Última revisión
27/05/2015
Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAJEROS POR CARRETERA (27000515011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2015 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
CONVENIO COLECTIVO TRANSPORTE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO. Codigo 27000515011982 (Boletín Oficial de Lugo num. 119 de 27/05/2015)
ÿVisto o acordo de revisión salarial para o ano 2015 do Convenio Colectivo de Transporte de Viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (Código 27000515011982), asinado o día 27 de marzo de 2015 pola representación empresarial e os representantes das organizacións sindicáis UGT e CCOO, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo, ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición da revisión salarial do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 05 de maio de 2015.- O xefe territorial, Alberto Linares Fernández
ACTA DE APROBACIÓN E SINATURA DAS TÁBOAS SALARIAIS CORRESPONDENTES AO ANO 2015, DO CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO
Nos locais da Asociación Provincial de Empresas de Transporte de Viaxeiros por Estrada da provincia de Lugo, sito na Estación de Autobuses de Lugo, reúnense as persoas que a continuación se relacionan, en representación das UGT e CCOO e da Asociación de Empresarios, ás 13:00 horas do día 27 de marzo de 2015.
Representación sindical:
- Miguel Reboiras Casais (UGT)
- Martín Martínez Figueira (UGT)
- Oscar Vázquez Vázquez (UGT)
- Marcos Pérez Rodríguez (CCOO)
Representación empresarial:
- Luis Abeledo Fernández
- José Manuel Lado Lestón
Orde do día: Aprobación e sinatura das táboas salariais correspondentes ao ano 2015, do Convenio Colectivo de Transporte de Viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.-
Unha vez comprobadas as táboas salariais, que se xuntan á presente acta, apróbanse por unanimidade.
Asinan a presente acta as persoas asistentes á xuntanza, que representan ás organizacións asinantes do convenio colectivo de referencia, sendo as 14:00 horas da data reflectida no encabezamento.
Miguel A. Reboiras Casais (UGT) Luis Abeledo Fernández
Oscar Vázquez Vázquez (UGT) José Manuel Lado Lestón
Martín Martínez Figueiro (UGT)
Marcos Pérez Rodríguez (CCOO)
TÁBOAS SALARIAIS 2015
Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI
