Convenio Colectivo de Empresa de FORJAS DE GALICIA, S.A. de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Convenio Colectivo de Empresa de FORJAS DE GALICIA, S.A. de Ourense

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Resolución do 14 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Forjas de Galicia, S. A. de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 12900 de 02/07/1996)

da empresa Forjas de Galicia, S. A. (código nº 3200192) de Ourense, con entrada nesta delegación provincsubscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social, en representación dos traballadores, polo seu comité, en xuntanza celebrada o 25 de abril de 1996, e de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R. D. 1/1995, do 24 de marzo, R. D 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e R. D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e socda comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Ourense, 14 de maio de 1996. Manuel López Casas Delegado provincde Ourense

Capítulo I Disposicións xerais

Artigo 1º.As disposicións incluídas no presente convenio regularán desde a súa entrada en vigor, e durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre Forjas de Galicia, S. A. e o persoal desta comprendido neste convenio.

Artigo 2º.As condicións deste convenio formarán un só conxunto, polo cal no entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen aceptación da totalidade delas.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación. Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnicos, administrativos, subalternos e obreiros que pertencen ó cadro de persoal desta empresa, así como ós de novo ingreso durante a vixencia del. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o Art. 7 da Lei de contrato de traballo, a teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O Comité de Empresa será a única vía de negociación no relacionado co presente convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio

Artigo 4º.-Ámbito temporal. O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996. Terá vixencia dun ano (1 de xaneiro de 1996 a 31 de decembro de 1996) .

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, salvo que calquera das partes lo denunciase cunha antelación de tres meses, como mínimo, verbo da data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras. As melloras económicas establecidas no presente convenio serán absorbibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que en virtude de disposicións oficiais puideran efectuarse, non soamente por aboamento de igual natureza, senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposicións de rango superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social, a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que legalmente lles corresponda.

Capítulo II Xornada de traballo Artigo 7º.-Xornada de traballo. A xornada de traballo queda establecida para o presente ano 1996 en 1.776 horas de traballo efectivo de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica á confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo enténdese o tempo de 15 minutos de pausa do bocadillo.

Artigo 8º. Vacacións. Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 que se determinarán ó establece– lo calendario laboral) , con retribución correspondente a salario convenio maila media do percibido nos últimos tres meses como plus de posto e prima.

En canto ó período do seu desfrute, exclusións e excepcións a el, planificación, etc., será de aplicación o disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan que desfruta– las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa, terán preferencia na elección do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de elección.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo. A partir do calendario laboral provincial, establecido pola superioridade, anualmente a dirección da empresa establecerá o calendario e horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do Comité de Empresa e de forma que se totalicen as horas anuais correspondentes, de acordo co Art.

7º.

O horario de traballo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo, caso no que, logo de autorización da Delegación de Traballo, será anunciado oportunamente ó persoal afectado.

Persoal a quendas: 1ª das 6 h ás 14 h 2ª das14 h ás 22 h 3ª das 22 h ás 6 h Persoal de horario de día: Das 8 h 15 m ás 16 h 30 m (deluns a venres) Horarios especiais: En casos excepcionais, por necesidades da producción, debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc., poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.– Traballos en domingos e festivos. O traballo en domingo e días festivos empeza a contarse desde as 24 horas do día anterior para todo o persoal salvo para o persoal a quendas, caso no que se contará a partir das 6 horas do domingo ou festivo ata as 6 horas do día siguente.

Capítulo III Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais. A organización do traballo é facultade da dirección, que a exercita directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo. Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflecti– las circunstancias de tempos asignados, empregados, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a transcendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou neglixencia na especificación destes datos, poderá ser considerada como falta grave e a reincidencia dará lugar a aplica– la máxima sanción.

Artigo 13º.-Valoracións de standars e productividade. Durante o presente ano continuarán os estudios de tempos para fixar, en cada posto, os rendementos normais e óptimos, actualizados de acordo coas variacións de procesos e medios de producción.

Artigo 14º.-Prima directa. Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o Comité de Empresa.

Artigo 15º.– Prima indirecta colectiva. Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o Comité de Empresa.

Artigo 16º.– Ingreso de persoal. O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 17º.– Período de proba. Observarase o disposto na regulamentación laboral vixente.

Artigo 18º.-Ascensos. O sistema de ascensos que se establece no presente convenio estará baseado fundamentalmente na aptitude e capacidade do productor para o desempeño das funcións de cada categoría profesional.

En provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas unha proverase por antigüidade dentro do departamento en que se produza a vacante, salvo que se acreditase a carencia de aptitude no traballador, e as outras dúas por concurso– oposición, libre para todo o persoal da empresa, que deberá realizarse a través de probas teórico– prácticas.

Quedan excluídos desa normal xeral os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras personas; estas vacantes serán cubertas por libre designación da dirección da empresa.

Igualmente queda excluído o persoal de secretaría, procurándose que esta designación recaia sobre o persoal da empresa.

A empresa anunciará, con antelación suficiente, nunca inferior a 30 días, as vacantes ou postos que vai cubrir, a data en que deberán efectuarse os exercicios, o programa a desenvolver, así como as condicións que se requiran para aspirar a elas; tamén se fará consta– la forma de celebralo e os méritos, títulos e demais circunstancias que sexan pertinentes.

A composición dos tribunais que cualificarán os concursos– oposición será a seguinte:

-Un presidente e dous vocais, nomeados pola empresa –Dous vocais designados pola representación socda empresa.

Para unha maior garantía de que o ascendido a unha categoría profesional superior desempeñe as funcións encomendadas coa máxima eficacia, establécese un prazo de proba que corresponda ó establecido para un productor de novo ingreso da súa categoría.

Artigo 19º.-Ascensos de peóns e auxiliares administrativos. –Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco años ó servicio na empresa ascenderán ás categorías de especialista e ofic2ª administrativo, respectivamente.

Artigo 20º.– Mobilidade de persoal. Observarase o establecido nas disposicións legais vixentes, se ben nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída do traballador e cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 21º.– Cambios de quenda. A empresa ó acorda– los cambios de quenda de acordo coa lexislación vixente terá en conta, ademais, o seguinte:

1) Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor, aplicarase o que ámbalas partes acorden.

2) Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxida posible, de modo que se tenda á saturación da primeira e da segunda.

3) Salvo casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios, na tarde do penúltimo día laborable da semana.

4) O persoal operario de producción maior de 55 años gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do Comité de Empresa, en ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde) .

Artigo 22º.-Rexistros de persoal. En canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc., a empresa aterase ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV Retribucións do persoal

Artigo 23º.– Política de salarios.

Forjas de Galicia, S. A., establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional, e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Polo tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se asigna o número correspondente ó chanzo e grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría.

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción e/ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolta na execución das tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade ó presente convenio serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 24º.– Enumeración das distintas retribucións. Para efectos do ordenado no Decreto 2380/73, do 17 de agosto, sobre ordenación do salario, especifícase a seguir a clasificación dos conceptos retributivos do presente convenio de acordo co artigo 5 do dito decreto.

a) Salario base a.

1. Xornais e soldos b) Complementos persoais b.

1. Plus de antigüidade b.

2. Plus de distancia b.

3. Plus de asistencia e puntualidade b.

4. Complemento persoal e/ou especc) Complementos de posto de traballo c.

1. Plus de posto ou responsabilidade c.

2. Plus de nocturnidade c.

3. Plus de xefe de equipo c.

4. Plus de quendas especiais d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo

d.

1. Complemento convenio d.

2. Primas de producción e/ou productividade d.

3. Horas extraordinarias e) Vencemento período superior ó mes e.

1. Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolto nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece– los importes do plus de posto ou tesponsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 25º.– Salario base e complemento. Nos anexos II e IV recóllense os xornais e soldos base (a. 1) , mailo complemento convenio (d. 1) nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal (e. 1) , correspondentes, para o presente convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 26º.– Plus de antigüidade. Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base máis complemento, isto é, do soldo convenio.

Artigo 27º.– Plus de distancia. Establécese na cuantía de 1.607 ptas./mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 28º.– Plus de asistencia e puntualidade. Establécese para todo o persoal un plus de asistencia e de puntualidade de 1.716 ptas. mensuais que en caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 1.144, 572 ou 0 ptas., respectivamente.

Artigo 29º.– Plus de posto ou de responsabilidade. No anexo III establécese o valor por hora efectiva no posto para o plus de posto e no anexo V, o valor mes do plus de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 30º.– Plus de nocturnidade. O plus de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballara durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalmente ás horas traballadas no caso de que no período nocturno de traballo sexa máis dunha hora, sen exceder de catro. Para este efecto considérase como período nocturno o comprendido entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 31º.– Plus de xefe de equipo. Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 32º.– Plus de quendas especiais. Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas dun horario que non coincida cos habituais, percibirá un plus equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 33º.– Plus de horas extraordinarias. En materia de horas extraordinarias observarase o disposto nas normas legais aplicables en cada momento.

A empresa facilitaralle trimestralmente ó comité información sobre as horas extraordinarias realizadas. Artigo 34º.– Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselles a tódolos productores (incluídos os que se encontren no servicio militar) dúas gratificacións equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, plus de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V Artigo 35º.– Servicio militar. Computarase para efectos de antigüidade na empresa o tempo que dure o servicio militar dos traballadores.

Unha vez que o cumpran, teñen dereito a ocupar un posto na mesma categoría do que desempeñaban ó incorporarse a filas, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de finalizado o servicio militar.

Os traballadores que, prestando o servicio militar desfruten de licencias ou permisos non inferiores a quince días, poderán reintegrarse ó traballo durante o citado período de tempo, sendo obrigatoria a súa admisión pola empresa, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para traballar.

O traballador que o desexe, avisando cunha antelación de dez días á súa incorporación a filas, poderá cesar na empresa con sete días de antelación, sen devengar xornal ningún.

Artigo 36º.– Excedencias. Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa, no podendo instar nova solicitude, por outra soa vez, ata que transcorran outros dous anos, contados desde o termo da anterior.

A duración da excedencia poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición da excedencia formularase por escrito e deberá ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión de excedencia será obrigatoria ou forzosa cando teña por orixe o desempeño, polo productor, dun cargo de carácter público, que imposibilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a dita excedencia daralle dereito ó productor á conservación do posto e da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita– lo seu paso a situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. Sen prexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o Comité de Empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá, conxuntamente coa dirección, sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A Dirección de Persoal informará ó Comité de Empresa de tódalas peticións de excedencia que se formulen por parte dos traballadores.

No poderá acollerse ós beneficios estipulados no presente artigo o persoal que teña contrato de duración determinada.

Artigo 37º.– Permisos retribuídos. A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio, máis antigüidade e plus de posto ou responsabilidade, nos seguintes casos, sempre que sexan xustificados:

–Matrimonio: 15 días naturais –Parto da esposa: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborables

–Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave, de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

–Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave, de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

–Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

–Morte de pais, irmáns, netos, avós ou pais políticos: tres días naturais.

–Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

–Morte do irmán do pai ou do da nai do traballador: un día natural.

–Matrimonio de irmáns ou fillos: un día natural. –Traslado do seu domicilio habitual: un día natural.

No caso de que o feito causante ocorrese fóra da provincia, correspondería un día natural máis.

O permiso unicamente poderá utilizarse no momento de producirse o feito causante.

–Por asuntos propios: tres días laborables, non consecutivos, ó ano, sen retribuír e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 38º.– Incapacidade laboral transitoria. O traballador que cause baixa por accidente percibiría o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será o 75% do mesmo e a partir dos dous meses, percibirá o 100 por 100, logo de conformidade de dirección e Comité de Empresa. Así mesmo percibirá estas

mesmas porcentaxes sobre a media do plus de posto ou responsabilidade realmente percibido durante os tres meses anteriores.

Cando o absentismo total, deducido o xerado por traballadores con ILT de longa enfermidade (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectidos no art. 37, ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5% computado por meses naturais, no conxunto do persoal semanal, os traballadores semanais ou mensuais en baixa por enfermidade percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ou soldo convenio e a media do plus de posto ou responsabilidade que realmente percibiron os tres meses anteriores. Para estes efectos a aplicación será en función do absentismo correspondente a cada mes no que se encontre de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderá acordarse o aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Artigo 39º.– Promoción profesional. A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua– los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional, celebraranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui– la promoción profesional e a capacitación social, téndose en conta como mérito o ter superado estes cursos para os ascensos e provisión de vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgaralles ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional, permisos para exames que terán carácter de retribuídos, logo de xustificación de asistencia a eles.

Perderá este dereito quen sexa suspendido en la metade das disciplinas en que se encontrasen matriculados, considerando como suspensos para estes efectos aquelas nas que non se presentasen a exame.

A non aprobación dunha mesma materia en dúas convocatorias, producirá igualmente a privación destes beneficios.

