunta de Persoal, seccións sindicais e Comité de Empresa serán facilitados nun prazo preferentemente non superior a quince días.

ARTIGO 58. DEREITOS E GARANTÍAS SINDICAIS

A) Dereito á libre sindicación e acción sindical.

* Garántase o dereito á libre sindicación e organización dos funcionarios e traballadores, así como á folga e á non discriminación, prexuízo ou sanción por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais de conformidade co disposto na Lei orgánica 11/ 85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, na Lei 9/ 87, do 12 de xuño, dos órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións Públicas.

* Garántase, polo tanto, o dereito á libre sindicación e organización dos funcionarios e traballadores de conformidade co establecido no Título IV da Lei 11/ 85 de liberdade sindical reguladora da acción sindical, de tal forma que ós funcionarios ou traballadores afiliados a un sindicato se lles atribúe, no ámbito da Deputación, as seguintes facultades:

* Constituír seccións sindicais de conformidade co establecido nos estatutos do seu sindicato.

* Celebrar reunión, previa notificación á Presidencia da Deputación. Recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo sen perturba- la actividade normal da prestación do servicio.

* Recibi- la información que lle remita o seu sindicato.

B) As seccións sindicais poderán poñer en coñecemento da Deputación quén ocupa a súa representación.

C) Os delegados sindicais terán acceso á mesma información e documentación que a Deputación poña a disposición da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa; poderán asistir con voz pero sen voto ás reunións do Comité de seguridade e saúde laboral ou dos órganos de representación puideran establecerse, e ser sempre oído con carácter previo á adopción das medidas de carácter colectivo que lles afecten ós funcionarios e traballadores en xeral e ós afiliados ó seu sindicato en particular. Ten, así mesmo, o deber de gardar sixilo profesional nos mesmos casos e supostos cós membros dos órganos de representación.

D) Os membros da Xunta de Persoal, Comité de Empresa e seccións sindicais disporán no exercicio da súa función representativa das seguintes garantías e dereitos:

a) O acceso e libre circulación polas dependencias e centros da Deputación, sen entorpecemento do normal funcionamento dos servicios.

b) Libre publicación e distribución de todo tipo de publicacións, de interese profesional ou sindical sen entorpecemento do normal funcionamento dos servicios.

c) Libre expresión das súas opinións nas materias referentes á esfera da súa representación, que efectuará colexiadamente se se trata da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa.

d) Ser oído o órgano de representación nos expedientes disciplinarios a que puideran ser sometidos, durante o tempo do seu mandato e durante o ano inmediatamente posterior, sen prexuízo da audiencia do interesado regulado no procedemento sancionador.

ARTIGO 59. HORAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

Fíxanse 45 horas mensuais de libre disposición sindical para cada un dos membros da Xunta de Persoal, Comité de Empresa e delegados de Seccións sindicais daqueles sindicatos acreditados ante a Presidencia da Deputación; deberá comunicárselle por escrito o seu disfrute á Presidencia a través do servicio de Recursos Humanos, xa sexa con carácter previo, para as que estean previstas de antemán, xa sexa con posterioridade á súa utilización, para as demais. Tales horas disporanse dentro da xornada de traballo e serán retribuídas como traballo efectivo.

Non terán a consideración de horas sindicais todas aquelas que se invistan en reunións da mesa de negociación ou de carácter informativo que sexan preceptivas legalmente, Comisión Paritaria Mixta, asistencia a tribunais de selección do persoal e asistencia a órganos de xestión en centros asistenciais.

Por cada organización sindical ou candidatura con representación na Xunta de Persoal ou Comité de Empresa, poderase acumular mensualmente as horas nos seus distintos compoñentes ata o máximo total establecido, sempre e cando previamente se dea conta deso á Presidencia da Deputación, especificando as persoas e o período para o que se acumulan.

Igualmente comunicaráselle á Presidencia da Deputación o cesamento por calquera motivo nas citadas funcións.

Cada Sección sindical poderá designar delegados sindicais en proporción á representación na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa, non podendo exceder de cinco o número total de delegados sindicais.

ARTIGO 60. GARANTÍAS PERSOAIS

De conformidade co sinalado na Lei 9/ 87, Lei 11/ 85 e neste Acordo Regulador- Convenio Colectivo, os membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa non poderán ser sancionados nin despedidos durante o exercicio das súas funcións nin nos dous anos seguintes ó seu cesamento, como consecuencia da súa actividade sindical, salvo que incorra en causa de responsabilidade administrativa ou laboral; neste suposto deberá oírse, previamente á incoación do expediente, á Xunta de Persoal ou, no seu caso, ó Comité de Empresa.

Os membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa tampouco poderán ser trasladados de servicio, grupo, centro ou posto de traballo en contra da súa vontade expresa durante o período citado no parágrafo anterior. Se o traslado non se basease na acción do funcionario no exercicio da súa representación, deberá darse en todo caso previa audencia á Comisión Paritaria e contar coa aprobación da Xunta de Persoal ou, no seu caso, do Comité de Empresa.

