Convenio Colectivo de Empresa de SERVICIO GALEGO DE SAUDE. PERSONAL ESTATUTARIO de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
13/12/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de SERVICIO GALEGO DE SAUDE. PERSONAL ESTATUTARIO de Galicia

Empresa Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 63 min

Tiempo de lectura: 63 min

Documento oficial en PDF(Páginas 22-51)

ORDE do 5 de decembro de 2013 pola que se aproba o Plan de ordenacion de recursos humanos relativo a xubilacion, prolongacion da permanencia e prorroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saude. (Diario Oficial de Galicia num. 238 de 13/12/2013)

Preambulo

O artigo 13 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece que os plans de ordenación de recursos humanos constitúen o instrumento básico de planificación global destes dentro do servizo de saúde ou no ámbito que neles se precise.

O devandito precepto determina, así mesmo, no seu número 2, que os citados plans serán previamente obxecto de negociación nas mesas correspondentes, logo do cal se aprobarán e se publicarán na forma que cada servizo de saúde determine.

O 18 de maio de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 94) a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, en cuxo contido ten unha preeminente atención a xubilación do persoal estatutario do organismo.

Porén, o citado instrumento básico de planificación finaliza a súa vixencia coa data do 31 de decembro de 2013, polo que resulta necesario adoptar un novo plan de ordenación que, cando menos, aborde e lle confira a indispensable seguridade xurídica ao tratamento das situacións de xubilación e de prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario deste organismo. O que non desbota o desenvolvemento e aplicación das restantes medidas contidas no anterior plan, logo de que se traten na mesa sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde.

En consecuencia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo da súa negociación na mesa sectorial de sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 80.2.g) da Lei 55/2003, do 16 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro.

Aprobar o Plan de ordenación de recursos humanos no ámbito da xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, que se recolle como anexo á presente orde.

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DISPOSICIONES ADICIONALES

 
D.A. UNICA.

As referencias contidas na Orde do 22 de outubro de 2012 (DOG núm. 206, do 29 de outubro), pola se regula o procedemento de prolongación da permanencia no servizo activo do persoal funcionario público da escala de atención primaria e especializada, relativas aos criterios organizativos incorporados ao Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 94, do 18 de maio de 2012; entenderanse substituídas polas referencias aos criterios organizativos establecidos no Plan de ordenación de recursos humanos en cada momento vixente.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez

Conselleira de Sanidade

ANEXO. PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS RELATIVO Á XUBILACIÓN, PROLONGACIÓN DA PERMANENCIA E PRÓRROGA NO SERVIZO ACTIVO DO PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Para a consecución da eficacia na prestación da asistencia sanitaria no ámbito do Servizo Galego de Saúde e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dos que dispón, resulta necesario que o organismo se dote dos instrumentos básicos que permitan a planificación eficiente das necesidades de recursos humanos, a súa axeitada dimensión e a mellor distribución en función das necesidades asistenciais.

Nesta liña, o artigo 13 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece que os plans de ordenación de recursos humanos constitúen o instrumento básico de planificación global destes dentro do servizo de saúde ou no ámbito que neles se precise.

O artigo 12 do mesmo texto legal dispón que esa planificación estará orientada ao seu adecuado dimensionamento, distribución, estabilidade, desenvolvemento, formación e capacitación, co fin de mellorar a calidade, eficacia e eficiencia dos servizos. Polo que, no ámbito de cada servizo de saúde e logo de negociación nas mesas correspondentes, determina que se adopten as medidas necesarias para a planificación eficiente das necesidades de persoal, entre outros aspectos.

A importancia deste tipo de instrumentos de planificación global resulta notoria, na medida na que responden ao principio de eficacia que debe presidir a actuación das administracións públicas. Importancia que se revela, se cabe, particularmente acentuada nun momento como o presente, en que a Administración sanitaria debe desenvolver a súa función no marco da austeridade e a eficiencia que require a difícil situación económica e orzamentaria.

Con base nas anteditas previsións e no contexto descrito, e en desenvolvemento, así mesmo, do disposto no artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e no artigo 68 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, coa data do 18 de maio de 2012 tivo lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia (núm. 94) da Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.

Por outra parte, á marxe de diversas medidas que viñeron dar resposta directamente aos obxectivos xerais de eficacia, eficiencia e garantía na prestación da asistencia sanitaria, o plan de ordenación dirixiuse a dotar de seguridade xurídica certas materias de especial interese, moi especialmente, a xubilación do persoal estatutario do organismo. Materia que mereceu e revelou un importante tratamento e contido, tanto cuantitativo como cualitativo, dentro das medidas recollidas no propio plan.

Para tal efecto, no dito instrumento de planificación, logo de analizarse as necesidades da organización sobre a base do estudo e valoración previos da estrutura poboacional e a actual configuración do cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde, conclúese un significativo envellecemento en termos globais do persoal do organismo, de xeito paralelo ao da propia poboación galega, que resulta máis acusado no colectivo de persoal licenciado sanitario. A dita circunstancia ten unha singular incidencia en diversos aspectos organizativos da actividade asistencial, entre os que cabe destacar a dispoñibilidade decrecente do citado colectivo para a cobertura da atención continuada.

Ese estudo reflectiu igualmente que, con carácter xeral, na maior parte das categorías estatutarias o número de aspirantes admitidos para acceder ao emprego no servizo de saúde é superior -mesmo notoriamente, na meirande parte dos supostos e categorías- ao número de prazas convocadas e ao dos profesionais que acadan a idade de xubilación forzosa no período de vixencia do plan, sen prexuízo das particularidades organizativas e asistenciais propias de cada ámbito territorial e/ou institución sanitaria e da existencia de categorías e especialidades concretas que poden presentar maior dificultade para a incorporación de novos profesionais.

