Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
25/06/2004

Convenio Colectivo de Empresa de PESCANOVA CHAPELA, S.A. (36002622011994) de Pontevedra

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA ‘‘PESCANOVA CHAPELA, S. A. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 121 de 25/06/2004)

Visto o texto do convenio colectivo da empresa ‘‘PESCANOVA CHAPELA, S. A. ’’, con número de código 3602622, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 13/ 02/ 2004, subscrito, en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, en data 27/ 06/ 2003. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/ 1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/ 81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/ 82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Ordena- la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro. Dispoñe- la súa publicación, no Boletín Oficial da Provincia, e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, tres de marzo de dous mil catro. O Delegado Provincial, Joaquín Macías Sánchez.

CONVENIO COLECTIVO PESCANOVA CHAPELA, S. A.

CAPÍTULO I

ÁMBITO DE APLICACIÓN E DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1. ÁMBITO TERRITORIAL

O presente Convenio Colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa PESCANOVA CHAPELA S. A. e os seus traballadores adscritos ó Centro de Traballo, sito en Chapela- Redondela.

ARTIGO 2. ÁMBITO PERSOAL

O presente Convenio Colectivo abrange a todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal.

ARTIGO 3. VIXENCIA

O Convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2003 cun período de duración ata o 31.12.2003. E será denunciado por escrito, polo menos cun mes de antelación a data do seu vencemento, en caso contrario prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentras as partes non acorden modificalo.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DAS PARTES QUE O CONCERTAN

Este Convenio Colectivo concertase entre Pescanova Chapela, S. A. representada neste momento por don Fernando Ilarri Junquera, don José Fafián Seijo, don Francisco Taboada Costas e o Comité de Empresa da mesma, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.

ARTIGO 5. CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia do mesmo e por disposicións legais poideran establecerse.

Agás o especificado no artigo 23 do presente Convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó Convenio viñese disfrutando dalgún ou algunhas condicións máis beneficiosas, deberán conservalas.

ARTIGO 6. COMISIÓN PARITARIA

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste Convenio, crearase unha Comisión Paritaria composta por:

Parte social: O Presidente do Comité de Empresa, Secretario do Comité de Empresa e un representante de cada un dos Sindicatos.

Parte empresarial: Cinco membros designados pola Empresa.

No caso que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

CAPÍTULO II

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

ARTIGO 7. PRINCIPIOS XERAIS

A organización práctica do traballo, respetando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da Dirección da Empresa e, por delegación, dos seus Mandos ou Representantes Legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, Comité de Empresa e Seccións Sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da Dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A Empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicarase ó Comité de Empresa o Plan de Formación.

ARTIGO 8. REGULACIÓN

Os contratos do persoal, calqueira que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

ARTIGO 9. CONTRATACIÓN TEMPORAL

Poderanse efectuar contratacións temporais segundo ás modalidades contempladas no artigo 15 ET e disposicións de carácter xeral, cumprindo ós requisitos e formalidades contidas nesa normativa.

Polo que se refire ó contrato temporal derivado das circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, será de aplicación o disposto no Convenio Colectivo de ámbito estatal para á Industria de Conservas, no que se refire á súa duración máxima, que será de 9 meses nun período de 12.

En canto ós contratos temporais para a realización dunha obra ou servicios determinados, consideraranse como traballos que poidan cubrirse con contratos desta natureza entre outros, os seguintes:

Construcción, ampliación, rehabilitación e reparación de obras en xeral.

Montaxe, posta en marcha e reparación de maquinaria e equipos; instalación.

Actividades relativas a procesos organizativos industriais, comerciais, administrativos e de servicios, tales como:

Centralización, agrupación de tarefas dispersas. Control de calidade. Investigación e desenrolo. Novo producto ou servicio. Apertura de novos mercados. Implantación, modificación ou substitución de sistemas informáticos, contables, administrativos e de xestión. Outras actividades que por analoxía sexan equiparables ás anteriores. A duración deste contrato será a das obras ou servicios que ó xustifiquen pero, si transcorridos dous anos houbérase consolidado o traballador por calquera das causas descritas, transformarase o seu contrato en indefinido.

