Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de OFICINAS Y DESPACHOS (36001005011983) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1999

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Resolución do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos. (Diario Oficial de Galicia num. 8700 de 07/05/1999)

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-4-1999, subscrito en representacion da parte económica pola Asociación Provincial de Asesorías de Empresas, e da parte social, polas centrais sindicais CC. OO. e CIG, con data de 22-3-1999. De conformidade co disposto no artigo 6 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa insrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 1999. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)