Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
16/03/2007

Revision. Convenio Colectivo de Sector de SIDEROMETAL E TALLERES DE REPARACION DE VEHICULOS (32000305011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Revision das condicions economicas no sector da industria siderometalurxica e talleres de reparacion de vehiculos da provincia de Ourense. Codigo de convenio n.º3200305 (Boletín Oficial de Ourense num. 59 de 13/03/2007)

Preambulo

Unha vez visto o texto da acta da Comisión paritaria do Convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica e talleres de reparación de vehículos da provincia de Ourense (código de convenio n.º 3200305) (publicado no Boletín Oficial da Provincia n.º 96, do 27 de abril de 2006) na que se acorda a actualización das condicións económicas (disposición transitoria primeira e artigo 37) e a xornada (artigo 38) do convenio para o ano 2007; subscrita o día 7 de febreiro de 2007 polos membros da citada comisión integrada, dunha parte, en representación da parte empresarial, polos representantes de ATAVE, ACAUTO, INSTAELECTRO e a Asociación de Industria de Metal de Ourense, e doutra parte, en representación dos traballadores do sector, polos representantes das centrais sindicais da Unión Xeral de Traballadores (UXT), da Confederación Intersindical Galega (CIG) e de Comisións Obreiras (CC. OO); e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e as demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial acorda:

Primeiro

Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro

Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 21 de febreiro de 2007. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA

En Ourense, o 7 de febreiro de 2007, as 19: 00 horas reúnense na Confederación Empresarial de Ourense as persoas que a continuación se relacionan, integrantes da Comisión paritaria do Convenio colectivo da industria siderometalúrgica e talleres de reparación de vehículos de Ourense para proceder á actualización para o segundo ano de vixencia das condicións laborais, adoptando en consecuencia os seguintes acordos:

Comparecen:

Por ATAVE: Santiago Conde Alonso, Carmen Mansilla.

Por ACAUTO: Carlos Pena, Isabel Pérez Martínez.

Por INSTAELECTRO: José Luis Cid González.

Pola Asociación de Industria de Metal: María de Miguel.

Pola parte social:

Por UXT: Ramón Díaz e Javier Carreiro Vázquez.

Por CIG: Xosé Lois Freire Domínguez, Alberto Gil Pena.

Por CC. OO: Ramón García López, Narciso Martínez Ojea.

Acordos:

Segundo o establecido na disposición transitoria primeira, actualizala táboa salarial. Dado que se pactou que o incremento para o 2007 sería o IPC real do 2006 +0,50 %, e constatado que o IPC foi o 2,7 %, acórdase incrementalas táboas salariais no 3,2%. Na mesma porcentaxe incrementaranse as axudas de custo.

En canto a xornada (artigo 33): A xornada de traballo durante a vixencia do presente convenio será de 40 horas semanais. A devandita xornada será en cómputo anual de 1.784 horas, gozando polo tanto os traballadores de 21 días laborais de vacacións, non sendo menos de 30 días naturais.

Para adaptala a xornada laboral efectiva ó mencionado cómputo anual, corresponden 5 días libres. Para estes efectos serán inhábiles no sector os días 17 de maio, 24 e 31 de decembro, e os dous días restantes gozaranse de común acordo entre empresa e traballador. O traballador que a 27 de decembro non gozara dos dous días terá como días libres ó 27 e 28 de decembro, se soamente lle faltara un será o 28 do referido mes.

En canto a desprazamentos e axudas de custo (artigo 37): O importe da axuda de custo completa será de 27,98 euros, e o da media axuda de custo de 13,33 euros. Tamén se poderá establecer en lugar das axudas de custo anteriores o sistema de gastos para xustificar.

Táboa salarial 2007

Grupos/categorías profesionais; Salario base; Gratificación C. incentivos (mes)

Persoal obreiro

Peón; 761,59; 163,32

Lavador - engraxador; 761,59; 163,32

Especialista; 762,90; 171,34

Oficial 3ª; 764,53; 177,49

Oficial 2ª; 764,53; 188,71

Oficial 1ª; 765,18; 216,25

Oficial 1ª montador; 765,18; 231,75

Traballador menor de 18 anos; 455,06; 93,82

Persoal subalterno

Almaceneiro; 761,59; 163,32

Probador; 765,84; 188,71

Listeiro; 764,53; 177,49

Recepcionista; 761,59; 163,32

Pesador de básculas; 761,59; 163,32

Vixilante; 761,59; 163,32

Ordenanza; 761,59; 163,32

Porteiro; 761,59; 163,32

Conserxe; 761,59; 163,32

Chofer turismo; 764,53; 188,71

Chofer camión; 765,18; 217,31

Dependente auxiliar maior 25 anos; 764,53; 177,49

Dependente principal maior 25 anos; 764,53; 177,49

Telefonista; 765,84; 177,49

Persoal técnico

Mestre taller; 955,50; 233,62

Xefe taller; 955,50; 274,25

Contramestre; 955,50; 233,62

Encargado; 955,50; 233,62

Titulado medio; 955,50; 274,25

Titulado superior; 1.000,55; 288,68

Delineante proxectista; 868,34; 274,25

Delineante 1ª; 866,38; 215,71

Delineante 2ª; 765,18; 216,25

Calcador reprodutor; 764,53; 177,49

Técnico de laboratorio; 868,34; 233,62

Analista; 868,34; 233,62

Persoal administrativo

Auxiliar administrativo; 764,53; 177,49

Oficial administrativo 1ª; 765,18; 216,25

Oficial administrativo 2ª; 764,53; 188,71

Xefe administrativo 1ª; 765,18; 231,75

Xefe administrativo 2ª; 765,18; 217,31

Caixeiro; 764,53; 188,71

Xefe de almacén; 765,18; 217,31

Xefe de Contabilidade; 765,18; 231,75

Viaxante e vendedor; 764,53; 177,49

Xefe de laboratorio; 955,50; 274,25

ATS; 955,50; 274,25