Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
26/03/2010

Revision , Correccion. Convenio Colectivo de Sector de OFICINAS Y DESPACHOS (36001005011983) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 27-28)

Correccion de erros da taboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de codigo 3601005 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 58 de 26/03/2010)

Preambulo

Habéndose padecido erro por omisión na publicación da revisión salarial do sector de OFICINAS E DESPACHOS insertada no BOP número 52 de 17 de marzo do ano en curso, publícase de novo íntegramente:

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 03-02-2010, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 02-02-2010, e de conformidade co disposto no artigo 13º do convenio colectivo, e no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.

Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. En Vigo, a data 2 de febreiro de 2010, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2010, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector.

As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva, D. Manuel Suárez Vázquez e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafin Otero Fernández, da central sindical CIG, Dª Rosa Acuña Salgado, de UGT, e D. Enrique Iglesias Crespo e D. Cándido Ansin Agis, de CCOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13.00 horas.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Vigo, a 25 de febreiro de 2010.A Xefa Territorial, Carmen Bianchi Valcarce.

2010002717-R