Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
16/11/2023

Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO VARIO (36105425012022) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 26 de Octubre de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



ACORDO DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO DO SECTOR DE EMPRESAS DE COMERCIO VARIO PARA OS ANOS 2022 A 2024, PUBLICADO NO BOP Nº 217/2022, DE DATA 14 DE NOVEMBRO DO 2022, SOBRE A INTERPRETACIÓN DE DIVERSOS ARTIGOS DO CONVENIO COLECTIVO. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 221 de 16/11/2023)

Convenio o Acordo: COMERCIO VARIO

Expediente: 36/01/0288/2023

Data: 8/11/2023

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número: 36105425012022

Visto o Acordo da comisión paritaria do convenio do sector de empresas de COMERCIO VARIO para os anos 2022 a 2024, publicado no BOP nº 217/2022, de data 14 de novembro do 2022,con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, polas organizacións empresariais Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada, a Federación de Comercio de Pontevedra e da parte social, polas Centrais sindicais CCOO , CIG, e UGT, sobre a interpretación de diversos artigos do convenio colectivo, e que foi asinado o devandito acordo da paritaria en data 26 de outubro do 2023.

Primeiro.? Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 3 de novembro do 2023.

Segundo.? Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.? Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.? O 2.1.C) do Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.? Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta xefatura territorial,

ACORDA

Primeiro.? Ordenar o seu rexistro e inscrición sen publicación no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.? Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.? Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O xefe territorial.

ACTA REUNIÓN COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO VARIO DE PONTEVEDRA

ASISTENTES:

REPRESENTACION EMPRESARIAL:

Felix Rodríguez Regueiro

Álvaro Hinrichs Álvarez

Iván Iglesias Domínguez

CENTRAIS SINDICAIS:

? María do Tránsito Fernández Fernández (CIG)

? Roberto Puga Hermida (UGT)

? Jorge Carneiro Penedo (CCOO)

Sendo as 9:45 horas do día 26 de outubro de 2023, xúntase a comisión paritaria do convenio colectivo de Comercio Vario de Pontevedra para trasladar as diversas consultas achegadas e resoltas en diferentes datas e por diferentes empresas e estamentos, reflexando na presente acta os acordos alcanzados en cada un dos temas.

ACORDOS

Artigo 1.? Ámbito de aplicación.

Tal como indica o texto do convenio, ademais dos sectores relacionados no redactado de este artigo, o ámbito de aplicación abrangue a ?todas aquelas empresas adicadas á actividade de comercio, tanto maioristas como minoristas, que non estean incluídas no ámbito funcional de ningún outro convenio publicado no boletín o diario oficial correspondente, con anterioridade a data de entrada en vigor do presente Convenio.

As empresas que por calquera tipo de contrato desenrolen actividades do sector de forma habitual (non ocasional ou accesoria), veranse tamén afectas polo ámbito funcional do presente Convenio aínda que ningunha de esas actividades fora principal ou prevalente?.

Polo que as empresas que se dedique ao comercio e non teñan un convenio de aplicación, deberán rexerse polo convenio de comercio vario de Pontevedra, e terán que aplicalo dende o 1 de xaneiro de 2022, na totalidade do seu articulado.

Por outra banda e ante a consulta particular realizada a esta Comisión Paritaria sobre si as ópticas están incluídas dentro do ámbito de este convenio, aclaramos que si, que este tipo de empresas debe aplicar este convenio de Comercio Vario.

Artigos 3 e 4.? Sobre compensación e absorción.

Esta Comisión Paritaria aclaramos a diferencia entre o establecido nestes dous artigos.

O artigo 3 referise ás condicións mais beneficiosas que podan existir anteriores a sinatura do convenio; e o artigo 4 refírese as melloras económicas que se implantan a partir da sinatura do presente e as que no futuro se podan establecer.

En ningún caso pode haber compensación e absorción entre conceptos que non sexan homoxéneos.

Atrasos salariais:

Trala publicación no BOP, aboaranse dende o 1 de xaneiro de 2022 con carácter retroactivo todas as cantidades económicas recollidas nos distintos artigos de este convenio, agás o plus de transporte para as persoas traballadoras do subsector de Bazares que será aboado dende a data de publicación.

En base a esto, as persoas traballadoras que houbesen estado traballando neste sector teñen dereito os correspondentes atrasos en proporción o tempo e xornada traballados no período establecido no parrafo anterior, aínda que na data da publicación xa non estivesen na empresa.

Articulo 5.3.? Plus Complemento sector téxtil minorista.

Este plus ten carácter salarial, dado que o seu abono e por tódalas pagas, polo que, aboarase proporcionalmente a xornada que teña cada persoa traballadora.

Dado o seu carácter salarial, será tido en conta para o calculo de todos aqueles outros conceptos que estean relacionados co salario.

Artigo 7.? Plus de transporte.

