Convenio Colectivo de Sector de LIMPEZA DE INSTITUCIONS HOSPITALARIAS (32000395011989) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
10/12/2012

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de LIMPEZA DE INSTITUCIONS HOSPITALARIAS (32000395011989) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 10 de Diciembre de 2012 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 28-28)

Acta da Comision Paritaria do Convenio colectivo de limpeza de institucions hospitalarias de Ourense. Codigo de convenio n.º 32000395011989 (Boletín Oficial de Ourense num. 282 de 10/12/2012)

Convenio ou acordo: limpeza de instalacións hospitalarias pechadas da Seguridade Social.

Expediente: 32/01/0002/2012.

Data: 22/11/2012.

Asunto: resolución de inscrición e publicación.

Destinatario: Francisco Rodríguez García.

Código de convenio n.º 32000395011989

Antecedentes

1.- O día 30/10/2012 presentouse para a súa inscrición e publicación a acta de acordo da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social (código de convenio n.º 32000395011989), relativa á disposición adicional sexta do texto do antedito convenio colectivo, que se publicou no BOP n.º 294, do 24 de decembro de 2009. O mencionado acordo foi subscrito o día 6 de febreiro de 2011 polos membros da citada comisión integrada en representación da parte empresarial, polo designado pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Hospitais e en representación dos/as traballadores/as do sector, polos/as representantes designados/as polas centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

2.- O día 13/11/2012, para os efectos de poder continuar coa tramitación, requiriuse documentación que se presentou con data 21/11/2012 no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, con funcionamento telemático, e o día 16/11/2012 no Rexistro Único da Xunta de Galicia en Ourense PRRU0311 (acordo asinado o día 12/11/2012 no que se solicita a publicación do antedito acordo da comisión).

Consideracións legais

1. O artigo 90 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE n.º 75, do 29 de marzo de 1995).

2. O Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE n.º 143, do 12 de xuño de 1995).

3. O Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo (BOE n.º 232, do 2 de setembro de 1982).

4. As demais normas aplicables do dereito común.

De conformidade con todo o indicado, esta xefatura territorial resolve:

1.- Ordena-lo rexistro e depósito da mencionada acta no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, que se creou mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro de 2010) e notificación ás representacións empresarial e social da Comisión Negociadora.

2.- Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense.

Asdo.: José Selas Souto.

Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de limpeza de institucións hospitalarias de Ourense

En Ourense, no local da CIG, cando son as 11.00 horas do día 6 de febreiro de 2011, reúnese a Comisión Paritaria do Convenio de limpeza de hospitais de Ourense de conformidade co artigo 21 do convenio colectivo, e formada polas seguintes persoas.

Pola parte empresarial, Asociación de Empresarios de Limpeza de Hospitais: Ramón González Fontaíña. Pola parte dos traballadores/as: Mónica García González, Laudelina Alvar Blanco, M.ª Carmen Fernández Borrajo, Rogelio Cibeira Fernández (UGT) e Etelvino Blanco Rodríguez (CIG).

Acordan: Para aspirar a unha vacante de quenda, planta ou servizo, será requisito imprescindible, tal como establece a disposición adicional sexta do texto do convenio publicado no BOP n.º 294 do 24-12-2009, levar 5 anos ininterrompidos nunha mesma quenda, planta ou servizo. Enténdese que a conxunción adversativa "ou" indica que para aspirar á vacante é suficiente con acredita-los 5 anos en calquera dos tres posibles destinos (quenda, planta ou servizo), xa que en caso contrario tería figurado a conxunción copulativa "e", que indica adición.

En consecuencia, para poder optar a un cambio de quenda terá que levar cinco anos na quenda de orixe, para poder optar a un cambio de planta ou de servizo terá que levar cinco anos na planta ou servizo. Será outorgada á/ó solicitante con máis antigüidade no centro de traballo.

Autorízase a Alberto Iglesias Nieto para o rexistro e publicación da dita acta.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión cando son as 12.00 horas, e en proba de conformidade para os efectos oportunos, asínase esta acta no lugar e data arriba indicada.