Cómpre subliñar, para estes efectos, que a entrada en vigor da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, substitúe e unifica a regulación da relación de servizos deste colectivo, anteriormente dispersa arredor dos tres antigos estatutos do persoal das institucións sanitarias da Seguridade Social. Estes fixaban a idade de xubilación para o devandito persoal nos setenta anos.

A citada regulación e dispersión normativa mudou co Estatuto marco, que introduciu no seu capítulo V, nomeadamente no artigo 26, así como na súa disposición transitoria sétima, importantes innovacións en materia de xubilación, que se traducen nunha redución da idade de xubilación forzosa do persoal estatutario e no establecemento dunha serie de supostos que posibilitan, baixo determinadas circunstancias, a prolongación da súa permanencia no servizo activo. Aínda nestes casos, resulta preceptiva a intervención do respectivo servizo de saúde, mediante unha autorización adoptada en función das necesidades da organización articuladas no marco dos correspondentes plans de ordenación de recursos humanos.

Así pois, o marco legal precitado establece a obrigatoriedade da planificación dos distintos elementos para articular o proceso de xubilación do persoal estatutario.

Pola súa vez, no ámbito da nosa comunidade autónoma e na liña apuntada, o artigo 49 do texto refundido da Lei de función pública de Galicia, logo da modificación efectuada pola Lei 1/2012, do 29 de febreiro, establece como norma xeral a xubilación forzosa do persoal funcionario ao cumprir este a idade legalmente establecida, requirindo a prolongación da permanencia no servizo activo máis alá da dita idade de autorización previa, debidamente motivada, sobre a base de razóns organizativas derivadas da planificación do emprego público, a avaliación do desempeño e a capacidade psicofísica do profesional solicitante.

Derivado da normativa anteriormente exposta e do diagnóstico de situación efectuado no propio instrumento de planificación, o precedente Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde dispuxo, como medida xeral de ordenación, a perda da condición de persoal estatutario fixo dos seus profesionais por cumprimento da idade de xubilación forzosa.

Así mesmo, para garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial determinou os supostos e condicións en que aqueles poden prorrogar e prolongar a súa permanencia no servizo activo logo de cumprida a dita idade, que se efectuará a través dun procedemento administrativo determinado regulamentariamente.

No desenvolvemento das citadas previsións, o 6 de xullo de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 129) a Orde do 3 de xullo de 2012 pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario e se modifica a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.

Porén, o anterior plan de ordenación finaliza a súa vixencia coa data do 31 de decembro de 2013.

Polo que, co fin de darlle continuidade ao devandito plan e a prol de dotar da imprescindible seguridade xurídica as situacións de xubilación e de prolongación da permanencia no servizo activo do persoal estatutario do organismo que teñan lugar a partir do 1 de xaneiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 13 e 26 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde e no artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o presente instrumento normativo contén o Plan de ordenación de recursos humanos no ámbito da xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Neste senso e, nomeadamente, o desenvolvemento do artigo 26.2 do Estatuto marco, reflectido neste plan, reproduce os mesmos requisitos establecidos no plan de ordenación precedente para valorar a autorización da prolongación da permanencia no servizo activo do persoal solicitante. Isto é:

a) A concorrencia de necesidades asistenciais e/ou organizativas que amparen a prolongación, para o cal se deberán analizar aspectos como os seguintes:

- A pertenza ou non da persoa interesada a unha categoría/especialidade deficitaria no respectivo ámbito de prestación de servizos.

- A previsión de substitución dese/a profesional, fidelizando a permanencia no propio centro doutros profesionais que poidan acceder aos diversos tipos de nomeamentos previstos no ordenamento xurídico co fin de desenvolver a prestación asistencial necesaria, así como a promoción interna doutros profesionais que reúnan os requisitos de titulación e acceso á correspondente categoría/especialidade consonte a normativa vixente. Para os efectos da valoración das posibilidades de substitución, máis alá dos datos da correspondente institución sanitaria, e ao igual que na norma anterior, o actual plan remite, así mesmo, á información complementaria, e debidamente actualizada e contrastada, relativa ao conxunto do Sistema Público de Saúde de Galicia, existente nos órganos centrais do Servizo Galego de Saúde.

- A cobertura da atención continuada no servizo de adscrición do/a profesional solicitante, así como a súa previsión futura, tendo en conta diversos aspectos explicitados no propio plan.

b) A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades inherentes ao nomeamento.

c) A autorización polo órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da correspondente solicitude.

Así mesmo, a autorización da prolongación da permanencia no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional e da concorrencia das necesidades asistenciais e/ou organizativas que amparasen tal prolongación, co límite máximo dos setenta anos de idade.

En calquera caso, as medidas recollidas neste plan enténdense sen prexuízo das disposicións normativas de rango superior vixentes en cada momento, ás cales se deberá axustar a actual ordenación.

Estrutura. O presente plan estrutúrase en catro grandes puntos:

I. Análise de situación, desagregado no estudo e valoración dos seguintes parámetros:

1. Poboación destinataria da actividade asistencial.

2. Aspectos da actual configuración do cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde con maior incidencia na prestación dunha asistencia sanitaria de calidade e en termos de eficacia e eficiencia.

3. Contexto económico.

II. Definición dos obxectivos que se pretenden conseguir en materia de persoal durante a vixencia do plan.

III. Medidas que se adoptarán para a consecución dos obxectivos expostos.

IV. Período de vixencia do plan.

I. Análise de situación.

I.1. Datos de poboación.

I.1.a) Distribución por grupos de idade.

Poboación por grupos de idade. Galicia 2000-2012

Ano

0-14

15-64

65 e máis

2000

12,30

67,46

20,14

2001

11,74

67,45

20,81

2002

11,58

67,24

21,18

2003

11,48

67,22

21,30

2004

11,41

67,28

21,32

2005

11,32

67,42

21,26

2006

11,29

67,23

21,48

2007

11,30

67,12

21,58

2008

11,30

67,05

21,65

2009

11,38

66,74

21,88

2010

11,49

66,36

22,15

2011

11,59

65,89

22,52

2012

11,74

65,40

22,86

Fonte: INE e IGE

En porcentaxe

Poboación por sexo e grupos quinquenais de idade

Ano 2012. Comunidade Autónoma de Galicia

Tramo idade

Homes

Mulleres

Total

0-4

57.798

53.917

326.611

5-9

56.633

53.545

10-14

54.014

50.704

15-19

57.312

54.311

626.326

20-24

67.507

65.232

25-29

83.854

81.805

30-34

109.477

106.828

35-39

114.516

113.318

1.024.158

40-44

108.060

108.495

45-49

100.999

103.323

50-54

97.613

100.058

55-59

87.380

90.396

60-64

81.679

86.845

804.403

65-69

76.363

85.436

70-74

57.046

69.141

75-79

61.439

83.512

80-84

41.332

64.924

85 e máis

30.306

66.380

Total

1.343.328

1.438.170

2.781.498

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

I.1.b) Saldo vexetativo.

Número de nacementos e defuncións e saldo vexetativo. Galicia 2000-2011

Galicia

Nacementos

Homes

Mulleres

Defuncións

Homes

Mulleres

Saldo vexetativo

2000

19.418

10.052

9.366

28.858

14.716

14.142

-9.440

2001

19.361

9.955

9.406

28.300

14.396

13.904

-8.939

2002

19.327

9.987

9.340

28.353

14.503

13.850

-9.026

2003

20.423

10.539

9.884

29.805

15.045

14.760

-9.382

2004

20.621

10.652

9.969

28.540

14.668

13.872

-7.919

2005

21.097

10.867

10.230

29.383

15.015

14.368

-8.286

2006

21.392

11.075

10.317

29.389

14.939

14.450

-7.997

2007

21.752

11.216

10.536

30.159

15.435

14.724

-8.407

2008

23.175

11.981

11.194

29.629

14.996

14.633

-6.454

2009

22.537

11.572

10.965

30.180

15.241

14.939

-7.643

2010

22.047

11.500

10.547

29.749

14.986

14.763

-7.702

2011

21.594

11.256

10.338

29.879

15.085

14.794

-8.285

Fonte: INE e IGE

En porcentaxe

Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Nacementos

21.594

9.258

2.186

1.973

8.177

Defuncións

29.879

11.708

4.819

4.636

8.716

Crecemento vexetativo

-8.285

- 2.450

- 2.633

- 2.663

- 539

Fonte: INE, IGE. Movemento natural de poboación

Nacementos, defuncións e crecemento vexetativo. Ano 2011.

I.1.c) Densidade de poboación.

Poboación e densidade de poboación. Ano 2011

España

Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Poboación (habitantes)

47.190.493

2.772.928

1.141.286

348.067

328.697

954.877

Densidade (hab./km2)

93,51

93,80

143,60

35,30

45,20

212,40

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Concellos e a súa poboación clasificados polo número dos seus habitantes

Padrón municipal de habitantes. Ano 2012

Habitantes

do concello

Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Hab.

Hab.

Hab.

Hab.

Hab.

0-2.000 hab.

100

131.446

12

17.619

24

32.663

60

75.324

4

5.840

2.001-5.000 hab.

102

332.282

29

102.419

30

93.804

22

60.416

21

75.643

5.001-10.000 hab.

54

366.623

31

212.149

7

49.565

4

23.493

12

81.416

10.001-20.000 hab.

37

520.369

11

151.799

5

74.414

5

63.427

16

230.730

20.001-50.000 hab.

15

430.871

8

246.111

0

0

0

0

7

184.760

50.001-100.000 hab.

4

348.809

2

167.668

1

98.457

0

0

1

82.684

100.001-500.000 hab.

3

651.098

1

246.146

0

0

1

107.597

1

297.355

Todos os intervalos

315

2.781.498

94

1.143.911

67

348.902

92

330.257

62

958.458

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Do estudo dos datos de poboación expostos, pódese concluír que:

1. A estrutura etaria da poboación galega amosa un claro patrón de envellecemento, cun saldo vexetativo negativo, entendendo este como a diferenza entre os nacementos e defuncións acaecidos durante un período de tempo definido.

2. A distribución territorial da poboación en Galicia presenta, en comparación co resto do Estado, dúas características singulares: a densidade de poboación é superior á media española, pero os desequilibrios na súa distribución territorial son evidentes. A maior concentración de poboación prodúcese nas provincias da Coruña e Pontevedra, presentando as de Lugo e Ourense unha baixa densidade poboacional, por debaixo da media estatal.

I.2. Recursos humanos.

Neste punto procédese a analizar a estrutura e o cadro de efectivos do Servizo Galego de Saúde, concretamente os aspectos da súa actual configuración que presentan unha incidencia máis significativa na prestación dunha asistencia sanitaria de calidade e que amosan información sobre as necesidades da organización para dar resposta á dita demanda asistencial en termos de eficacia e eficiencia.