Naqueles casos que no estean recollidos no presente convenio, aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo VI Asistencia social

Artigo 40º.– Seguro de vida. A empresa concerta un seguro de vida en beneficio do seu persoal, correndo ó seu cargo o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral ou non laboral

Natural ou enfermidade

Morte 3.500.000 1.100.000 Invalidez absoluta e permanente 3.500.000 1.100.000 Incapacidade profesional total e permanente 1.100.000 1.100.000 Invalidez parce permanente %segundo baremo s/2.400.000

O Comité de Empresa será o depositario dunha copia de ámbalas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que nelas se recollen.

Artigo 41º.-Xubilación. O traballador que ingresase na empresa antes do 1 de xaneiro 1979 adquirirá, ó cumpri– los 60 anos, o dereito á xubilación, garantíndolle a empresa o 100% da súa percepción bruta correspondente a salario base máis complemento convenio, antigüidade e plus de posto ou de responsabilidade no momento de xubilarse, isto é, completándolle en cada momento, ata esa porcentaxe, a prestación da Seguridade Socata a idade de 65 anos, momento no que quedará desligada a empresa dese compromiso.

Os aumentos oficiais de pensións que no afecten á porcentaxe de percepción serán a beneficio do xubilado.

Para o persoal que ingresase a partir do 1 de xaneiro de 1979, será necesario, para optar nestas condicións á xubilación anticipada, que a súa antigüidade na empresa sexa de, alomenos, 15 anos.

Artigo 42º.-Axuda escolar. A empresa concederá 2.834.000 ptas., anualmente, en cada mes de setembro, para distribuír en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o Comité de Empresa.

Artigo 43º.– Prestación por nupcialidade. O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 20.000 ptas.

Artigo 44º.– Prestación por natalidade. O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 10.000 ptas. por cada fillo nacido.

Artigo 45º.– Axuda para comedor. O persoal con horario de 8.15 h. a 16.30 h. que efectúe a súa comida no comedor da empresa percibirá, por cada día de traballo e comida realizada, unha axuda do 50% do importe dela.

O persoal a quendas, de mañá e tarde, terá por cada día de traballo (luns a venres) unha subvención de 125 ptas. para bocadillo.

Artigo 46º.– Fondo social. Existe un fondo socpara casos de especnecesidade. A súa aplicación e desenvolvemento está acordado entre a dirección e o Comité de Empresa.

Capítulo VII Artigo 47º.– Incremento sobre táboas salariais. Acórdase un incremento proporcional do 4,50% que aparece aplicado sobre salario ou soldo convenio (anexos II e IV) e plus de posto ou responsabilidade (anexos III e V) .

Capítulo VIII Artigo 48º.– Seguridade e saude. A vixilancia de seguridade e saúde é competencia do Comité de Seguridade e Saúde, podendo por parte deste suspenderse a prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente, mediante a comunicación á dirección e Comité da Empresa e autoridade laboral.

O número de compoñentes do Comité de Seguridade e Saúde será paritario na cuantía determinada polo número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte socdo Comité de Seguridade e Saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do Comité de Empresa e delegados sindicais.

Artigo 49º.– Comité de empresa e seccións sindicais. Recoñeceranse os dereitos e garantías establecidas pola lei en favor dos membros do Comité de Empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponder a centrais sindicais legalizadas b) Que agrupen a un número de traballadores equivalentes, como mínimo, ó 10% do cadro de persoal da empresa ou o 15% da representatividade.

Tanto o Comité de Empresa como as seccións sindicais que cumpran coas condicións mencionadas, disporán de taboleiro de anuncios para as súas publicacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do Comité de Empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións de representación.

Poderanse acumula– las horas sindicais nun membro do Comité de Empresa, afiliado a centrais, para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen alomenos o 10% do cadro de persoal da empresa, ou o 15% da representatividade, terán dereito a un delegado sindical que deberá ser traballador en activo, desfrutando igualmente de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións.

Poderán reunirse nos locais da empresa e fóra das horas de traballo, os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, avisando previamente á dirección da empresa, quen en función das circunstancias determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da dita reunión.

A petición expresa do traballador afiliado a centrais sindicais legalmente constituídas e que ostenten a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará, na nómina mensual, o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a cuantía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

En caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase de acordo coa lei, informando simultaneamente ó Comité de Empresa.

Artigo 50º.– Bilingüismo. Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa expresaranse nos dous idiomas oficiais, castelán e galego.

