Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA (15001545011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
28/02/2020

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA (15001545011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2020 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 34-37)

Resolucion de inscricion e publicacion do acordo que conten a taboa salarial para o ano 2020 do convenio colectivo transporte de viaxeiros en autobus por estrada da provincia da Coruña anos 2018-2020. Codigo de convenio colectivo 15001545011981 (Boletín Oficial de A Coruña num. 40 de 28/02/2020)

Con data 18 de febreiro de 2020 tivo entrada no rexistro de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia a acta do 12 de febreiro de 2020 da comisión paritaria do convenio colectivo de TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA ANOS 2018-2020 (código de convenio colectivo 15001545011981), onde se contén o acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2020.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2020 do convenio colectivo TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA ANOS 2018-2020 , e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2020 do convenio colectivo TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA ANOS 2018-2020 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2020 do convenio colectivo TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA ANOS 2018-2020 ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 24 de febreiro de 2020.

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

ACTA DA DCOMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE A CORUÑA, 12 DE FEBREIRO DE 2020

ASISTENTES

Polas asociacións empresariais:

Jesús Queijeiro Bello (TRANSVIAC)

Eugenio Geijo Carril (TRANSVIAC)

Javier de Bidegaín García (FEGATRAVI)

Por as organízacións sindicais:

Miguel Ángel Reboiras Casais (UGT)

Manuel J. Castiñeiras Calviño (U.G.T.)

Celestino Rivas Prieto (CIG)

Xesús M.ª Pasteriza Santamarina (C.I.G.)

Juan Pereira Miramontes (CC.OO.)

Joaquín García Gutiérrez (CC.OO.)

Pedro Beade Roel (CC.OO.)

En A Coruña, sendo as 17.00 horas do día 12 de febreiro de 2020, reúnense as persoas arriba citadas, todas elas membros da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do Transporte de Viaxeiros en Autobús por Estrada da Provincia de A Coruña, para proceder a revisar as táboas salaríais.

Acórdase revisar as táboas salaríais do ano 2019 co incremento pactado en convenio colectivo para o ano 2020 e que será de un 1,8%.

Neste mesmo acto procédese á sinatura das táboas salaríais do ano 2020 que se adxuntan a esta acta.

Acórdase remitir os documentos necesarios ao Consello Galego de Relacións Laborais para que, na persoa que eles designen, procedan aos trámites de rexistro e posterior publicación no diario oficial correspondente.

Sendo as 18.00 horas as partes dan por finalizada a reunión.

TÁBOAS SALARIAIS ANO 2020

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI