Convenio Colectivo de Sector de POMPAS FUNEBRES (82000565012002) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
16/03/2005

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de POMPAS FUNEBRES (82000565012002) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2005

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 15 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo de pompas fúnebres da Comunidade Autónoma galega. (Diario Oficial de Galicia num. 52 de 16/03/2005)

Visto o acordo acadado pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres, na reunión celebrada o 9 de febreiro de 2005, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2005. Antonio de la Hera Roldán Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de pompas fúnebres de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo as 11.00 horas do día 9 de febreiro de 2005, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnese a comisión paritaria do convenio de pompas fúnebres de Galicia integrada polas seguintes persoas:

Representación empresarial:

-Pompas Fúnebres de A Coruña, S. A.:

Fernando Ruíz Posse.

-Pompas Fúnebres del Atlántico, S. A.:

Emilio Martínez Pérez.

-Funeraria Lamas de Lugo:

Juan Carballido Engroba. Representación social:

-UGT-Galicia:

Pedro Pablo López (FES UGT-Galicia) , que asume a representación de Carlos Rodríguez Gesto (SN de CC. OO. de Galicia) .

José Ramón de Pliego-Valdés González (asesor) , que asume a representación de Carlos Barrientos (FES UGT-Galicia) .

Asiste á xuntanza Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Logo das oportunas deliberacións e debate acordan o seguinte:

1. A posta en marcha do Plan de Pensións de Emprego para o sector, previsto no artigo 25 do convenio colectivo autonómico de pompas fúnebres.

2. O comezo das achegas para a posta en marcha deste plan será o de aboamento da nómina do mes de abril de 2005.

3. As achegas correspondentes ao período comprendido entre a entrada en vigor do convenio colectivo e a data de posta en marcha do plan de pensións, recollida nos puntos anteriores, efectuarase, a elección dos traballadores, ben regularizándose totalmente na nómina do mes de abril, ou ben distribuíndose mes a mes nas nóminas que restan ata o 31 de decembro de 2005.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 12 horas do día da data e estendendo o seu efecto a esta acta que asinan por triplicado exemplar todos os asistentes en presenza do presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2005.