Os membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional, en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

ARTIGO 61. LOCAIS

A Deputación comprométese a dotar á Xunta de Persoal, Comité de Empresa e Seccións sindicais legalmente constituídas dun local idóneo para realiza- las súas funcións e a mantelo nas condicións que fagan posible a súa utilización por parte dos ditos órganos e para os fins da súa actividade (uso de fotocopiadoras, teléfono, salas de reunións, acceso ó BOE, DOG, BOP, etc.).

Así mesmo, a Deputación comprométese a facilitar un local onde poidan ter lugar as asembleas xerais ou de centro, na medida en que non existan locais axeitados para eso fóra do horario normal de traballo e ata un límite de seis asembleas ó ano.

ARTIGO 62. REUNIÓNS

Poderán ter lugar ata un máximo de catro asembleas ó ano en cada centro de traballo, cunha duración máxima de unha hora e media, e deberá garantirse o normal funcionamento dos servicios.

Así mesmo, poderán celebrarse asembleas de carácter extraordinario sempre que exista acordo entre o Presidente e os órganos de representación dos funcionarios e traballadores que estean lexitimados.

As reunións en cada centro de traballo autorizaranse fóra das horas da xornada laboral, salvo acordo entre a Presidencia da Deputación e quen estea lexitimado para convoca- las reunións extraordinarias. Neste último caso só se concederán autorizacións, segundo a Lei 9/ 1987, ata un máximo de 36 horas anuais, correspondéndolles 18 destas ás Seccións Sindicais e o resto ós órganos de representación dos funcionarios e traballadores.

Cando as reunións vaian ter lugar dentro da xornada de traballo, a convocatoria deberá referirse á totalidade do colectivo do que se trate, salvo nas reunións das Seccións Sindicais.

Debido ó espallamento xeográfico do persoal de Vías e Obras, e con obxecto de garanti- lo dereito a acudiren ás catro asembleas anuais ás que se refire o parágrafo primeiro, a Corporación provincial comprométese a facilita- los medios de transporte desde os distintos postos de traballo ó lugar onde teñan lugar ordinariamente as asembleas.

Serán requisitos formais necesarios para convocar unha reunión os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa celebración cunha antelación de dous días hábiles.

b) Indicar nese mesmo escrito a hora e lugar de celebración, a orde do día e mailos datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convoca- la reunión.

Se antes das 24 horas anteriores á data da celebración da reunión a Presidencia non formulase obxeccións, mediante Resolución motivada, poderá celebrarse sen outro requisito posterior.

Están lexitimados para convocar unha reunión:

a) As organizacións sindicais directamente ou a través dos delegados sindicais.

b) A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.

c) Calquera funcionario provincial e traballador, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% do colectivo convocado e, en todo caso, ó 33% do cadro de funcionarios ou laborais.

Os convocantes serán responsables do normal desenvolvemento da reunión e, en calquera caso, esta non prexudicará a prestación dos servicios.

ARTIGO 63. TABOLEIRO DE ANUNCIOS

En tódolos centros de traballo terán que existir lugares adecuados para a exposición, con carácter exclusivo, de tódolos avisos e comunicacións de carácter sindical.

O número e distribución dos taboleiros será o axeitado canto ó tamaño e estructura do centro, de maneira que se garanta a publicidade máis ampla dos anuncios que se expoñan. En todo caso, as unidades administrativas con localización independente, calquera que sexa o seu rango, deberán dispoñer de, polo menos, un taboleiro de anuncios.

ARTIGO 64. COTA SINDICAL

De conformidade co establecido no art. 11 da Lei orgánica 11/ 85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, a requirimento de calquera sindicato e previa conformidade dos funcionarios e traballadores afectados, a Deputación descontaralles na súa nómina mensual a cota sindical que proceda e realizará a transferencia a favor do sindicato, xunto coa relación nominal correspondente.

Para facer efectivo este desconto deberá remitírselle á Deputación un escrito no que conste expresamente a conformidade del sobre a orde de desconto, o sindicato ó que proceda face- la transferencia e o número da conta corrente á que debe facerse efectiva, así como a contía da cota.

CAPÍTULO II

NEGOCIACIÓN COLECTIVA

ARTIGO 65. MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN

Segundo o establecido no art. 85.1 do Estatuto dos traballadores e arts. 39 e 40 da Lei 9/ 87, do 12 de xuño, a comisión negociadora constituirase non só para a negociación ou revisión do convenio colectivo, senón tamén para a participación e determinación das condicións de traballo do persoal funcionario e laboral desta Deputación.

Por acordo das partes esta comisión constituirase en órgano colexiado de participación das organizacións sindicais nas materias relacionadas co sistema retributivo e o réxime do persoal ó seu servicio. As ditas materias son as seguintes:

a) O incremento das retribucións dos funcionarios e traballadores que proceda incluír no presuposto anual con base no presuposto xeral do Estado de cada ano, así como o incremento das demais retribucións que se han establecer nos proxectos normativos correspondentes no ámbito autonómico e local.

b) A determinación e aplicación das retribucións dos funcionarios e traballadores provinciais.

c) A preparación e o deseño dos plans de oferta de emprego público.

d) A clasificación e catalogación dos postos de traballo.

e) A determinación dos programas e dos fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) Todo o relativo ás prestacións da Seguridade Social e todas aquelas materias dentro do ámbito competencial da Corporación provincial que afecten dalgún xeito á mellora das condicións de vida dos funcionarios e traballadores.

g) Os sistemas de ingreso e promoción profesional dos funcionarios e traballadores provinciais.

