Convenio Colectivo de Empresa de FUNDACION SAN ROSENDO de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Convenio Colectivo de Empresa de FUNDACION SAN ROSENDO de Ourense

Tiempo de lectura: 16 min

Tiempo de lectura: 16 min

Resolución do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fundación San Rosendo de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 7600 de 18/04/2000)

Fundación San Rosendo de Ourense (código convenio nº 3200592) , con entrada nesta delegación provincial o día 25-2-2000, subscrito en representación da parte económica empresa, e, da parte social, comités de empresa, o día 8-2-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidad de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de marzo de 2000. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de la Fundación San Rosendo

Artigo 1º.-Ámbito territorial. O presente convenio colectivo será de aplicación ós centros de traballo da Fundación San Rosendo, da provincia de Ourense.

Artigo 2º.-Ámbito persoal. Quedan comprendidos no ámbito do presente convenio colectivo os traballadores que presten os seus servicios nos centros de traballo afectados por el.

Quedan expresamente excluídos aqueles traballadores en residencia dependente da Administración.

Artigo 3º.-Ámbito funcional. O presente convenio será de aplicación a tódolos centros de traballo que integren a Fundación San Rosendo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2005, non obstante manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro convenio entre as partes.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga. Calquera das partes asinantes poderá denuncia-lo presente convenio con tres meses de antelación ó vencemento del.

Para que a denuncia teña efecto, terá que facerse mediante comunicación escrita á outra parte.

En caso de non producirse a mencionada denuncia, entenderase que o convenio se prorroga automaticamente polo mesmo período incrementándose unicamente os conceptos económicos no IPC resultante do ano anterior, segundo os datos publicados polo INE.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas. Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polos pactos, cláusulas e situacións máis beneficiosas do expresado neste convenio subsistirán para os que os veña gozando, non podendo interpretar como mellora xeral do presente convenio.

Artigo 7º.-Comisión negociadora. A comisión negociadora está formada polos representantes legais da Fundación San Rosendo e representantes elixidos nos dous comités de emprdos traballadores.

Artigo 8º.-Comisión paritaria. Créase unha comisión paritaria do convenio, como órgano de interpretación, arbitraxe e cumprimento do presente convenio.

Ámbalas partes acordan someter á comisión paritaria, cantos problemas, discrepancias ou conflictos poidan presentarse ou xurdir da interpretación do convenio, con carácter previo á presentación dos distintos supostos ante a autoridade ou xurisdicción laboral competente.

Artigo 9º.-Concertan o convenio. As partes que concertan o presente convenio son representantes legais da Fundación San Rosendo e os traballadores dela representados por tódolos integrantes dos dous comités de emprdos traballadores. Recoñécese por ámbalas partes a validez como interlocutores.

Artigo 10º.-Vinculación á totalidade. As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados globalmente.

No caso de que a xurisdicción laboral por instancia da autoridade laboral ou calquera dos afectados procedese á anulación dalgún dos pactos do presente convenio colectivo, quedará sen efecto a totalidade,

debendo as partes afectadas constituír unha nova mnegociadora no prazo de dous meses a partir da firmeza da sentencia, co obxecto de proceder á renegociación do seu contido.

Artigo 11º.-Organización do traballo. A organización do traballo será facultade da fundación, sen prexuízo do establecido neste convenio, no Estatuto dos traballadores e demais lexislación aplicable.

Artigo 12º.-Clasificación profesional. Establécense os grupos profesionais, segundo o nivel de titulación, coñecementos ou experiencia esixida para o seu ingreso. En virtude da tarefa que vai realizar e a idoneidade da persoa, cando non se crea necesario a esixencia de titulación, o contrato determinará no grupo no cal se ten que integra-la persoa contratada de acordo cos coñecementos e experiencia necesaria en relación ás funcións que se van exercer.

As categorías profesionais son as que se detallan na táboa salarial deste convenio, na táboa salarial anexa.

