Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA (15001545011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
17/06/2019

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA (15001545011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 06 de Febrero de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolucion de inscricion e publicacion da acta da comision paritaria do convenio de transporte de viaxeiros en autobus por estrada da provincia da Coruña (codigo de convenio 15001545011981). (Boletín Oficial de A Coruña num. 113 de 17/06/2019)

Logo de ver o texto da acta do 06 de febreiro de 2019 da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña onde se contén o resultado do debate das solicitudes feitas pola C.I.G. referentes á antigüidade dos fixos-discontinuos e á interpretación da saída e retorno do productor para ter dereito a cobrar dieta (código de convenio 15001545011981).

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscripción do resultado do debate das solicitudes feitas pola C.I.G., referentes á antigüidade dos fixos-discontinuos e á interpretación da saída e retorno do productor para ter dereito a cobrar dieta, e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscripción da acta do 06 de febreiro de 2019 da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión da acta do 06 de febreiro de 2019 da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 11 de xuño de 2019.

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE A CORUÑA, 06 DE FEBREIRO DE 2019

ASISTENTES

Por as asociacións empresariais:

Fátima Valiño Rodríguez (FEGATRAVI)

Jesus Queijeiro Bello (TRANSVIAC)

Eugenio Geijo Carril (TRANSVIAC)

Javier de Bidegaín García (FEGATRAVI)

Por as organizacións sindicais:

Miguel Ángel Reboiras Casais (UGT)

Manuel J. Castiñeiras Calviño (UGT)

José L. Corral Mosquera (CIG)

Celestino Rivas Prieto (CIG)

Juan Pereira Miramontes (CC.OO.)

Juan J. Rubianes López (CC.OO.)

Asesores:

José A. López Ferreiro (UGT)

Ramón Martínez Vede (UGT)

Cándido Prieto Lago (CIG)

Gabriel Muxico (CIG)

Xesús M.ª Pastoriza Santamarina (CIG)

Pedro Beade Roel (CC.OO.)

Joaquín García Gutierrez (CC.OO.)

En A Coruña, sendo as 17.00 horas do día 6 de febreiro de 2019, nos locais de CC.OO. en A Coruña, reúnense as persoas arriba citadas, todas elas membros da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do Transporte de Viaxeiros en Autobús por Estrada da Provincia de A Coruña, para proceder a debater as solicitudes feitas pola CIG referentes á antigüidade dos fixos-discontinuos e á interpretación da saída e retorno do produtor para ter dereito a cobrar dieta.

1.- Con respecto á consulta sobre a antigüidade dos fixos-discontinuos, a CIG ratifícase na sua interpretación de que se debe computar a antigüidade por cada ano en que se traballa e non polo tempo efectivamente traballado. A esta solicitude e interpretación súmanse CC.OO. e UGT.

A representación empresarial considera que a solicitude non é unha cuestión de interpretación, senón que é algo novo que debe ser negociado no próximo convenio.

2.- Con respecto á consulta sobre a definición de saída e retorno do produtor, a CIG ratifícase na súa interpretación de que a saída ou o retorno refírese ao domicilio, e dicir, a empezar ou acabar de traballar. A esta solicitude e interpretación súmanse CC.OO. e UGT.

A representación empresarial considera que a solicitude non é unha cuestión de interpretación, senón que é algo novo que debe ser negociado no próximo convenio.

Acórdase remitir os documentos necesarios ao Consello Galego de Relacións Laborais para que, na persoa que eles designen, procedan aos trámites de rexistro e posterior publicación no diario oficial correspondente.

Sendo as 19.00 horas no mesmo día e lugar, as partes dan por finalizada a reunión.

2019/4750