Artigo 51º.– Comisión mixta paritaria. A Comisión Mixta Paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio na empresa. A súas funcións específicas serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

No caso de non haber acordo, a acta reflectirá os diferentes puntos de vista. En ámbolos casos, o dictame da Comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que estime conveniente no prazo de oito días, e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir, coa súa reclamación, ante la autoridade laboral competente.

A Comisión Mixta Paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A Comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados e, en segunda convocatoria, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A Comisión Mixta, de común acordo, poderá utiliza– los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

A comisión reunirase a instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo sobre o lugar, día e hora en que deberá celebrarse a reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola Comisión Mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en darlle coñecemento á Comisión Mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 52º.-Competencias do comité de empresa. Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó Comité de Empresa as seguintes funcións:

–Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

–Horas traballadas, normais e extraordinarias –Absentismo –Accidentes de traballo –Producción –Vendas –Facturación b) Trimestralmente sobre: –Evolución xeral do sector e dos negocios –Carteira de pedidos –Programa de producción –Evolución do emprego c) Anualmente: A mesma información, cos mesmos documentos, posta á disposición dos accionistas, fundamentalmente:

–Memoria –Balance –Conta de resultados d) Tamén serán informados, sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

–Ser informado das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves, pola empresa, a calquera traballador.

Os membros do Comité de Empresa e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, mesmo despois de deixaren de pertencer ó Comité de Empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para fins distintos dos que motivaron a entrega.

Capítulo IX Artigo 53º.– Cláusula adicional primeira. Conscientes, ámbalas partes, de que as melloras recollidas no presente convenio e as que se poidan pactar no futuro, só poderán manterse e mellorarse sobre a base da rendibilidade da empresa, a parte soccomprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora de actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artigo 54º.– Cláusula adicional segunda. En todo o non previsto no presente articulado será de aplicación o establecido no lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Correspondencia entre chanzos, convenio e categorías profesionais

Chanzos Obreiros O2 Aprendices O3 Peóns O4 Especialistas O5 Oficiais de 3ª O6 Oficiais de 2ª O7 Oficiais de 1ª

Chanzos Empregados E0 Botóns E1 Persoal de limpeza E2 Ordenanzas E3 Vixilantes E4 Chóferes e enfermeiros E5 Auxiliares administrativos e de organización E6 Calcadores e auxiliares de laboratorio E7 Oficiais de 2ª administrativos E8 Técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª, analistas de 2ª de laboratorio, cronometradores E9 Oficiais 1ª administrativos E10 Técnicos de organización 1ª, delineantes 1ª, analistas

1ª de laboratorio, cronometradores. E11 Delineantes proxectistas E12 Encargados E13 Mestres taller e xefes de 2ª administrativos e de organización E14 Xefes de taller e xefes de 1ª administrativos e de organización E15 Titulados

ANEXO II

Salario convenio Táboa salarde obreiros (Xornal base + complemento convenio)

Chanzo Grupo Percepción bruta anual (Incluídas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal)

02 (Aprendices) 1 573.503 2 642.484 3 711.465 03 (Peóns) 1 1.147.754

2 1.202.938 3 1.258.124 04 (Especialistas) 1 1.285.716

2 1.340.902 3 1.396.087 05 (Ofic3ª) 1 1.423.681

2 1.451.271 3 1.478.864 06 (Ofic2ª) 1 1.506.458

2 1.534.051 3 1.589.237 07 (Ofic1ª) 1 1.616.828

2 1.685.810 3 1.754.791

ANEXO III

Plus de posto Táboa salarde obreiros

(Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións, aboarase a media das percepciósn por este concepto nos tres meses anteriores) .

Nivel Posto de traballo Ptas./hora 1996 1 Xefes de equipo de forxa 156,38

Equipos rotativos de forxa Palanquistas de forxa Estampadores de forxa Outro persoal en equipos de forxa 2 Ferreiro 136,04

Endereitado palieres en forxa Lavado de matrices 3 Xefes de equipo de corte 111,75

Serras, cizallas, corte de palieres Parque materia prima Repaso pezas en acabados Xefes de equipo de matemento Mantemento preventivo Oficiais mecánicos e electricistas de mantemento Montaxe de ferramentas Soldadores de matricería 4 Carreteiros en forxa 104,11

Resto persoal de mantemento 5 Xefes de equipo de t. térmicos e acabados 98,01

Xefes de equipo de matricería Axustadores Xefes de equipo de control de calidade en forxa (*) Xefes de equipo de mecanización

