Última revisión
05/04/2004
Convenio Colectivo de Empresa de PESCANOVA CHAPELA, S.A. (36002622011994) de Pontevedra
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución do 3 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro,o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S. A. (Diario Oficial de Galicia num. 66 de 05/04/2004)
Visto o texto do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S. A., con nºde código 3602622 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-2-2004, subscrito en representación da parte eco nómica pola representación da empresa, e da parte
social, polo comitéde empresa, en data 27-6-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2ºe 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, dos 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estato áComunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDO:
Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñer a súa públicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 3 de marzo de 2004. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra
Capítulo I
Ámbito de aplicación e disposicións xerais Artigo 1º.-Ámbito territorial. Este convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S. A. e os seus traballadores adscritos ao centro de traballo, sito en Chapela-Redondela.
Artigo 2º.-Ámbito persoal. Este convenio colectivo abrange todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, asícomo os que posteriormente se incorporen aos respectivos cadros de persoal.
Artigo 3º.-Vixencia. O convenio entraráen vigor o 1 de xaneiro de 2003 cun período de duración ata o 31-12-2003, e serádenunciado por escrito, polo menos cun mes de antelación ádata do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.
O conxunto dos artigos e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.
Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan. Este convenio colectivo concértase entre Pescanova Chapela, S. A. representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera, JoséFafián Seijo, Francisco Taboada Costas e o comitéde empresa desta, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.
Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas. Todas as condicións económicas establecidas neste convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.
Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia deste e por disposicións legais puideran establecerse.
Agás o especificado no artigo 23ºdeste convenio, no relativo áprima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que, con anterioridade ao convenio, viñese desfrutando dalgún ou algunhas condicións máis beneficiosas, deberán conservalas.
Artigo 6º.-Comisión paritaria. Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:
Parte social: o presidente do comitéde empresa, secretario do comitéde empresa e un representante de cada un dos sindicatos.
Parte empresarial: o mesmo número de representantes designados pola empresa.
No caso que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdición laboral competente. Capítulo II Organización do traballo
Artigo 7º.-Principios xerais. A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, éfacultade da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.
Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan aos representantes dos traballadores, comitéde empresa e seccións sindicais, se éo caso.
Épolítica común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.
A empresa manteráe fomentaráa formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicaráselle ao comitéde empresa o plan de formación.
Artigo 8º.-Regulación. Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.
Artigo 9º.-Contratación temporal. Poderanse efectuar contratacións temporais segundo as modalidades consideradas no artigo 15 Estatuto dos traballadores e nas disposicións de carácter xeral, cumprindo os requisitos e formalidades contidas nesa normativa.
Polo que se refire ao contrato temporal derivado das circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, seráde aplicación o disposto no convenio colectivo de ámbito estatal para a industria de conservas, no que se refire á súa duración máxima, que seráde 9 meses nun período de 12.
En canto aos contratos temporais para a realización dunha obra ou servizos determinados, consideraranse como traballos que poidan cubrirse con contratos desta natureza, entre outros, os seguintes:
* Construción, ampliación, rehabilitación e reparación de obras en xeral.
* Montaxe, posta en marcha e reparación de maquinaria e equipamentos; instalación.
* Actividades relativas a procesos organizativos industriais, comerciais, administrativos e de servizos, tales como:
-Centralización, agrupación de tarefas dispersas.
-Control de calidade.
-Investigación e desenvolvemento.
-Novo producto ou servizo.
-Apertura de novos mercados.
-Implantación, modificación ou substitución de sistemas informáticos, contables, administrativos e de xestión.
-Outras actividades que por analoxía sexan equiparables ás anteriores.
-A duración deste contrato seráa das obras ou servizos que o xustifiquen pero, se transcorridos dous anos se consolidase o traballador por calquera das causas descritas, transformarase o seu contrato en indefinido.
A subcontratación de obras e servizos poderase realizar nos termos previstos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores pero sempre que teña plena ocupación todo o persoal fixo da empresa.
Artigo 10º.-Contratos formativos. A empresa poderácontratar traballadores en prácticas para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.
Polo que se refire ao contrato para a formación, a súa regulación seráa seguinte:
Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.
Características do contrato para a formación: * Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.
*Prórroga: mínima de 6 meses.
* Idade: de 16 a 21 anos.
* Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.
* Titor: cada dous traballadores como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que deberáadquirir o traballador.
* Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.
O número destes traballadores non superáo 5% do persoal fixo.
Artigo 11º.-Vacantes e postos de nova creación. Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa teráen conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 14ºdeste convenio; en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego en todo caso se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, seránecesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores aos doutros candidatos.
