Última revisión
30/05/2003
Convenio Colectivo de Empresa de UNION CRISTALERA PORTAGLAS, S.L. (15001561011985) de Coruña
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución do 17 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Unión Cristalera Portaglás, S. L. nos centros de traballo da Coruña. (Diario Oficial de Galicia num. 59 de 25/03/2003)
(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)
ANEXO 3
Normas para a distribución da axuda a estudios 1º A axuda de estudios beneficiará exclusivamente os fillos dos traballadores acredores a iso, segundo os artigos que seguen. Exclúense expresamente os irmáns dos traballadores ou outros familiares de calquera grao.
2º A contía global que se vai repartir anualmente será a establecida en todo momento por convenio entre empresa e traballadores.
3º Terá dereito a recibi-la axuda de estudios todo o persoal de Unión Cristalera Portaglás, S. L.
(A Coruña) con fillos-tanto naturais como lexítimos, adoptados legalmente ou baixo tutela legal, e incluso os habidos en anteriores nupcias, sempre que estean
baixo a tutela do declarante-e que ademais reúna as condicións seguintes:
a) Que o pai ou titor o solicite expresamente, cada ano, en impreso que facilitarán oportunamente os representantes dos traballadores.
b) Que realicen cursos de titulación recoñecidos polos Estado ou estudios de capacitación profesional de duración igual ou superior a un ano escolar, sen límite mínimo nin máximo de idade.
c) Que os estudios se realicen en centros localizados en territorio español, tanto públicos como privados.
d) Os fillos subnormais de calquera idade, tanto que vivan cos pais como que permanezan en centros especiais, pero sempre e cando estean a cargo do solicitante.
4º Non terán dereito a recibi-la axuda a estudios os que incumpran o establecido no artigo 3º anterior e ademais:
a) O persoal expresamente excluído do ámbito do convenio colectivo.
b) Os fillos dos traballadores que, aínda cando estudien, teñan un traballo fixo remunerado como mínimo co salario mínimo interprofesional.
5º Calquera caso non previsto por estas normas será resolto polos delegados de persoal.
6º Cada fillo con dereito a iso devengará a axuda a estudios unha soa vez anualmente, é dicir, no caso de que o pai e nai traballen en U. C. P A Coruña non poderán presentar dúas solicitudes, senón conxuntamente unha soa solicitude.
7º Os impresos que se faciliten para formaliza-la solicitude serán cubertos polo solicitante con tódolos datos que se pidan, poñendo sempre a data de entrega e sinatura. Os datos relativos ós estudios referiranse sempre ós doúltimo ano escolar finalizado, non ó que se haberá de cursar.
8º O prazo para solicita-la axuda a estudios abrirase o 15 de maio e pecharase o 31 de maio. Non se admitirán, por ningún motivo, solicitudes que cheguen ós representantes despois da data de peche.
9º Os representantes do centro de traballo exporán unha nota no taboleiro de anuncios, abrindo o prazo de solicitude e facendo constar expresamente a data de peche.
10º Unha vez pechado o prazo, os representantes remitirán as solicitudes ó delegado de persoal encargado de tramitalos en primeira instancia e establecerán unha relación de tódolos solicitantes, fillos acredores de axuda, nivel de estudios e coeficiente que corresponda a cada fillo; esta relación deberá exporse no taboleiro de anuncios entre o 5 e o 10 de xuño como máximo.
11º Ávista dos datos que se indican no artigo anterior, calquera traballador poderá formula-las reclamacións que considere oportunas.
12º O 11 de xuño seguinte día hábil, reuniranse os delegados de persoal para tramitar definitivamente tódalas solicitudes, resolve-las reclamacións que houbera e calquera outra incidencia, así como determina-las cantidades que corresponden a cada solicitante en función da suma de coeficientes asignados e a cantidade global que se vai repartir segundo convenio, que se exporá a continuación segundo se especifica no artigo 10º anterior, co coeficiente definitivo que corresponde a cada fillo e a cantidade que deberá percibir.
13º A empresa liquidará o importe que corresponda a cada solicitante, comprobados os termos de aplicación destas normas e validará a relación definitiva para o seu aboamento na nómina do mes de agosto.
14º Non existe limitación da axuda a estudios que corresponda a cada solicitante polo número de fillos acredores a iso. A única limitación na contía de cada axuda vén dada pola cantidade global que se vai repartir, número total de fillos de tódolos traballadores solicitantes e nivel de estudios.
15º Para a concesión da axuda non se terán en conta as notas obtidas no curso, sendo indiferentes, para estes efectos, os suspensos ou non aptitude dos estudiantes.
16º Os coeficientes para calcula-lo que corresponde a cada estudiante acredor da axuda serán, segundo o seu nivel de estudios, os seguintes:
Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI
(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)
17º Aplicaranse os ditos coeficientes como segue:
a) A cada estudiante, segundo nivel de estudios que figure na súa solicitude, asignaráselle o coeficiente que corresponda.
b) Sumaranse tódolos coeficientes asignados, dando unha cifra variable cada ano, que loxicamente ha de ser así polas distintas circunstancias que se darán cada ano nas solicitudes.
c) A cantidade anual que se vai repartir pactada no convenio dividirase entre a suma dos coeficientes obtida segundo se indica na letra b) resultando así a cantidade que corresponde ó coeficiente 1 precisamente para ese ano que se calcula.
d) Basta multiplicar esta cantidade base obtida segundo se indica na letra c) polo coeficiente que corresponda para que resulte o que devengará cada fillo.
e) Á súa vez, súmanse as cantidades devengadas por cada fillo, resultando o total que percibirá cada traballador solicitante.
f) A suma de tódolos totais percibidos polos traballadores ha de ser necesariamente o pactado en convenio.
18º Os delegados de persoal estudiarán os casos nos que se apreciou incorrección dos datos facilitados polo solicitante. Se se probase algún falseamento intencionado de datos poderanse adoptar sancións, incluso ata a suspensión indefinida da axuda.
Disposición adicional. Procedemento voluntario de solución de conflictos.
Ámbalas partes acordan incluír nesta disposición adicional o seguinte texto:
1. Adhesión. As partes asinantes deste convenio colectivo acordan adherirse, de maneira incondicional, á totalidade do acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais e ó seu regulamento de aplicación, publicado no BOE do 8 de febreiro de 1996 (ASEC) .
2. Procedementos. Os procedementos para a solución de conflictos colectivos son:
a) Intervención previa e preceptiva da comisión mixta.
b) A mediación.
c) A arbitraxe.
3. Órganos e ámbitos.
Será o organismo creado no ámbito da comunidade autónoma o que entenda e tramite os procedementos de mediación e arbitraxe.
A eficacia e a tramitación dos citados procedementos rexerase polo establecido nas normas e nos regulamentos de funcionamento dos distintos organismos.