Nivel Posto de traballo Ptas./hora 1996 6 Xefes de equipo de control de calidade final (*) 94,91

Control de calidade de forxa Magnaflux Repaso en control final Soldadura en mecanización Granallas (*) En caso de rotar cos xefes de equipo de control de calidade de forxa, todos percibirán 98,01 ptas./horas. 7 Fresadores 88,80

Torneiros de matricería Ferramentistas Modelistas Plantillas Control de calidade de utensilios Resto t. térmicos (todos excepto x. equipo) Resto control final (todos excp. magnaflux e repaso) e expedicións Torneiros de mecanización Carreteiros, excepto en forxa Verificadores de mecanización 8 Rectificado 82,66

Laboratorio Engarzado de bandas Proba a presión de proxectís Fosfatado, pintura e embalaxe de proxectís 9 Vixilante de fornos terceira quenda 76,58

Limpeza

ANEXO IV

Soldo convenio Táboa salarde empregados (Soldo base + complemento convenio)

Chanzo Grupo Percepción bruta anual (Incluídas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal

E1 (1/2 xornada) 714.597 E2 (Ordenanzas) 1.230.538 E3 (Vixilante) 1 1.340.902

2 1.396.086 E4 (Chofer enfermero) 1 1.451.271

2 1.478.864 3 1.506.458 E5 (Aux Adm. e de Organiz.) 1 1.313.309

2 1.340.902 3 1.368.496 E6 (Calcadores e Aux. Labor.) 1 1.313.309

2 1.396.086 3 1.478.864 E7 (Ofic. 2ª) 1 1.423.681

2 1.534.051 3 1.589.237 E8 (T. Org. 2ª, Dte. 2ª e Anal. 2ª) 1 1.478.864

2 1.534.051 3 1.589.237 E9 (Of. 1ª Adm.) 1 1.616.828

2 1.685.810 3 1.754.791

Chanzo Grupo Percepción bruta anual (Incluídas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal

E10 (T. Org. 1ª, Dte. 1ª, e Anal. 1ª) 1 1.616.828 2 1.685.810 3 1.754.791 E11 (Dte. Proxect.) 1 2.141.089

2 2.327.772 E12 (Encargados) 1 2.031.578

2 2.104.092 3 2.174.631 E13 (X. Adm. 2ª e x. Org. 2ª, mestre taller) 1 (*) 1.947.940

2 2.198.946 3 2.269.479 E14 (X. Adm. 1ª e X. taller) 1 2.327.772 E15 (Titulado) 1 1.539.245

2 2.351.567 3 2.531.290 (*) O nivel E 13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

Táboa salarde empregados Plus de responsabilidade

Chanzo Plus mensual (× 4) Total anual E1 (1/2 xornada) 4.628 64.792 E2 10.778 150.892 E3 12.453 174.342 E4 14.122 197.708 E5 11.468 160.552 E6 11.468 160.552 E7 14.122 197.708 E8 14.122 197.708 E9 16.353 228.942 E10 16.353 228.942 E11 24.315 340.410 E12 22.330 312.620 E13 23.322 326.508 E14 24.315 340.410 E15 25.307 354.298

ANEXO VI

Compoñentes da comisión mixta paritaria De acordo co establecido no artigo 51 do presente convenio, quedan designados vocais da Comisión Mixta Paritaria os seguintes membros:

Pola dirección da empresa: José Ciria Pintado Leonardo Espinosa Fernández Marcos Echeita Sarrionandía José Luís Prado Fernández José Benavent Trullenque (suplente) Ramón Sevilla Nieto (suplente)

Pola representación dos traballadores: José Luis Lobato Martínez José Eugenio Lorenzo Alcalde Inocencio Quevedo Gómez

José Luís Alarcón Andrés Ignacio Domínguez Carballo (suplente) Manuel Alonso Rodríguez (suplente)

Polo comité: Asinado por: José Luís Lobato Martínez José E. Lorenzo Alcalde Antonio Arias Díaz Ignacio Domínguez Carballo José L. Alarcón Andrés José Mª Concheiro Martínez Francisco Gómez Soto Epifanio Dafonte Casares Inocencio Quevedo Gómez Darío González Fontán José L. Regal Lamelo Pedro Ortiz Armesto Manuel Alonso Rodríguez

Pola empresa: Rafael García-Iturri López José Ciria Pintado José Luis Prado Fernández Este convenio foi asinado pola dirección da empresa e a representación dos traballadores en Ourense o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.