Artigo 13º.-Contrato de traballo e período de proba.

a) Tódolos contratos de traballo formalizaranse por escrito e incluirán en todo caso a expresión do presente convenio colectivo, o cal reflectirá a relación laboral, así como profesional e as condicións laborais pola cal se contrata ó traballador.

b) Establécese un período de proba a teor do regulado no ET de seis meses para técnicos titulados e de dous meses para os demais traballadores.

O período de proba deberá ser pactado por escrito, e durante a vixencia del, as partes contratantes poderán resolver de forma unilateral e libremente a relación laboral sen necesidade de aviso previo e sen dereito a indemnización ningunha.

De acordo coa Lei de dereitos de información ós representantes legais dos traballadores en materia de contratación, Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, facilitarase copia básica do presente contrato de traballo ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 14º.-Contratos de duración determinada. Os contratos temporais por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da emprpoderán ter unha duración máxima de trece meses e medio nun período de referencia de dezaoito meses, tal e como faculta a Lei 63/1997. A dita duración pode ser inicial ou por prórroga.

Artigo 15º.-Cesamentos na fundación. O persoal que voluntariamente desexe causar baixa na fundación deberá notificalo a ela e por escrito, recibindo xustificante da dita petición alomenos coa seguinte antelación á data da baixa definitiva, dous meses para técnicos titulados e dun mes para os demais traballadores.

A falta do aviso previo establecido facultará a fundación para deducir das partes proporcionais a aboar no momento da liquidación, o equivalente diario da súa retribución real por cada día que falte no regulamentario aviso previo anteriormente fixado.

Artigo 16º.-Mobilidade no posto de traballo. Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, así como a lexislación concordante.

Artigo 17º.-Formación profesional. Todo traballador, independentemente do grupo profesional ó que pertenza, terá acceso a cursos, seminarios, conferencias, etc. de formación e perfeccionamento que organice a fundación.

De conformidade co previsto no artigo 22 do Estatuto dos traballadores e para facilita-la formación e promoción profesional no traballo, o persoal afecto ó presente convenio terá os seguintes dereitos:

a) Ó gozo dos permisos necesarios para concorrer a exames nos que se curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

b) Á adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia de cursos de formación profesional ou á concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento con reserva do posto de traballo.

Artigo 18º.-Revisións periódicas. O traballador ten dereito a someterse libremente ás revisións médicas tanto previas ó ingreso no traballo como ás periódicas que sexan aconselladas ou propostas pola emprou os organismos oficiais competentes, así como a someterse ós medios profilácticos ou de vacinación que sexan obrigatoriamente indicados polos mesmos con salvagarda do seu dereito constitucional á intimidade.

Artigo 19º.-Xornada de traballo. A xornada máxima de traballo para todo o persoal comprendido no presente convenio e durante a vixencia del, será de 40 horas semanais na xornada partida e continuada de traballo efectivo respectivamente.

Na xornada continuada computarase a media hora de comida como xornada efectivamente traballada.

Artigo 20º.-Descanso semanal.

a) Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo dun día e medio ininterrompido ou tres días cada 15 días de traballo.

b) Con independencia do establecido anteriormente respectarase calquera fórmula que se pactase ou se pacte entre a fundación e os seus traballadores.

Artigo 21º.-Vacacións. O período de vacacións anuais será de 30 días naturais retribuídos, a razón de salario base máis antigüidade. Naqueles casos que non se completase o ano de traballo efectivo terán dereito á parte proporcional.

O período de gozo das vacacións fíxase nos meses de maio a outubro ambos inclusive, podendo fraccionarse en dous períodos de 15 días e respectándose sempre os seguintes criterios:

a) O réxime de quendas de vacacións farase por rigorosa rotación anual dos traballadores entre os distintos meses, iniciándose a dita rotación o primeiro ano de antigüidade na empresa. Para tal efecto constituiranse as correspondentes quendas de vacacións. Estas quendas faranse segundo o calendario laboral e segundo as prestacións do servicio.

