Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de LOUSA DE OURENSE E LUGO (82000215011993) de Galicia
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2013
RESOLUCION do 19 de febreiro de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo subscrito polas partes asinantes do Convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2013. (Diario Oficial de Galicia num. 51 de 13/03/2013)
Visto o texto do acordo subscrito con data do 30 de xaneiro de 2013 entre o representante de FITAG-UGT-Galicia, José Paradelo Arias, e o vicepresidente e representante da Asociación Gallega de Pizarristas, Jesús Vidal Corcoba, asinantes do convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo, relativo á aplicación da revisión salarial para o ano 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social,
ACORDA:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social
ANEXO
Os salarios establecidos no grupo 5º para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio; ata tal data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicarase a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que até un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 33,10 euros, complemento de asistencia: 13,98 e salario/mes: 1.286,58 euros.
O establecido neste número sobre salarios supón a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función del.
Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes: salario base 30,86 e 31,14 euros, complemento de asistencia: 2,65 e 4,06 euros, salario/mes: 981,45 e 1.019,46 euros.
Táboa salarial do convenio colectivo da lousa do ano 2013
Grupo prof. | Sal. base | Compl. asis. d/t | Salario/mes | G.C. |
Licenciados | 34,47 | 20,73 | 1.469,43 | 1 |
Enx. superiores | 34,47 | 20,73 | 1.469,43 | 1 |
Enx. técnicos | 34,37 | 20,31 | 1.457,61 | 2 |
Graduados sociais | 34,37 | 20,31 | 1.457,61 | 2 |
Topógrafo | 34,37 | 20,31 | 1.457,61 | 2 |
Dtres. árease serv. | 34,25 | 19,66 | 1.440,36 | 3 |
Delineante | 34,18 | 19,3 | 1.430,7 | 3 |
Práctico topógrafo | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 4 |
Axte. delineante | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 4 |
Tec. administración | 34,18 | 19,3 | 1.430,7 | 5 |
Oficial adtvo. 1ª | 34,01 | 18,68 | 1.412,58 | 5 |
Oficial adtvo. 2ª | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 5 |
Auxiliar adtvo. | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 7 |
Encargados | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 3 |
Mecánicos | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Electricistas | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Soldadores | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Fontaneiros | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Albaneis | 33,57 | 16,24 | 1348,14 | 8 |
Auxi. oficios | 32,63 | 11,66 | 1.223,76 | 10 |
Encargados | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 3 |
Chofer | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Operador de pá | 33,57 | 16,24 | 1.348,14 | 8 |
Barrenista/art. | 33,35 | 15,21 | 1.319,91 | 8 |
Auxi. oficios | 32,63 | 11,66 | 1.223,76 | 10 |
Encargados | 33,77 | 17,3 | 1.376,4 | 3 |
Carretilleiro | 33,35 | 15,21 | 1.319,91 | 8 |
Operadores de guind. | 33,35 | 15,21 | 1.319,91 | 8 |
Serrador | 33,35 | 15,21 | 1.319,91 | 8 |
Labrador | 33,35 | 15,21 | 1.319,91 | 8 |
Rachador | 32,91 | 12,84 | 1.256,94 | 9 |
Cortador | 32,91 | 12,84 | 1.256,94 | 9 |
Embalador | 32,91 | 12,84 | 1.256,94 | 9 |
Distrib. rachón | 32,91 | 12,84 | 1.256,94 | 9 |
Desc. carros | 32,91 | 12,84 | 1.256,94 | 9 |
Limpadora | 32,63 | 11,66 | 1.223,76 | 10 |
Auxi. oficios | 32,63 | 11,66 | 1.223,76 | 10 |