O plus de transporte aboarase por día traballado, existindo a posibilidade de acumulalo sempre e cando se abone contando coa suma de todos os días traballados. Neste ultimo caso o calculo farase sobre unha previsión de días a traballar no ano e dividido por doce meses.

Este plus aboarase pola cantidade completa independentemente que a xornada sexa a tempo completo ou parcial.

Artigo 8.? Gratificacións extraordinarias.

Tras revisar o texto de este artigo, esta Comisión Paritaria corriximos e aclaramos o seguinte erro:

No primeiro paragrafo noméanse catro gratificacións extraordinarias e unha delas coa denominación de ?outubro?, sendo este un erro e debendo decir ?setembro? e sendo o seu devengo do 1 de setembro ó 31 de agosto.

O mesmo tempo aclaramos que falta engadir no texto que as catro gratificacións extraordinarias calcularanse en función dos soldos que para cada categoría fixa a táboa salarial deste Convenio, incluíndo ademais do salario base o plus complemento téxtil minorista máis a antigüidade, se é o caso, para todo o persoal afectado.

Artigo 11.? Promoción Profesional.

O único requisito a ter en conta para cambiar de categoría profesional, é a data de antigüidade da persoa traballadora. Se a persoa traballadora cumpre o requisito marcado no artigo 11 do convenio, promocionaría á seguinte categoría, aboándolle o salario correspondente á mesma. Os efectos salariais da promoción son a partir da publicación no BOP do convenio colectivo.

Artigo 14.? Descanso sábados pola tarde.

Para o cómputo dos 18 sábados de descanso non se terán en conta os que coincidan con períodos de vacacións, pero si os que coincidan con outro tipo de permisos retribuídos.

Este dereito non pode ser compensado de maneira substitutiva, polo que non pode ser compensado en outro día da semana ou economicamente.

Artigo 16.? Traballo en domingos e festivos.

As regras establecidas neste artigo afectan a tódalas persoas as que lles é de aplicación este Convenio, e estas imperan en todos os seus termos sobre calquera outra regulación de ámbito inferior.

Artigo 23.? Invalidez e defunción.

A indemnización establecida neste artigo é para calquera tipo de continxencia.

Artigo 30 apartado a.? Vacacións e días de libre disposición.

Toda empresa afectada por este convenio deberá aplicalo en tódolos seus termos.

Artigo 32.? Contratación Fixos descontinuos.

O acordado polas partes negociadoras non establece a posibilidade de facer este tipo de contrato a tempo parcial, polo que só se poderá realizar a tempo completo.

Artigo 32.? Contrato a tempo parcial.

As empresas afectadas por este convenio deberán axustar as xornadas marcadas no texto do convenio, tal como se regula e dependendo do número das persoas traballadoras que haxa en cada empresa:

?A xornada de traballo efectiva mínima semanal para as empresas de menos de 14 persoas traballadoras será de 24 horas, establecéndose a máxima en 30 horas.

Para as empresas de 15 persoas traballadoras en diante, a xornada de traballo efectiva mínima semanal será de 27 horas, establecéndose a máxima en 30 horas sen que en estes caso se poida realizar horas complementarias?.

Os contratos anteriores a publicación de este convenio manterán as súas condicións tendo en conta o establecido no seu convenio anterior.

En base o establecido neste artigo, non poderá haber contratos a tempo parcial con duración entre 31 e 40 horas semanais, por estar establecida a posibilidade máxima de xornada parcial en 30 horas semanais.

Sobre a realización de horas extraordinarias e a distribución irregular neste tipo de contratos, esta Comisión aclaramos que nin se poden realizar horas extraordinarias nin é posible establecer unha distribución irregular da xornada.

Artigo 44.? Axuda escolar.

Aclarase que esta axuda aboarase polo feito de ter un fillo ou filla escolarizado, sendo a contía establecida en base a idade deste, independentemente da xornada que teña a persoa traballadora e tendo que ser aboada en cada un dos doce meses do ano.

Disposición Adicional:

A paga non consolidable de 400 euros establecida nesta disposición, aboarase dentro dos catro meses seguintes á publicación do convenio no BOP.

O dereito ó abono da totalidade de esta paga téñeno todas as persoas traballadoras que a data da publicación do convenio estivesen traballando no sector e o seu contrato fose por todo o ano 2022. Nos casos nos que o contrato non cubra todo o ano, haberá dereito á parte proporcional correspondente dependendo do número de días traballados no ano 2022.

Esta paga non consolidable non pode ser confundida cos atrasos producidos polo aumento do salario base.

Nomease a María do Transito Fernández Fernández como depositaria de este acordo ante a Consellería correspondente a través do sistema Regcon, para facer os tramites necesarios para o seu rexistro depósito e publicación.

Remata a reunión sendo as 11:35 horas do día sinalado.