Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
30/04/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de XUNTA DE GALICIA. PERSOAL LABORAL (82000302012002) de Galicia

Empresa Autonómico. Versión Validez desde 30 de Abril de 2013 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 50-51)

RESOLUCION do 9 de abril de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacion sindicais CIG, UGT, CC.OO. e CSIF, relativo ao acceso a xubilacion parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo unico da Xunta de Galicia. (Diario Oficial de Galicia num. 83 de 30/04/2013)

Preambulo

Visto o acordo para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, subscrito na xuntanza celebrada o 27 de marzo de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar a inscrición do devandito acordo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO. Acordo para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia

De acordo co previsto no artigo 8 e na disposición derradeira quinta do Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, a Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, acordan manter a xubilación parcial e contrato de remuda, de conformidade cos seguintes pactos:

1. Os traballadores e traballadoras do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia poderán acollerse á xubilación parcial, cando cumpran os requisitos correspondentes nos termos da regulación vixente, antes do 1 de xaneiro de 2013, nos supostos recollidos no punto 2.c) da disposición derradeira décimo segunda da Lei 27/2011, do 1 de agosto, na redacción dada polo Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo.

2. O acceso á pensión realizarase de conformidade co seguinte plan de xubilación parcial:

a) Incorpóranse ao presente plan todos os traballadores e traballadoras do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia (relacionados nominalmente no anexo) que ata o 31 de decembro de 2018 cumpran os requisitos exixidos consonte a normativa vixente antes do 1 de xaneiro de 2013.

b) Os traballadores e traballadoras poderán solicitar a redución da súa xornada entre un mínimo do 25 % e un máximo do 75 %.

3. A vixencia do presente acordo estenderase desde a data da súa subscrición ata o día 31 de decembro de 2018, de acordo coa duración máxima establecida no artigo 8 do Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, para a aplicación de normas transitorias ás pensións de xubilación que se causen antes do 1 de xaneiro de 2019.

4. O plan de xubilación parcial recollido no presente acordo colectivo será comunicado e posto á disposición do Instituto Nacional da Seguridade Social antes do 15 de abril de 2013.