Así, analizáronse e a seguir expóñense os resultados da valoración dos seguintes aspectos:

- Idade media dos traballadores por grupos profesionais.

- Distribución por idade do persoal licenciado sanitario.

- Porcentaxes de absentismo por tramos de idade.

- Previsión de xubilacións dos profesionais por categorías/especialidades.

- Novos profesionais en condicións de se incorporaren ao emprego no Servizo Galego de Saúde por categorías/especialidades.

I.2.a) Estrutura e efectivos do Servizo Galego de Saúde e a súa distribución territorial.

I.2.a.1) Estrutura do Servizo Galego de Saúde.

O Servizo Galego de Saúde foi creado pola Lei 1/1989, como un organismo autónomo de natureza administrativa adscrito á Consellería de Sanidade, dotado de personalidade xurídica de seu e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

Integran o Servizo Galego de Saúde todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e administrativos creados pola Administración da Xunta de Galicia ou procedentes de transferencias, así como as entidades sanitarias de natureza pública que se lle adscriban.

Baixo a supervisión e control da Consellería de Sanidade desenvolve, entre outras, as seguintes funcións:

- A prestación directa de asistencia sanitaria nos seus propios centros, servizos e establecementos ou nos adscritos ao servizo.

- O desenvolvemento dos programas de actuación sanitaria.

- O goberno, dirección e xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos ao Servizo Galego de Saúde.

- A planificación, coordinación e xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros asignados ao servizo para o cumprimento dos seus fins.

- A promoción da docencia e investigación en ciencias da saúde no ámbito dos centros, servizos e establecementos sanitarios asistenciais.

- O desenvolvemento de programas de calidade e mellora da práctica clínica e de mellora de xestión.

- A aprobación dos plans, programas, directrices e criterios de actuación aos cales deben someterse os centros, servizos e establecementos incluídos no Servizo Galego de Saúde, así como o exercicio da supervisión e control respecto a estes.

Para o desenvolvemento de tales funcións, o Servizo Galego de Saúde dispón da seguinte estrutura:

A) Servizos centrais.

Regulada no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

B) Servizos periféricos.

Coa finalidade de superar os compartimentos existentes na relación primaria-especializada, consecuencia da progresiva especialización e da fragmentación do traballo, e de facer compatible este cunha atención horizontal das necesidades reais dos usuarios e facilitando a autonomía de xestión dos centros sanitarios, implantouse e desenvolveuse no ámbito periférico do Servizo Galego de Saúde un modelo de organización baseado na estrutura de xestión integrada.

Estas estruturas asumen con autonomía funcional e de forma integrada a xestión dos recursos, prestacións e programas de atención sanitaria, tanto do nivel de atención primaria como especializada, así como sociosanitaria e de promoción e protección da saúde.

Para tal efecto, o Servizo Galego de Saúde dispón para o desenvolvemento das súas funcións da seguinte estrutura periférica, de carácter asistencial:

- Xerencia de xestión integrada da Coruña.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos concellos incluídos no anexo I do Decreto 168/2010, do 7 de outubro.

- Xerencia de xestión integrada de Santiago de Compostela.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos concellos indicados no anexo II do Decreto 168/2010, do 7 de outubro.

- Xerencia de xestión integrada de Ferrol.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos relacionados no anexo do Decreto 193/2010, do 18 de novembro.

- Estrutura de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos indicados no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo.

- Estrutura de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos que se indican no anexo do Decreto 162/2011, do 28 de xullo.

- Estrutura de xestión integrada de Vigo.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos que se relacionan no anexo do Decreto 46/2013, do 7 de marzo.

- Estrutura de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos indicados no anexo do Decreto 55/2013, do 21 de marzo.

C) Entidades adscritas.

Están adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) e as entidades instrumentais que a continuación se indican, que apoian a prestación de servizos especializados da rede hospitalaria:

- Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios.

- Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061.

- Fundación Centro de Transfusión de Galicia-CTG.

- Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

- Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía-Ingo.

I.2.a.2) Efectivos do Servizo Galego de Saúde e a súa distribución territorial.

Prazas dotadas. Distribución por provincia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Funcionario

278

274

220

565

1.337

Laboral + MIR

804

141

210

470

1.625

Estatutario:

13.271

4.283

4.401

8.747

30.702

- Licenciado sanitario

3.070

1.016

976

2.114

7.176

- Sanitario diplomado e FP

6.713

2.100

2.129

4.268

15.210

- Xestión e servizos

3.488

1.167

1.296

2.365

8.316

Outro

20

7

8

17

52

Total

14.373

4.705

4.839

9.799

33.716

Datos: xaneiro de 2013

O número de prazas dotadas reflectidas considérase axeitado para cubrir a demanda sanitaria durante o período de vixencia do presente plan, dentro duns parámetros que fagan posible garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial existentes, e tendo en conta que non resulta posible incrementar o número de efectivos correspondente ás ditas prazas, por mor do contexto económico expresado neste mesmo instrumento de planificación e de conformidade co disposto na lexislación sobre disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, así como o preceptuado na vixente lexislación reguladora dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e dos orzamentos xerais do Estado.

I.2.b) Idade media por grupos profesionais.

Gráfico 1.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

I.2.c) Distribución por idade do persoal licenciado sanitario.

Gráfico 2.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Gráfico 3.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

De acordo coa información reflectida, pódese concluír:

Un significativo envellecemento, en termos globais, do persoal do Servizo Galego de Saúde, de xeito paralelo ao amosado na estrutura etaria da poboación galega, que resulta máis acusado no colectivo de persoal licenciado sanitario, cuxa media de idade é particularmente superior ao resto do persoal sanitario, situándose a maioría deses profesionais (54,77 %) nunha franxa de idade superior aos 50 anos (maioritariamente no tramo dos 53-59 anos).

