Convenio Colectivo de Empresa de FABRICA DE CERAMICA DE SARGADELOS, S.L. de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...L. de Lugo

Última revisión
01/11/2003

Convenio Colectivo de Empresa de FABRICA DE CERAMICA DE SARGADELOS, S.L. de Lugo

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Resolución do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. (Diario Oficial de Galicia num. 23900 de 11/12/1997)

esa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. (código 2700522) , da provincia de Lugo, asinado o día 4 de xullo de 1997 pola representación da citada esa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xullo de 1997. Manuel Bande Díaz Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de esa 1997 e 1998 Artigo 1º.– Ámbito. O convenio afecta a tódolos traballadores da esa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L., no centro de traballo de Cervo (Lugo) , excepto ós seus administradores, membros do grupo técnico e apoderados.

Artigo 2º.– Vixencia. Estará en vigor dende o primeiro de xaneiro de 1997 ata o trinteún de decembro de 1998.

Artigo 3º.– Prorroga. De ano en ano, namentres non sexa denunciado por algunha das partes asinantes, antes do trinta de novembro de cada ano.

Artigo 4º.– Xornada de traballo. 1.792 horas/ano efectivas de traballo en 1997, e 1.788 horas en 1998, repartidas do seguinte xeito:

a) Son xornadas laborais, tódolos días do ano, excepto os considerados non laborais no punto b) seguinte, de 8.30 ás 13 horas e desde as 14.30 ás 18 horas.

b) Son días non laborais, ademais de tódolos sábados e domingos do ano, os seguintes festivos:

1997: 1 e 6 de xaneiro , 11 de febreiro, 27 e 28 de marzo,1 e 2 de maio , 2 de xuño, 16 e 25 de xullo, 14 e 15 de agosto, 15 de setembro,8 e 25 de decembro e as tardes do 24 e 31 deste último mes.

1998: a espensas da fixacion pola Comunidade Autónoma, das festas oficiais e locais.

c) As quendas de forno, a razón de tres cada día do ano, en xornada de oito horas cada quenda, con cambio de quenda ás 6, 14 e 22 horas de cada día.

Artigo 5º.– Vacacións. Prográmanse repartidas por igual nos doce meses do ano, a razón de tres persoas diarias nas seccións de reproducción e decoración, e unha persoa/día no resto das seccións, incluíndo os días soltos programados asociados ou non ás vacacións.

Os días soltos non programados deberán desfrutarse antes do derradeiro período de vacacións de cada persoa, suxeitos á limitación do tope máximo de ausencias por sección, que fixa o art.

7º deste convenio.

As vacacións desfrutadas nos meses de xaneiro a maio, e de outubro a decembro, inclusive, terán unha bolsa individual de 580 ptas./día para o ano 1997 e, para o ano 1998, actualizarase ese importe co incremento xeral das retribucións que resulte segundo o artigo 9º deste convenio.

Artigo 6º.A incapacidade temporal anterior ou sobrevida, suxéitase ó programa de vacacións, de xeito que ó traballador, no tempo coincidente, transcórrenlle as vacacións e percibirá o seu salario maila prestación da Seguridade Social por IT.

Artigo 7º.– Tope maximo de ausencias por sección. Por razóns de organización do traballo establécese no 20% o tope máximo de ausencias diarias, por tódolos conceptos, en cada sección da fábrica.

Os que lles sexa imprescindible faltar toda ou parte da súa xornada laboral, só poderán facelo, mentres se supere o 20% máximo de ausencias na sección, recuperando esas horas, preferiblemente antes de se producir a falta e se de acordo co responsable da sección.

Artigo 8º.As faltas por asistencia a consultorio de médico de cabeceira, co tope de 16 horas anuais, rexeranse do mesmo xeito que as fallas voluntarias.

Artigo 9º.– Condicións económicas. Táboa salarial 1997 Categoría laboral Nivel Ptas./mes Ptas./ano Licenciado II 112.000 1.680.000 Perito III 105.320 1.579.800 Axudante técnico non titulado V 98.630 1.479.450 Oficial Advo. de 1ª VI 95.285 1.429.275 Oficial Advo. de 2ª VIII 89.430 1.341.450 Oficial de 1ª operario VIII 89.430 1.341.450 Auxiliar Advo. IX 85.255 1.278.825 Oficial de 2ª operario IX 85.255 1.278.825 Especialista de 1ª X 81.910 1.228.650 Especialista de 2ª XI 80.245 1.203.675 Peón XII 80.240 1.203.600

Plus de asistencia = 910 ptas./día efectivamente traballado.

* 1998: sobre as condicións económicas de 1997, aplicarase o incremento dos IPC que prevexa a Lei de orzamentos xerais do Estado para 1998, máis un 0,25%.

Antigüedade: segundo o artigo 11º do convenio colectivo sectorial de ámbito estatal.

As anteditas condicións económicas engloban tódolos conceptos retributivos que establece o convenio colectivo sectorial de ámbito estatal.

Artigo 10º.– Gratificación de marzo. A razón de trinta días de salario base maila antigüidade, a abonar no primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 11º.– Seguimento. As partes asinantes comprométense a un seguimento da xornada de traballo, para cuantificalos resultados que se vaian obtendo, referidos fundamentalmente ó mellor aproveitamento do tempo de traballo e reducción do absentismo, o que incidirá necesariamente nun aumento da productividade e dos resultados económicos positivos.

Artigo 12º.Respectaranse as condicións máis beneficiosas que se poidan derivar do convenio colectivo sectorial de ámbito estatal, que rexirá como supletorio do convenio colectivo de esa nas materias sobre as que éste non dispoña.

Artigo 13º.Desígnase unha comisión paritaria que integra catro membros das partes negociadoras, dous deles en representación do comité de esa e outros dous en representación da Admón. de esa. A comisión paritaria entenderá de cantas cuestións lle sexan atribuidas e determinará os procedementos para solventalas discrepancias no seo da propia comisión.

Artigo 14º.– Dereitos lingüísticos. No seo desta esa, desde a súa creación a finais de 1968, de xeito natural, espontáneo, as relacións laborais, ámbito ó que se refire este convenio colectivo, véñense producindo en galego, total e absolutamente.

Posteriormente, a lexislación democrática, estatal e autonómica, referendaron ó galego como o idioma propio e oficial de Galicia.

Polo tanto, os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega. No seo da esa, a dirección dela e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega, ó se-lo idioma un dos sinais de identidade fundamental do noso pobo.