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

i) Medidas sobre saúde laboral.

k) Tódalas materias que afecten dalgunha maneira ó acceso ó cadro de persoal, promoción e seguridade social, ou ás condicións de traballo dentro do ámbito competencial da Deputación Provincial e con suxeición á normativa que, con rango de lei, se dicte de acordo co artigo 32 da Lei 7/ 90.

l) As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten ás condicións de traballo e ó ámbito de relacións dos funcionarios e traballadores provinciais e as súas organizacións sindicais coa Deputación, de conformidade co sinalado no citado artigo 32 da Lei 7/ 90.

A comisión negociadora reunirase unha vez ó ano en cumprimento do disposto no artigo 31.3 da Lei 7/ 90 e, en todo caso, para os efectos de negocialos aspectos sinalados no seu artigo 32 para a negociación anual da aplicación das retribucións, valoración de postos de traballo para efectos retributivos e da preparación do plan de oferta de emprego público.

TÍTULO V

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ARTIGO 66. PRINCIPIOS XERAIS

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a unha axeitada política de saúde laboral tal e como se recolle na Lei 31/ 95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Así mesmo, terán dereito a participar na formulación da política de prevención no seu centro de traballo a través dos delegados de prevención.

De conformidade co establecido no art. 38 da Lei 31/ 95 e o art. 5 do Real decreto 1488/ 88, do 10 de xullo, de adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais á Administración Xeral do Estado, crearase un comité de seguridade e saúde laboral como órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da Deputación en materia de prevención de riscos.

Igualmente, en virtude do disposto nos arts. 14 e 31 da Lei 31/ 95 e art. 6 do Real decreto 1488/ 88, do 10 de xullo, crearase un servicio de prevención propio para realiza- las actividades preventivas que sexan necesarias co fin de garantir unha axeitada protección da seguridade e saúde dos funcionarios e traballadores, asesorando e asistindo para iso ó empresario, ós funcionarios, ós traballadores e ós seus representantes.

A Deputación garantirálle- la a formación e información necesaria en materia preventiva ós funcionarios e traballadores en activo e ós de novo ingreso, na aplicación de novas técnicas, equipos de traballo, maquinaria, etc.

A política de seguridade e saúde laboral planificaranas anualmente tódolos servicios ou centros dependentes da Deputación nos que se realizará a valoración de riscos, co fin de poñer en práctica as medidas preventivas e/ ou correctoras que se han adoptar.

A normativa sobre saúde laboral será de aplicación a tódolos funcionarios e taballadores que presten servicios en calquera dos centros dependentes desta Deputación.

No que respecta ás obras que execute a Deputación estas axustaranse ó disposto no Real decreto 1627/ 97, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción. Así mesmo, esta norma será de aplicación naquelas empresas que realicen obras para a Deputación esixíndose no contrato un estudio de seguridade e saúde da obra.

ARTIGO 67. DEREITO A PROTECCIÓN FRONTE OS RISCOS LABORAIS

Os funcionarios e traballadores terán dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. Este dereito supón a existencia dun correlativo deber do empresario de protección ós traballadores fronte ós riscos laborais.

Este deber de protección constitúe igualmente un deber das Administracións Públicas respecto ó persoal ó seu servicio.

Os dereitos de información, consulta e participación, formación en materia preventiva, paralización da actividade no caso de risco grave e inminente e vixilancia do seu estado de saúde, nos termos previstos na Lei 31/ 95, forman parte do dereito dos funcionarios e traballadores a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

No cumprimento do deber de protección, o empresario deberá garanti- la seguridade e a saúde dos funcionarios e traballadores ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Para estes efectos, no marco das súas responsabilidades, a Deputación realizará a prevención de riscos laborais mediante a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos funcionarios e traballadores, coas especialidades que se recollen nos artigos 15 a 28 da Lei 31/ 95, ambos incluídos, en materia de avaliación de riscos, información, consulta e participación e formación do persoal, actuación en casos de emerxencia e de risco grave e inminente, vixilancia da saúde, e mediante a constitución dunha organización e dos medios necesarios nas condicións establecidas no capítulo IV desta mesma lei.

A Deputación desenvolverá unha acción permanente co fin de perfecciona- los niveis de protección existentes e disporá o necesario para a adaptación das medidas de prevención sinaladas no parágrafo anterior ás modificacións que poidan experimentar as circunstancias que incidan na realización do traballo.

Así mesmo, deberá cumpri- las obrigas establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais.

As obrigas dos funcionarios e traballadores, establecidas na Lei 31/ 95, a atribución de funcións en materia de protección e prevención ós funcionarios e traballadores ou ós servicios de empresa e o recurso ó concerto con entidades especializadas para o desenvolvemento de actividades de prevención, complementarán as actuacións do presidente, sen que por iso o eximan do cumprimento do seu deber nesta materia, sen prexuízo das accións que se poida exercitar, no seu caso, contra calquera persoa.