A taxa de idade dos profesionais ten unha repercusión clara na organización e prestación de calquera servizo, sendo maior esa incidencia no ámbito sanitario que noutros ámbitos laborais, polas peculiaridades da actividade asistencial, sometida a elevados niveis de exixencia física e psíquica.

Mención especial merecen os resultados sobre a análise de idade do persoal licenciado sanitario que se conteñen nos puntos I.2.b) e I.2.c) anteriores.

A alta taxa de idade dos devanditos profesionais ten incidencia en diversos aspectos da actividade asistencial. Cómpre destacar a dispoñibilidade decrecente do cadro de persoal facultativo para a realización de gardas motivada nas solicitudes de exención por razón de idade (maior de 55 anos), respecto das que se prevé un notable incremento para os próximos anos (gráfico 3). Esta realidade leva consigo importantes dificultades na fidelización de licenciados sanitarios a través de nomeamentos para gardas, así como na conformación de equipos estables de traballo que redundan nunha asistencia sanitaria de maior calidade. Todo iso sen esquecer o custo económico engadido para o organismo, derivado da necesidade de vincular profesionais para a realización da dita actividade, co conseguinte incremento de efectivos nos cadros de persoal.

I.2.d) Absentismo por rango de idade.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

O estudo amosa a incidencia da taxa de idade dos profesionais sobre o índice de absentismo, que experimenta un incremento cuantitativo importante a partir do tramo dos 45 anos de idade e que aumenta aínda máis no treito de idade previo aos 65 anos. O que carrexa un alto custo económico para o Servizo Galego de Saúde, derivado das correspondentes substitucións, así como unha distorsión en diversos aspectos da prestación, como a continuidade asistencial.

I.2.e) Previsión de xubilacións dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Persoal licenciado sanitario

Especialidade

65 anos ou máis o 31.12.2014

2015

2016

2017

Total

xeral

Admisión

1

1

Alergoloxía

1

1

2

Análises Clínicas

6

2

6

5

19

Anatomía Patolóxica

3

2

3

8

Anestesioloxía e Reanimación

6

6

2

6

20

Aparello Dixestivo

1

1

7

5

14

Aparello Respiratorio

1

1

Anxioloxía e Cirurxía Vascular

2

2

4

Cardioloxía

5

1

5

11

Cirurxía Cardiovascular

1

1

2

Cirurxía Oral e Maxilofacial

1

1

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

7

2

5

11

25

Cirurxía Pediátrica

3

1

4

Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

1

1

Cirurxía Torácica

1

1

Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

10

13

6

11

40

Endocrinoloxía e Nutrición

3

2

1

6

Farmacia Hospitalaria

1

1

2

Hematoloxía e Hemoterapia

3

6

3

4

16

Inmunoloxía

1

1

Ldco. Medicina y Cirurxía

1

1

2

Medicina Familiar e Comunitaria

29

43

64

78

214

Medicina Física e Rehabilitación

2

3

2

3

10

Medicina Intensiva

2

2

3

7

14

Medicina Interna

8

5

3

5

21

Medicina Preventiva e Saúde Pública

1

1

1

3

6

Medicina Xeral (Mestos)

1

1

Microbioloxía e Parasitoloxía

1

2

1

1

5

Nefroloxía

6

3

1

2

12

Neurocirurxía

2

3

5

Neurofisioloxía Clínica

1

2

3

Neuroloxía

2

3

2

3

10

Obstetricia e Xinecoloxía

7

8

11

12

38

Odontoestomatoloxía

4

2

6

Oftalmoloxía

3

5

7

8

23

Oncoloxía Médica

2

2

Otorrinolaringoloxía

3

3

5

4

15

Pediatría A.P.

9

11

30

26

76

Pediatría e as súas áreas específicas

2

8

5

5

20

Pneumoloxía

2

3

2

1

8

Psicoloxía Clínica

4

2

3

9

Psiquiatría

5

5

1

4

15

Radiodiagnóstico

5

5

5

11

26

Reumatoloxía

1

1

1

1

4

Uroloxía

1

2

2

7

12

Uxencias

2

2

4

Total

140

156

195

249

740

Persoal sanitario diplomado e de formación profesional

Categoría

65 anos ou máis o 31.12.2014

2015

2016

2017

Total

xeral

Enfermeiro/a

133

172

204

244

753

Matrón/a

4

8

18

13

43

Fisioterapeuta

6

4

3

6

19

Logopeda

1

1

Terapeuta Ocupacional

1

1

1

1

4

Técnico/a especialista

3

11

16

14

44

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

115

146

172

178

611

Outras categorías

4

1

2

7

Total

263

346

415

458

1482

Persoal de xestión e servizos

Categoría

65 anos ou máis

o 31.12.2014

2015

2016

2017

Total

xeral

Persoal administrativo

45

53

58

90

246

Persoal mantemento

14

21

19

28

82

Persoal hostalaría

54

67

44

63

228

Celador/a

39

49

64

60

212

Traballador/a social

2

4

8

2

16

Psicólogo/a

1

1

Outras categorías

1

2

2

4

9

Total

155

197

195

247

794

I.2.f) Novos profesionais en condicións de incorporarse ao emprego no Servizo Galego de Saúde.