A empresa estáobrigada a informar o comitéde empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Asímesmo, darase difusión nos taboleiros de anuncios.
O comitéde empresa participaráde acordo cos establecido no artigo 9ºno control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.
Artigo 12º.-Período de proba. O persoal de novo ingreso terácarácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, de acordo coa seguinte escala:
*Técnicos titulados: seis meses.
* Titulados grao superior, contrato prácticas: dous meses.
* Titulados grao medio, contrato prácticas: un mes.
* Contratos de aprendizaxe: quince días.
* Resto do persoal: quince días. Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa poderán desistir da proba ou proceder árescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Seránulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador teña xa desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.
O traballador desfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda ácategoría profesional do traballo no que se clasificase. O período de proba serácomputado para efectos de antigüidade.
Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.
Artigo 13º.-Postos especiais. A empresa procuraráempregar o persoal ao que a súa capacidade física ou intelectual diminuíse por idade ou outros inconvenientes ocurridos antes da súa xubilación en destinos axeitados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio se seguirácon quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.
Para iso terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios, podendo cubrir a empresa, entrementres, provisionalmente os ditos postos durante un período máximo de quince días.
Artigo 14º.-Incorporación a outras empresas do grupo.
Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S. A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas, cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de enderezo, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo. A decisión de incorporación ánova empresa deberase comunicar aos afectados e ao comitéde empresa cunha antelación de 30 días naturais, agás acordo noutro sentido.
Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ao cadro de persoal da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectarádesde o seu ingreso en Pescanova, S. A.
O seu réxime económico seráo vixente na empresa de novo destino, pero conservará, en todo caso, como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ao posto de traballo.
En todo caso e como condicións beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no artigo 26ºsobre complemento de IT do convenio de Pescanova Chapela, S. A. de 1994.
O horario seráen réxime de quendas (xornada continuada) . O persoal trasladado a Frinova, S. A.
teráo horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ao de Frinova, S. A. ou Pescanova Chapela, S. A.
No caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S. A. terápreferencia de recolocación o persoal trasladado, ao que se lle aplicará na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S. A.
Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa deberáde compensalo por iso. En ningún caso, poderán alegarse gastos compensables achacables ao transporte, se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que a actualidade, aínda que se cambie o horario.
A aplicación deste artigo estarácondicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario deberá pactarse ou ben individualmente ou ben co comité de empresa.
A empresa comprométese a non utilizar este artigo cando o número de traballadores que se vaia incorporar ás outras empresas do grupo sexa inferior a cinco, nin na quenda de noite, excepto acordo individual con traballador/es afectado/s.
Este artigo terácarácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 31-12-2004.
Artigo 15º.-Categorías. Créase ácategoría profesional de operario de 2ª en producción, cámaras, cunha retribución segundo a táboa salarial, distribuídos nas 16 pagas habituais e a bolsa de vacacións. Percibirán ademais o complemento de presenza nos termos previstos.
Integraráesta categoría quen, sen chegar áperfección
exixida aos operarios e especialistas, execute os oficios propios da industria da alimentación con suficiente corrección e eficacia.
Os operarios de 2ª que teñan a condición de persoal fixo (contratados por tempo indefinido) ascenderán á categoría de operario/a transcorrido un ano desde a súa condición de fixo.
Artigo 16º.-Excedencias. Terádereito ásituación de excedencia todo o persoal afectado por este convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.
A empresa queda obrigada para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, asícomo sección industrial, áreadmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.
Capítulo III Xornada, vacacións e licenzas
Artigo 17º.-Xornada anual e horario. A xornada de traballo seráde 1.749 horas de traballo efectivo ao ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.
O tempo de traballo computarase ao inicio e ao final da xornada no posto de traballo.
A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito: Persoal de fábrica e mantemento: * Factoría e mantemento (quenda de mañ á) . De luns a venres de 6.45 horas a 14.45 horas, con descanso de quince minutos.
* Factoría e mantemento (quenda de tarde) . De luns a vernes de 14.45 horas a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.
* Factoría e matemento (quenda de noite e limpeza) .
De luns a venres de 22.45 horas a 6.45 horas, con descanso de quince minutos.
Persoal de oficinas: * Primeira quenda. Horario de inverno: De 8.00 a 15.00 horas de luns a venres. De 8.00 a 13.00 horas os sábados.
Horario de verán: De 8.00 a 14.30 horas de luns a venres. De 8.00 a 13.00 horas os sábados.
* Segunda quenda. Horario de inverno: De 8.00 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas. Horario de verán: De 8.00 a 14.30 horas. O horario do persoal da segunda quenda éde luns a venres.
A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 16/6 ao 30/9 para o ano 2003.