O custo das medidas relativas á seguridade e á saúde no traballo non deberán recaer en modo ningún sobre os funcionarios e os traballadores.

ARTIGO 68. SERVICIO DE PREVENCIÓN

De conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 31/ 95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e concordantes do Real decreto 39/ 97, do 17 de xaneiro, a Deputación Provincial establecerá a organización e o sistema de funcionamento do servicio de prevención en base ós criterios que fixe a Comisión Paritaria Mixta.

ARTIGO 69. DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Os delegados de prevención son os representantes dos funcionarios e traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

Serán designados por e de entre os representantes do persoal no ámbito dos órganos de representación previstos nas normas ás que ser refire o art. 34 da Lei 31/ 95 e consonte a escala que sinalada no art. 35 deste mesmo texto legal.

O tempo utilizado polos delegados de prevención para desempeña- las súas funcións será considerado como de exercicio de funcións de representación para os efectos da utilización do crédito horario. Non obstante, considérase como tempo de traballo efectivo, sen imputación ó crédito horario, o empregado polo delegado de prevención para asistir ás reunións do Comité de seguridade e saúde, así como a calquera outra convocada polo empresario en materia de prevención de riscos e o tempo destinado ás visitas dos inspectores de Traballo ou o investido no coñecemento dos feitos que entrañen danos derivados do traballo para a saúde dos funcionarios e traballadores.

ARTIGO 70. COMPETENCIAS DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Son competencias dos delegados de prevención: Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

Promover e fomenta- la cooperación dos funcionarios na execución da normativa sobre a prevención de riscos laborais.

Ser consultados pola Deputación, con carácter previo á súa execución, acerca das decisións adoptadas que poidan incidir nas condicións de traballo, especialmente no caso das relativas á introducción de novas tecnoloxías.

ARTIGO 71. FACULTADES DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

No exercicio das competencias e funcións atribuídas ós delegados de prevención, estes estarán facultados para:

Acompañar ós técnicos nas avaliacións de carácter preventivo no medio de ambiente no traballo.

Ter acceso, coa excepción da información persoal de carácter médico confidencial, ós documentos e informes relativos ás condicións de traballo que serán de relevancia para o exercicio das súas funcións.

Elaborar un informe de actividades, no que se detallará a súa actuación no centro de traballo e as anomalías atopadas en materia preventiva, así como medidas de prevención que se propoñen, todo iso sen prexuízo dos informes que se emiten nos supostos de danos para a saúde dos funcionarios ou traballadores.

Recibir información da Deputación Provincial dos danos para a saúde dos funcionarios e traballadores unha vez que se teña coñecemento da súa producción, podendo presentarse, aínda fóra da xornada laboral, no lugar dos feitos para coñecelas súas circunstancias.

Realizar visitas ós centros de traballo para comproba- lo estado das condicións de traballo, previa solicitude ó director ou responsable do centro. Para levar a cabo esta comprobación, o delegado de prevención terá acceso a calquera lugar dos centros de traballo, podendo tamén a estes efectos comunicar durante as horas de traballo cos funcionarios ou traballadores de maneira que se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

Propoñe- la adopción de medidas preventivas, incluíndo a realización de avaliacións das condicións do medio de traballo, así como as medidas dirixidas a mellora- los niveis de protección da saúde dos funcionarios e traballadores.

Propoñer no comité de saúde e seguridade o debate, no seu propio seo, da adopción de medidas preventivas.

Propoñerlle á Corporación Provincial para que esta, a través do seu presidente, acorde a paralización das actividades de existiren riscos inminentes para a saúde dos funcionarios ou traballadores. No caso de que non se leve a cabo tal paralización o delegado de prevención poderá acudir á autoridade laboral para que no prazo máximo de 24 horas esta anule ou ratifique a procedencia da paralización.

Os informes que deban emitir os delegados de prevención deberán elaborarse nun prazo de quince días, ou o tempo imprescindible cando se trate de adoptar medidas dirixidas a prever riscos inminentes. Transcorrido o prazo sen ter emitido o informe, o empresario poderá poñer en práctica a súa decisión.

A decisión negativa do empresario a adopta- las medidas propostas polo delegado de prevención deberá ser motivada.

ARTIGO 72. COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE

Constituirase na Deputación Provincial de Pontevedra un Comité de Seguridade e Saúde, formado polos delegados de prevención, dunha parte, e polo empresario e/ ou os seus representantes en número igual ó de delegados, doutra. Para tal fin presupostarase anualmente unha cantidade para atende- las necesidades que deriven da súa posta en marcha e funcionamento.

Os membros do Comité que non sexan delegados sindicais disporán dos permisos necesarios para a realización do seu cometido e asistencia ás reunións. Non poderán ser trasladados nin sancionados durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano inmediatamente seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que este se produza por renovación ou dimisión, e que o traslado ou a sanción se basee na acción do funcionario ou traballador no exercicio de representación.

Así mesmo, non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional en razón, previamente do desempeño da súa representación.

Nas reunións do Comité de Saúde e Seguridade participarán, con voz e sen voto, os delegados sindicais e os responsables técnicos da prevención na Deputación que non estean incluídos na súa composición. Nas mesmas condicións poderán participar nas reunións do Comité funcionarios e traballadores deste organismo provincial que conten cunha especial cualificación ou información respecto de cuestións concretas que se debatan neste órgano, e técnicos en prevención alleos á empresa, sempre que así o solicite algunha das representacións do Comité.