A. Persoal licenciado sanitario.

Aspirantes inscritos(*) no último concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área do Servizo Galego de Saúde (OPE 2012):

Especialidade

Inscricións rexistradas

Prazas ofertadas

Alergoloxía

14

3

Análises Clínicas

164

6

Anatomía Patolóxica

30

3

Anestesioloxía e Reanimación

133

12

Aparello Dixestivo

45

9

Cardioloxía

46

5

Cirurxía Oral e Maxilofacial

6

1

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

76

6

Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

8

1

Cirurxía Torácica

7

1

Cirurxía Xeral e do Aparello dixestivo

97

10

Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía

30

4

Endocrinoloxía e Nutrición

24

3

Farmacia Hospitalaria

109

3

Hematoloxía e Hemoterapia

53

5

Medicina Física e Rehabilitación

22

1

Medicina Intensiva

56

4

Medicina Interna

164

13

Microbioloxía e Parasitoloxía

45

1

Nefroloxía

29

6

Neurocirurxía

16

2

Neurofisioloxía Clínica

12

2

Neuroloxía

35

4

Obstetricia e Xinecoloxía

103

9

Oftalmoloxía

68

4

Oncoloxía Médica

28

4

Oncoloxía Radioterápica

8

1

Otorrinolaringoloxía

41

4

Pediatría e as súas Áreas Específicas

92

6

Pneumoloxía

31

4

Psiquiatría

93

9

Radiodiagnóstico

80

14

Reumatoloxía

15

1

Uroloxía

21

3

Urxencias Hospitalarias

423

12

Total

2.224

176

(*) Inscricións rexistradas electronicamente no sistema informático Fides/expedient-e, pendente de confirmar o número definitivo de presentación de instancias nos rexistros administrativos consonte as bases da convocatoria.

B. Persoal sanitario de formación universitaria e formación profesional e persoal de xestión e servizos.

Aspirantes dispoñibles para acceder a prazas e nomeamentos estatutarios temporais nos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e nas entidades adscritas, inscritos nas listaxes de selección temporal vixentes en cada categoría:

Categoría profesional

Número de aspirantes inscritos

Celador/a

5.860

Cociñeiro/a

311

Enfermeiro/a

7.463

Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

450

Enfermeiro/a especialista en Enfermaría do Traballo

130

Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (Matrón/a)

145

Enfermeiro/a especialista en Saúde Mental

98

Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica

131

Farmacéutico/a de Atención Primaria

390

Fisioterapeuta

924

Grupo Auxiliar da Función Administrativa

5.305

Logopeda

140

Medico/a Asistencial 061

107

Médico/a Coordinador/a 061

98

Médico/a de Familia

796

Médico/a de Urxencias Hospitalarias

296

Médico/a Especialista en Medicina do Traballo

19

Odontólogo de Atención Primaria

239

Pediatra de Atención Primaria

43

Persoal de Servizos Xerais

4.037

Persoal Técnico de Grao Medio en Prevención de Riscos Laborais

495

Persoal Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais

462

Pinche

2.277

Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría

6.536

Técnico/a en Farmacia

640

Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información

352

Técnico/a Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información

212

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

371

Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición

282

Técnico/a Superior en Documentación Sanitaria

243

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

292

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico Clínico

919

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

1.363

Técnico/a Superior en Radioterapia

145

Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

318

Terapeuta Ocupacional

235

Enxeñeiro Técnico

163

Grupo Técnico da Función Administrativa

360

Grupo de Xestión da Función Administrativa

75

Traballador/a Social

684

Electricista

192

Telefonista

193

Albanel

31

Limpador/a

538

Carpinteiro/a

54

Mecánico/a

56

Perruqueiro/a

61

Calefactor/a

34

Fontaneiro

46

Pasador/a de ferro

633

Lavandeiro/a

653

Costureiro/a

95

Total

45.992

Dos datos que se expoñen pódense extraer as seguintes conclusións:

- Un diferente comportamento do patrón de envellecemento en función das categorías profesionais en que destaca a diferenza existente, neste punto, entre as distintas categorías e especialidades de persoal licenciado sanitario.

- Con carácter xeral, na maior parte das categorías estatutarias, e segundo a información que se extrae dos últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde para a adquisición da condición de persoal estatutario fixo, así como das vixentes listas de aspirantes a vinculacións temporais -publicadas na páxina web do organismo-, o número de persoas aspirantes admitidas para acceder ao emprego é superior ao número de prazas convocadas e ao de profesionais que, en cada unha das respectivas categorías, acadarán a idade de xubilación forzosa no período de vixencia do plan.

Non obstante, o estudo igualmente reflicte que existen categorías e especialidades concretas que poden non presentar o mesmo grao de inmediatez para a incorporación de novos profesionais, dado que o número de titulados novos, aspirantes a acceder ao emprego no Servizo Galego de Saúde, non é proporcional á demanda de profesionais e o número de xubilacións previstas na respectiva categoría.

As conclusións expostas, de carácter global, enténdense sen prexuízo das particularidades organizativas e asistenciais propias de cada ámbito territorial, institución ou estrutura de xestión.

Ao abeiro do exposto, e a prol de garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial que debe recibir a cidadanía, cómpre determinar neste plan as condicións xerais de permanencia no servizo activo do persoal estatutario do organismo logo de cumprida a idade de xubilación forzosa; medida que resultará necesaria naquelas categorías en que se poida producir unha eventual insuficiencia de profesionais dispoñibles. Esta medida supedítase ao mantemento da capacidade funcional do/a profesional e á previa valoración, de forma individualizada, da situación organizativa e asistencial propia de cada institución e/ou ámbito territorial.

I.3. Contexto económico.