Traballo en cámaras. Nas cámaras que teñan que estar a-18º C ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3ºC, a permanencia no interior delas seráde 6 horas. Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carretilleiros) , concederáselle un descanso de recuperación de 15 minutos. Completarán a xornada normal en traballos que hai que realizar no exterior das cámaras.
Calendario laboral. De mutuo acordo entre a empresa e o comité, realizarase o calendario anual, que abrangueráa relación de días non laborables e período de vacacións efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.
Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaranse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respectando o número de horas efectivas anuais (1.749) .
Artigo 18º.-Horas extraordinarias.
Éfirme vontade de ambas as partes a reducción ao mínimo de horas extraordinarias.
Para o suposto de que fose necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.
Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.
Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.
Consideraranse horas extraordinarias estruturais as realizadas nos seguintes casos:
-Incidencia nas quendas de traballo provocados por licenzas retribuídas ou IT.
-Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.
-Reparacións perentorias.
-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.
As horas extraodinarias estruturais pactaranse co comitéde empresa.
Artigo 19º.-Vacacións. Todo o persoal afectado por este convenio terá trinta días naturais de vacacións, aboándose estas coa retribución do salario da táboa anexa máis a antigüidade. O xeito da súa realización para o persoal da sección industrial será, como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.
Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxustamento de vacacións estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvenientes que poidan afectar o normal desenvolvemento do programa da empresa.
En canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo deben cubrir postos de mantenemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que os que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixa, ao ano seguinte corresponderanlle as datas alternativas.
Todas aquelas persoas que estean en situación de IT durante o período de vacacións, poderádesfrutalas en calquera outra época dentro do ano.
O persoal de oficinas desfrutaráas vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data se ben de forma preferente entre os meses de xuño a setembro.
Artigo 20º.-Licenzas retribuídas. O persoal afectado por este convenio terádereito a solicitar licenzas retribuídas nos casos seguintes:
a) Casamento: 15 días naturais.
b) Maternidade da esposa: 3 días naturais.
c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos políticos: 3 días naturais (serápreciso xustificante médico acreditativo) .
d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos políticos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se éno resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.
e) Falecemento de avós, netos: 2 días.
f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.
g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.
h) Por cambio de enderezo: 1 día.
i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, no que se inclúe a casa de mar, con xustificante médico: 1 día.
j) Nacemento dun neto: 1 día. Nos casos que se teña que acompañar o cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 3 días; e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.
Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e Meixoeiro: o tempo total da consulta, asícomo o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.
Concédenselle os mesmos dereitos ácompañeira/o ca a esposa/o, tanto nos casos de maternidade como enfermidade.
Todos os días indicados anteriormente consideraranse naturais.
Capítulo IV Réxime económico Artigo 21º.-Crecemento salarial. A partir do 1 de xaneiro de 2003 rexerán para todos os efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 3,65%. O incremento porcentual, édicir o 3,65%,
aplicarase a todos os conceptos salariais, incluído o seguro de accidentes.
Artigo 22º.-Principios xerais sobre retribución. Todos os conceptos salariais que figuran neste convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.
Artigo 23º.-Conceptos retributivos. Salario base. Complementos salariais.
* Complemento convenio.
* Antigüidade.
* Complemento de asistencia.
* Complemento de tarde.
* Complemento de noite.
* Complemento de traballos especiais.
* Complemento sección corte de peixe.
* Prima por traballo a baixa temperatura.
* Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.
* Complemento controlista.
* Pagas extraordinarias.
* Bolsa de vacacións.
* Complemento de distancia.
* Axudas de custo.
* Complemento presencia.
Salario base. Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.
Complementos salariais. Complemento convenio. Salario de cualificación por categoría profesional e éo que consta na táboa salarial.
Antigüidade. Todos os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de bienios ao 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:
a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 223,40 A.
b) Bienios que se van cumprir a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.
A cantidade resultante de sumar o calculado nas letras a) e b) configuraráo importe da antigüidade adquirida.
A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.
Complemento de asistencia. Estáen relación cos días de asistencia ao traballo e éo que consta na táboa salarial.
Prima de tarde. Establécese un complemento por traballar na quenda de tarde que consistirána cantidade de 50,10
A mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 2,38 A/tarde.
Esta prima devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e pola prima de tarde.
Respectaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.
Complemento de noite. Incrementarase o complemento actual nun 3,65%. Este complemento aboarase nas pagas extras.
Complemento de traballos especiais. Percibiranse segundo consta na táboa salarial anexa.
Complemento sección corte de peixe. Establécese un complemento por traballar na sección corte de peixe de 66,35 A mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa sección, que supoñen 2,92 A/día. Tamén percibirán o dito complemento o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorporen a este.