A subcontratación de obras e servicios poderá realizarse nos termos previstos no artigo 42 ET pero sempre que teña plena ocupación todo ó persoal fixo da empresa.

ARTIGO 10. CONTRATOS FORMATIVOS

A Empresa poderá contratar traballadores en prácticas para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despido improcedente, obxectivo, ou por calqueira tipo de Expedente de Regulación de Emprego.

Características do contrato para a formación: Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos. Prórroga: mínima de 6 meses. Idade: de 16 a 21 anos. Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores. Titor: cada dous traballadores como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación a adquirirlo o traballador. Salario: o

Primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superá o 5% do persoal fixo.

ARTIGO 11. VACANTES E POSTOS DE NOVA CREACIÓN

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a Empresa terá en conta, en

Primeiro lugar o persoal a que se refire o artigo 14 do presente convenio, en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedendolle o emprego en todo caso se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a Empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A Empresa está obrigada a informar ó Comité de Empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráse difusión nos taboleiros de anuncios.

O Comité de Empresa participará con arranxo ó establecido no artigo 6º no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

ARTIGO 12. PERÍODO DE PROBA

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, con arranxo á seguinte escala:

Técnicos Titulados: seis meses.

Titulados Grao Superior, contrato prácticas: dous meses.

Titulados Grao Medio, contrato prácticas: un mes.

Contratos de aprendizaxe: quince días.

Resto do persoal: quince días. Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a Empresa, poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador teña xa desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calqueira modalidade de contratación.

O traballador disfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificara. O período de proba será computado a efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da Empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

ARTIGO 13. POSTOS ESPECIAIS

A Empresa procurará empregalo persoal ó que a súa capacidade física ou intelectural diminuíra por idade ou outros inconvintes ocurridos antes da súa xubilación en destinos axeitados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio seguirase con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para elo terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: Oficinas de Sección Industrial, Almacén de Sección Industrial, Control de Calidade, Aseos e Vestiarios, podendo cubrir a Empresa, entrementres, provisionalmente ditos postos durante un período máximo de quince días.

ARTIGO 14. INCORPORACIÓN A OUTRAS EMPRESAS DO GRUPO

Os traballadores da Empresa Pescanova Chapela S. A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo Grupo de Empresas, cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respeten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de enderezo, e se efectúe dentro do área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberá comunicarse ós afectados e ó Comité de Empresa cunha antelación de 30 días naturais, agás acordo noutro senso.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da Empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respetará dende o seu ingreso en Pescanova S. A.

O seu réxime económico será o vixente na Empresa de novo destino, pero conservará en todo caso como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso e como condicións beneficiosas, serálles de aplicación o disposto no art. 26 sobre complemento de I. T. do Convenio de Pescanova Chapela S. A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada) O persoal traslado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o Convenio Colectivo desa Empresa. Os que sexan trasladados a outras Empresas do Grupo incorporaránse a un réxime horario similar ó de Frinova, S. A. ou Pescanova Chapela, S. A.

No caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S. A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicará na súa integridade o Convenio de Pescanova Chapela, S. A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a Empresa deberá de compensarlle por elo. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables achacables ó transporte, se a Empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que a actualidade, anque se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na Empresa debidamente acreditado. En caso contrario deberá pactarse ou ben individualmente ou ben có Comité de Empresa.

A Empresa comprometese a non utilizar iste artigo cando o número de traballadores a incorporar as outras Empresas do Grupo sexa inferior a cinco, ni na quenda de noite, excepto acordo individual con traballador/ es afectados.

Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partires do 31.12.2004.

ARTIGO 15. CATEGORÍAS

Crease á categoría profesional de Operario de 2ª en Producción, Cámaras, cunha retribución según a tabla salarial, distribuídos nas 16 pagas habituais e a bolsa de vacacións. Percibirán ademais o plus de presencia que créase neste convenio na contía de 224,89 euros/ ano nos termos previstos.

Integrarán esta categoría quen, sen chegar á perfección esixida ós operarios e especialistas, executen ós oficios propios da industria da alimentación con suficiente corrección e eficacia.

Ós operarios de 2a que teñan á condición de persoal fixo (contratos por tempo indefinido), ascenderán á categoría de Operario/ a transcorrido un ano dende a súa condición de fixo.

ARTIGO 16. EXCEDENCIAS

Terán dereito á situación de excedencia, todo o persoal afectado polo presente Convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos Traballadores.

A Empresa queda obrigada para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando éstes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

CAPÍTULO III

XORNADA, VACACIÓNS E LICENCIAS

ARTIGO 17. XORNADA ANUAL E HORARIO

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

PERSOAL DE FABRICA E MANTEÑEMENTO:

FACTORÍA E MANTEÑEMENTO (QUENDA DE MAÑÁ) De luns a venres de 6: 45 horas a 14: 45 horas, con descanso de quince minutos.

FACTORÍA E MANTEÑEMENTO QUENDA DE TARD

E) De luns a vernes de 14: 45 horas a 22: 45 horas, con descanso de quince minutos.

FACTORÍA E MANTEÑEMENTO (QUENDA DE NOITE E LIMPEZ

A)  De luns a venres de 22: 45 horas a 6: 45 horas, con descanso de quince minutos.

PERSOAL DE OFICINAS:

Primeira quenda

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres de 8 a 13 horas os sábados Horario de verán: de 8 a 14: 30 horas de luns a venres de 8 a 13 horas os sábados

Segunda quenda

Horario de inverno: de 8 a 13: 30 e de 14: 15 a 16: 45 horas Horario de verán: de 8 a 14: 30 horas O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas extenderase dende o 16/ 6 ó 30/ 9 para o ano 2003.

TRABAJO EN CÁMARAS:

Nas cámaras que teñan que estar a -18º C ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º C, a permanencia no interior das mesmas será de 6 horas. Cada 45 min. de traballo ininterrumpido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carretilleiros), concederáselle un descanso de recuperación de 15 min. Completarán a xornada normal en traballos a realizar no exterior das cámaras.

CALENDARIO LABORAL

De mutuo acordo entre a Empresa e o Comité, realizarase o calendario anual, que abranguerá a relación de días non laborables e período de vacacións efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de Decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaránse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respetando o número de horas efectivas anuais (1.749).

ARTIGO 18. HORAS EXTRAORDINARIAS

É firme vontade de ambalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fora necesaria a súa realización, retribuiránse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

Consideraránse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

Incidencia nas quendas de traballo provocados por licencias retribuídas, ou I. T.

Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.

Reparacións perentorias. Peches de exercicio contable e confección de orzamentos. As horas extraodinarias estructurais pactaranse co Comité de Empresa.

ARTIGO 19. VACACIÓNS

Todo o persoal afectado polo presente Convenio terá trinta días naturais de vacacións, aboándose as mesmas coa retribución do salario da táboa anexa maila antigüidade. O xeito da súa realización para o persoal da Sección Industrial será, como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvintes que poidan afectalo normal desenvolvemento do programa da Empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo deben cubrir postos de mantenemento, sá de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que os que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixa, ó ano seguinte corresponderanlle as datas alternativas.

Todas aquelas persoas que estean en situación de I. T. durante o período de vacacións, poderá disfrutalas en calquer outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data, se ben de forma preferente entre os meses de xuño a setembro.

ARTIGO 20. LICENCIAS RETRIBUÍDAS

O persoal afectado polo presente Convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

a)  Casamento: 15 días naturais.

b)  Maternidade da esposa: 3 días naturais.

c)  Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos politicos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos politicos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuir, se residen na provincia de Pontevedra;

4 días retribuídos e 1 sen retribuir, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de enderezo: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en Centros Sanitarios, no que se inclúe a Casa de Mar, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento dun neto: 1 día Nos casos que se teña que acompañar ó cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago por enfermidade: 1 día, fora da Comunidade Autónoma de Galicia: 3 días; e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e Meixueiro: o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concedenselle os mesmos dereitos á compañeira/ o cá esposa/ o, tanto nos casos de maternidade como enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente consideraránse naturais.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

ARTIGO 21. CRECEMENTO SALARIAL

A partires do 1 de xaneiro de 2003 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 3,65%. O incremento porcentual, é dicir o 3,65%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, incluiddo o Seguro de Accidentes.