A situación económica caracterízase, na actualidade, por un contexto de crise e por un descenso dos ingresos vía impostos e transferencias, o que, sen dúbida, repercute nas dispoñibilidades orzamentarias que financian, entre outros, o sistema sanitario público de Galicia.

Por outra banda, a sanidade ten un peso específico nos orzamentos da nosa comunidade autónoma, xa que máis dun terzo deles se destinan ao seu financiamento.

A evolución dos ingresos públicos da comunidade autónoma caracterízase, como no resto do Estado, polo seu descenso, que xa se fai patente desde os orzamentos do ano 2009. A caída destes ingresos vaise suavizando co recurso á débeda pública, pero no momento actual, resulta asemade necesaria a redución do déficit público.

Desde o ano 2007, o gasto sanitario público vense incrementando por riba do PIB. Esta circunstancia, unida á caída de ingresos que se fai patente desde 2008, xera cara a final do exercicio orzamentario unha necesidade de maior financiamento fronte á inicialmente prevista.

Este contexto adverso e incerto condiciona inevitablemente a adopción de medidas con impacto económico, pero o Servizo Galego de Saúde, malia a situación exposta, ten que seguir na procura de mellorar a accesibilidade, a eficiencia e a calidade na prestación dos servizos aos usuarios do sistema.

Neste escenario económico é unha exixencia inelutable a implantación de medidas que melloren a xestión, así como incrementar os niveis de eficiencia do sistema co obxectivo de garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público.

Para iso, resulta indispensable contar cunha ferramenta de planificación dos recursos humanos que garanta o mantemento das prestacións e a continuidade asistencial a toda a cidadanía, que implique os profesionais na xestión e promova a súa participación nos novos modelos de xestión e fórmulas organizativas horizontais e integradoras dos procesos asistenciais, así como que os incentive para adoptar medidas que fomenten a coordinación, a colaboración e a cooperación entre profesionais e unidades a través da posta en marcha de modelos organizativos baseados no concepto de xestión clínica, respectando a autonomía de xestión das áreas sanitarias.

II. Obxectivos.

Coa aprobación do presente plan e partindo da precedente análise de situación, preténdense acadar os seguintes obxectivos:

1. Adaptar os recursos existentes ás necesidades asistenciais da poboación, mediante o establecemento de mecanismos que permitan garantir a continuidade asistencial nas diferentes áreas e niveis de atención.

2. Introducir fórmulas de xestión que melloren a accesibilidade e a calidade das prestacións sanitarias mediante a asignación e utilización eficiente de todos os recursos, equilibrando as tarefas asistenciais en función da demanda, promovendo o traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión, así como a permanente actualización das súas competencias e aptitudes.

3. Establecer unha política de recursos humanos que permita aliñar as necesidades do sistema público de saúde de Galicia coas dos seus profesionais, facendo deste un ámbito de traballo atractivo para os que na actualidade forman parte del, así como os que se incorporen no futuro, promovendo a creación de emprego estable e garantindo a necesaria remuda na prestación asistencial sen afectación dos niveis de calidade e seguridade nela, co fin de acadar un maior grao de eficacia e unha xestión eficiente dos recursos públicos, máxime nun momento como o actual, no que a Administración sanitaria debe desenvolver a súa función no marco da eficiencia e austeridade que require o actual contexto económico.

4. Procurar, de acordo co anterior, un equilibrio entre a xeración de emprego, a necesaria renovación dos cadros de persoal do organismo e a súa estabilidade, dando lugar á entrada no sistema de profesionais novos e cunha formación acorde aos novos modelos de xestión asistenciais e organizativos do Servizo Galego de Saúde.

5. Evitar os custos engadidos na atención hospitalaria ocasionados pola aplicación dos módulos de gardas e a correspondente actividade substitutoria, como consecuencia da posibilidade de exención de gardas para os profesionais de maior idade.

6. Materializar o esforzo que o Servizo Galego de Saúde realiza formando un número importante de profesionais ao facilitar o seu acceso, como residentes en formación, aos centros e institucións sanitarias dependentes das súas estruturas organizativas.

Estes obxectivos toman como referencia as liñas estratéxicas do Servizo Galego de Saúde para os próximos anos:

- Promover a saúde e dar resposta ás necesidades da cidadanía a través dos dispositivos asistenciais e plans específicos.

- Garantir a prestación de servizos no lugar e momento axeitados cos niveis de calidade e seguridade comprometidos.

- Establecer unha política de persoal acorde coas necesidades do sistema e dos profesionais.

- Desenvolvemento de sistemas de información que faciliten a práctica clínica e a toma de decisións.

- Acadar que o sector sanitario actúe como motor de crecemento e impulsar alianzas con todos os axentes implicados.

- Xestión dos recursos de forma óptima e eficiente.

- Modernización das infraestruturas sanitarias.

III. Medidas que se deben adoptar.

As medidas que cómpre adoptar para a consecución dos obxectivos expostos, referentes á xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e que constitúen as liñas xerais da ordenación dos recursos humanos no organismo autónomo neste ámbito, no período de vixencia do presente plan, deben partir das seguintes premisas:

- A adaptación dos recursos existentes ás necesidades asistenciais da poboación, de forma que se garanta a continuidade asistencial nas diferentes áreas e niveis de atención, sen menoscabo dos dereitos dos profesionais recoñecidos no marco normativo vixente.

- A remuda na prestación asistencial, que se efectuará de forma gradual e que permita a renovación dos cadros de persoal do organismo, coa incorporación de novos profesionais por mor da xubilación do persoal que vén prestando servizos nos centros e institucións sanitarias, sen que afecte os niveis de calidade e seguridade da prestación.