Prima por traballo a baixa temperatura. Establécese esta prima para quen desenvolva o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a-18ºC. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os condutores de carretas elevadoras, que de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 3,68 A.
Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos.
A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ao tempo traballado.
Os demais traballadores que eventualmente teñan de realizar traballos desta natureza, percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ao tempo traballado nestas condicións e mentres realicen o dito traballo.
Complemento de controlista. Establécese un complemento de 1,65 A por día traballado.
Pagas extraordinarias. Todo o persoal afectado por este convenio desfrutaráde catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de distancia, prima de tarde, complemento traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis a antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:
a) O día 15 de marzo. b) O día 15 de xullo. c) O día 15 de outubro. d) O día 15 de decembro. As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior ádata sinalada neste artigo.
As pagas correspondentes aos días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ao 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional.
A paga correspondente ao 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ao traballo e proporcionalmente ao tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.
Bolsa de vacacións. Recoñ é celle, a todo o persoal afectado polo convenio, unha bolsa de vacacións de 663 A que se faráefectiva coa paga de xullo.
Complemento de distancia. Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de complemento de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.
Axudas de custo. Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitaráunha axuda de custo de comida de 11,78 A. Deberáentón partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realizar a dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde ásegunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.
Nos casos especiais, co consentemento do xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autorizar o pagamento da axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.
Complemento presenza. Créase neste convenio o complemento de presenza. Percibirase, sumado ápaga de outubro, por día de traballo efectivamente traballado e seguindo as súas mesmas normas. A contía deste complemento será de 1,57 A por día de traballo efectivo (349,21 A/ano) .
Capítulo V Beneficios sociais
Artigo 24º.-Idade de xubilación. Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, aos 65 anos de idade para todo o persoal da empresa, sempre que se reúnan os requisitos necesarios para ter dereito ápensión de xubilación do sistema da Seguridade Social española.
De se producir a xubilación de acordo co disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ao traballador un premio segundo a seguinte escala:
a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.
b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.
c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.
d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.
Se a xubilación se anticipa áidade de 65 anos, gratificaráselle con quince días máis por ano de anticipación.
Artigo 25º.-Seguro. Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiráaos seus traballadores ou, se éo caso, aos seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:
1.1. Por accidente non laboral. 1.1.1. Morte do traballador. Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el mesmo asignase, percibirán a cantidade de 54.510,65 A.
1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.
O traballador percibiráa cantidade 54.510,65 A para os primeiros casos, 109.021,29 A para os segundos e 218.042,61 A para os terceiros.
1.2. Por accidente laboral. 1.2.1. Morte do traballador. Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto, a persoa que el mesmo asignase, percibirán a cantidade de 54.510,65 A.
1.2.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.
O traballador percibiráa cantidade 54.510,65 A para os primeiros casos, 109.021,29 A para os segundos e 218.042,61 A para os terceiros.
Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de xeito permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.
Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente, para toda profesión ou oficio.
Entenderase por grande invalidez, a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.
As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregarase ao comitéde empresa unha copia oficial.
Artigo 26º.-Complemento IT. Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal teráun complemento de ata o 100% do salario real, édicir, percibiráa totalidade do salario como se estivese traballando.
Incluirase dentro deste complemento o complemento de distancia.
O complemento de presenza sóse percibirási a IT se deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional.
Artigo 27º.-Utilización de servizos de comedor. Todo o persoal da empresa ten dereito ao servicio de cociña e comedores, de acordo coas condicións, actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.
Artigo 28º.-Tenda de peixe. Todo o persoal pertencente ao cadro de persoal de Pescanova Chapela, S. A., ou pensionistas desta, terádereito áadquisición de productos comercializados por Pescanova, S. A., na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:
a) Pagamento a crédito.
1. Produtos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.
2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,12 A/kg.
3. Peixe enteiro/filetes/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova.
Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.
b) Pagamento ao contado.
1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.
2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,18 A/kg.
3. Peixe enteiro/filete/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,02 A/kg.
Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.
Cando a empresa faga unha promoción dos seus produtos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.
Artigo 29º.-Fondo de pensións. A empresa estudiaráun plan de pensións para todo o persoal desta que no seu momento terácarácter voluntario para os traballadores.
Capítulo VI Seguridade e saúde laboral
Artigo 30º.-Principio xeral. As partes asinantes deste convenio comprométense a adoptar as medidas necesarias para asegurar a eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, asícomo sobre a actitude das persoas.
Artigo 31º.-Recoñecementos médicos. Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo áincorporación ao traballo, que será efectuado polo servizo médico de empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.