Así mesmo, poderán participar con voz pero sen voto os delegados de Prevención de empresas privadas que teñan concertados servicios coa Deputación.

O Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite calquera das partes, previa xustificación que así o acredite. O Comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

O Comité de Seguridade e Saúde terá as seguintes competencias:

Participar na elaboración e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na Deputación. Para tal efecto, no seu seo debateranse, antes da súa posta en práctica no referente á súa incidencia na prevención de riscos, os novos métodos de traballo, a apertura de novos locais e as modificacións nos locais e equipos de traballo, na medida que esta poida repercutir na saúde e a seguridade dos funcionarios.

Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, informando á Corporación das deficiencias existentes a fin de que se proceda á súa corrección.

No exercicio das súas competencias o Comité de Seguridade e Saúde estará facultado para:

Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto as visitas que estime oportunas.

Coñecer cantos documentos e informe relativos ás condicións de traballo, incluídos os relativos ó almacenamento e eliminación de residuos perigosos sexan de relevancia para o cumprimento das súas funcións.

Coñecer e analiza- los danos para a saúde dos funcionarios e traballadores co obxecto de valoralas súas causas e propoñe- las medidas preventivas oportunas.

Segui- lo desenvolvemento das inspeccións e investigacións que a estes efectos leven a cabo os órganos administrativos competentes, salvo que a súa interpretación poida prexudica- la eficacia da súa actuación.

ARTIGO 73. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS)

Á marxe da roupa de traballo facilitada ós funcionarios e persoal laboral que ocupen un posto que non entrañe riscos, a Deputación estará obrigada a facilitar equipos de protección individual para protexer ó traballador de situacións inseguras durante a realización do seu traballo.

Trala avaliación dos riscos do posto de traballo, o servicio de Prevención elixirá o EPI que considera máis axeitado para cada tipo de risco.

Tódolos EPIS adquiridos pola Deputación deberán leva- lo etiquetado CE de conformidade co fabricante, podendo o funcionario e traballador negarse a recolle- lo equipo de protección se non cumpre este requisito. Os EPIS revisaranse periodicamente por parte do servicio de Prevención substituíndo os que non cumpran os requisitos de revisión.

Ós funcionarios e traballadores que non utilicen EPIS para desempeña- las súas funcións facilitaráselles roupa de traballo e calzado profesional homologado, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran. Como mínimo todo o persoal terá dereito a dúas prendas de traballo por temporada, que lle será entregada nos catro primeiros meses do ano.

TÍTULO VI

ASISTENCIA SANITARIA E FARMACÉUTICA

ARTIGO 74. ASISTENCIA SANITARIA

A prestación de asistencia sanitaria a tódolos funcionarios provinciais e persoal laboral outorgarase segundo os termos e as condicións establecidas na lexislación actualmente vixente.

Para os funcionarios non integrados anteriores ó 31 de marzo de 1993, a prestación da asistencia sanitaria realizarase mediante concerto con entidade privada e esta outorgarase coa mesma intensidade e extensión que o réxime xeral da Seguridade Social, de tal forma que os gastos que se lle orixinen ós asegurados por incumprimento do anteriormente establecido serán por conta da Corporación local.

En cambio, os funcionarios de novo ingreso integrados no réxime xeral da Seguridade Social e o persoal laboral recibirán a prestación de asistencia sanitaria ó abeiro do disposto regulamentariamente nas normas específicas da Seguridade Social.

No suposto de que calquera das Entidades aseguradoras da prestación de asistencia sanitaria denegue o aboamento do importe total dos gastos de desprazamento e as axudas de custo que poidan corresponder ós seus asegurados cando teñan que someterse a un tratamento médico fóra da provincia ou da Comunidade Autónoma, a Deputación Provincial anticipará o seu importe e exercitará as accións legais oportunas para recupera- las cantidades que se teñan satisfeito por tal concepto.

ARTIGO 75. ASISTENCIA FARMACÉUTICA

A Deputación Provincial outorgaralles a prestación de asistencia farmacéutica a funcionarios integrados anteriores ó 1 de abril de 1993 e que reciben a asistencia sanitaria a través de entidade privada, de acordo coa regulación establecida no réxime xeral da Seguridade Social.

TÍTULO VII

BENEFICIOS SOCIAIS

ARTIGO 76. MELLORAS SOCIAIS

Só poderán disfrutar das melloras sociais reguladas neste capítulo os funcionarios de carreira e laborais fixos dependentes desta Deputación Provincial, quedando excluídos os funcionarios interinos e os laborais eventuais, así como todos aqueles que se atopen expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste Convenio.

ARTIGO 77. ANTICIPOS

Os funcionarios de carreira e laborais fixos da Deputación Provincial poderán recibir anticipos de ata 700.000 ptas. Con tal fin a Deputación habilitará anualmente unha partida de vinte millóns de pesetas.