No marco das liñas expostas, adoptaranse as seguintes medidas relativas á xubilación do persoal estatutario e a valoración da capacidade funcional:

• I. Xubilación forzosa.

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde unifica e substitúe o réxime xurídico aplicable ao persoal estatutario en materia de xubilación por un novo marco regulador que pon fin á dispersión normativa existente ata ese momento, introducindo no seu capítulo V, artigo 26 e na súa disposición transitoria sétima importantes innovacións en materia de xubilación, que posibilitan baixo determinadas circunstancias e coa intervención preceptiva do Servizo de Saúde, a prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo.

Sobre a base do marco normativo e estudos anteriormente expostos, a ordenación dos recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, no que atinxe á xubilación dos seus profesionais, seguirá os seguintes criterios:

Primeiro. Regra xeral. Xubilación dos profesionais á idade de xubilación forzosa que resulte en aplicación da normativa vixente en cada momento

No dito senso, a aplicación da xubilación forzosa ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde concíbese como unha medida específica de ordenación e planificación dos recursos humanos, para alcanzar os obxectivos enunciados neste plan.

Segundo

Malia o disposto na anterior regra xeral, o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade poderá prorrogar e prolongar a súa permanencia no servizo activo nos seguintes supostos:

1. Artigo 26.3 do Estatuto marco (Lei 55/2003, do 16 de decembro). Persoal estatutario que, no momento de cumprir a idade de xubilación forzosa, lle resten seis anos ou menos de cotización para causar pensión de xubilación.

A prórroga no servizo activo, neste suposto, exixirá:

- A acreditación da concorrencia da circunstancia habilitante exposta no artigo 26.3 do Estatuto marco.

- A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.

- A autorización por parte do órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da solicitude da persoa interesada.

A autorización de prórroga no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional do/a solicitante para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento, e en ningún caso pode estenderse fóra da data en que a persoa interesada complete o tempo de cotización mínimo necesario para causar dereito á pensión de xubilación.

2. Artigo 26.2 do Estatuto marco (Lei 55/2003, do 16 de decembro).

A autorización da prolongación da permanencia no servizo activo do persoal estatutario que, non estando incluído nos supostos do artigo 26.3 do Estatuto marco, solicite prolongar a súa permanencia no servizo activo, no momento de cumprir a idade de xubilación forzosa, exixirá:

a) A concorrencia de necesidades asistenciais e/ou organizativas, debidamente xustificadas, que amparen a prolongación solicitada, no marco deste plan, para o que se deberán analizar, entre outros, os seguintes aspectos:

- A pertenza ou non da persoa interesada a unha categoría/especialidade deficitaria no respectivo ámbito de prestación de servizos.

- A previsión de substitución do/a profesional e posibilidade de fidelización ou promoción interna doutros profesionais. A valoración deste aspecto deberá complementarse coa información actualizada que subministren os sistemas de información dispoñibles en cada momento no Servizo Galego de Saúde.

- A cobertura da atención continuada no servizo de adscrición do/a solicitante, así como a súa previsión futura, tendo en conta, entre outros, os datos de idade, exencións de prestación da dita actividade e absentismo no citado ámbito.

b) A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.

c) A autorización polo órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da solicitude da persoa interesada.

A autorización da prolongación da permanencia no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional da persoa interesada para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento, así como á concorrencia das necesidades asistenciais e/ou organizativas debidamente xustificadas que ampararon a dita prolongación, co límite máximo dos setenta anos de idade.

Terceiro. Regras comúns

A prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo autorizarase por un período inicial dun ano, con posibilidade de prórroga por idénticos períodos, co límite máximo dos setenta anos de idade e condicionada, en todo caso, ao mantemento das circunstancias que se tiveron en conta para autorizar a dita prolongación.

Poderase poñer fin a calquera situación de prórroga e prolongación no servizo activo no momento en que resulte acreditado que a persoa interesada deixou de reunir a capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.

A Administración revisará de oficio as situacións de prolongación de permanencia e prórroga no servizo activo autorizadas, nos supostos de absentismos prolongados e reincidentes do/a profesional con posterioridade á data de autorización, e contrarios á vontade de permanencia no desenvolvemento das funcións manifestada polo/a profesional no seu escrito de solicitude, ou ante calquera outra circunstancia ou manifestación que puidese evidenciar que deixou de reunir o requisito da capacidade funcional.

A prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo enténdese sen prexuízo das potestades administrativas de ordenación e provisión de prazas previstas na normativa vixente e non atribúe ao/á profesional, en virtude da dita prolongación, un dereito á permanencia no mesmo posto de traballo desempeñado ata a data da xubilación.

• II. Xubilación voluntaria total e parcial.

O persoal estatutario poderá acollerse á xubilación voluntaria e parcial nos termos previstos na lexislación da Seguridade Social e na lexislación básica dos empregados públicos.

• III. Procedemento para a resolución das solicitudes de autorización da prolongación.

O procedemento aplicable será o establecido na Orde do 3 de xullo de 2012 pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario, ou pola norma regulamentaria que poida modificar ou substituír a dita orde ao abeiro do presente plan. Norma que regulará os diversos trámites, requisitos e fases do devandito procedemento, así como os aspectos relativos á capacidade funcional dos solicitantes.

IV. Vixencia do plan.

O presente plan de ordenación de recursos humanos relativo á xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo estenderá a súa vixencia desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2017.

Transcorrido o devandito período de vixencia, deberase aprobar un novo plan de ordenación que se axuste á nova realidade existente. No entanto, ata que se aprobe o novo plan, entenderase prorrogado o presente plan de ordenación.