ARTIGO 22. PRINCIPIOS XERAIS SOBRE RETRIBUCIÓN

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente Convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, I. R. P. F. e calqueira outra que poidera corresponder por aplicación legal.

ARTIGO 23. CONCEPTOS RETRIBUTIVOS Salario base. Complementos salariais.

Plus convenio Antigüidade Plus de asistencia Plus de tarde Plus de noite Plus de traballos especiais Plus sección corte de peixe Prima por traballo a baixa temperatura Plus de traballos penosos, insalubres, perigosos

Plus controlista Pagas extraordinarias Bolsa de vacacións Plus de distancia Dietas Plus Presencia

SALARIO BASE

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no Convenio e que figura na táboa salarial.

COMPLEMENTOS SALARIAIS Plus convenio

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

Antigüidade

Tódolos traballadores afectados por este Convenio, disfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a)  Bienios cumpridos ata o 01.01.85 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 223,40.

b)  Bienios a cumprir a partir do 01.01.85 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de sumar o calculado nos apartados a)  e b)  configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade, computarase dende o 1º de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.

Plus de asistencia

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Prima de tarde

Establécese unha plus por traballar na quenda de tarde que consistirá na cantidade de 50,10 mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nese turno, que supoñen 2,38 /tarde.

Esta prima devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e polo prima de tarde.

Respetaránse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.

Plus de noite

Incrementarase o plus actual nun 3,65%. Este plus abonaráse nas pagas extras.

Plus de traballos especiais

Percibiránse segundo consta na táboa salarial anexa.

Plus sección corte de peixe

Establécese unha plus por traballar na sección corte de peixe de 66,35 mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa sección, que supoñen 2,92 /día. Tamén percibirán dito plus o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorporen ó mesmo.

Prima por traballo a baixa temperatura

Establécese esta prima para quen desenrole o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º C. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada Convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respetaránse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos disfrutan os conductores de carretillas elevadoras, que de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 3,68.

Plus de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima por ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demáis traballadores que eventualmente teñan de realizar traballos desta natureza, percibirán un plus do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e mentras realicen dito traballo.

Plus de controlista

Establécese un plus de 1,65 por día traballado.

Pagas extraordinarias

Todo o persoal afectado por este Convenio, disfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, plus de convenio, plus de distancia, prima de tarde, plus traballos especiais e plus de traballos penosos, maila antigüidade, como se ven facendo ata a data. Ditas pagas corresponden a:

a)  O día 15 de marzo

b)  O día 15 de xullo

c)  O día 15 de outubro

d) O día 15 de decembro

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo. As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro, serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da Empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de Incapacidade Temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Bolsa de vacacións

Recoñécese, a todo o persoal afectado polo Convenio, unha bolsa de vacacións de 663.. que se fará efectiva coa paga de xullo.

Plus de distancia

Todo o persoal afectado por este Convenio percibirá, en concepto de plus de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

Dietas

Cando por necesidades da actividade da Empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a Empresa facilitará unha dieta de comida de 11,78. Deberá entonces partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realizar dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois de dita xornada, en concepto de cea.

Nos casos especiais, co consentemento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autorizalo pagamento da dieta sen a partición da xornada laboral establecida.

Plus Presencia

Créase neste convenio ó plus de presencia. Percibirase, sumado á paga de outubro, por día de traballo efectivamente traballado eseguindo ás súas mesmas normas. A contía deste plus será de 1,57. por día de traballo efectivo (349,21. /ano).

CAPÍTULO V

BENEFICIOS SOCIAIS

ARTIGO 24. IDADE DE XUBILACIÓN

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da Empresa, sempre que se reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social española.

Se ó producila xubilación con arranxo ó disposto no parágrafo anterior, reconoceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a)  traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b)  traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c)  traballadores cunha antigüidade de 15 anos: duas mensualidades.

d) traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificaráselle con quince días máis por ano de anticipación.

ARTIGO 25. SEGURO

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a Empresa mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantizará os seus traballadores ou, no seu caso, ó seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. POR ACCIDENTE NON LABORAL

1.1.1. Morte do traballador

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que él mesmo asignara, percibirán a cantidade de 54.510,65.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 54.510,65. para os Primeiros casos, 109.021,29. para os segundos e 218.042,61. para os terceiros.