A partir do mes seguinte á data de percepción do anticipo detraerase da nómina do funcionario ou traballador en cuestión a cantidade que resulte de dividi- la contía global do anticipo entre o número de mensualidades que correspondan ó importe que teña solicitado, de acordo coa seguinte escala:

Anticipo de 200.000 ptas. Reintegro en 10 mensualidades Anticipo de 300.000 ptas. Reintegro en 15 mensualidades Anticipo de 500.000 ptas. Reintegro en 20 mensualidades Anticipo de 700.000 ptas. Reintegro en 28 mensualidades

Estes anticipos solicitaranse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial, e concederanse con arreglo á data de entrada neste.

ARTIGO 78. PRÉSTAMOS SEN INTERESE DE ATA UN MILLÓN DE PESETAS

Poderán concederse préstamos sen interese ata unha contía máxima de un millón de pesetas ós funcionarios de carreira e laborais fixos desta Deputación Provincial. Estes préstamos terán por obxecto financia- los seguintes gastos:

Gastos destinados á compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe.

Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores.

Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario.

Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario.

Para tal fin consignarase anualmente unha partida presupostaria dotada con vinte millóns de pesetas.

Estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, correspondente a dividi- la contía concedida entre 48 mensualidades, ampliables a 60 para o persoal do grupo D e 72 para o do grupo E, se así o solicitan os interesados, cantidade que lles será detraída da nómina correspondente.

A Comisión Paritaria arbitrará as normas correspondentes para a concesión destes préstamos, garantindo a equidade daquelas e fixando os requisitos e xustificacións documentais necesarios.

Non se concederán máis préstamos se o interesado non ten amortizado outros que lle teñan sido concedidos, ou outro tipo de anticipo ou préstamo, salvo causa de especial transcendencia apreciada pola Comisión Paritaria.

ARTIGO 79. PRÉSTAMOS SEN INTERESE POR ENFERMIDADE GRAVE

Con idénticos requisitos e condicións que os expresados no artigo anterior poderán concederse préstamos sen interese ós funcionarios de carreira e laborais fixos desta Deputación para palia- los gastos derivados de procesos de enfermidade grave.

Os préstamos que se destinen a este fin terán carácter preferente e concederanse única e exclusivamente cando os gastos deriven directa ou indirectamente do solicitante, cónxuxe, fillos ou persoas que dependan economicamente do primeiro e convivan no mesmo domicilio.

ARTIGO 80. APLICACIÓNS PRESUPOSTARIAS

As partidas presupostarias destinadas a atendelos anticipos e préstamos sen interese terán vencellamento xurídico.

ARTIGO 81. AXUDA DE ESTUDIOS

A Deputación habilitará un crédito de vintecinco millóns de pesetas para a concesión de axudas de estudios ós funcionarios de carreira, laborais fixos e ós seus fillos.

A Comisión Paritaria elaborará os módulos de axudas de estudios para os distintos niveis educativos acomodándoas ó crédito existente.

ARTIGO 82. AXUDAS SANITARIAS

Considérase axuda sanitaria todo auxilio económico outorgado por esta Deputación co fin de compensa- los gastos de natureza médica ou sanitaria, non incluídos dentro da acción protectora do sistema da Seguridade Social.

Estas axudas concederánselle ó titular do dereito á prestación de asistencia sanitaria e ós seus beneficiarios.

O procedemento que se ha seguir para a concesión destas axudas iniciarase mediante unha instancia presentada polo interesado no Rexistro Xeral da Deputación, na que constará o nome e apelidos, categoría, grupo e centro ou servicio ó que está adscrito. Á instancia achegaráselle a prescrición facultativa, facturas (que deberán conte- lo nome do profesional ou razón comercial, data, número, recibín e NIF do que a expide), informes ou calquera outro documento no que o solicitante fundamente a súa pretensión.

Estas axudas destinaranse a cubrir en parte os gastos derivados de tratamentos odontolóxicos, cirurxía reparadora producida por enfermidade grave ou accidente, oftalmoloxía, aparatos ortopédicos e protésicos, alimentos para celíacos crónicos e outras cando así o acorde o Presidente desta Deputación á vista do informe da Inspección Médica e do dictame da Comisión Paritaria.

O importe total da axuda virá determinado polo grupo de clasificación e aboarase consonte coas seguintes porcentaxes:

Grupo A ou equivalente......... 40%

Grupo B ou equivalente......... 50%

Grupo C ou equivalente......... 60%

Grupo D ou equivalente......... 70%

Grupo E ou equivalente......... 80%

Na Comisión Paritaria Mixta establecerase un límite máximo por axuda económica e beneficiario, que deberá aplicarse a partir do primeiro día do mes seguinte á data na que se adopte este acordo.

Tamén se concederán axudas sanitarias para a adquisición de lentes ó titular do dereito á prestación de asistencia sanitaria e ós seus beneficiarios por un importe máximo de 25.000 ptas. ó ano. Será necesario achegar en todo caso unha prescrición do oftalmólogo e factura de compra. No suposto de que o custo total das lentes non supere as 25.000 pesetas aboarase a cantidade que se xustifique.

