Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
26/04/2012

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TINTURERIAS, LAVANDERIAS E PRANCHADO DE ROUPA (15001505011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 26-27)

Resolucion de inscricion e publicacion das taboas salariais para o ano 2012 do convenio colectivo do sector de tinturarias, lavanderias e pranchado de roupa da provincia da Coruña. Codigo de convenio 15001505011981 (Boletín Oficial de A Coruña num. 79 de 26/04/2012)

Preambulo

Visto o texto da acta da subscrita o día 1 de febreiro de 2012 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de tinturarías, lavanderías e pranchado de roupa da provincia da Coruña (código de convenio 15001505011981), na que se aproban as táboas salariais do ano 2012, de conformidade co disposto no artigo 90.º.2 e 3.º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e na Orde do 29 de outubro de 2010, pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1º.

Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2º.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 4 de abril de 2012.

O xefe territorial de Traballo e Benestar

Luis A. Álvarez Freijido

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE TINTURARÍAS, LAVANDERÍAS E PRANCHADO DE ROUPA DA PROVINCIA DA CORUÑA.

ASISTENTES

Pola representación empresarial (Asociación de Empresarios de Tinturaría e Lavandería da Provincia da Coruña):

- D. Ricardo Sanjurjo Pereira

- D. Antonio Costa Rellán.

- Agapito Vázquez Pedre.

- Enrique Sánchez Arias.

- Luis Pardo Cillero.

- José A. Bello Rama.

- Marina Graña (asesora).

Pola parte social:

- Alejandro Expósito Alonso (UGT)

- José Manuel Crespo García (CCOO)

- Roberto Alonso Iglesias (CIG)

Na Coruña, sendo as 17.00 horas do día 1 de febreiro de 2012, reúnense as persoas relacionadas na sede da Confederación de Empresarios da Coruña, sita na praza Luis Seoane, torre 1-entrechán, co obxecto de levar a cabo a revisión salarial correspondente ao ano 2011.

Segundo o artigo 11 do convenio colectivo vixente, o incremento salarial para o ano 2012 será o IPC real do ano 2011 máis un 0,5%, correspondendo un 2,9%.

Asínanse as táboas que se adxuntan como anexas.

Acórdase facilitar ao compañeiro Roberto Alonso Iglesias (CIG) para levar a cabo as xestións necesarias para a publicación desta acta e o seu anexo no diario oficial que corresponda.

E non habendo máis asuntos que tratar dase por rematada a xuntanza as 17:30 horas.

ANEXO I

CATEGORÍAS

SB MENSUAL 2012

SB ANUAL 2012

PERSOAL TÉCNICO

Director

960,05

13.920,73

Técnico

904,20

13.110,90

Encargado xeral

848,41

12.301,95

Xefe de sección

792,59

11.492,56

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Xefe administrativo

792,59

11.492,56

Oficial administrativo

770,26

11.168,77

Auxiliar administrativo

758,68

11.000,86

PERSOAL OBREIRO E DE RECIBO E ENTREGA

Encargado

792,59

11.492,56

Oficial de primeira

770,26

11.168,77

Oficial de segunda

758,68

11.000,86

Especialista

747,90

10.844,55

Mozo de reparto

747,90

10.844,55

PERSONAL SUBALTERNO E DE SERVIC. AUXILIAR.

Limpador

747,90

10.844,55

Complemento de asistencia por día efectivo

2,16

Complemento de asistencia sábados, domingos e festivos

6,49

Plus de transporte por día efectivo

1,37

Plus de actividade industrial superior mensual

150

2012/4327