Última revisión
29/03/2011
Revision. Convenio Colectivo de Sector de TINTURERIAS, LAVANDERIAS E PRANCHADO DE ROUPA (15001505011981) de Coruña
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Revision salarial do Convenio colectivo provincial de Tinturerias, Lavanderias e Pranchado de Roupa (Boletín Oficial de A Coruña num. 60 de 29/03/2011)
Revisión salarial do Convenio colectivo provincial de Tinturerías, Lavanderías e Pranchado de Roupa
Visto o expediente da revisión salarial do Convenio colectivo provincial de TINTURARÍAS, LAVANDERÍAS E PRANCHADO DE ROUPA, subscrito pola comisión paritaria na súa reunión do día 7 de febreiro de 2011.
Primeiro.- Que o dito acordo de revisión salarial presentouse nesta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar o día 17 de febreiro de 2011.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que esta xefatura territorial é competente para resolver a presente solicitude, en virtude do artigo 3 do Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo e o artigo 3 da Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Taballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.- Que os artigos 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, otorga facultades á autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos acordos colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:
1º.-
Ordenar a súa inscripción no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o subseguinte depósito do texto e demais documentación orixinal.
2º.-
Dispoñer a súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña.
3º.-
Ordenar a notificación desta resolución á Comisión Paritaria.
A Coruña, 22 de febreiro de 2011
O xefe territorial de Traballo e Benestar
Luis Alberto Alvarez Freijido
ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE TINTURARÍAS, LAVANDERÍAS E PRANCHADO DE ROUPA DA PROVINCIA DA CORUÑA.
ASISTENTES
Pola representación empresarial (asociación de empresarios de Tinturaría e Lavandería da provincia da Coruña):
- D. Ricardo Sanjurjo Pereira
- D. Antonio Costa Rellán.
- Agapito Vázquez Pedre.
- Enrique Sánchez Arias.
- Luis Pardo Cillero.
- José A. Bello Rama.
- Marina Graña (asesora).
Pola parte social:
- Alejandro Expósito Alonso (UGT)
- José Manuel Crespo García (CCOO)
- Roberto Alonso Iglesias (CIG)
Na Coruña, sendo as 17:00 horas do día 7 de febreiro de 2011, reúnense as persoas relacionadas na sede da Confederación de Empresarios da Coruña, sito na Praza Luis Seoane, torre 1 - entrechán, co obxecto de levar a cabo a revisión salarial correspondente ao ano 2011.
Segundo o artigo 11 do convenio colectivo vixente, o incremento salarial para o ano 2011 será o IPC real do ano 2010, correspondendo un 3%.
Asínanse as táboas que se adxuntan como anexas.
Acórdase facilitar ao compañeiro Roberto Alonso Iglesias (CIG) para levar a cabo as xestións necesarias para a publicación desta acta e o seu anexo no diario oficial que corresponda.
E non habendo máis asuntos que tratar dase por rematada a xuntanza as 17:30 horas.
ANEXO I
| ANEXO I | ||
| CATEGORIAS | SB MENSUAL 2011 | SB ANUAL 2011 |
| PERSOAL TECNICO | ||
| Director | 932,99 | 13.528,42 |
| Técnico | 878,72 | 12.741,50 |
| Encargado xeral | 824,50 | 11.955,32 |
| Xefe de sección | 770,25 | 11.168,70 |
| PERSOAL ADMINISTRATIVO | ||
| Xefe administrativo | 770,25 | 11.168,70 |
| Oficial administrativo | 748,55 | 10.854,02 |
| Auxiliar administrativo | 737,70 | 10.696,60 |
| PERSOAL OBREIRO E DE RECIBO E ENTREGA | ||
| Encargado | 770,25 | 11.168,70 |
| Oficial de primeira | 748,55 | 10.854,02 |
| Oficial de segunda | 737,70 | 10.696,60 |
| Especialista | 726,82 | 10538,89 |
| Mozo de reparto | 726,82 | 10538,89 |
| PERSONAL SUBALTERNO | ||
| E DE SERVIC. AUXILIAR. | ||
| Limpador | 726,82 | 10538,89 |
| Complemento de asistencia por día efectivo | 2,10 | |
| Complemento de asistencia sábados, domingos e festivos | 6,31 | |
| Plus de transporte por día efectivo | 1,33 | |
| Plus de Actividade Industrial Superior mensual | 125 | |
2011/2619