ARTIGO 83. PLAN DE PENSIÓNS

A Deputación comprométese, como entidade xestora, a concertar un plan de pensións cunha entidade financeira ou de seguros por un importe de cinco mil pesetas ó mes por cada funcionario de carreira ou laboral fixo. Esta cantidade deberá ser complementada por parte do funcionario ou traballador partícipe do plan cunha contía mínima de cinco mil pesetas/ mes.

O plan de pensións terá carácter voluntario e os beneficiarios estarán suxeitos ás estipulacións previstas nel.

ARTIGO 84. PREMIO A XUBILACIÓN

A tódolos funcionarios de carreira e laborais fixos se lles acreditará cando se xubilen un premio de 150.000 ptas., que a partir dos vinte anos de servicio a esta Deputación se incrementará en 20.000 ptas. por ano.

ARTIGO 85. XUBILACIÓN ANTICIPADA

A xubilación producirase ós 65 anos de idade, sen prexuízo das posibilidades de prórroga no servicio contempladas na lexislación vixente.

A Deputación, como medida de fomento de emprego, facilitará a xubilación voluntaria do persoal que así o solicite, concedéndoselle unha indemnización polas seguintes contías:

Con 64 anos............................... 500.000 ptas.

Con 63 anos............................... 1.000.000 ptas

Con 62 anos............................... 1.500.000 ptas.

Con 61 anos............................... 2.000.000 ptas.

Con 60 anos............................... 2.500.000 ptas.

ARTIGO 86. GASTOS DE SEPELIO

A Deputación subvencionará os gastos de sepelio dos funcionarios de carreira e laborais fixos en activo coa cantidade de 300.000 ptas.

ARTIGO 87. ASESORAMENTO E DEFENSA XURÍDICA

A Deputación, con carácter subsidiario, prestará asesoramento e defensa xurídica ós funcionarios e traballadores nas circunstancias que así o esixan, como consecuencia do desenvolvemento da súa función, sempre que o feito que motive a asistencia fose debido a actuacións do funcionario ou traba llador no exercicio do seu cargo. En tal caso, na aplicación do establecido neste artigo, dictaminará con carácter previo a Comisión Paritaria Mixta.

ARTIGO 88. SEGUROS

1. A Deputación subscribirá unha póliza de seguros que garanta a cobertura suficiente das responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación de servicios polos empregados provinciais.

2. A Deputación concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para todo o persoal, que cubra os riscos de morte e incapacidade permanente, garantindo polo menos os seguintes capitais:

* Accidente laboral ou común con resultado de morte: 5.000.000 ptas.

* Accidente laboral ou común con resultado de incapacidade permanente total: 5.000.000 pesetas.

* Accidente laboral ou común con resultado de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez: 7.000.000 ptas.

ARTIGO 89. CAMPAMENTOS XUVENÍS

Nas instalacións do centro vacacional da Lanzada organizaranse campamentos xuvenís e infantís nos que poidan participar os fillos dos funcionarios e laborais fixos da Deputación Provincial.

TÍTULO VIII

FORMACIÓN CONTINUA

ARTIGO 90. FORMACIÓN CONTINUA

De conformidade co Acordo de Formación Continua de 23 de decembro de 1996, a Deputación Provincial dentro das súas dispoñibilidades presupostarias e con cargo ás axudas ou subvencións que concedan anualmente o INAP, a FEMP, FEGAMP, EGAP, ou outros organismos oficiais, desenvolverá o plan de formación continua en congruencia cos obxectivos e a prioridade da organización, garantindo a participación dos Sindicatos na programación das accións formativas, na xestión e execución do plan, mediante a constitución dunha comisión paritaria de formación, composta por seis membros, tres en representación da Corporación e tres en representación de cada un dos Sindicatos. A este órgano corresponderanlle as seguintes funcións:

Participación, programación e seguimento do plan de formación.

Propoñe- los cursos de capacitación profesional que considere precisos en cada servicio.

Seguimento das accións formativas desenvolvidas pola Deputación.

Velar por que se respecte o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación.

O tempo de asistencia ós cursos de formación considerarase tempo de traballo efectivo sempre que teñan lugar dentro da xornada laboral.

TÍTULO IX

RÉXIME DISCIPLINARIO

CAPÍTULO I

RÉXIME DISCIPLINARIO DO FUNCIONARIO

ARTIGO 91. RÉXIME DISCIPLINARIO

Os funcionarios da Deputación Provincial de Pontevedra poderán ser sancionados, pola comisión de faltas tipificadas e a través do procedemento establecido no Real decreto Lexislativo 781/ 86, do 18 de abril, Real decreto 33/ 86, de 10 de xaneiro, e Decreto 94/ 91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da administración da comunidade autónoma de Galicia.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira. O presente Acordo Regulador- Convenio Colectivo, unha vez publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia, será de aplicación a toda persoa que, incluída no seu ámbito persoal, ingrese nesta Deputación Provincial.

Segunda. As partes firmantes do presente Acordo Regulador- Convenio Colectivo se comprometen a elaborar un catálogo de postos de traballo, que se iniciará no ano 2001.

Terceira. Todas aquelas situacións previstas neste Acordo Regulador- Convenio Colectivo que non teñan establecido un prazo específico quedarán resoltas antes do 31 de decembro de 2001.

