Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
11/03/2004

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 6 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de mármores e pedras. (Diario Oficial de Galicia num. 50 de 11/03/2004)

Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de febreiro de 2004. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE MÁRMORES E PEDRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Acta

Asistentes:

CC. OO.:

- Marcos González Oliveira.

- Ramón Estévez Bouzo.

- Esteban López Ramírez.

- Manuel Taboas Rodríguez.

- Emilio Rodríguez Picallo.

CIG:

- José Ángel Nieto Figueiras.

- Agustín González Mojón.

- Alberto Fernández Campo.

UGT:

- Ramón Carrera Molares.

- Antonio González Rodríguez.

- Alfonso Fernández Alfonso.

Representación empresarial:

- Jesús Maraña Goldar.

- José Ángel Lorenzo Ramírez.

- Javier Blanco Silva.

Secretaria de actas: Patricia Vázquez Prada.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezaseis trinta horas do día vintetrés de xaneiro de dous mil catro, reúnense os representantes de traballadores e empresarios, co fin de constituí-la comisión deliberadora do convenio colectivo provincial para o sector de mármores e pedras e inicia-las súas deliberacións. Asisten os señores citados anteriormente.

Tralo recoñecemento das partes, en canto á súa representación, estas considéranse representantes propios do ámbito xeográfico e funcional do convenio polo que, estando a mesa negociadora representada pola maioría absoluta dos traballadores e empresarios da provincia, se declara formalmente constituída a comisión deliberadora.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 24 do actual convenio colectivo, que para o ano 2004 será de 1.750 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 24 do convenio relativo á xornada dirá textualmente: «A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.750 horas segundo o calendario laboral anexo».

A mesa negociadora acorda que, para adapta-la xornada ás 1.750 horas acordadas para o ano 2004, os días: 23 e 24 de febreiro, 18 de marzo, 14 de maio, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, 7 de decembro, 23 de decembro (xornada laboral de 6 horas) , 24 e 31 de decembro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

O Rosal, A Illa de Arousa, Salceda de Caselas, Tui e Vilaboa, o 25 de febreiro.

Vilagarcía de Arousa, o 24 de maio. Cerdedo, O Rosal e Valga, o 27 de xullo. Campo Lameiro,o 9 de decembro . De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderanse modifica-los días de compensación.

En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Acórdase a remisión desta acta á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no DOG e BOP. Autorízase a Patricia Vázquez Prada para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezasete horas do día vintetrés de xaneiro de dous mil catro.