1.2. POR ACCIDENTE LABORAL

1.2.1. Morte do traballador

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que él mesmo asignara, percibirán a cantidade de cantidade 54.510,65.

1.2.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 54.510,65. para os Primeiros casos, 109.021,29. para os segundos e 218.042,61. para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total, a incapacidade que inhabilite ó traballador, de xeito permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, anque poda dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite ó traballador de xeito permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez, a situación do traballador a efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia de outra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na Póliza de Seguros e entregarase ó Comité de Empresa unha copia oficial.

ARTIGO 26. COMPLEMENTO I. T.

Cando o persoal da Empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Incluirase dentro deste complemento ó plus distancia. O plus de presencia só percibirase si á IT derívase de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

ARTIGO 27. UTILIZACIÓN DE SERVICIOS DE COMEDOR

Todo o persoal da Empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido a tal efecto.

ARTIGO 28. TENDA DE PEIXE

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal de Pescanova Chapela, S. A., ou pensionistas da mesma, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova, na tenda establecida ó efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

A)  PAGAMENTO A CRÉDITO

1) Productos elaborados/ precociñados/ vexetais, prezo de tarifa oficial de PESCANOVA, cun desconto do 5%.

2) Marisco: prezo de tarifa oficial de PESCANOVA, cun desconto de 0,12 /kg.

3) Peixe enteiro/ filetes/ graneles: prezo de tarifa oficial de PESCANOVA.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

B)  PAGAMENTO Ó CONTADO

1) Productos elaborados/ precociñados/ vexetais, prezo de tarifa oficial de PESCANOVA, cun desconto do 7,5%.

2) Marisco: prezo de tarifa oficial de PESCANOVA, cun desconto de 0,18 /kg.

3) Peixe enteiro/ filete/ graneles: prezo de tarifa oficial de PESCANOVA, cun desconto de 0,02 /kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a Empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da Factoría.

ARTIGO 29. FONDO DE PENSIÓNS

A Empresa estudiará un plan de pensións para todo o persoal da mesma que no seu momento terá carácter voluntario para os traballadores.

CAPÍTULO VI

SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

ARTIGO 30. PRINCIPIO XERAL

As partes asinantes do presente Convenio comprométense a adoptalas medidas necesarias para asegurala eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

ARTIGO 31. RECOÑECEMENTOS MÉDICOS

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que se efectuará polo Servicio Médico de Empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

ARTIGO 32. ROUPA E MEDIOS DE PROTECCIÓN PERSOAL

A Empresa proporcionarálles ós traballadores os medios e roupas de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco, e faralles entrga das seguintes pezas de roupa:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

A todo o persoal que entre nás cámaras proporcionaraselle a roupa de frio adecuada.

ARTIGO 33. VESTIARIO

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios axeitados ó traballo que efectúa. En tal caso, a Empresa proveerá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requerimentos especiais de traballo e do estudio técnicosanitario do mesmo, oído o Comité de Saúde da empresa. Dito vestiario será de dous equipos anuais, e farase entrega del na primeira quincena do mes de Xaneiro.

Debido á mobilidade funcional, a tódolos traballadores que teñan de ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei e uns quentadores.

CAPÍTULO VII

DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 34. GARANTÍAS SINDICAIS

A Empresa garantirá o exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos Traballadores, Texto Refundido (R. D. Lei 1/ 95 de 24 de Marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa Empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, previo aviso e negociación coa Empresa.

O crédito horario non se computará a efectos de cálculo do índice de absentismo.

ARTIGO 35. ASAMBLEAS

Os traballadortes de Pescanova Chapela, S. A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 de E. T. terán dereito á celebración dentro da xornada laboral dun máximo de 3 asambleas ó ano cunha duración non superior a 30 minutos cada unha. A convocatoria e desenvolvemento destas asambleas regularase polo disposto no E. T.

Asínase en Chapela, a 27 de xunio do 2003. POLA EMPRESA (Siguen firmas ilexibles). POLO COMITE (Siguen firmas ilexibles).

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)