Cuarta. Como anexo ó presente IV Acordo Regulador- Convenio Colectivo quedará incluída a catalogación de postos de traballo.

Quinta. No prazo de 20 días a partir da aprobación do presente Acordo Regulador- Convenio Colectivo polo Pleno da Corporación Provincial, será publicado no Boletín Oficial da Provincia o seu contido íntegro.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira. As modificacións puntuais e/ ou parciais que desenvolven o contido deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo poderán negociarse na comisión negociadora sen necesidade de denuncialo acordo.

Segunda. Tódalas partidas afectadas por este Acordo Regulador- Convenio Colectivo que non teñan determinada unha contía específica negociada ou un incremento legal que explicitamente lles afecte serán obxecto de incremento e aplicaráselle o índice porcentual sinalado nos presupostos xerais do Estado.

Terceira. Dada a representación que ostentan os sindicatos no Comité de Empresa e na Xunta de Persoal, de conformidade co previsto no artigo 7 do presente Acordo Regulador- Convenio Colectivo, a Comisión Paritaria Mixta estará integrada polos seguintes membros:

*5 designados pola Corporación Provincial.

*5 designados polos sindicatos en proporción á representación na Xunta de Persoal e Comité de Empresa, debéndose aplica- la distribución do seguinte xeito de acordo cos resultados do último proceso electoral: 3 membros de CCOO, dos que un se designará en representación do Comité de Empresa. 1 membro de SITAP- USO. 1 membro de CIG. Así mesmo, e en virtude do disposto no artigo 59 deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo, as seccións sindicais poderán designa- lo número de delegados sindicais que a continuación se relacionan, en proporción á representación na Xunta de Persoal e Comité de Empresa, establecida en función dos resultados do último proceso electoral:

3 delegados de CCOO. 1 delegado de SITAP- USO. 1 delegado de CIG. Esta distribución poderá variar nun futuro cando teñan lugar novas eleccións a órganos de representación do persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación Provincial; neste caso a composición da Comisión Paritaria e o número de delegados sindicais adaptarase ós resultados das eleccións.

Cuarta. Naqueles supostos nos que a contratación de persoal laboral se leve a cabo mediante a subscrición de convenios de colaboración con outras Administracións Públicas, o persoal laboral contratado percibirá a contía das retribucións básicas contempladas no presente Convenio. O importe das retribucións complementarias, sempre que a dotación económica para a contratación non permita a aplicación do Convenio, será determinado pola Deputación Provincial en función dos recursos dispoñibles, dándose conta á Comisión Paritaria Mixta.

O persoal laboral que na data de entrada en vigor deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo manteña unha estructura retributiva distinta, así como unha contía salarial en cómputo global superior á regulada no Capítulo II, manterá esta estructura e contía, se ben esta experimentará o mesmo incremento que as retribucións do resto do persoal da Deputación Provincial.

Sen prexuízo da aplicación inmediata dos apartados precedentes, e do Capítulo II do Convenio, a Comisión Paritaria Mixta elaborará no prazo de seis meses desde o asinamento deste Acordo Regulador- Convenio Colectivo unhas táboas salariais que poidan ser de aplicación a todo o persoal laboral, nas que se contemplarán de forma individualizada os complementos persoais necesarios.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogado o III Acordo Regulador- Convenio Colectivo do 3 de agosto de 1992 de condicións de traballo para o persoal funcionario desta Deputación Provincial, así como demais acordos ou disposicións de igual ou inferior categoría que contradigan o disposto no IV Acordo Regulador- Convenio Colectivo.

Pontevedra, 18 de decembro de 2000. O Presidente, Asdo.: Manuel Abeledo López. CC. OO., Asdo.: José Ramón Piñeiro Piñeiro. SITAP- USO, Asdo.: Antonio Graña Gómez. CIG, Asdo.: Serxio Regueira Gómez. Representante do Comité de Empresa, Asdo.: Enrique Pazos Abad.

ANEXO I

CLASIFICACIÓN DO PERSOAL LABORAL

Grupos profesionais

A determinación dos grupos profesionais establécese en función da titulación esixida para o desempeño do posto de traballo:

Grupo profesional 1: doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Grupo Profesional 2: Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente.

Grupo Profesional 3: Bacharelato superior, Bacharelato unificado polivalente ou Formación Profesional de técnico superior ou técnico especialista ou equivalente.

Grupo Profesional 4: Graduado en Educación Secundaria, Educación Xeral Básica ou Formación Profesional de Técnico ou Técnico Auxiliar.

Grupo Profesional 5: Educación Primaria e Certificado de escolaridade.

ANEXO I I

GRAOS DE CONSANGUINIDADE E AFINIDADE

Primeiro grao: Cónxuxe, fillos/ as, pais, nais, sogros/ as.

Segundo grao: Netos/ as, avós/ as dos cónxuxes, irmáns/ ás e cuñados/ as.

Terceiro grao: Sobriños/ as, tíos/ as, bisavós/ as, bisnetos/ as de ámbolos cónxuxes.

Cuarto grao: Primos/ as.

PARELLAS DE FEITO

Considéranse parellas de feito aquelas persoas que sen seren cónxuxe convivan co titular de dereito e o poidan acreditar por calquera medio válido en dereito.