Última revisión
21/11/2013
Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de UNIVERSIDADE DE VIGO. PERSOAL LABORAL (82000702012002) de Galicia
Empresa Autonómico. Versión Validez desde 21 de Noviembre de 2013 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
RESOLUCION do 6 de novembro de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prorroga do II Convenio colectivo do persoal laboral de administracion e servizos da Universidade de Vigo. (Diario Oficial de Galicia num. 223 de 21/11/2013)
Visto o acordo subscrito pola Comisión Negociadora do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, con data do 31 de outubro de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais
ACORDA:
Primeiro.
Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo.
Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social
ANEXO
Unha vez iniciadas as negociacións do III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo e segundo o previsto no artigo 86 do Estatuto dos traballadores, a Comisión Negociadora acorda expresamente a prórroga do II Convenio colectivo (publicado no DOG do 27 de xullo de 2007) ata o 31 de decembro de 2014. No caso de que nesa data a mesa de negociación acadara un preacordo, procederase a unha prórroga expresa ata a publicación no DOG do III Convenio colectivo que substituirá o II Convenio colectivo.
As partes negociadoras manifestan a súa intención común de negociar de forma leal e co ánimo de chegar a acordo, de xeito que o 31 de outubro do ano en curso se poda contar cun documento consensuado do III Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.
