Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
14/04/2005

Revision , Calendario. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Resolución do 2 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 e nova redacción dos artigos 22º, 24º e 29º do convenio colectivo do sector de mármores e pedras. (Diario Oficial de Galicia num. 71 de 14/04/2005)

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 e nova redacción dos artigos 22º, 24º e 29º do convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, con nº de código 3600965, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 2-2-2005, subscrita pola comisión negociadora do convenio, en data 28-1-2005. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de marzo de 2005. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

Reunión comisión deliberadora. Asistentes:

-CC. OO.: Francisco Javier Boullosa González. Francisco Estévez Rodríguez. Amante Campo Lago. José Antonio Ramos Pérez.

-UGT: Ramón Carrera Molares. Alfonso Álvarez Alfonso. Lourdes Diz Lorenzo.

-CIG: Alberto Fernández Campo. Agustín González Mojón. José Manuel Corbacho González.

José Ángel Nieto Figueroa. Luis Pereira Álvarez.

-Representación empresarial: José Ángel Lorenzo Ramírez. Francisco Javier Blanco Silva. Jesús Maraña Goldar.

-Secretario de actas: Jesús Castiñeira Diz.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vinte e oito de xaneiro de dous mil cinco, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, para redactar os artigos 22º (complemento de prestación de IT) , 24º (xornada de traballo) , e 29º (roupa de traballo) , actualizando os oportunos complementos e importes, así como en aplicación do previsto no artigo 13 do convenio proceder á revisión da táboa salarial do ano 2004, reuníndose, para iso, os señores sinalados anteriormente.

Unha vez aberta a sesión, e tras as comprobacións e debates oportunos, acórdase dar aos citados artigos a seguinte redacción:

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT. En caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán a todos os traballadores afectados, a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ate chegar ao 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso.

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a cincuenta (50) días máis.

c) En ambos os casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente. Nos casos de accidente laboral producido no centro de traballo, in itinere ou enfermidade profesional derivada de silicose, aboarase un complemento de 7,47 euros por día desde o primeiro día de producida a baixa.

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.748 horas.

3. Para adaptar a xornada ás 1.748 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 2005, os días: 16 de maio; 26 de xullo; 12 de agosto; 31 de outubro; 5, 7,9 e 30 de decembro ;e o día

23 de decembro 4 horas, terán a consideración de festivos e non laborables para todos os efectos.

Ademais dos días sinalados anteriormente nos seguintes concellos, por coincidir o festivo local con día non laborable, fíxanse como festivos os seguintes:

-18 de maio na Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Oia.

-18 de xullo en Bueu, O Grove e Moaña.

-16 de agosto en Fornelos de Montes.

-E 26 de setembro en Poio. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xornada partida, poderase cambiar a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo determinados, logo de información aos representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo gozará de xornada continuada do 1 de xuño ao 15 de setembro, garantíndose os servizos mínimos de cada empresa mediante quendas de este persoal a xornada partida.

Artigo 29º.-Roupa de traballo. As empresas facilitarán roupas de traballo ao persoal segundo se especifique para cada sección e cuxa duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Por cada peza de roupa non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderá reclamar á empresa, e esta deberá aboar as seguintes cantidades:

Funda ou traxe: 36,25 euros. Mandil: 18,16 euros. Botas: 14,66 euros. Guantes: 7,17 euros. Zocos: 29,90 euros. A entrega de botas excluirá a de zocos e viceversa. As empresas entregarán lentes de protección graduadas ao persoal operario cuxo posto de traballo o requira, e o solicite logo de prescrición facultativa.

Finalmente as partes acordan fixar a revisión da táboa salarial do ano 2004 conforme se establece no documento adxunto.

E sen haber máis temas que tratar cérrase a sesión no mesmo lugar e data indicados anteriormente, asinando, en proba de conformidade con canto se expón, todos os presentes.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)