O inicio do período de vacacións ou gozo das festas aboables non poden coincidir cun día de descanso semanal, de forma e maneira que nestes casos se entenderán iniciadas as vacacións ó día seguinte do descanso semanal se o regreso das vacacións coincide co día libre, este deberá respectarse, reiniciándose o traballo ó día seguinte.

b) O calendario de vacacións elaborarase dentro do primeiro trimestre de cada ano, e en todo caso, cun mínimo de dous meses de antelación á data do seu gozo.

Unha vez iniciado este, se se produce situación ILT, o dito período non se interrompe se é conmutable por novos períodos. O traballador, nembargantes, terá dereito ás súas percepcións salariais a razón da totalidade dos seus haberes durante a duración das vacacións.

As vacacións han de gozarse durante o ano natural, non sendo posible acumulalas a anos seguintes, nin poden ser compensables economicamente agás nos casos de liquidación por saldo. Por iso calquera que sexa a causa, o non gozo durante o ano natural supón a perda delas ou da fracción pendente de gozo.

Artigo 22º.-Xubilación ós 65 anos. Os traballadores independentemente do seu grupo profesional ó que pertenzan deberán xubilarse forzosamente ós 65 anos de idade, agás que no dito momento non poida acredita-los requisitos correspondentes para tal fin como son os períodos de carencia de cotización, neste caso a obriga queda supeditada e atrasada ó momento en que se reúnan estes.

Artigo 23º.-Premio de xubilación. Os traballadores que se xubilen con anterioridade ós 65 anos percibirán un premio de xubilación atendendo a seguinte escala:

-Xubilación ós 60 anos: cinco mensualidades.

-Xubilación ós 61 anos: catro mensualidades.

-Xubilación ós 62 anos: tres mensualidades.

-Xubilación ós 63 anos: dúas mensualidades.

-Xubilación ós 64 anos: unha mensualidade. Artigo 24º.-Licencias. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais en caso de nacemento de fillos ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. No suposto de que o traballador necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo será ampliado a catro días. Poderán ampliarse estes descontando os festivos aboables e/ou vacacións, logo de solicitude do traballador.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) Ós permisos necesarios para concorrer a exames eliminatorios. O traballador gozará deste permiso o día natural en que teña o exame, se presta os seus servicios en xornada diurna. Se un traballador traballa de noite, o permiso gozarao a noite anterior ó exame.

f) No suposto de parto, a suspensión do contrato terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexa inmediatamente posteriores ó parto podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo en caso de falecemento da nai. Haberá que aterse ó preceptuado pola Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social. En canto ós permisos por lactación haberá que aterse ó preceptuado na lei.

Artigo 25º.-Roupa de traballo. A fundación está obrigada a facilitar dous uniformes, dous pares de zocos e pares de luvas ó ano, así como as pezas de roupa de protección persoal para tódolos traballadores. O traballador estará obrigado a usar durante a realización do seu traballo a roupa e pezas de roupa facilitadas pola empresa, así como do seu coidado.

Artigo 26º.-Dereitos sindicais. Os delegados de persoal terán entre outros dereitos e funcións das previstas no ET e a LOLS:

a) Ser informados previamente de tódalas sancións moi graves impostas no seu centro de traballo.

b) De vixilancia do cumprimento das normas vixentes en materia laboral e Seguridade Social e ocupación.

c) De vixilancia e control das condicións da Seguridade Social e Hixiene no traballo coas particularidades que prevé o Estatuto dos traballadores no seu artigo 19.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias. Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias ó ano, pagadoiras nos meses de xullo e decembro, a razón de salario base máis antigüidade. As ditas pagas aboaranse antes do 18 de xullo e 22 de decembro.

Artigo 28º.-Salarios. Os salarios deste convenio serán os que se sinalan na folla como anexo I.

Para os efectos do prevido no ET faise constar que o salario bruto mensual para a categoría de peón sen antigüidade é de 70.680 ptas.

