Última revisión
10/07/2023
Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE VIAJEROS POR CARRETERA (27000515011982) de Lugo
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2023 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
RESOLUCIÓN E TEXTO DE ACORDO CONVENIO TRANSPORTE DE VIAXEIROS LUGO. (Boletín Oficial de Lugo num. 156 de 08/07/2023)
CONVENIOS COLECTIVOS Código 27000515011982
Visto o texto da acta provincial de ratificación e aplicación do acordo do expediente AGA 51/23-Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo, asinada o día 16 de xuño de 2023 entre a representación empresarial de Transgacar e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 30 de xuño de 2023.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
ACTA PROVINCIAL DE RATIFICACIÓN E APLICACIÓN DO ACORDO DO EXPDTE. AGA 51/23 - CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE LUGO
En Santiago, a 16 de xuño de 2023, sendo las 11.00 horas, reúnese na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a comisión representativa da mesa negociadora do convenio colectivo do sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO, coa asistencia das seguintes persoas, as cales se recoñecen lexitimación mutua para este acto.
Representación sindical
-Martín Martínez Figueiro (UGT)
-José Raúl Rodríguez Vila (CCOO)
-Xesús María Pastoriza Santamarina (CIG)
Representación empresarial
•Leandro Arruti Baqueiro (TRANSGACAR)
Tras varias deliberacións adóptanse os seguintes acordos:
PRIMEIRO.- Realizar a aplicación salarial segundo o acordado no expediente do AGA 51/23, sendo expresado nas táboas salariais anexas á presente acta. Dito acordo salarial será trasladado ó texto final do convenio provincial unha vez acadado un acordo final na mesa de negociación da provincia ca salvagarda do período comprendido nos anos 2018-2020 que quedará aberto á negociación provincial.
SEGUNDO.- Si a suma do conxunto das retribucións salariais previstas para algún ou algúns dos postos de traballo ou categorías contemplados nas táboas salariais do convenio colectivo resulta inferior ao importe establecido para o SMI, ambos en cómputo anual, dará lugar ao abono dun complemento que será equivalente á diferenza entre o importe do SMI que se fixe para cada ano e as retribucións salariais brutas abonadas no mesmo ano. Este complemento denominarase “Complemento a SMI” e será abonado mensualmente en canto se coñeza a diferenza ao comezo de cada ano. Dito complemento terá carácter absorbible e compensable ca finalidade de axustar o devandito complemento ás retribucións salariais brutas anuais das táboas salariais en relación ó SMI.
TERCEIRO.- Acórdase facultar ó Consello galego de relacións laborais para que, na persoa que eles designen, leven a cabo o rexistro e publicación no boletín oficial da provincia do presente acordo.
Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 12,30 horas do día sinalado no encabezamento, asinando os asistentes en proba de conformidade.
DOCUMENTO ANEXO DE IDENTIFICACIÓN DE FIRMAS.
CONVENIO PROVINCIAL TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DE LUGO.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023.
Parte Patronal:
Leandro Arruti Baqueiro (TRANSGACAR))
DNI: 76820804E
Parte Social:
Martín Martínez Figueiro (UGT) DNI: 52455036V
José Raúl Rodríguez Vila (CCOO) DNI: 33334079H
Xesús María Pastoriza Santamarina (CIG) DNI: 76349199D
VIAXEIROS LUGO - Táboas 2023 provisionais (acordo autonómico Expte. AGA 51-23)
Aplicables dende a súa firma e con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 2023
Subida 8%
(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)
VIAXEIROS LUGO - Táboas 2023 definitivas (acordo autonómico Expte. AGA 51-23)
Aplicables dende 31 de decembro e con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 2023
Subida 12,2% (8% + 4,2%)
(TÁBOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)