Artigo 29º.-Antigüidade. A antigüidade fíxase en trienios na contía de 3.730 ptas. mensuais.

Artigo 30º.-Complemento de incentivos para encargados de casa.

Establécese un incentivo para os encargados de casa na contía de 15.000 ptas. mensuais pagadoiras en doce mensualidades.

Artigo 31º.-Réxime disciplinario.

a) Faltas leves:

1. O atraso e neglixencia no cumprimento das súas funcións, así como a indebida utilización dos locais, materiais ou documentos da fundación, agás que pola súa manifesta gravidade poida ser considerado como falta grave.

2. A non comunicación coa debida antelación da falta de asistencia ó traballo por causa xustificada, agás que se probe a imposibilidade de facelo.

3. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada de tres a cinco ó mes.

b) Faltas graves:

1. A falta de disciplina no traballo.

2. A falta de asistencia ó posto de traballo sen causa xustificada.

3. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada durante máis de cinco días e menos de dez ó mes.

4. O abandono de posto de traballo sen causa xustificada.

5. A reincidencia na comisión dunha falta leve aínda que sexa de diferente natureza dentro dun mesmo trimestre sempre que se produza sanción por este motivo.

c) Faltas moi graves:

1. Dar a coñece-lo proceso patolóxico e intimidade do residente.

2. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas e calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

3. As faltas de asistencia ó traballo non xustificada durante máis de tres días.

4. As faltas reiteradas de puntualidade durante máis de dez días ó mes ou durante máis de 30 días no trimestre.

5. Os malos tratos de palabra ou obra e o abuso de autoridade.

6. A obtención de beneficios económicos ou en especie dos usuarios dos centros.

7. Apropiarse de obxectos, documentos, material, etc. dos usuarios do centro do persoal.

8. A neglixencia na administración da medicación. Sancións: As sancións que poderán impoñerse en función da cualificación destas faltas serán as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo durante tres días.

-Desconto proporcional das retribucións correspondentes ó tempo real deixado de traballar por faltas de asistencia ou puntualidade non xustificadas.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de tres días a un mes correspondente ó tempo real deixado de traballar por falta de asistencia ou puntualidade non xustificada.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a tres meses.

-Despedimento. Artigo 32º.-Infraccións da empresa. Son infraccións laborais da empras accións ou omisións contrarias ás disposicións legais en materia de traballo, ó convenio colectivo e demais normas de aplicación. Sancionarase a obstaculización ó exercicio das liberdades públicas e ós dereitos sindicais.

Tramitarase de acordo coa normativa vixente. Tódolos traballadores presentando a nómina do mes anterior terán dereito ó 50% da bonificación no balneario da vila termal de Arnoia.

Disposición transitoria

Primeira.-O presente convenio colectivo é asinado pola Fundación San Rosendo e os delegados dos traballadores.

ANEXO

Táboa salarial Médico ................................................. 200.086 ptas. Psicólogo.............................................. 200.086 ptas. ATS ...................................................... 172.680 ptas. Profesora .............................................. 152.967 ptas. Contable............................................... 135.769 ptas. Encargada ............................................ 117.821 ptas. Gobernanta........................................... 117.821 ptas. Xefe de persoal .................................... 117.821 ptas. Oficial primeira.................................... 111.181 ptas. Oficial segunda .................................... 100.608 ptas. Auxiliar de clínica ................................. 95.313 ptas. Auxiliar de xardín de infancia ............... 95.313 ptas. Auxiliar .................................................. 95.313 ptas.

Coidadora............................................... 95.313 ptas. Celador................................................... 95.313 ptas. Peón ....................................................... 95.313 ptas. Persoal de cociña ................................... 95.313 ptas. Persoal de limpeza ................................. 95.313 ptas. Capataz................................................... 95.313 ptas. Carpinteiro ............................................. 95.313 ptas. Ordenanza.............................................. 95.313 ptas.